한국   대만   중국   일본 
Kabuki - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Kabuki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Kabukiza en Ginza e un dos principais teatros kabuki en Toquio

O kabuki (en xapones : 歌舞伎 ) e unha forma de teatro xapones tradicional que se caracteriza polo seu drama estilizado e o uso de maquillaxes elaboradas nos actores.

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

Os caracteres kanji individuais significan ≪cantar≫ (歌 ka ), ≪bailar≫ (舞 bu ) e ≪habilidade≫ (伎 ki ). Confrecuencia traducese kabuki como "a arte de cantar e bailar". Poren, existen caracteres ateji que non reflicten a etimoloxia actual, e pode ser que a palabra kabuki en realidade estea derivada do verbo kabuku , que significa "inclinarse" ou "estar fora do ordinario", de xeito que o significado de kabuki pode interpretarse tamen como teatro "experimental" ou "estrano". [ 1 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

A fundadora do kabuki Izumo no Okuni , levando unha katana e unha cruz cristia

1603-1629: Kabuki feminino [ editar | editar a fonte ]

A historia do kabuki comezou en 1603, cando Izumo no Okuni , unha miko do Santuario Izumo , comezou a realizar un novo estilo de danza dramatica nas ribeiras secas do rio Kamo en Kyoto . [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ] As executantes femininas interpretaban tanto os papeis femininos como os masculinos en situacions comicas da vida cotia. Este estilo fixose popular de xeito case instantaneo, tanto que mesmo se lle pediu a Okuni que fixese unha interpretacion fronte a Corte Imperial. Dado o rotundo exito, non tardaron en aparecer rivais, e o kabuki naceu como un conxunto de drama e danza executado por mulleres, unha forma moi diferente da sua encarnacion moderna. Moitas das execucions neste periodo foron de caracter indecente e moitas imitadoras realizaban execucions suxerentes; estas actrices comunmente estaban disponibles para a prostitucion , [ 1 ] e os homes do publico podian requirir libremente dos servizos destas mulleres. Por esta razon, o kabuki tamen se escribia como 歌舞妓 ( prostituta , cantante e bailarina) a partir do periodo Edo .

1629-1652: Mozos masculinos kabuki [ editar | editar a fonte ]

A atmosfera escandalosa e en ocasions violenta das executantes de kabuki atraeu a atencion do shogunato Tokugawa , [ 5 ] e en 1629 as mulleres foron expulsadas dos escenarios co suposto proposito de protexer a moral publica . [ 6 ] Alguns historiadores suxiren que o goberno estaba preocupado dado que a popularidade do kabuki dramatizaba a vida cotia en lugar do pasado heroico e daba a conecer escandalos recentes, alguns deles en que estaban involucrados oficiais do goberno. [ 7 ]

Romance entre un home e unha moza, probabelmente un actor kabuki

Posto que o kabuki xa era moi popular, os actores novos masculinos tomaron o lugar das mulleres. Xunto co cambio dos interpretes, o xenero cambiou a sua vez a enfase da execucion: a tension crecente puxose mais no drama que na danza. Estas actuacions resultaron igualmente obscenas, [ 8 ] e moitos actores estaban tamen disponibeis para a prostitucion, incluindo clientes homosexuais . O publico alborotabase frecuentemente e de cando en vez estoupaban as liortas, en ocasions para requirir os favores dun mozo actor particularmente atractivo, o que levou o shogunato a prohibir tamen as actuacions de actores novos en 1652. [ 9 ]

Despois de 1653: Homes kabuki [ editar | editar a fonte ]

Desde 1653, so podian realizar kabuki homes adultos, o que fixo que se convertese nunha forma sofisticada e altamente estilizada chamada yar? kabuki (野?歌舞伎, "kabuki de homes"). Esta metamorfose de estilo estaba altamente influenciada polo teatro comico ky?gen (狂言), que foi extremadamente popular nese tempo. Hoxe, o yar? decaeu, mais ata non hai moito tempo, todos os roles interpretados no kabuki eran executados so por homes. Os actores que se especializaban en interpretar mulleres eran conecidos como onnagata ou oyama (ambos escribense 女形). Os onnagata adoitaban provir de familias especializadas neste estilo. Outros dous roles principais eran aragoto (荒事, estilo aspero) e wagoto (和事, estilo suave).

