한국   대만   중국   일본 
Jacques-Louis David - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Jacques-Louis David

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJacques-Louis David

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 30 de agosto de 1748 Editar o valor em Wikidata
Paris (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte 29 de decembro de 1825 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Bruxelas (Reino Unido dos Paises Baixos) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Ictus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura grave of Jacques-Louis David (en) Traducir, B plot 184 G2
Cemiterio do Pere-Lachaise , 56
Grave of Jacques-Louis David (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
35º President of the National Convention (en) Traducir
5 de xaneiro de 1794 ? 20 de xaneiro de 1794
←  Georges Couthon (pt) Traducir ? Marc-Guillaume-Alexis Vadier (pt) Traducir →
Deputy to the National Convention (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Francia Editar o valor em Wikidata
Educacion Academie de Saint-Luc (en) Traducir
Universidade de Paris
Academia Real de Pintura e Escultura (pt) Traducir
Escola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bruxelas
Paris
Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupacion pintor , politico , debuxante arquitectonico Editar o valor em Wikidata
Partido politico Clube Jacobino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xenero artistico Pintura de historia , retrato , alegoria (pt) Traducir, Arte de paisaxes e pintura relixiosa Editar o valor em Wikidata
Movemento Neoclasicismo Editar o valor em Wikidata
Catalogo critico Jacques-Louis David catalog raisonne, 1973 (en) Traducir (1973) Editar o valor em Wikidata
Profesores Joseph-Marie Vien (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alumnos Francois-Edouard Picot../... 28+ Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Mecenas Napoleon I de Francia Editar o valor em Wikidata
Participou en
5 de maio de 1789 Revolucion Francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Conxuxe Charlotte David (1782, 1796?)
Fillos Charles-Louis Jules David (pt) Traducir, Eugene David (pt) Traducir, Laure Emilie Felicite David , Pauline Jeanne David (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais Louis Maurice David (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Marie-Genevieve Buron (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX957053 Musicbrainz: 2eb0212f-d9db-4a68-827e-dcf3fd74e97b Discogs: 2242883 WikiTree: David-5 Find a Grave: 7849 Editar o valor em Wikidata
O Xuramento dos Horacios , 1785. Museo do Louvre .

Jacques-Louis David ( 30 de agosto de 1748 - 29 de decembro de 1825 ) foi un pintor frances de bastante influencia no estilo neoclasico . Buscou a inspiracion nos modelos escultoricos e mitoloxicos gregos , baseandose na austeridade e severidade, algo que cadraba co clima moral dos ultimos anos do antigo rexime .

Mais adiante David chegou a ser un activo participante na Revolucion Francesa asi coma amigo de Maximilien de Robespierre ; en realidade foi un dos maximos exponentes artisticos da Republica Francesa . Encarcerado tras a caida do poder de Robespierre, mais tarde alinouse coa chegada doutro rexime politico, o de Napoleon Bonaparte . Foi nesta epoca cando desenvolveu o seu Estilo Imperio , notable polo uso de cores calidas ao estilo veneciano .

Entre os seus numerosos alumnos cabe destacar a Antoine-Jean Gros , Anne-Louis Girodet de Roucy-Triosson e o mais conecido de todos: Jean Auguste Dominique Ingres . Isto fixoo ser o pintor mais influente da arte francesa do seculo XIX , especialmente nas pinturas academicas.

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Jacques-Louis David naceu no seo dunha prospera familia en Paris , o 30 de agosto de 1748 . A idade de nove anos, o seu pai foi asasinado nun duelo e a sua nai deixouno baixo o coidado dos seus tios Francois Buron e Jacques-Francois Desmaisons que eran uns prosperos arquitectos. Eles aseguraronse de que recibise unha excelente educacion no Colexio das Catro Nacions , pero Jacques-Louis David non foi nunca un bo estudante: durante as clases cubria os seus libros con debuxos. Axina manifestou o seu desexo de ser pintor, pero o desexo da sua nai e os seus tios era que fose arquitecto.

Finalmente venceu os receos dos seus familiares e foi ao taller de Francois Boucher , maxima figura da epoca, asi como parente afastado de David. Boucher, nos seus inicios pintor rococo , encontrabase nun periodo mais clasico da sua pintura e decidiu que en vez de ensinar persoalmente a David, poderia envialo baixo a tutelaxe do seu amigo  Joseph-Marie Vien  que adoptara gustos clasicos fronte ao rococo imperante. Ali David asistiu a Real Academia de Pintura e Escultura , situada no que hoxe e o  Louvre .

