한국   대만   중국   일본 
Jons Jacob Berzelius - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Jons Jacob Berzelius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJons Jacob Berzelius

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 20 de agosto de 1779 Editar o valor em Wikidata
Vafversunda, Suecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 7 de agosto de 1848 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Adolf Fredriks parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Solna cemetery (en) Traducir, SO 02 30 59°21′11″N 18°01′31″L  /  59.35294, 18.02518 Editar o valor em Wikidata
Seat 5 of the Swedish Academy (en) Traducir
20 de decembro de 1837 ? 7 de agosto de 1848
←  Carl von Rosenstein (pt) Traducir ? Johan Erik Rydqvist (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Suecia Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Uppsala
Katedralskolan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de tese Johan Afzelius (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Quimica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Estocolmo Editar o valor em Wikidata
Ocupacion quimico , medico , profesor universitario , escritor de non ficcion , farmaceutico Editar o valor em Wikidata
Empregador Instituto Karolinska (pt) Traducir
Universidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Membro de
Alumnos Lars Svanberg (pt) Traducir e James Finlay Weir Johnston (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua sueca e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Doutorando Friedrich Wohler , Nils Johan Berlin (pt) Traducir, Heinrich Rose (pt) Traducir, James Finlay Weir Johnston (pt) Traducir, Lars Svanberg (pt) Traducir e Carl Gustaf Mosander (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
Conxuxe Elisabeth Berzelius (1835?1848)
Premios

BNE: XX1511853 WikiTree: Berzelius-1 Find a Grave: 9530990 Editar o valor em Wikidata

Jons Jacob Berzelius (|jœns ?j?ːk?b bæ??seːli?s|), nado en Ostergotland o 20 de agosto de 1779 e finado en Estocolmo o 17 de agosto de 1848 , foi un quimico sueco . Ideou o moderno sistema de notacion quimica, e xunto con John Dalton , Antoine Lavoisier , e Robert Boyle , esta considerado o pai da quimica moderna. [ 1 ]

Descubriu o torio , o cerio e o selenio e foi o primeiro en illar o circonio , o silicio e o titanio . Tamen perfeccionou a taboa dos pesos atomicos dos elementos publicada por Dalton, corrixindo os seus erros.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Berzelius naceu en Ostergotland , en Suecia . Perdeu os seus pais a unha idade tempera. Estaba a cargo dos seus familiares en Linkoping , onde asistiu a escola que hoxe se conece como Katedralskolan. Posteriormente matriculouse na Universidade de Uppsala , onde aprendeu a profesion de medico dende

1796 ata 1801. Ensinoulle quimica Anders Gustaf Ekeberg , o descubridor do tantalo . Traballou como aprendiz nunha farmacia e cun medico no balneario Medevi . Durante este tempo analizou a auga do manancial. Para os seus estudos de medicina, examinou a influencia da corrente galvanica en varias enfermidades e graduouse como medico en 1802. Exerceu a medicina preto de Estocolmo , ata que o propietario dunha mina, Wilhelm Hisinger , descubriu a sua capacidade analitica e dotouno dun laboratorio.

En 1807 Berzelius foi nomeado profesor de quimica e farmacia no Instituto Karolinska .

En 1808 foi elixido membro da Real Academia Sueca de Ciencias , que por enton se estancara durante varios anos debido ao menor interese polas ciencias en Suecia dende a epoca do romanticismo. En 1818 foi elixido secretario da mesma, e ocupou o cargo ata 1848. A Berzelius atribueselle a revitalizacion da Academia que viviu unha segunda epoca dourada, sendo a primeira a que estivo baixo a secretaria do astronomo Pehr Wilhelm Wargentin (1749 a 1783). [ 2 ] En 1837, foi elixido tamen membro da Academia Sueca, coa cadeira numero 5.

Polos seus enormes logros no campo da quimica, Berzelius e considerado como o "pai da quimica en Suecia".

