한국   대만   중국   일본 
Imperio Anxevino - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Imperio Anxevino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaImperio Anxevino

Localizacion
Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Lingua oficial frances antigo Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Creacion 1154 Editar o valor em Wikidata
Disolucion 1242 Editar o valor em Wikidata
Sucedido por Reino de Francia Editar o valor em Wikidata

O termo Imperio Anxevino [ 1 ] e un termo moderno que describe o conxunto de estados gobernados nalgun momento pola dinastia anxevina Plantagenet . Os Plantagenet gobernaron sobre unha area que se estendia dos Pireneos a Irlanda durante os seculos XII e XIII . O "imperio" abranguia mais ou menos a metade occidental da Francia medieval, toda Inglaterra e toda Irlanda . Poren, a pesar do seu poder, os Plantagenet foron derrotados por Filipe Augusto , da Casa dos Capetos , que partiu o imperio en dous tras desposuilos de Normandia e Anjou . Esta derrota sementaria o terreo para as guerras de Saintonge e dos Cen Anos .

Orixe e usos do termo [ editar | editar a fonte ]

O Imperio anxevino e un neoloxismo creado para designar os territorios dos Plantagenet : Henrique II e os seus fillos Ricardo e Xoan . Outro dos seus fillos, Godofredo , gobernou a Bretana e estabeleceu unha pola separada. Ate onde se sabe, non houbo un termo contemporaneo para designar a rexion baixo control anxevino; poren, foron usadas descricions como "o noso reino e calquera cousa suxeita o noso goberno, sexa cal sexa". [ 2 ] O termo Imperio Anxevino foi creado por Kate Norgate na sua obra de 1887 , England under the Angevin Kings . [ 3 ] En Francia, o termo Espace Plantagenet e usado en ocasions para describir os feudos que os Plantagenet adquiriran. [ 4 ]

A adopcion da etiqueta Imperio Anxevino marcou unha revision da epoca, considerando que as influencias francesas e inglesas afectaron os territorios durante o medio seculo de union. O mesmo termo "anxevino" e un adxectivo aplicado os habitantes de Anjou e da sua capital historica Angers ; os Plantagenet eran descendentes de Godofredo, conde de Anjou , de onde deriva o termo. [ 5 ]

O uso do termo imperio suscitou a controversia entre os historiadores, xa que a area era un conxunto de terras herdadas ou adquiridas por Henrique. Non esta claro se estes dominios compartian ou non unha identidade comun. [ 6 ] [ 7 ] [ 8 ]