Entre 1770 e 1774 David tentou ganar catro veces o Premio de Roma , que consistia nunha bolsa para unha estancia de catro anos na Academia Francesa en Roma . Unha delas, de acordo a lenda, perdeuno porque non consultara a Vien, un dos xuices que outorgaba o premio. Outra, porque outros estudantes estiveran a competir durante anos e Vien pensou que a educacion de David podia esperar, non asi a desoutros pintores. En protesta, David puxose en folga de fame. Ao quinto intento, en 1774, ganao finalmente. O mais usual neste caso seria que David tivese asistido a outra academia antes de ir a Academia en Roma, pero a influencia de Vien permitiulle ir directamente ali en 1775, cando Vien foi nomeado director da Academia de Francia en Roma. [ 1 ]

Xa en Italia , David puido acceder de primeira man as obras mestras e as ruinas da antiga Roma . Encheu multitude de cadernos con numeroso material que utilizaria durante o resto da sua vida. Reuniuse co influente pintor neoclasico  Rafael Mengs . A traves del, introduciuse nas teorias pioneiras do historiador de arte Johann Joachim Winckelmann . [ 2 ] Durante a sua estancia en Roma estudou os grandes mestres, sendo o seu preferido  Rafael . En 1779  puido visitar as ruinas de  Pompeia , onde quedou impresionado acompanado polo escultor  Francois Marie Suzanne .

Primeiras obras [ editar | editar a fonte ]

Os companeiros de David na Academia encontraron dificil relacionarse con el, pero reconeceron o seu xenio. Permitironlle que quedase na Academia Francesa en Roma durante un ano mais, pero despois de cinco anos en Roma, regresou a Paris. [ 1 ] Ali encontrou quen influise ao seu favor e fixerono membro da Academia Real. Enviou a academia duas pinturas, incluindose ambas as duas no Salon de 1781 , unha grande honra. Foi gabado por pintores contemporaneos, pero a administracion da Academia Real era hostil a esta estrela nacente.

Despois do salon, o rei permitiulle aloxarse no Louvre, un privilexio antigo e moi desexado dos grandes artistas. Cando o contratista dos edificios reais, M. Pecol, estaba a facer os oportunos arranxos con David, pediulle que casase coa sua filla, Marguerite Charlotte. Este matrimonio proporcionou a David cartos e, co tempo, catro fillos. David tina alumnos propios, entre 40 e 50, e o goberno encargoulle que pintase Horacio defendido polo seu pai, pero David axina decidiu: ≪So en Roma podo pintar romanos≫. O seu sogro proporcionoulle o dineiro que necesitaba para a viaxe, e marchou a Roma coa sua esposa e tres dos seus estudantes, uns dos cales, Jean-Germain Drouais, era o ganador do Premio de Roma dese ano.

En Roma, David pintou o seu famoso Xuramento dos Horacios . Os temas e motivos reiterarianse en obras posteriores coma O xuramento do Xogo de Pelota e a Distribucion das Aguias . Mentres no Xuramento dos Horacios  e  O xuramento do Xogo de Pelota se resalta a importancia do autosacrificio masculino polo propio pais e por patriotismo, a Distribucion das Aguias falaria do autosacrificio polo emperador ( Napoleon ) e a importancia da gloria obtida no campo de batalla.

En 1787 , David non se converteu no Director da Academia Francesa en Roma, unha posicion que desexaba ardentemente. O conde encargado do nomeamento dixo que David era demasiado novo, pero que o apoiaria ao cabo de 6 a 12 anos. Esta situacion seria unha das moitas que fixeron que arremetese contra a Academia en anos futuros.

Para o salon de 1787, David exhibiu a sua famosa Morte de Socrates . ≪Condenado a morte, Socrates, forte, calmado e en paz, discute a inmortalidade da alma. Rodeado por  Criton , os seus amigos lamentandose e estudantes, esta a ensinar, filosofando, e de feito, agradecendo ao Deus da Saude,  Asclepio , pola infusion de cicuta que lle aseguraria unha morte pacifica. A esposa de Socrates pode verse lamentandose soa fora do cuarto, despedida pola sua debilidade.  Platon  (que non estaba presente cando morreu Socrates) esta representado como un ancian sentado ao final da cama.≫ Os criticos compararon o Socrates coa boveda da Capela Sistina de Michelangelo  e as Estanzas de Rafael , e un, despois de dez visitas ao Salon, describiuno como ≪perfecto en todos os sentidos≫.  Denis Diderot  dixo que parecia que o copiara dalgun antigo baixorrelevo . A pintura estaba moi na onda do clima politico da epoca.

