한국   대만   중국   일본 
Imperio mogol - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Imperio mogol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaImperio mogol
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata
Capital Delhi
Lahore
Agra - ???? (1526?1540)
Fatehpur Sikri (pt) Traducir (1571?1585)
Old Delhi (en) Traducir (1648?1857) Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 150.000.000 (1700) Editar o valor em Wikidata (37,5 hab./km² )
Lingua oficial lingua persa
Lingua chagatai (pt) Traducir
Lingua urdu Editar o valor em Wikidata
Relixion Din-e Ilahi (en) Traducir e Islam Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 4.000.000 km² Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Precedido por
Creacion 1526 Editar o valor em Wikidata
Disolucion 1857 Editar o valor em Wikidata
Sucedido por Gondal State (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Forma de goberno monarquia absoluta Editar o valor em Wikidata
Moeda Rupia Editar o valor em Wikidata

O Imperio mogol , Imperio mogol da India ou Gran mogol (en turco : Babur ?mparatorlu?u , en persa : ????? ???? Sh?h?n-e Mo?ul ; en urdu : ??? ??? ??? Mughal Baadshah ) foi un estado poderoso turquico islamico do subcontinente indio , que existiu entre os seculos XVI e XIX. [ 1 ] Abranguia no seu auxe a maioria dos territorios que actualmente corresponden a India , Paquistan e Bangladesh , chegando a posuir areas de Afganistan , Nepal , Butan e o leste de Iran .

O imperio mogol chamabase asi porque os seus gobernantes eran descendentes do khan turco [ 2 ] Tamerlan .

Os inicios do imperio mogol remontanse a un periodo de feble poder timurida. Os uzbecos en 1507 practicamente aniquilaron os mogois timuridas na area que fora o centro do seu poder: a Transoxiana e o Khurasan . Perseguidas, as tropas mogoles retiraronse ao sur do Hindu Kush , e desde esta area ata o centro do actual Afganistan . Un dos descendentes de Tamerlan, chamado Zahir al-Din Muhammad, mais conecido como Babar ou Babur , aproveitou a discordia existente no subcontinente indio para invadilo tempo despois.

En 1526, Babur derrotou o ultimo dos sultans de Delhi , Ibrahim Lodi , na batalla de Panipat .

O imperio foi virtualmente conquistado durante o reinado de Humayun polo lider afgan Sher Shah Suri quen estableceu a dinastia Suri, ainda que Humayun finalmente recuperou o poder. Mais tarde, con Akbar no poder, o imperio creceu considerablemente e continuou crecendo ata o final do reinado de Aurangzeb . Trala morte de Aurangzeb en 1707, o imperio comezou un lento pero imparable declive, ainda que mantivo o poder no subcontinente indio durante outros 150 anos. O Imperio Britanico acabou co mogol en 1857.

Este Imperio mogol (que gobernou a India desde principios do seculo XVI ata mediados do seculo XIX ) non debe confundirse co Imperio Mongol (que gobernou gran parte de Asia entre os seculos XIII e XIV ).

Nome [ editar | editar a fonte ]

O nome "Mughal", as veces tamen "Mogul", deriva do persa e e unha corrupcion do termo mongol , aludindo a orixe do dinastia timurida de Babur . Esta orixe mongol non era evidente nestes gobernantes, cunha cultura moi influenciada polo Persia .

En xeral non era empregado polos propios gobernantes, que preferian chamalo Imperio de Babur ou Gurkani (do persa: ?????????, g?rk?niy?n "xenros") se se referian a dinastia.

A partir do seculo XVIII e en Occidente, poren, prevaleceu o nome "mogol"; nun principio como designacion do seu soberano (O gran mogol) e por extension do imperio. Desde o seculo XIX utilizouse en obras historicas. [ 3 ]

O Ain-i-Akbari , un documento que rexistra as caracteristicas da administracion de Akbar , usa Hindustan como nome do estado.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Establecemento do imperio e reinado de Babur (r. 1526-1530) [ editar | editar a fonte ]

A principios do seculo XVI , os descendentes dos mongois, dos turcos , dos persas e dos afgans invadiron a India baixo o liderado de Zahir-ud-Din Babur. Babur era o bisneto de Tamerlan que invadira a India en 1398 e que tamen foi brevemente o lider dun imperio con capital en Samarcanda . Babur estableceu inicialmente o seu goberno en Cabul , en 1504; mais tarde (1526-1530) converteuse no primeiro gobernante mogol. [ 4 ] A sua intencion era estender o seu poder mais alo do Punjab onde xa fixera un numero importante de incursions. Unha invitacion dun lider afgan no Punjab deulle a oportunidade de chegar ao corazon do sultanato de Delhi , gobernado por Ibrahim Lodi .

