한국   대만   중국   일본 
Johannes Vermeer - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Johannes Vermeer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohannes Vermeer

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (nl) Johannes Vermeer
(fr) Johannes Vermeer Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento outubro de 1632 Editar o valor em Wikidata
Delft (Provincias Unidas) Editar o valor em Wikidata
Morte 15 de decembro de 1675 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Delft (Provincias Unidas) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Igrexa vella de Delft Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Delft Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Provincias Unidas Editar o valor em Wikidata
Relixion Calvinismo e catolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Pintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Delft (1653?1675) Editar o valor em Wikidata
Ocupacion pintor , coleccionista de arte Editar o valor em Wikidata
Xenero artistico Pintura de xenero e retrato Editar o valor em Wikidata
Movemento Pintura do seculo de ouro dos Paises Baixos e pintura do Barroco Editar o valor em Wikidata
Catalogo critico Johannes Vermeer catalog raisonne, 1908 (en) Traducir (1908)
Q125454883 Traducir (1958) Editar o valor em Wikidata
Influencias
Lingua Lingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Mecenas Pieter van Ruijven (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe Catharina Bolenes
Pais Reijnier Janszoon Vermeer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Digna Baltus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxia
15 de decembro de 1675 Funeral Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX914312 Musicbrainz: 3a0fcc05-3037-4d26-8358-69138b8f00de Discogs: 2234860 WikiTree: Reijniersz-3 Find a Grave: 3757 Editar o valor em Wikidata
Alegoria da pintura (1666-1667). Kunsthistorisches Museum ( Viena )

Johannes Vermeer , conecido baixo os nomes Jan Vermeer , Vermeer de Delft ou Johannes van der Meer , nado en Delft en 1632 e finado na mesma cidade o 15 de decembro de 1675 , foi un pintor neerlandes , membro da Escola de Delft , considerado un dos mais importantes da idade de ouro da pintura holandesa.

Especializouse en escenas interiores cotias da vida domestica burguesa. Pasou toda a sua vida na cidade de Delft. En vida foi un moderadamente exitoso pintor de provincias. Non foi nunca especialmente rico, quizais debido o escaso numero de pinturas que producia, e a sua morte deixou debedas a sua esposa e once fillos. Practicamente esquecido durante dous seculos, en 1866 o critico de arte Thore Burger publicou un ensaio atribuindolle 66 pinturas (se ben so 34 delas sonlle actualmente atribuidas con seguridade). Desde enton a reputacion de Vermeer creceu enormemente e actualmente esta considerado como un dos maiores pintores da idade de ouro holandesa. E particularmente reconecido pola sua mestria no uso e tratamento da luz.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Sabese relativamente pouco acerca da vida de Vermeer, a excepcion dalguns feitos basicos anotados en rexistros e documentos legais. Vermeer naceu en Delft ( Paises Baixos ) e permaneceu ali toda a sua vida. Foi soterrado na Igrexa Vella ( Oude Kerk ) en Delft. [ 1 ] E, despois de Rembrandt , o pintor holandes mais famoso do seculo XVII, un periodo conecido como a idade de ouro de Holanda polas suas asombrosas realizacions artisticas e culturais.

A sua obra e escasa: trinta e catro cadros de escenas de interior (como A Leiteira ) ou retratos ( Rapaza con turbante ) e duas paisaxes urbanas ( A ruela e Vista de Delft ). Incluso o numero de pinturas atribuidas a Vermeer varia, debido as circunstancias nas que morreu e o seu posterior esquecemento.

Vermeer salientaba na restitucion da luz, da textura, da perspectiva (quizais empregaba a camara escura ) e das cores transparentes. Coidaba a harmonia das cores. Nas suas obras podese sentir o silencio dos personaxes nalguns momentos intimos das suas vidas. Interesouse por todalas capas da sociedade con igual esmero, desde o retrato dunha simple leiteira traballando, as obras nas que amosa o luxo e esplendor dos ricos burgueses da epoca nas suas espazosas casas. A sua pintura revela moitos aspectos da vida desta epoca. Na sua obra podense atopar connotacions relixiosas e cientificas.

