한국   대만   중국   일본 
Inmunidade (medicina) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Inmunidade (medicina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Inmunidade e un termo medico que describe o estado de ter suficientes defensas bioloxicas para evitar a infeccion , enfermidade ou outra invasion bioloxica non desexada. A inmunidade implica a componentes especificos contra determinados axentes infecciosos e a outros non especificos. Os componentes non especificos actuan como barreiras ou como eliminadores de patoxenos para deter a infeccion por microorganismos antes de que estes poidan causar a doenza. Outros componentes do sistema inmunitario adaptanse a cada nova doenza encontrada e son capaces de xerar inmunidade especifica contra o xerme patoxeno.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Unha representacion dunha epidemia de colera do seculo XIX .

O concepto de inmunidade intrigou a humanidade durante miles de anos. A vision prehistorica das enfermidades era que estaban causadas por forzas sobrenaturais, e que a enfermidade era unha forma de castigo divino ou dos nosos inimigos por “malos actos” ou “pensamentos malvados” que visitaban a alma . [ 1 ] Desde o tempo de Hipocrates ata o seculo XIX , cando se estableceron os alicerces do metodo cientifico , as doenzas atribuianse a unha alteracion ou desequilibrio nun dos catro humores (sangue, flegma, bile amarela e bile negra). [ 2 ] Tamen foi popular durante ese tempo a teoria miasmatica , que sostina que as enfermidades como o colera ou a Peste Negra eran causadas por un miasma, unha forma nociva de "aire afogado". [ 1 ] Se alguen era exposto ao miasma, podia coller a enfermidade.

A palabra moderna “inmunidade” deriva do latin immunis , que significa exencion do servizo militar, do pago de impostos u doutros servizos publicos. [ 3 ] A primeira descricion escrita do concepto de inmunidade puido ser a que fixo o ateniense Tucidides que, no ano 430 a. C., describiu que cando a peste afectou a Atenas “os doentes e os moribundos estiveron coidados pola atencion compasiva daqueles que se recuperaran, porque sabian o tratamento da doenza e estaban eles mesmos libres de temor. Ningun foi atacado xamais unha segunda vez, ou non cun resultado fatal” . [ 3 ] O termo “immunes”, tamen se encontra no poema epico “ Farsalia ” escrito arredor do 60 a. C. polo poeta Marco Anneo Lucano para describir a resistencia dunha tribo norteafricana ao veleno das serpentes. [ 2 ]

A primeira descricion clinica da inmunidade que se fixo dunha enfermidade especifica debida a un organismo causante e probablemente a incluida no Kitab fi al-jadari wa-al-hasbah ( Un tratado sobre a variola e o sarampelo ) escrito polo medico islamico Al-Razi no seculo IX. No tratado, Al-Razi describe a presentacion clinica da variola e o sarampelo e pasa a indicar que esta exposicion a estes axentes especificos outorga inmunidade duradeira (ainda que non usa este termo). [ 2 ] Poren, foi coa teoria xerminal das enfermidades de Louis Pasteur cando a incipiente ciencia da inmunoloxia comezou a explicar como as bacterias causaban as enfermidades, e como, despois da infeccion, o corpo humano aumentaba a capacidade de resistir mais ataques. [ 3 ]

Louis Pasteur no seu laboratorio, 1885.

O nacemento da inmunoterapia pasiva puido ter comezado con Mitridates VI , que tratou de acostumarse ao veleno, e tomou doses de veleno non letais diariamente para desenvolver tolerancia. Tamen se di que Mitridates creou un "antidoto universal" para protexerse de todos os velenos terrestres. [ 2 ] Durante case 2000 anos, creuse que os velenos eran a causa directa das enfermidades, e usabase unha complicada mestura de ingredientes, chamada Mitridate, para curar o envelenamento durante o Renacemento . [ 2 ] Unha version actualizada desta cura, chamada Theriacum Andromachi, usouse bastante no seculo XIX. [ 4 ] En 1888 Emile Roux e Alexandre Yersin illaron a toxina da difteria , e despois do descubrimento da inmunidade contra a difteria e o tetano baseada en antitoxinas en 1890 por Behring e Kitasato , a antitoxina converteuse no primeiro grande exito da inmunoloxia terapeutica moderna. [ 2 ]