Babur entrou na India en 1526 cun exercito veterano de 12 000 homes. Enfrontaronse ao exercito do sultan, 100 000 homes con pouca experiencia e moita desunion. Babur derrotou o sultan na batalla de Panipat , a uns 90 quilometros ao norte de Delhi . Un ano despois derrotou unha confederacion rajput dirixida por Rana Sangha . Babur morreu en 1530, antes de que puidese consolidar os seus triunfos militares. Deixou un libro de memorias, conecido como Babur-nama , varios xardins en Cabul e Lahore , e alguns descendentes que culminaron o seu desexo de establecer un imperio na zona. [ 4 ]

O reinado de Humayun (r. 1530-1556) [ editar | editar a fonte ]

Tumba de Humayun en Delhi.

A Babur sucedeuno o seu fillo Humayun , que tivo que facer fronte a numerosos problemas. Foi atacado polas tropas afgas dirixidas por Sher Shah Suri (que fundou a dinastia Suri ) e tivo que exiliarse en Persia, pais en que pasou case dez anos. En 1545 conseguiu conquistar Cabul e retomou as reclamacions sobre a India; unha tarefa facilitada polo debilitamento do poder afgan na zona trala morte de Sher Shah Suri en maio de 1545. Humayun retomou o control de Delhi en 1555. [ 4 ]

O reinado de Akbar (1556-1605) [ editar | editar a fonte ]

Humayun morreu en 1556, deixando o traballo de consolidar o imperio ao seu fillo de trece anos Akbar . Despois da vitoria decisiva na segunda batalla de Panipat en 1556, o rexente Bayram Khan continuou unha vigorosa politica de expansion. Axina que Akbar chegou a maioria de idade comezou a liberarse das influencias dos ministros e da corte e demostrou as suas propias capacidades de liderado. Era un adicto ao traballo e non durmia mais de tres horas ao dia. Supervisou persoalmente a posta en marcha das suas politicas administrativas, a columna vertebral do imperio mogol durante mais de 200 anos. Continuou a conquistar, anexionando e consolidando territorios que se estendian desde Cabul ao noroeste, Caxemira ao norte, Bengala ao leste e mais alo do rio Narmada no centro da India. O seu imperio so era comparable ao que hai 2300 anos consolidou o imperio mauria .

Os metodos de administracion de Akbar atrincheiraron o seu poder sobre a aristocracia afga e turca e sobre os interpretes da lei islamica, os ulemas . Creou un servizo imperial que se baseaba na habilidade e non na clase social. [ 5 ] Os seus servidores eran remunerados en dineiro e non en terras e non tinan dereito a herdanza, de xeito que o poder se centralizaba no estado e aseguraba a sua supremacia. As funcions politicas e militares estaban separadas da recadacion de impostos, que eran labor dos funcionarios do tesouro do imperio. Este sistema administrativo, chamado mansabdari , baseabase na lealdade e no pago en dineiro, que era a base do Imperio mogol.

Akbar comezou en 1571 a construcion dunha cidade amurallada preto de Agra chamada Fatehpur Sikri . Construironse pazos para cada unha das rainas, un extenso lago artificial e suntuosas fontes de auga. Poren, a cidade foi de curta duracion e a capital foi trasladada a Lahore en 1585. O motivo deste cambio foi a falta de auga en Fatehpur. En 1599 Akbar devolveu a capital a Agra, cidade desde a que gobernou ata a sua morte.

Como un gobernante astuto, Akbar apreciou os retos de xestionar un imperio tan vasto. Introduciu unha politica de asimilacion do hindu que representaba a maioria da poboacion. Recrutou varios xefes hindus e recompensounos con altos cargos no goberno; alentou os matrimonios entre os mogois e a aristocracia Rashput; permitiu a construcion de novos templos; participou persoalmente en festivais hindus; e aboliu o jizya , imposto de capitacion ou enquisa imposto sobre os non musulmans. Por outra banda, declarouse o xuiz supremo de todas as disputas derivadas da interpretacion do Coran e da xaria .

Akbar fundou unha nova relixion, chamada din-i-ilahi ("fe divina") que fusionou parte dos principios do hinduismo , do islam e doutras relixions. A nova relixion era compatible con outras sempre que se demostrase a lealdade ao emperador. Con todo, esta nova relixion ofendeu profundamente os musulmans ortodoxos. O principio de que o islam era a relixion suprema estaba comprometido. Os ulemas perderon influencia. A reconciliacion entre relixions e a tolerancia cara aos hindus e aos musulmans non ortodoxos provocou unha reaccion entre os musulmans sunnitas . Por outra banda, Akbar introduciu outros cambios: animou as viuvas a volver casar, opuxose ao matrimonio infantil e convenceu os comerciantes de Delhi para que reservasen dias especiais de mercado para as mulleres, ata enton confinadas nas suas casas. Ao final do reinado de Akbar, o imperio mogol estendeuse por gran parte da India.

