John Frusciante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Frusciante

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 5 de marzo de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Astoria, Estados Unidos de America (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomes Trickfinger Editar o valor em Wikidata
Residencia Os Anxeles Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion guitarrista , produtor musical Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1988 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xenero artistico Rock alternativo Editar o valor em Wikidata
Influencias
Instrumento Guitarra , voz e ARP 2500 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Selo discografico Warner Music Group Editar o valor em Wikidata
Familia
Parella Milla Jovovich Editar o valor em Wikidata

Paxina web johnfrusciante.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0996889 Facebook: Johnfrusciante Twitter: johnfrusciante MySpace: johnfrusciantemusic BNE: XX1625900 Bandcamp: jfdirectlyfromjfSouncloud: johnfrusciante-music Spotify: 7rN3Agir6FaZNfhf5V7mfN Last fm: John+Frusciante Musicbrainz: f1571db1-c672-4a54-a2cf-aaa329f26f0b Songkick: 379329 Discogs: 79827 Allmusic: mn0000223627 Deezer: 1200 Genius: John-frusciante Editar o valor em Wikidata

John Anthony Frusciante , nado o 5 de marzo de 1970 en Nova York , e un guitarrista, cantante, compositor e produtor estadounidense. E o guitarrista da banda californiana Red Hot Chili Peppers , coa cal gravou cinco albums de estudio durante tres etapas diferentes, a ultima delas dende o ano 2019. Frusciante ten unha activa carreira en solitario, tendo editados dez albums co seu nome, ademais de dous co actual guitarrista dos Chili Peppers Josh Klinghoffer e Joe Lally , co nome de Ataxia. As suas gravacions en solitario incluen elementos que van do rock experimental e a musica ambient ata o New Wave e a musica electronica . Influenciado por guitarristas de varios xeneros, Frusciante fai fincape na melodia e na emocion no seu estilo de tocar, e prefire as guitarras vintage e as tecnicas de gravacion analoxicas.

Frusciante uniuse a Red Hot Chili Peppers aos 18 anos de idade, e apareceu por vez primeira coa banda no seu album de 1989 Mother's Milk . O seguinte disco da banda, Blood Sugar Sex Magik ( 1991 ), seria o que os lanzou ao exito. Poren, a nova popularidade dos Red Hot sobrepasouno e deixou o grupo en 1992 . Recluiuse e entrou nun longo periodo de adiccion as drogas, durante o cal publicou as suas primeiras gravacions: Niandra Lades and Usually Just a T-Shirt (1994) e Smile from the Streets You Hold (1997). En 1998 rehabilitouse e reuniuse con Red Hot Chili Peppers para o album Californication (1999). O seu traballo To Record Only Water for Ten Days foi publicado en 2001 . Nunha etapa creativa, Frusciante editou seis albums en solitario no ano 2004 ; cada un deles explorando diferentes tecnicas de gravacion e xeneros. No 2009 Frusciante publicou The Empyrean e separouse novamente de Red Hot Chili Peppers. Frusciante ten producido ou gravado con artistas como Wu-Tang Clan , The Mars Volta ou George Clinton entre outros. En 2019, Josh Klinghoffer , substituto de Frusciante nos Chili Peppers en 2009, deixou a banda despois de dez anos, e Frusciante retornou de novo coma guitarrista dos Red Hot Chili Peppers.

Frusciante ten recibido o reconecemento da critica pola sua forma de tocar a guitarra, acadando o posto 18 na lista da Rolling Stone dos "100 mellores guitarristas de todos os tempos" en 2003 [ 1 ] , e foi votado o mellor guitarrista dos ultimos 30 anos nunha enquisa do ano 2010 da BBC chamada "The Axe Factor" [ 2 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. " Rolling Stone - The 100 Greatest Guitarists of All Time" . Arquivado dende o orixinal o 21 de xuno de 2013 . Consultado o 04 de maio de 2013 .  
  2. bbc.co.uk - "The Axe Factor"