En Europa , a inducion da inmunidade activa xurdiu nun intento de conter a variola . Poren, a inmunizacion existira en varias formas durante polo menos un milenio. [ 3 ] O uso mais antigo da inmunizacion e desconecido, pero arredor do ano 1000 d. C., os chineses comezaron a practicar unha forma de inmunizacion secando e inhalando pos derivados das crostas das lesions da variola. [ 3 ] Arredor do seculo XV na India , o Imperio Otoman , e Africa Oriental , a practica da variolacion (meter na pel material en po derivado das crostas da variola) converteuse en bastante comun. [ 3 ] A variolacion foi introducida en Occidente a principios do seculo XVIII por Lady Mary Wortley Montagu , esposa do embaixador britanico na corte otoma. [ 3 ] En 1796, Edward Jenner introduciu o metodo moito mais seguro da inoculacion co virus da variola vacua, un virus non mortal que tamen inducia inmunidade a variola. O exito e a aceptacion xeral do procedemento de Jenner levaria mais tarde a vacinacion desenvolvida por Pasteur e outros contra finais do seculo XIX. [ 2 ]

Tipos de inmunidade [ editar | editar a fonte ]

Os tipos de inmunidade poden clasificarse segundo distintos criterios. Falase de inmunidade innata ou inespecifica cando as defensas reconecen e responden aos patoxenos de forma xenerica, e de inmunidade adaptativa, adquirida ou especifica, cando responden reconecendo e atacando determinados antixenos caracterisitcos de cada especie. O sistema da inmunidade innata esta presente desde o nacemento e protexe a un individuo de patoxenos sen importar as experiencias, mentres que a inmunidade adaptativa se presenta so despois dunha infeccion ou inmunizacion e, polo tanto, "adquirese" durante a vida.

Inmunidade innata [ editar | editar a fonte ]

A inmunidade innata esta constituida por unha serie de barreiras fisicas e quimicas que impiden a penetracion do patoxeno, pola fagocitose , a reaccion inflamatoria e o sistema do complemento . E o primeiro que actua contra os patoxenos. A resposta innata adoita desencadearse cando os microbios son identificados por receptores de reconecemento de patrons, que reconecen componentes que estan presentes en grandes grupos de microorganismos, ou cando as celulas danadas, lesionadas ou estresadas envian sinais de alarma, moitos dos cales (pero non todos) son reconecidos polos mesmos receptores que reconecen os patoxenos. As defensas do sistema inmunitario innato son inespecificas, o cal significa que estes sistemas reconecen e responden aos patoxenos dunha forma xenerica. O sistema inmunitario innato e o sistema dominante de proteccion na gran maioria dos organismos.

A pel impide a penetracion da maioria dos microorganismos, se non hai feridas, as mucosas son outra barreira protectora, asi como as barreiras de mucus ou as secrecions acidas do estomago ou a producion de substancias bactericidas nos tecidos como o lisozima . A reaccion inflamatoria ataca os focos de infeccion e as celulas fagociticas como os macrofagos , neutrofilos e outros eliminan moitos patoxenos. O sistema do complemento esta formado por unha serie de componentes do soro sanguineo, que se activan en cascada e lisan as celulas bacterianas. Ademais, como os elementos do sistema innato son os primeiros que contactan cos antixenos estranos, alguns dos seus componentes funcionan como celulas presentadoras de antixenos para as celulas do sistema inmune adaptativo .