A tolerancia relixiosa provocou un movemento rebelde por parte dos musulmans sunnitas. Na loita fratricida que precipitou a caida do reinado do neto de Akbar, Shah Jahan , en 1658, a aristocracia apoiou o militar islamista Aurangzeb na loita contra o seu irman, o poeta e escritor Dara Shikoh , a quen derrotou e decapitou en 1662.

Os reinados de Jahangir (r. 1605-1627) e Shah Jahan (r. 1627-1658) [ editar | editar a fonte ]

O Taj Mahal construido polo emperador Shah Jahan.

O imperio mogol baixo os gobernos de Jahangir e Sha Jahan caracterizouse pola estabilidade politica, unha forte actividade economica, fermosas pinturas e edificios monumentais. Jahangir casou cunha princesa persa chamada Nur Jehan ("luz do mundo") que se converteu na figura mais importante da corte despois do emperador. Como resultado, poetas, artistas e funcionarios persas atoparon asilo na corte mogol. O numero de funcionarios improdutivos, a corrupcion e a excesiva representacion persa acabaron coa imparcialidade do tribunal. Jahangir promoveu as conversions ao islam ; perseguiu os seguidores do xainismo e executou o guru Arjun Dev , lider dos sikhs . O interese da emperatriz en conseguir o trono para un principe da sua eleccion fixo que Shah Jahan se rebelase en 1622. Ese mesmo ano os persas tomaron Kandahar no sur de Afganistan, o que supuxo un retroceso no prestixio do imperio mogol.

Entre 1636 e 1646, Shah Jahan enviou exercitos mogois para conquistar o Deccan e outras areas do noroeste do imperio. Ainda que serviron para demostrar a destreza militar, estas campanas esgotaron a economia do imperio. O estado converteuse cada vez mais nunha maquina militar e os nobres multiplicaronse, o que aumentou a demanda de ingresos. A unificacion politica e o mantemento da lei e a orde nun territorio tan vasto propiciaron a aparicion de grandes centros de comercio e artesania como Agra , Lahore , Delhi e Ahmedabad . Estes centros estaban conectados por estradas e caminos fluviais con outros portos ou lugares mais afastados. O mundialmente famoso Taj Mahal foi construido en Agra durante o reinado de Shah Jahan como tumba para a sua amada esposa Mumtaz Mahal . Este monumento simboliza tanto a arquitectura mogol como os excesivos gastos que se producian nun momentoou en que a economia estaba en recesion. A posicion economica dos campesinos e dos artesans continuou sen mellorar, xa que a administracion era incapaz de provocar cambios na estrutura social.

O reinado de Aurangzeb (1658-1707) [ editar | editar a fonte ]

O ultimo dos grandes emperadores mogoles foi Aurangzeb que chegou ao trono despois de asasinar todos os seus irmans e encarcerar o seu pai, Sha Jahan . Durante os cincuenta anos que durou o seu reinado, o imperio acadou a sua maxima extension territorial, conseguindo dominar case todo o territorio da India actual, unificando o Hindustan e o Deccan, pero tamen amosou inevitables signos de decadencia.

A burocracia creceu de forma desproporcionada e corrupta, e o exercito quedou atras en armas e tacticas militares. Aurangzeb restaurou a ortodoxia musulma e adoptou politicas duras contra os musulmans que non demostraban plenamente a sua fe.

O emperador estivo implicado nunha serie de guerras: loitou contra os paxtos en Afganistan, o Sultanato de Bijapur no Deccan, os Marathas en Maharashtra e os Ahoms en Assam . As revoltas campesinas contra os lideres locais fixeronse comuns. A maior integracion dos seus gobernos coa fe islamica fixo que o pobo, na sua maioria hindus, se sentise cada vez mais afastado do emperador.

