한국   대만   중국   일본 
Interface de programacion de aplicacion - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Interface de programacion de aplicacion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A interface de programacion de aplicacion (do ingles application programming interface ) fai referencia aos servizos (funcions e funcionalidades) dos que un determinado modulo software (peza, componente) prove outros modulos. A interface proporciona unha transparencia en canto a implementacion interna desas funcionalidades nese modulo de software: a implementacion pode trocar e soamente se ve afectada a implementacion nese modulo (da que prove tal API), sen se veren afectados os modulos que usan a tal API [ 1 ] .

Son usadas xeralmente nas bibliotecas de programacion [ 1 ] .

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Unha API representa unha interface de comunicacion entre componentes de software. Tratase do conxunto de chamadas a certas bibliotecas que ofrecen acceso a certos servizos desde os procesos e representa un metodo para conseguir abstraccion na programacion, xeralmente (ainda que non necesariamente) entre os niveis ou capas inferiores e os superiores do software. Un dos principais propositos dunha API consiste en proporcionar un conxunto de funcions de uso xeral, por exemplo, para debuxar fiestras ou iconas na pantalla . Desta forma, os programadores beneficianse das vantaxes da API facendo uso da sua funcionalidade, evitandose o traballo de programar todo desde o principio. As API asi mesmo son abstractas: o software que proporciona unha certa API xeralmente e chamado a implementacion desa API.

Por exemplo, podese ver a tarefa de escribir " Ola Mundo " sobre a pantalla en diferentes niveis de abstraccion :

  1. Facendo todo o traballo desde o principio:
    1. Traza, sobre papel milimetrado, a forma das letras (e espazo) "O, l, a, M, u, n, d, o".
    2. Crea unha matriz de cadrados negros e brancos que se asemelle a sucesion de letras.
    3. Mediante instrucions en ensamblador , escribe a informacion da matriz na memoria intermedia ("buffer") de pantalla.
    4. Mediante a instrucion adecuada, fai que a tarxeta grafica realice o envorcado desa informacion sobre a pantalla.
  2. Por medio dun sistema operativo para formar parte do traballo:
    1. Carga unha fonte tipografica proporcionada polo sistema operativo.
    2. Fai que o sistema operativo borre a pantalla.
    3. Fai que o sistema operativo debuxe o texto "Ola Mundo" usando a fonte cargada.
  3. Usando unha aplicacion (que a sua vez usa o sistema operativo) para realizar a maior parte do traballo: escribe un documento HTML coas palabras "Ola Mundo" para que un navegador web como Firefox , Chrome , Opera , Safari , Midori , Iceweasel , Web o Microsoft Edge poida representalo no monitor .

Como se pode ver, a primeira opcion require mais pasos, cada un dos cales e moito mais complicado que os pasos das opcions seguintes. Ademais, non resulta nada practico usar a primeira formulacion para representar unha gran cantidade de informacion , como un artigo enciclopedico sobre a pantalla, mentres que o segundo enfoque simplifica a tarefa eliminando un paso e facendo o resto mais sinxelos e a terceira forma simplemente require escribir "Ola Mundo". Con todo, as API de alto nivel xeralmente perden flexibilidade; por exemplo, resulta moito mais dificil nun navegador web facer virar texto ao redor dun punto cun contorno intermitente que programalo a baixo nivel. Ao elixir usar unha API debese chegar a un certo equilibrio entre a sua potencia e simplicidade e a sua perda de flexibilidade.

Exemplos de interfaces de programacion [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 "Para que serve unha API? Solventa por fin esta dubida." . Pandora FMS (en espanol) . 14 de febreiro de 2019 . Consultado o 22 de xullo de 2020 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]