Inmunidade adaptativa [ editar | editar a fonte ]

A inmunidade adaptativa , adquirida ou especifica a miudo subdividese en dous grandes tipos dependendo de como se introduciu a inmunidade e consiste na producion de anticorpos ( inmunidade humoral dos linfocitos B ) ou a realizacion de actividaes celulares citotoxicas ou regulatorias ( inmunidade celular dos linfocitos T ). Pode subdividirse ainda mais, atendendo a cantidade de tempo que dura a proteccion. Na inmunidade pasiva o corpo non fabrica os seus propios anticorpos, e e a curto prazo, e normalmente dura como maximo uns poucos meses. Na inmunidade activa o corpo activa os seus propios linfocitos, e fabrica os seus propios anticorpos e celulas de memoria , e dura mais tempo, as veces toda a vida. Pode ser tamen unha inmunidade producida por causas naturais ou ben por causas artificiais creadas polo ser humano.

Inmunidade pasiva [ editar | editar a fonte ]

A inmunidade pasiva Consiste en recibir anticorpos producidos por outro individuo. Pode orixinarse de modo natural cando os anticorpos producidos pola nai pasan a traves da placenta ao feto ou ao neno lactante a traves do leite; aqui o papel do sistema inmunitario do neno e pasivo. Tamen pode ser artificial cando a provoca o home ao administrar anticorpos producidos por outro individuo ou especie (o que se chama un antisoro); xeralmente os anticorpos son producidos polo cabalo contra unha toxina ou patoxeno , extraidos do seu sangue, e administrados a persoa doente. [ 5 ] A inmunidade pasiva proporciona proteccion inmediata, pero pouco duradeira porque o corpo non desenvolve memoria inmunitaria . [ 6 ]

Inmunidade pasiva humoral natural [ editar | editar a fonte ]

E a inmunidade pasiva materna que pasa ao fillo. A nai transmite anticorpos IgG pola placenta ao feto durante o terceiro mes de embarazo . As celulas da placenta tenen un receptor Fc neonatal. [ 7 ] [ 7 ] Despois do nacemento, o neno recibe a traves do leite materno IgA , o que protexe ao menino de infeccions bacterianas ata que el poida sintetizar os seus propios anticorpos. [ 6 ]

Unha das primeiras ampolas de antitoxina para a difteria do ano 1895.
Inmunidade pasiva humoral artificial [ editar | editar a fonte ]

Consiste na administracion de anticorpos normais extraidos do plasma sanguineo doutras persoas ou animais, ou anticorpos monoclonais . Esta transferencia pasiva usase profilacticamente como prevencion en caso de inmunodeficiencias , como a hipogammaglobulinemia . [ 8 ] Tamen se usa no tratamento de varios tipos de infeccions agudas, e para tratar os envelenamentos . [ 5 ] A inmunidade producida e de curta duracion e hai un risco potencial de que se produzan reaccions de hipersensibilidade contra o anticorpo alleo, e a enfermidade do soro. [ 6 ] [ 8 ]

Inmunidade pasiva celular artificial [ editar | editar a fonte ]

A transferencia pasiva ou "adoptiva" de inmunidade por medio de celulas faise transferindo celulas T activadas ou sensibilizadas dun individuo a outro. Raras veces se usa en humanos porque require doantes histocompatibles, que son con frecuencia dificiles de atopar, xa que se pode producir unha reaccion do tipo do "enxerto contra receptor". [ 5 ] Utilizouse para tratar certas enfermidades como alguns tipos de cancro e inmunodeficiencias . Este tipo de transferencia difire dun trasplante de medula osea , onde se transfiren celulas nai hematopoeticas .

Inmunidade activa [ editar | editar a fonte ]

Curso temporal dunha resposta inmune. Debido a formacion de memoria inmunoloxica, a reinfeccion en momentos posteriores leva a un rapido incremento na producion de anticorpos e da actividade efectora da celula T. Estas infeccions posteriores poden ser suaves ou inaparentes.

A inmunidade activa dase cando as celulas B e as celulas T son activadas por un patoxeno, orixinanse as celulas B e T de memoria . Ao longo da vida dun animal estas celulas de memoria “lembraran” cada patoxeno especifico encontrado, e poderan montar unha resposta forte e rapida se o patoxeno se detecta de novo. Este tipo de inmunidade e activo e adaptativo porque o sistema inmunitario do corpo se prepara el mesmo para futuros desafios. A inmunidade activa a miudo implica tanto inmunidade celular coma humoral (e a intervencion do sistema inmunitario innato).