Alguns historiadores afirman que o termo deberia reservarse exclusivamente para o Sacro Imperio Romano Xermanico , a unica estrutura politica de Europa occidental conecida como imperio na epoca. [ 9 ] Outros historiadores afirman que o imperio de Henrique II non foi nunca poderoso, grande e centralizado abondo como para merecer ser chamado imperio de maneira formal. [ 10 ] En ningun momento existiu titulo imperial, como se supon deberia existir nun imperio. [ 11 ] Poren, mesmo se os propios Plantagenet non pretenderon ningun titulo imperial, alguns cronistas, con frecuencia a soldo do propio Henrique II usaron p termo imperio para describir este conglomerado de propiedades. [ 12 ] Esencialmente, o titulo mais importante era o de "rei de Inglaterra", o que se lle engadian os titulos ducais e condais franceses que eran totalmente independentes do titulo real e independentes da lei real inglesa. [ 13 ] Por iso, moitos historiadores prefiren o termo mancomunidade a imperio , facendo enfase en que o Imperio anxevino era mais un conglomerado de sete estados soberanos completamente independentes e difusamente vinculados entre eles. [ 14 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicion de anxevino, -na no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia .
  2. John Gillingham: "The Angevin Empire" pagina 2, segunda edicion, Arnold Editions.
  3. Norgate, Kate, England Under the Angevin Kings .
  4. Martin Aurell - L'empire des Plantagenet page 11: En 1984, resumant les communications d'un colloque franco-anglais tenu a Fontevraud (Anjou), lieu de memoire par excellence des Plantagenet, Robert Henri-Bautier, cote francais, n'est pas en reste, proposant, pour cette "juxtaposition d'entites" sans "aucune structure commune" de substituer l'imprecis "espace" aux trop contraignants "Empire Plantagenet" ou "Etat anglo-angevin".
  5. Definition of "Angevin" from "Laboratoire d'Analyse et de Traitement Informatique de la Langue Francaise".
  6. "Capetian France 937 - 1328" Editions Longman page 221: "Investigacions mais achegadas suxiren que varias destas asuncions carecen de fundamento. Unha e que os dominios anxevinos formaron algunha vez un imperio en calquera senso da palabra."
  7. David Carpenter "The Struggle for Mastery" page 191: "Inglaterra y Normandia eran parte agora dunha entidade politica moito maior a que os historiadores chaman a cotio (sen significado preciso) o 'Imperio Anxevine'."
  8. The Angevin Empire pagina 3: "Sen lugar a dubidas, se se usa en combinacion cos atlas nos que as terras de Henrique II estan coloreadas en vermello, e un termo petigoso, porque as notas do Imperio Britanicos son inevitables e politicamente evidentes. Pero en ingles coloquial, 'imperio' no ten un significado mais especifico que un territorio extenso, especialmente un agregado de moitos estados, gobernados por un so gobernante. Se se compara con 'anxevino', deberia, en calquera caso, implicar un imperio frances mais que 'britanico'."
  9. Martin Aurell "L'empire des Plantagenet" page 10: Il n'empeche que des reticences ont naguere ete exprimees par quelques historiens. Elles contiennent leur part de verite, et ont le merite de nuancer un probleme complexe. D'abord elles proviennent de ceux qui considerent que le terme "empire" devrait etre reserve a l'Empire Romano-Germanique, seule realite institutionelle de l'Occident medieval nommee explicitement par les sources d'epoque
  10. Martin Aurell - L'empire des Plantagenet page 10: Plus solides, d'autres critiques emanent, ensuite, de specialistes du droit et de la science politique pour qui l'etendue des domaines d'Henri II, si impressionnante soit-elle pour le XIIeme siecle, fait bien pale figure en comparaison des vastes Empires helleniques, romains, byzantins, abbasside, ottoman ou Habsbourg, sans mentionner les empires coloniaux du XIXeme siecle.
  11. Capetian France page 222: "Para a idea de que as tierras dos Plantagenet fosen vistas como un imperio, no senso de unidade politica, non hai substancia para este uso no pensamento contemporaneo. Por que e preciso usar este termo? Henrique II e Ricardo I non o fixeron."
  12. Martin Aurell - L'empire des Plantagenet page 10: Dans "le dialogue sur l'echiquier" (vers 1179), un ouvrage technique sur le principal organe financier de l'Angleterre, redige par l'eveque de Londres et tresorier d'Henri II, Richard Fitz Nigel (vers 1130 - 1198), on peut lire: "par ses victoires le roi elargit (dilataverit) son empire au loin."
  13. The Angevin Empire paxina 5: "Nestas circunstancias hai un perigo de atribuir a Inglaterra unha importancia que puido non ter tido. En certo senso, Inglaterra 'era', innegablemente, a parte mais importantes - outorgaba o gobernante unha corona real. Tendo en conta que o primeiro elemento do titulo era 'Rex Anglorum', isto implicaba que a forma breve mais conveniente para referirse o gobernante era "rei de Inglaterra" ou mesmo - asi o crian os franceses - como o rei ingles, "il reis Engles".
  14. Martin Aurell- L'empire des Plantagenets page 11: De meme en 1973, William L. Warren rejette explicitement l'expression "Empire", au nom du lien trop lache unissant les differentes principautes territoriales gouvernees par Henri II; tout au plus admet-il l'existence d'un "Commonwealth", souple federation regroupant sept "Dominions" autonomes, dont le seul point commun serait leur dependance, a peine fondee sur la vassalite et le serment de fidelite, au roi.