Acadou certa fama na sua cidade de Delft como pintor innovador e como experto en cadros. En 1672 foi convocado a Haia para facer unha peritacion sobre unha coleccion de teas vendidas a Federico Guillerme, grande elector de Brandeburgo .

Casou en 1653 con Catharina Bolnes, filla de Maria Thins, que dispuna de bos ingresos. Poren, as Provincias Unidas foron invadidas por Francia e logo Inglaterra declaroulles a guerra, o que repercutiu negativamente no mercado da arte en xeral, e nas finanzas dos Vermeer en particular, xa que tinan once fillos.

Suponse que se perderon algunhas das suas obras porque en mais dunha ocasion tivo que entregalas para pagar as suas debedas os tendeiros. Jan Vermeer morreu pobre, e a sua muller tivo que vender os seus cadros o Concello para sobrevivir e manter os seus oito fillos ainda menores. Logo diseminaronse as suas obras (algunhas chegaron a sair do pais) as veces coa firma doutros pintores para darlle mais valor. Das 35 obras reconecidas actualmente como autenticas, so 16 levan a sua firma e unicamente duas a data.

Houbo que esperar case dous seculos para que o historiador e critico Joseph Theophile Thore (pseudonimo de W. Burger ) o rescatase do esquecemento en 1842, coa axuda do marchante de arte John Smith . Thore fixo unha declaracion atribuindo 76 pinturas a Vermeer, un numero que axina foi rebaixado. A principios do seculo XX corrian rumores de que ainda existian pinturas de Vermeer por descubrir.

Non foi ata 1935 que o museo de Rotterdam lle dedicou a sua primeira exposicion individual.

Pelicula [ editar | editar a fonte ]

A rapaza da perla , conecida como a "Mona Lisa do Norte".

Scarlett Johansson e a protagonista do filme Girl with a Pearl Earring , do director Peter Webber , do ano 2003. A historia da pelicula esta baseada na novela homonima de Tracy Chevalier , inspirada no cadro A rapaza da perla , e inventa unha trama romantica a partir da vida do pintor, do que existe moi pouca informacion biografica. A duracion da pelicula e de 95 minutos, e ademais de Johansson conta no elenco con Colin Firth , Tom Wilkinson , Judy Parfitt , Cillian Murphy e Essie Davis .

A pelicula, seguindo a novela, conta con moitos detalles irreais e inventados sobre a biografia de Vermeer, e incorre na contradicion de presentalo como un pintor pobre, pero con criados. Se algo se sabe con certeza e que non viviu de pintar. E o certo e que a mellor atribucion posible da identidade da retratada como A rapaza da perla e que seria unha das suas fillas.

Falsificacions [ editar | editar a fonte ]

Han van Meegeren (1898-1947) foi un pintor holandes que cultivaba o estilo de pintura dos clasicos holandeses. Orixinalmente para probar que os criticos estaban equivocados acerca das suas habilidades como pintor, decidiu pintar un Vermeer falso. Mais tarde falsificou mais vermeers e obras doutros pintores, simplemente como medio de vida. Van Meegeren enganou a todo o ambiente artistico en Holanda, de forma que incluso unha das suas obras formou parte da coleccion que Hermann Goring creou mediante o espolio nos paises ocupados de Europa durante a segunda guerra mundial . A falsificacion era tan boa que as autoridades holandesas o acusaron de traizon por vender bens artisticos holandeses os nazis. Para demostrar que el mesmo era o autor do cadro en cuestion, Van Meegeren compuxo un novo cadro atribuible a Vermeer ante o atento exame da policia holandesa. As suas habilidades para a falsificacion sacudiron o mundo da arte e fixeron mais dificil poder asegurar a autenticidade de obras atribuidas a Vermeer (as autoridades holandesas cambiaron os cargos de traizon a falsificacion, polos que Van Meegeren foi condenado a dous anos de prision).

Obras [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Listaxe de personaxes soterrados na Igrexa Vella de Delft Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine ., no sitio web oficial da igrexa (en ingles e castelan)

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]