Aurangzeb non so prohibiu a construcion de novos templos hindus, senon que tamen destruiu un gran numero dos existentes. Como fundamentalista islamico prohibiu a musica na corte, aboliu as cerimonias e perseguiu os sikhs no Punjab. As continuas guerras contra as federacions Maratha non as debilitaron, mais as feroces represalias de Aurangzeb provocaron que numerosos clans leais ao imperio mogol se incorporasen aos marathas. As guerras lanzadas polo propio Aurangzeb provocaron un aumento da extension territorial do imperio, mais a longo prazo foron excesivamente custosas en recursos, xa que os mogois gastaban un gran numero de homes e soldados nestes conflitos a cambio de territorios devastados e case despoboados. Mesmo arredor de 1700, os fracasos de Aurangzeb para conquistar e controlar todo o Deccan fixeron que as federacions Maratha se convertesen no imperio maratha , que ao longo do seculo XVIII desafiou os mogois no mesmo plano.

A crise economica provocada polas guerras de Aurangzeb manifestouse no custo excesivo do mantemento da sua maquinaria militar e da sua burocracia, mentres que a recadacion de tributos e o comercio comezou a declinar debido as politicas restritivas e fundamentalistas do emperador. Mesmo antes da morte de Aurangzeb en 1707, estaba claro que o poder axina ia cambiar de mans.

Declive e extincion [ editar | editar a fonte ]

En 1709 subiu ao trono Bahadur Shah I , quen non puido reverter o declive que comezara nos ultimos anos de Aurangzeb, e so reinou ata 1712. Os seus descendentes tiveron reinados moi curtos, sucedendose ata seis emperadores entre 1712 e 1720. En 1720, subiu ao trono mogol o emperador Muhammad Shah , que a pesar das suas capacidades de goberno non puido evitar o crecente declive marcado polos ataques do imperio maratha , as revoltas dos afgans e dos paxtos no norte, e a corrupcion dos seus cortesans. De feito, no reinado de Muhammad Shah os persas e os afgans de Nadir Sah invadiron e saquearon Delhi en 1739, levando consigo numerosos tesouros, incluindo o trono do pavon .

Despois deste terrible evento, o poder do imperio mogol debilitouse mais rapidamente, o baleiro foi cuberto polos marathas, o imperio sikh e os nizam de Hyderabad , mentres que os mogois viron reducido o seu poder efectivo a zona mais ao norte de Hindustan , perdendo toda presenza no Deccan . Mesmo cando a Compania Britanica das Indias Orientais comezou o seu predominio na India despois da batalla de Plassey en 1757, os britanicos referianse ao monarca mogol como "rei de Delhi" e xa non como "emperador".

O debilitamento da Confederacion Maratha despois da terceira batalla de Panipat en 1761 non levou ningun alivio ao imperio mogol xa que a Compania Britanica das Indias Orientais era agora a principal potencia na India. Mesmo en 1803, despois dos intentos fracasados de asegurar a autoridade dos mogois sobre o seu pequeno territorio, o emperador Shah Alam II tivo que aceptar a proteccion do Reino Unido (o que equivalia a someterse ao poder britanico); o seu dominio estaba agora reducido aos estados actuais de Punjab , Haryana e o norte de Uttar Pradesh . Os britanicos non asumiron o dominio directo sobre o imperio mogol, mais si exerceron un control e mantemento indirectos e vian os emperadores mogois como meros simbolos sen poder efectivo; esta situacion rematou cando na rebelion de 1857 os soldados sipaios rebelados invocaron o liderado do ultimo emperador mogol, Bahadur Shah II . Coa derrota da sublevacion, o Raj britanico asumiu o dominio directo de toda a India e o imperio mogol foi formalmente abolido.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Balfour, E.G. (1976). Encyclopaedia Asiatica: Comprising Indian-subcontinent, Eastern and Southern Asia. New Delhi: Cosmo Publications. S. 460, S. 488, S. 897. ISBN 978-81-7020-325-4
  2. "Archived Copy" . Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2013 . Consultado o 16 de novembro de 2013 .  
  3. Metcalf,Barbara D. e Metcalf,Thomas R. (2006) A Concise History of Modern India. Cambridge University Press, pax. 20 ISBN 9781139458870
  4. 4,0 4,1 4,2 Berndl, Klaus (2005). National Geographic visual history of the world. University of Michigan. pp. 318?320. ISBN 978-0-521-52291-5 .
  5. Ballhatchet, Kenneth A. "Akbar". Encyclopædia Britannica. Consultado o 17 de xullo de 2017.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Embree, Ainslee T.: India: historia del subcontinente desde las culturas del Indo hasta el comienzo del dominio ingles . Mexico: Siglo Veintiuno, 1987.
  • Gascoigne, Bamber: Los grandes mogoles . Barcelona: Noguer, 1971. Traducion de Esteban Riambau.
  • Majumdar, Ramesh Chandra: An advanced history of India . Madras: MacMillan India Limited, 1981.
  • Quintanilla, Sonya: "Visiones de la India" Mexico D.F, Offset Rebosan.