Actor Kabuki , por Katsukawa Shunsho (1726-1792)

1688-1704: Periodo Genroku [ editar | editar a fonte ]

Durante a era Genroku o kabuki prosperou. As estruturas onde se levaban a cabo as funcions kabuki foron formalizadas durante este periodo, asi como moitos outros elementos de estilizacion. Determinaronse os diferentes tipos de personaxes convencionais. Durante este periodo estiveron asociados os teatros kabuki e ningy? j?ruri (人形?瑠璃, a forma elaborada do teatro de monicreques que despois de coneceu como bunraku ), e cada un influenciou o desenvolvemento do outro. Chikamatsu Monzaemon , un dos primeiros dramaturgos profesionais do kabuki, produciu varios traballos influentes, ainda que a sua peza mais conecida e significativa, Sonezaki Shinj? (曾根崎心中, "Os amantes suicidas de Sonezaki"), foi escrita para executarse no bunraku . Con todo, como moitas obras bunraku foi adaptada ao kabuki e atopou moitos imitadores. Esta e outras obras causaron suicidios por imitacion na vida real polo que o goberno prohibiu os shinju mono (obras sobre suicidios dobres de amantes) en 1723. Ichikawa Danj?r? I , que tamen viviu neste periodo, esta reconecido polo desenvolvemento da postura mie [ 10 ] e a maquillaxe kumadori que semella unha mascara. [ 11 ]

A mediados do seculo XVIII, o kabuki deixou de ser o favorito e o bunraku tomou o seu lugar como a principal forma de entretemento entre as clases sociais baixas. Isto debeuse en gran medida ao xurdimento de varios dramaturgos bunraku de exito nese periodo. Deronse poucos desenvolvementos no kabuki ata finais dese seculo, cando comezou a rexurdir.

O kabuki despois da Restauracion Meiji [ editar | editar a fonte ]

Unha funcion kabuki contra 1860

O enorme cambio cultural que comezou en 1868 trala caida do shogunato Tokugawa , a eliminacion da clase samurai , e a apertura do Xapon aos produtos e ideas de occidente, contribuiron a prender a chispa que marcou o rexurdimento do kabuki. Mentres a cultura loitaba para adaptarse a sua nova carencia de illamento, os actores esforzaronse por aumentar a reputacion do zkialo entre as clases altas e adaptar os estilos tradicionais aos gustos modernos. Os intentos neste sentido renderon froitos e nunha ocasion ofreceuse unha funcion ao Emperador Meiji en 1887. [ 12 ]

Moitas casas kabuki foron destruidas por bombardeos durante a segunda guerra mundial , e as forzas de ocupacion prohibiron esporadicamente as execucions de kabuki despois da guerra. [ 13 ] Poren, en 1947 levantouse a prohibicion e as funcions comezaron unha vez mais. [ 14 ]

O kabuki na actualidade [ editar | editar a fonte ]

No Xapon contemporaneo, o kabuki continua a ser relativamente popular; e o mais popular dos estilos tradicionais de drama xaponeses e os seus actores aparecen con frecunecia en papeis no cinema e na television. [ 15 ] Por exemplo, o conecido onnagata Band? Tamasabur? V apareceu en varios papeis en diferentes obras non kabuki e filmes, en ocasions en papeis femininos.

Algunhas companias teatrais empregan na actualidade actrices nos papeis onnagata , e formouse por exemplo Ichikawa Sh?jo Kabuki Gekidan, unha compania de so actrices, en 1953. Poren, a maioria das companias continuan a ser exclusivamente masculinas. [ 16 ] En 2003 erixiuse unha estatua de Okuni preto do distrito de Ponto-ch? de Kyoto.

Kabuki segundo Yakovlev Shalyapin

O kabuki entrou na listaxe de Obras Mestras do Patrimonio Oral e Intanxibel da Humanidade da UNESCO desde o 24 de novembro de 2005. [ 17 ] [ 18 ]

Elementos [ editar | editar a fonte ]

O kabuki emprega unha extension adicional do escenario conecida como hanamichi (花道; literalmente "camino florido"), unha calzada que se estende cara ao publico onde se fan as entradas e saidas dramaticas. Os teatros e escenarios kabuki foron sofisticandose tecnoloxicamente de xeito constante, e entre as innovacions atopanse as portas e os escenarios xiratorios, introducidos no seculo XVIII, mellorando en gran medida a escenografia das obras.

No kabuki, asi como noutras execucions da arte xaponesa, os cambios de escenografia realizanse en ocasions a metade das escenas, mentres os actores continuan no escenario e os panos se mantenen abertos. Os encargados de engadir e quitar obxectos conecense como kuroko (?子), van sempre vestidos completamente de negro e tradicionalmente se consideran "invisibeis".