Como seguinte pintura, David executou  Os lictores levan a Bruto o corpo dos seus fillos . A obra resultaba moi atractiva para a epoca. Antes da apertura do Salon, comezara a Revolucion francesa . Establecerase a Asemblea Nacional e caera a  Bastilla . A corte real non queria propaganda axitando o pobo, asi que habia que comprobar todas as obras antes de que se colgasen. Alguns retratos de xente famosa prohibironse, como o dun quimico que resultaba ser membro dun partido que non gozaba de favor. Cando os xornais relataron que o goberno non permitira que se mostrase  Os lictores levan a Bruto o corpo dos seus fillos , o pobo encolerizouse, e os realistas cederon. O cadro colgouse na exposicion, protexido por estudantes de arte. A pintura representa a  Lucio Xuno Bruto , o lider romano, lamentandose polos seus fillos. Os fillos de Bruto intentaran derrocar o goberno e restaurar a monarquia, asi que o pai ordenou a sua morte para manter a republica. Asi, Bruto resultaba ser o heroico defensor da republica, ainda que lle custase a sua propia familia. A dereita, a nai sosten as suas duas fillas, e a avoa vese no extremo dereito, angustiada. Bruto sentase a esquerda, so, melancolico, pero sabendo que o que fixo e o mellor para o seu pais. Toda a pintura era un simbolo republicano, e obviamente tivo un inmenso significado nestes tempos en Francia.

O xuramento dos Horacios [ editar | editar a fonte ]

Tras terse dado a conecer, o Estado encargalle que pinte Horacio defendido polo seu fillo , poren David discrepa tanto no titulo coma nas dimensions, dando lugar ao Xuramento dos Horacios cun gran formato, 330 x 425 cm. Pintada en 1785 e actualmente exposta no Louvre e a obra mais conecida de David e esta considerada coma a obra cume da pintura neoclasica .

A tematica da obra e o cumprimento do deber por riba de calquera sentimento persoal. Toma a historia de Tito Livio no periodo de guerras entre Roma e Alba Longa ( 668 a.C. ). A disputa entre as duas cidades decidese por un combate infrecuente: os Horacios, trixeminos romanos, contra os Curiacios, trixeminos de Alba. O drama radica no parentesco familiar, xa que unha das irmas dos Horacios, Sabina, estaba prometida cun Curiacio. A pesar disto, e como vemos reflectido na obra, o pai Horacio exhorta os seus fillos a loita.

David situa a escena no patio dunha casa. A esquerda atopamos os fillos e no centro da composicion o pai, que e quen realiza a accion principal, o xuramento, obrigandoos ao cumprimento do deber coa patria. E na dereita atopamos as mulleres, vestidas a moda romana.

A traves da xestualizacion e a expresion corporal comunicase connosco. Busca a claridade, de ai o uso das cores apagadas, como mostra de racionalidade . No xuramento das espadas e onde se observa a maior tension dentro da obra, figuras con moita enerxia que contrastan co desconsolo do grupo das figuras femininas.

O fondo dividese en tres arcos que son os que dividen a escena do primeiro termo, cada grupo enmarcase nun dos arcos laterais, e a figura do pai no central. A arquitectura carece de ornamentacion, propia do estilo; por outra banda isto contribue a resaltar o tema traxico representado.

David vai componer por contraposicion, fai que as figuras resalten sobre o fondo, ao mesmo tempo que contrastan entre si, primeiro dentro dos propios grupos, por un lado os Horacios e o pai, este conxunto contraponse co das mulleres, e todalas figuras contra os arcos do fondo.

A perspectiva centrase nas mans da figura do pai, que e o que realiza a accion principal do xuramento e sosten as espadas. Seguindo as linas do pavimento atopamos que o punto de fuga coincide nisto.

Dos tres Horacios, o que esta en primeiro plano e o que atrae a mirada do espectador, a lenda di que so un dos irmans saiu vitorioso da batalla. Os outros dous estenden as mans en direccion a espada; a forza representada nese acto e o seu firme compromiso coa patria. As miradas coinciden co punto de fuga e coa lina de horizonte, onde o mais destacado e o xuramento. Para que esta mensaxe nos chegue de forma clara David suprime todo o accesorio que poderia complicar a nosa percepcion do tema.

O cadro na epoca foi acollido pola critica de forma negativa polas ideas politicas nel representadas.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 Lee, Simon. "David, Jacques-Louis." Grove Art Online. Oxford Art Online. 14 de novembro de 2014 < http://www.oxfordartonline.com/subscriber/article/grove/art/T021541 >.
  2. Alex Potts, Flesh and the Ideal: Winckelmann and the Origins of Art History (New Haven: Yale University Press, 2000).

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]