Estatua de Berzelius no centro do Parque Berzelii, Estocolmo .
Tumba de Berzelius

En 1835, a idade de 56 anos, casou con Elisabeth Poppius, de 24 anos de idade, filla dun ministro do goberno sueco, e no mesmo ano foi elevado a freiherr . [ 3 ]

Faleceu o 7 de agosto de 1848 na sua casa en Estocolmo, onde vivira dende 1806. [ 4 ]

Obra [ editar | editar a fonte ]

Foi o primeiro analista do seculo XIX : ademais de levar a cabo coa maior precision un numero enorme de analise, hai que atribuirlle o descubrimento de varios corpos simples: Hisinger e Berzelius descubriron o elemento cerio en 1807, en 1817 identificou xunto a Johan Gottlieb Gahn o selenio , e como terceiro e ultimo descubrimento o torio en 1829. Os seus alumnos descubriron outros dous elementos: en 1817 Johann Arfvedson descubriu o litio , e en 1830 Nils Gabriel Sefstrom redescubriu o vanadio . Berzelius foi quen propuxo os nomes de litio e vanadio, asi como o de sodio . Foi o primeiro quimico que illou o silicio (en 1823), o circonio (en 1824), o torio (en 1828) e o titanio .

Estudou as combinacions de xofre con fosforo , o fluor e os fluoruros , determinou un gran numero de equivalentes quimicos. Foi practicamente o creador da quimica organica . Introduciu as nocions e as palabras alotropia , catalise , isomeria , haloxeno , radical organico e proteina . Tan filosofo como experimentador, consolidou a teoria atomica asi como a das proporcions quimicas; inventou e fixo aceptar universalmente formulas quimicas analogas as formulas alxebricas co obxectivo de expresar a composicion dos corpos. Para explicar os fenomenos adoptou a celebre teoria do dualismo electro-quimico, e con esta teoria levou a cabo moitas reformas na nomenclatura e na clasificacion. Desenvolveu unha teoria electroquimica sobre os radicais. Tamen foi un dos primeiros que baseou a mineraloxia no conecemento dos elementos quimicos dos corpos. O actual sistema de notacion quimica adoptouse grazas a Berzelius, que foi quen o propuxo en 1813. Berzelius foi un dos primeiros que publicou unha taboa das masas moleculares e masas atomicas con exactitude aceptable.

Novos elementos [ editar | editar a fonte ]

Berzelius acreditase coa identificacion dos elementos quimicos selenio , torio e cerio , e foi o primeiro en illar o silicio , o circonio e o titanio . Os estudantes que traballaban no laboratorio de Berzelius tamen descubriron o litio e o vanadio .

Lei das proporcions definidas [ editar | editar a fonte ]

Daguerrotipo de Berzelius.

Pouco despois de chegar a Estocolmo escribiu un libro de texto de quimica para os seus estudantes de medicina, que foi o punto de partida da sua longa e frutifera carreira. Mentres levaba a cabo experimentos para documentar o libro de texto utilizou a lei das proporcions constantes , formulada por Joseph Louis Proust , e demostrou que as substancias inorganicas estan compostas de diferentes elementos en proporcions constantes en peso. Baseandose neste feito, en 1828 compilou unha taboa de pesos atomicos relativos, onde o peso atomico do osixeno se fixaba en 100. Este traballo proporcionou unha evidencia a favor da teoria atomica de Dalton : que os compostos quimicos inorganicos se componen de atomos combinados en cantidades enteiras. Ao descubrir que os pesos atomicos non son multiplos enteiros do peso de hidroxeno (como por exemplo o do cloro, 35,5 veces o peso atomico do hidroxeno), Berzelius tamen refutou a hipotese de Prout de que os elementos se construen a partir de atomos de hidroxeno.