Existen tres categorias principais de obras kabuki: jidaimono (時代物, "historica", ou prehistorias do periodo Sengoku), sewamono (世話物, "domestico", ou poshistorias do periodo Sengoku), e shosagoto (所作事, pezas de danza). [ 19 ]

Algunhas caracteristicas importantes do teatro kabuki incluen o moye (見得), en que o actor adopta unha postura pintoresca para establecer o seu papel. O kesh? , ou maquillaxe, proporciona un elemento de estilo facilmente reconecibel mesmo por aqueles que non estan familiarizados con esta forma de arte. O po de arroz se emprega para crear a base branca conecida como oshiroi , e o kumadori realza ou esaxera as linas faciais para producir mascaras sobrenaturais ou de animais para os interpretes.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 "Kabuki" in Frederic, Louis (2002). Japan Encyclopedia. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press .
  2. Lane, Richard (1978). "Images of the Floating World". Old Saybrook, CT: Konecky & Konecky.
  3. "Okuni | Kabuki dancer" . Encyclopedia Britannica (en ingles ) . Consultado o 5 de maio de 2019 .  
  4. Haar 1971 , p. 83
  5. Masato 2007
  6. Lombard, Frank Alanson (1928). An Outline History of the Japanese Drama . Londres: George Allen & Unwin LTD. pp. 287?295. ISBN   978-1-138-91983-9 .  
  7. Lombard, Frank Alanson. "Kabuki: A History". An Outline History of the Japanese Drama . Londres: George Allen & Unwin Ltd., 1928. 287-295
  8. Leupp 1997 , pp. 91?92
  9. Leupp 1997 , p. 92
  10. " Mie Arquivado 06 de febreiro de 2012 en Wayback Machine .". Kabuki Jiten. Consultado o 9 de febreiro de 2007.
  11. Kincaid, Zoe (1925). Kabuki: The Popular Stage of Japan . Londres: MacMillan and Co. pp21-22.
  12. Sh?riya, Asagoro. Kabuki Chronology of the 19th century at Kabuki21.com (Consultado o 18 de decembro de 2006)
  13. Brandon 2009
  14. Takemae, Eiji (2002) [1983]. The Allied Occupation of Japan . Robert Ricketts e Sebastian Swann (tradutores e adaptadores). Nova York e Londres: Continuum. pp.  390?391 . ISBN   0-8264-6247-2 .  
  15. Sh?riya, Asagoro. Contemporary Actors at Kabuki21.com . (Consultado o 18 de decembro de 2006.)
  16. Edelson, Loren. Playing for the Majors and the Minors: Ichikawa Girls' Kabuki on the Postwar Stage . In: Leiter, Samuel (ed). Rising from the Flames: The Rebirth of Theater in Occupied Japan, 1945?1952 . Rowman & Littlefield, 2009. pp. 75?85.
  17. "2001~2100" . Kabuki21.com . Consultado o 25 de xullo de 2014 .  
  18. "UNESCO Culture Sector ? Intangible Heritage ? 2003 Convention" . Unesco.org . Consultado o 25 de xullo de 2014 .  
  19. "Kabuki ≪ MIT Global Shakespeares" . Consultado o 8 de abril de 2015 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Brandon, James R. (2009). Kabuki's Forgotten War: 1931?1945 . University of Hawaii Press. ISBN   978-0-8248-3200-1 .  
  • Ronald Cavaye (1993). Kabuki: A Pocket Guide . USA e Xapon: Charles E. Tuttle,
  • Ronald Cavaye , Paul Griffith e Akihiko Senda (2004). A Guide to the Japanese Stage . Xapon: Kodansha International.
  • Ernst, E. (1956). The Kabuki Theatre . Nova York: Oxford University Press.  
  • Haar, Francils (1971). Japanese Theatre in Highlight: A Pictorial Commentary . Westport: Greenwood P. p. 83.  
  • Leupp, Gary P. (1997). Male Colors: The Construction of Homosexuality in Tokugawa Japan . University of California Press. ISBN   0-520-20900-1 .  
  • Scott, A. C. (1955). The Kabuki Theatre of Japan . Londres: George Allen & Unwin Ltd.  
  • Senelick, L. (2000). The Changing Room: Sex, Drag, and Theatre . Londres: Routledge.
  • Masato, Takaba (2007). "History of Kabuki: Birth of Saruwaka-machi" . Watanabe Norihiko. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2013 . Consultado o 30 de abril de 2009 .  

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]