한국   대만   중국   일본 
Kurt Vonnegut - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Kurt Vonnegut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKurt Vonnegut

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 11 de novembro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Indianapolis (Estados Unidos de America) Editar o valor em Wikidata
Morte 11 de abril de 2007 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Nova York (Estados Unidos de America) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte morte accidental , caida de altura Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Nova York (?2007)
Barnstable (pt) Traducir
Indianapolis Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Relixion Unitario-Universalismo (pt) Traducir e ateismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Chicago
Universidade do Tennessee (pt) Traducir
Universidade Carnegie Mellon (pt) Traducir
Universidade Cornell
Shortridge High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion escritor Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1950 Editar o valor em Wikidata -
Empregador Universidade Harvard
Universidade de Chicago
Universidade de Iowa Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xenero artistico Satira Editar o valor em Wikidata
Movemento Ateismo e Humanismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
Lingua Ingles estadounidense e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militar Exercito dos Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Conflito Segunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe Jill Krementz (1979?2007)
Fillos Mark Vonnegut (en) Traducir, Edith Vonnegut (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais Kurt Vonnegut Sr. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Edith Vonnegut (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Bernard Vonnegut (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Paxina web vonnegut.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0903361 Allocine: 51873 Allmovie: p73931 TV.com: people/kurt-vonnegut IBDB: 7111
Twitter: Kurt_Vonnegut BNE: XX1099505 Last fm: Kurt+Vonnegut Musicbrainz: 87bfe9a1-a090-483c-b535-29657b704862 Discogs: 478184 Allmusic: mn0001252903 WikiTree: Vonnegut-1 Find a Grave: 18882600 Genius: Kurt-vonnegut Editar o valor em Wikidata
Retrato na sua etapa no exercito.

Kurt Vonnegut Jr. , nado en Indianapolis o 11 de novembro de 1922 , finado en Nova York o 11 de abril de 2007 , foi un escritor estadounidense , adscrito dentro do xenero da ciencia ficcion , participando tamen da satira e do humor negro .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Comezos [ editar | editar a fonte ]

Kurt Vonnegut pertencia a cuarta xeracion dunha familia de inmigrantes alemans en Indianapolis. Durante a sua epoca de estudante na Shortridge High School da sua localidade natal, [ 1 ] traballou no primeiro diario publicado por unha escola secundaria, The Daily Echo . Durante un tempo estudou na Universidade Butler, pero abandonou os estudos cando un dos seus profesores lle dixo que os seus relatos non eran moi bos. Entre 1941 e 1942 asistiu a clases na Universidade de Cornell, onde traballou como axudante de director editorial e editor asociado para o periodico dos estudantes, o Cornell Daily Sun e estudou bioquimica. Durante a sua estancia en Cornell, foi membro da irmandade Delta Upsilon, como o fora seu pai. Kurt falou do seu traballo en The Sun como o unico verdadeiramente grato da sua estancia en Cornell. [ 2 ] Ingresou no Instituto de Tecnoloxia Carnegie (hoxe Universidade Carnegie Mellon) en 1943 . So estivo ali un breve periodo de tempo, xa que pouco despois alistouse no exercito, para tomar parte na segunda guerra mundial . O 14 de maio de 1944 , Dia da Nai , suicidouse sua nai, Edith Lieber Vonnegut. [ 3 ]

A segunda guerra mundial [ editar | editar a fonte ]

A experiencia de Vonnegut como soldado, e logo como prisioneiro de guerra, durante a segunda guerra mundial, tivo unha grande influencia na sua obra posterior. Formando parte dunha avanzadilla da Division 106 de Infantaria dos Estados Unidos, durante a Batalla das Ardenas , quedou illado do seu batallon e vagou solitario tras as linas inimigas durante varios dias ate que foi capturado por tropas alemas o 14 de decembro de 1944 . [ 4 ] Como prisioneiro de guerra, viviu en primeira persoa as consecuencias do bombardeo de Dresde , que tivo lugar entre o 13 e o 15 de febreiro de 1945 e que destruiu a maior parte da cidade alema. Vonnegut foi un dos sete prisioneiros de guerra estadounidenses que lograron sobrevivir en Dresde , nun soto destinado a empaquetar carne, chamado Matadoiro Cinco . Os nazis puxerono a traballar apilando corpos para enterralos en fosas comuns, pero, segundo explica Vonnegut, "habia demasiados corpos que enterrar, asi que os nazis preferiron enviar a uns tipos con lanzachamas e reducilos a cinzas." [ 5 ]

Esta experiencia constitue a base da sua obra mais conecida, Slaughterhouse-Five , e aparece como tema recorrente en polo menos outros seis libros seus. [ 5 ]

Foi liberado por tropas sovieticas en maio de 1945. Tras o seu regreso aos Estados Unidos, foi recompensado cun " Corazon Purpura ".

