한국   대만   중국   일본 
Isabel Fernandez Reviriego - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Isabel Fernandez Reviriego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsabel Fernandez Reviriego
Biografia
Nacemento 7 de abril de 1979 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Bilbao, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade Carlos III de Madrid (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion compositora , artista grafica , produtora musical Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1997 Editar o valor em Wikidata -
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata

Twitter: concebolla Musicbrainz: e0a406ab-a643-474a-82e6-b1041afe9b62 Discogs: 1710573 Editar o valor em Wikidata


Isabel Fernandez Reviriego , nada en Bilbao o 7 de abril de 1979 [ 1 ] e unha musica vasca [ 2 ] , amais de artista grafica e escritora . Comezou a sua actividade musical en Bilbao co grupo Electrobikinis , seguiu en Madrid con Charades , e agora desenvolve o seu proxecto unipersoal Aries .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Durante a sua adolescencia comezou a frecuentar o ambiente musical de Getxo , por enton dinamico grazas ao chamado Getxo Sound [ 3 ] , formandose nesa epoca unha primeira orientacion cara ao punk , o pop , o rock and roll e algunhas correntes da decada de 1990.

En 1997 formou o seu primeiro grupo, Electrobikinis ?nun principio chamado Electra?. Na banda estaban tamen Miren Iza , quen mais tarde formaria o grupo Tulsa , e Asier Gurruchaga, bateria de Zodiacs . Con Electrobikinis gravou un EP e un album co selo madrileno Subterfuge Records . Unha das suas cancions, ≪Boston city girl≫, foi seleccionada para unha campana publicitaria a nivel estatal.

En 2001 trasladouse a Madrid , onde estudou Humanidades na Universidade Carlos III . Continuou a sua actividade musical nun novo grupo, Charades. O grupo, con cancions en castelan, foi fraguando gradualmente un estilo pop baseado en harmonias vocais, que acabou por converterse no seu propio selo persoal. Amantes das segundas voces (O seu lema era ≪Nunca sobran coros≫), Charades publicaron tres LP e un EP en nove anos. O selo underground estadounidense Kill Rock Stars incluiu un tema do grupo no compilatorio Tracks and fields (2004), xunto a grupos como Sonic Youth , The Decemberists o Gossip . O seu segundo album, En ningun lugar , foi editado no Xapon polo selo Art Union. Actuaron para o blog La Blogoteque e tocaron en festivais estatais, asi como en Londres e no SXSW de Texas . O 13 de decembro de 2010 anunciaron que o seu concerto xunto a Los Punsetes , celebrado tres dias despois, habia ser o ultimo antes de entrar nun hiato que xa seria indefinido.

Despois foi vivir a Vigo , onde continuou a sua producion grafico-literaria, iniciada en Madrid, con publicacions autoeditadas ou fanzines formados por reflexions sobre musica, arte, filosofia, textos breves ensaisticos e autobiograficos, acompanados de desenos propios, frecuentemente collages . Unha seleccion destes textos, xunto con extractos de entrevistas antigas e material novo, deron forma ao seu primeiro libro, Un rayo ultravioleta , publicado en 2015.

Comezou un novo proxecto musical chamado Aries (o seu signo do zodiaco ), cun novo formato sonoro con abundancia de instrumentos electronicos, pero mantendo a base harmonica e o estilo pop, de gran riqueza melodica. O seu terceiro disco con este proxecto, Adieu or die , publicouse de forma conxunta por La Castanya en Espana e por K Records nos Estados Unidos en abril de 2016, o que propiciou unha xira por Norteamerica.

Colaborou coa serie animada Adventure Time de Cartoon Network , dobrando ao castelan alguns personaxes interpretando cancions, como a Princesa Chicle cantando ≪La cancion de Limoncin≫ no capitulo ≪Limoncin, parte 2≫ (temporada 5, capitulo 51). [ 4 ] Tamen colaborou con numerosos artistas e bandas como Delorean , Atom Rhumba ou Jay.

Discografia [ editar | editar a fonte ]

Electrobinikis [ editar | editar a fonte ]

  • Satan wears bra (EP, 1999)
  • Electrobikinis (album, 2000)

Charades [ editar | editar a fonte ]

  • The only one (EP, 2004)
  • When shining blue (album, 2006)
  • En ningun lugar (album, 2008)
  • Revolucion solar (album, 2010)

Aries [ editar | editar a fonte ]

  • La magia bruta (album, 2012)
  • Mermelada dorada (album, 2014)
  • Adieu or die (album, 2016)
  • Juramento mantarraya (album, 2019)

Magia Bruta [ editar | editar a fonte ]

  • Un dia nuevo (album, 2022)

Libros [ editar | editar a fonte ]

  • Un rayo ultravioleta (2015)

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Hurtado, Santi (14 de abril de 2016). "El test de las 5: Aries" (en castelan) . AltaFidelidad.org . Consultado o 7 de maio de 2016 .  
  2. "Isabel Fernandez Reviriego" (en ingles) . Allmusic . Consultado o 7 de maio de 2016 .  
  3. Fernandez Reviriego, Isabel (2015). "Piromania mental musical". Un rayo ultravioleta (en castelan) . Leon: Ediciones Chelsea. ISBN   978-84-944613-2-3 .  
  4. Juan Manuel Freire (6 de maio de 2016). "Todos los colores" . El Periodico (en castelan) . Consultado o 8 de maio de 2016 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]