Nomenclatura quimica [ editar | editar a fonte ]

Coa fin de sistematizar os seus experimentos, desenvolveu un sistema de notacion quimica na que os elementos se denotaban con simbolos simples . Codificou os elementos segundo a primeira letra do seu nome latino, agregando unha segunda letra cando habia necesidade de diferenciar dous elementos cuxo nome comezaba coa mesma letra inicial. Por exemplo, C para carbono , Ca para calcio , Cd para cadmio , coas proporcions sinaladas por numeros. Este e, basicamente, o mesmo sistema utilizado na actualidade na formula molecular , coa unica diferenza de que en lugar dos subindices utilizados na actualidade (por exemplo, H 2 O), Berzelius utilizaba superindices (H 2 O). A pesar da sua evidente vantaxe sobre o dificultoso e case incomprensible sistema anterior, a nomenclatura proposta por Berzelius atopou resistencia, e tardou anos en ser universalmente aceptada.

Novos termos quimicos [ editar | editar a fonte ]

A Berzelius tamen se lle atribuen novos termos empregados en quimica como catalise , polimeros , isomero e alotropo , ainda que as suas definicions orixinais difiren drasticamente do seu uso moderno. Por exemplo, cunou o termo "polimero" en 1833 para describir os compostos organicos que comparten identicas formulas empiricas , pero difiren no peso molecular en xeral. O maior dos compostos describese como "polimero" dos mais pequenos.

Bioloxia [ editar | editar a fonte ]

Berzelius tivo tamen unha influencia importante sobre a bioloxia. Foi o primeiro en facer a distincion entre os compostos organicos (aqueles que contenen carbono), e os compostos inorganicos. En particular, asesorou a Gerardus Johannes Mulder na sua analise elemental de compostos organicos, tales como o cafe, o te e varias proteinas. O termo " proteina " foi de feito cunado por Berzelius, despois de que Mulder observase que todas as proteinas parecian ter a mesma formula empirica, e chegou a conclusion erronea de que poderian estar compostas por un so tipo de molecula (moi grande). Berzelius propuxo este nome porque estas moleculas parecian ser a substancia primitiva da alimentacion animal que as plantas preparan para os herbivoros.

Reconecementos [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Jons Jacob Berzelius" . Encyclopædia Britannica Online . Consultado o 3 de agosto de 2008 .  
  2. Centre for History of Science at the Royal Swedish Academy of Sciences: KVA och Berzelius , consultado o 23 de maio de 2009
  3. Biographical Dictionary of Scientists ed. T. I. Williams. Londres: A. & C. Black, 1969; pax. 55-56
  4. "Berzelius, Johan Jakob, Baron". Chamber's Biographical Dictionary 1897 .  
  5. Almanach royal officiel de Belgique/1841 p118
  6. Orden Pour le Merite fur Wissenschaften und Kunste (1975). Die Mitglieder des Ordens. 1 1842-1881. (PDF) . Berlin: Gebr. Mann Verlag. p. 6. ISBN   3-7861-6189-5 . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xuno de 2018 . Consultado o 13 de outubro de 2018 .  
  7. Berzelius
  8. Web de jpl. "(13109) Berzelius" .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Wisniak, Jaime (2000). "Jons Jacob Berzelius A Guide to the Perplexed Chemist". The Chemical Educator 5 (6): 343?350. doi : 10.1007/s00897000430a .  
  • Walden, Paul (1947). "Zum 100. Todestag von Jons Jakob Berzelius am 7. August 1948" . Naturwissenschaften 34 (11): 321?327. Bibcode : 1947NW.....34..321W . doi : 10.1007/BF00644137 .  
  • Holmberg, Arne (1933) Bibliografi over J. J. Berzelius . 2 parts in 5 vol. Stockholm: Kungl. Svenska Vetenskapsakademien, 1933?67. 1. del och suppl. 1?2. Tryckta arbeten av och om Berzelius. 2. del och suppl. Manuskript
  • Jorpes, J. Erik (1966) Jac. Berzelius ? his life and work ; traducido do manuscrito sueco por Barbara Steele. Estocolmo: Almqvist & Wiksell, 1966. (Reeditado por University of California Press, Berkeley, 1970 ISBN 0-520-01628-9 )
  • Partington, J. R. (1964) History of Chemistry ; vol. 4. Londres: Macmillan; pp. 142?77

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]