한국   대만   중국   일본 
Katsuhiro Otomo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Katsuhiro Otomo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKatsuhiro Otomo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (ja) 大友克洋 Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 14 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Tome, Xapon Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Xapon Editar o valor em Wikidata
Educacion Miyagi Prefectural Sanuma Senior High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Mangaka , direccion de cine , historieta e Manga Editar o valor em Wikidata
Ocupacion guionista , escritor , ilustrador , realizador , Mangaka , director de cinema , animador , artista visual Editar o valor em Wikidata
Xenero artistico Manga Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm0960028 Allocine: 13916 Allmovie: p105264
BNE: XX1056499 Musicbrainz: be0df2d0-4442-41cb-93dc-986f669564db Editar o valor em Wikidata
Otomo xunto a Hermann Huppen no 2016

Katsuhiro ?tomo (en caracteres xaponeses 大友 克洋 ), nado na prefectura de Miyagi o 14 de abril de 1954 , e un historietista, autor de banda desenada e director de cinema xapones .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Ten gran consideracion tanto en occidente como en oriente. Foi un dos primeiros autores de banda desenada xaponesa en publicar en occidente. Domu (editada en Espana como Pesadillas por Norma Editorial) e AKIRA son obras que abriron o mundo da BD en Europa as producions e sensibilidade xaponesas. As carecteristicas principais da maioria do seu traballo son a procura dun realismo e tematicas adultas tanto no visual como no argumental. Foi un dos autores clave na BD xaponesa dos oitenta, ao axudar a criar un estilo realista propiamente xapones e a abrir o mercado xapones as innovacions e experimentacions visuais da BD francesa e tamen a inversa, levando a occidente o estilo narrativo e visual oriental.

Domu 童夢 ( Pesadelos ) [ editar | editar a fonte ]

Despois de diferentes relatos curtos e algunha serie inacabada ( Fierball ), debuxou Domu, unha historia de ciencia ficcion na que xoga co sobrenatural e os sonos infantis. Tivo un grande exito e ganou o premio literario SF Grand Prix. Isto levantou criticas, xa que nunca este premio fora outorgado a unha BD anteriormente. Nesta obra xa se ve mais claramente o estilo que mostrara na sua obra mais conecida: AKIRA.

AKIRA [ editar | editar a fonte ]

Considerado por moitos a sua obra mestra, naceu como BD en 1981, na revista Young Magazine . E unha historia de ciencia ficcion futurista de tipo ciberpunk . Conta a historia de Kaneda e o seu amigo Tetsuo que adquire estranos poderes despois duns experimentos militares. A historia, chea de accion e narrada dunha forma maxistral e innovadora foi un exito internacional e levou a banda desenada xaponesa a atencion dos paises occidentais, nos que daquela se tina unha idea vaga sobre a banda desenada xaponesa. Os fondos feitos cun detalle poucas veces visto na bd daba unha ambientacion profunda e fascinante que os autores europeos e americanos admiraron.

A forza visual da obra, a boa construcion da trama e a interesante vision do futuro fan de AKIRA unha obra capital para entender a ciencia ficcion dentro da banda desenada.

Grazas ao exito da obra fixose unha adaptacion cinematografica de animacion da obra, dirixida polo propio Katsuhiro Otomo. Cun orzamento espectacular para unha producion non xaponesa e unha estetica completamente nova conseguiu un exito internacional importante e esta considerada filme de culto dentro da animacion.

Obra [ editar | editar a fonte ]

Historietistica [ editar | editar a fonte ]

Cinematografica [ editar | editar a fonte ]