Carreira literaria [ editar | editar a fonte ]

Ao rematar a guerra Vonnegut estudou Antropoloxia na Universidade de Chicago , e traballou tamen como reporteiro policial no City News Bureau of Chicago . En 1946, a Facultade de Antropoloxia reprobou a sua tese, titulada On the Fluctuations between Good and Evil in Simple Tales . [ 6 ] Mais tarde aceptaron a sua novela, Cat's Cradle , e concederonlle o titulo. Abandonou Chicago para traballar en Schenectady, no estado de Nova York , no departamento de relacions publicas da empresa General Electric .

En 1950 publicou o seu primeiro relato, titulado Report on the Barnhouse Effect na revista Collier's Weekly . A punto de abandonar a escritura, recibiu a oferta dun emprego no taller de escritores da Universidade de Iowa. A sua primeira novela, Player Piano , de 1952 , e unha distopia que describe un mundo no que os humanos foron substituidos por maquinas. Mais adiante publicou The Sirens of Titan (1959) e Cat's Cradle (1963), que se converteu nun best-seller.

Durante a decada dos 60 publicou catro novelas, nas cales se rexistra un forte cambio formal e conceptual da sua obra, ate publicar Slaughterhouse-Five en 1969 , unha novela semi-autobiografica que relata as suas experiencias como soldado no bombardeo de Dresde , experimentalmente estruturada arredor de viaxes no tempo.

Slaughterhouse-Five esta considerada unha das obras mais importantes da literatura estadounidense do seculo XX , que aparece no top-100 da revista Time [ 7 ] e da Modern Library . [ 8 ]

Continuou experimentando en Breakfast of Champions (1973), un dos seus maiores best-seller , unha novela na que aparece o autor como deus ex machina . En clave de estilo, esta e quizais a sua obra mestra,.

Con Timequake , en 1997, Vonnegut anunciou a sua retirada do campo da ficcion. Continuou escribindo para a revista In These Times , na que era editor. Contribuia con ensaios de politica estadounidense ou con notas de simple observacion. No 2005 reunironse moitos dos seus ensaios no seu derradeiro libro, tamen un best-seller , A Man Without a Country .

Vida privada [ editar | editar a fonte ]

Casou con Jane Marie Cox, coa que coincidira no parvulario, pouco despois do seu regreso aos Estados Unidos trala segunda guerra mundial. O matrimonio separouse en 1970 . Ainda que non se divorciaron ate 1979, dende 1970 Vonnegut viviu coa muller que mais tarde se converteria na sua segunda esposa, Jill Krementz.

Vonnegut tivo tres fillos bioloxicos coa sua primeira muller. Ademais, adoptou os tres fillos da sua irma Alice cando esta morreu de cancro, e a outra cativa.

Faleceu no 2007, aos 84 anos, tras sufrir unha caida no seu domicilio de Manhattan que lle causou unha lesion cerebral irreversible.

Obra [ editar | editar a fonte ]

Novelas [ editar | editar a fonte ]

  • Player Piano (1952)
  • The Sirens of Titan (1959)
  • Mother Night (1961)
  • Cat's Cradle (1963)
  • God Bless You, Mr. Rosewater ou Pearls Before Swine (1965)
  • Slaughterhouse-Five ou The Children's Crusade (1969)
  • Breakfast of Champions ou Goodbye, Blue Monday (1973)
  • Slapstick or Lonesome No More (1976)
  • Jailbird (1979)
  • Deadeye Dick (1982)
  • Galapagos (1985)
  • Bluebeard 1987)
  • Hocus Pocus 1990)
  • Timequake (1997)

Coleccions de historias curtas e ensaios [ editar | editar a fonte ]

  • Canary in a Cathouse (1961)
  • Welcome to the Monkey House : A Collection of Short Works (1968)
  • Wampeters, Foma and Granfalloons (1974)
  • Palm Sunday (1981)
  • Fates Worse than Death (1991)
  • Bagombo Snuff Box : Uncollected Short Fiction (1999)
  • God Bless You, Dr. Kevorkian (1999)
  • A Man Without a Country (2005)
  • Armageddon in Retrospect (2008, postumo)
  • Look at the Birdie (2009, postumo)

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. SHORTRIDGE HIGH SCHOOL COLLECTION, 1870-1981
  2. "Novelist Kurt Vonnegut '44 Dies" . Cornell Sun. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2007 . Consultado o 12-12-09 .  
  3. Peter Reed (1999). Volume 10, Issue No. 1 of the Journal of the Fantastic in the Arts . Florida Atlantic University , Boca Raton, Florida. ISBN   1-85723-124-4 .  
  4. Kurt Vonnegut (en ingles )
  5. 5,0 5,1 Douglas Brinkley. "Vonnegut's Apocalypse" . Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2007 . Consultado o 12-12-09 .  
  6. Chronology , en The Vonnegut Web.
  7. "100 Best Novels: Slaughterhouse-Five (1969)" . Time Magazine. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2009 . Consultado o 12-12-09 .  
  8. "100 Best Novels" . Modern Library. 20 de xullo, 1998 . Consultado o 12-12-09 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]