Inmunidade activa natural [ editar | editar a fonte ]

A inmunidade activa adquirida de maneira natural ocorre cando unha persoa esta exposta a un patoxeno vivo, e desenvolve unha resposta inmune primaria, que leva a formacion dunha memoria inmunoloxica. Por tanto, tratase dunha inmunizacion por anteriores infeccions. [ 5 ] Este tipo de inmunidade e “natural” porque non esta inducida polo ser humano. Moitos trastornos do funcionamento do sistema inmunitario poden afectar a formacion da inmunidade activa como a inmunodeficiencia (tanto na forma adquirida coma na conxenita) e a inmunosupresion .

Inmunidade activa artificial [ editar | editar a fonte ]

A inmunidade activa adquirida artificialmente pode inducirse por medio dunha vacina , unha substancia que conten un antixeno. Unha vacina estimula unha resposta primaria contra o antixeno sen causar os sintomas da enfermidade. [ 5 ] O corpo orixina celulas de memoria contra os antixenos do patoxeno presentes na vacina, e adquire unha inmunidade duradeira contra el.

Cartel de 1979, promovendo a vacinacion contra a variola.

Hai catro tipos de vacinas tradicionais: [ 9 ]

  • As vacinas inactivadas estan compostas de microorganismos mortos pola aplicacion de calor ou substancias quimicas e xa non son infecciosos. Por exemplo, as da gripe , colera , peste e hepatite A . A maioria das vacinas deste tipo e probable que requiran vacinas de reforzo.
  • As vacinas vivas atenuadas estan compostas por microorganismos que se cultivaron en condicions que inutilizaron a sua capacidade de inducir enfermidades. Estas respostas son mais duradeiras e xeralmente non requiren vacinas de reforzo. Exemplos: a da febre amarela , sarampelo , rubeola e papeiras .
  • Os toxoides son compostos toxicos inactivados de microorganismos usados para inmunizar cando e o toxoide que libera o microorganismo (mais que o propio microorganismo) o causante da doenza. Exemplos de vacinas baseadas en toxoides son a do tetano e a difteria .
  • As vacinas de subunidades estan compostas por pequenos fragmentos (cos antixenos) de organismos causantes da enfermidade. Un exemplo e a da hepatite B .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 Lindquester, Gary J. (2006) Introduction to the History of disease. Arquivado 21 de xullo de 2006 en Wayback Machine . Disease and Immunity, Rhodes College.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Silverstein, Arthur M. (1989) History of Immunology (Hardcover) Academic Press. Nota: As primeiras seis paxinas deste texto estan disponbles en lina ( Amazon Online Reader )
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gherardi E. The Concept of Immunity. History and Applications. Arquivado 02 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine . Immunology Course Medical School, University of Pavia.
  4. Este artigo incorpora contido da Cyclopaedia de 1728, unha publicacion no dominio publico . " Mithridate ".
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Microbiology and Immunology On-Line Textbook Arquivado 08 de abril de 2020 en Wayback Machine .: USC School of Medicine
  6. 6,0 6,1 6,2 Janeway, Charles; Paul Travers, Mark Walport, and Mark Shlomchik (2001). Immunobiology; Fifth Edition . New York e Londres: Garland Science. ISBN 0-8153-4101-6 .   .
  7. 7,0 7,1 Coico, R., Sunshine, G., and Benjamin, E. (2003). “Immunology: A Short Course.” Px. 48.
  8. 8,0 8,1 Keller, Margaret A. and E. Richard Stiehm (2000). "Passive Immunity in Prevention and Treatment of Infectious Diseases." . Clinical Microbiology Reviews 13 (4): 602?614. PMID 11023960 . Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2020 . Consultado o 07 de febreiro de 2013 .  
  9. Immunization: You call the shots. Arquivado 29 de setembro de 2006 en Wayback Machine . The National Immunization Program at the Centers for Disease Control and Prevention

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]