Illa de Ons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas : 42°22′50″N 8°56′0″O  /  42.38056, -8.93333

Illa de Ons
Illa de Ons e Onza.
Mapa topografico das illas Ons e Onza
Situacion
Pais Galicia Galiza
Provincia Pontevedra
Arquipelago Illas Ons
Mar Atlantico
Coordenadas 42°22′50″N 8°56′0″O  /  42.38056, -8.93333
Xeografia
Superficie 4,14 km²
Longura maxima 5,5 km
Largura maxima 1,5 km
Punto mais alto 118 msnm, Alto do Cucorno
Distancia a terra 2,75 km
Demografia
Capital Bueu
Poboacion 81 (2013)
Illa de Ons dende o espazo.

A Illa de Ons forma parte dun pequeno arquipelago formado por illas e illotes que se atopa na entrada da ria de Pontevedra . A illa de Ons, cos seus 5,5 km de lonxitude e 800 metros de anchura, e a illa mais extensa do Atlantico peninsular. [ 1 ] A zona occidental e a mais escarpada, con abruptos cantis, en cambio a oriental e mais suave e conta con numerosas praias .

Ons conforma, xunto coas Cies , Salvora e Cortegada , o primeiro Parque Nacional de Galiza . Cabe destacar a sua arquitectura popular marineira e a sua gastronomia . [ Compre referencia ]

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Situacion e administracion [ editar | editar a fonte ]

Administrativamente pertence o concello de Bueu [ 2 ] , debido a motivos sociais e non de proximidade xeografica, xa que os antigos colonos insulares procedian da comarca do Morrazo e, mais concretamente, do concello de Bueu, especialmente da parroquia de Beluso , onde reside ainda un importante continxente de insulares retornados a terra firme.

O concello de Sanxenxo sempre tivo pretensions sobre a illa baseandose en motivos xeograficos; de feito, trala creacion dos concellos modernos no seculo XIX , a illa foi adscrita primeiramente o concello de Sanxenxo, se ben hoxe en dia e unha parroquia do concello de Bueu .

A illa atopase pechando a entrada da ria de Pontevedra , a que protexe dos fortes ventos do oeste e suroeste. As costas mais achegadas situanse, o norte, na punta Faxilda ( Noalla , Sanxenxo), a 3,8 km; Punta Abelleira ( San Vicente do Grove , O Grove ), a 5,7 km; o cabo Udra ( Beluso , Bueu), a 8,3 km; e punta de Couso ( O Hio , Cangas ), a 8,4 km.

Buraco do Inferno, na costa occidental da illa.

Caracterizacion xeografica [ editar | editar a fonte ]

A illa de Ons forma parte dun arquipelago popularmente conecido como As Ons . O arquipelago esta composto ademais pola illa de Onza , situada ao sur, e por varios illotes esparexidos por todo o seu perimetro, entre os que se pode mencionar:

  • A Freitosa , o maior deles, xunto co seu illote xemelgo A Freitosa de Terra , ambolos dous moi preto da costa suroeste da illa.
  • O Centolo , no seu extremo norte, de destacada forma, tratase da parte do arquipelago mais achegada a terra firme.
  • O Cairo , situado en fronte do antigo cemiterio da illa. Tratase dun farallon rochoso cunha caracteristica forma de dente canino .
  • A Laxe do Abade , preto do peirao. De valor historico por posuir no seu cumio un sepulcro antropomorfo medieval labrado na pedra.
  • A Pedra do Fedorento , ao sur da illa.
  • A Illa do Xuvenco , ao norte.
  • O Con dos Galos , e outros de menor tamano e importancia.

A illa ten 6 quilometros de longo por 1,5 de ancho e 414 hectareas de superficie. Estendese do norte ao sur, en posicion perpendicular a ria de Pontevedra .

A costa da illa diferenciase moito na sua ribeira oriental (a que mira a ria ) e a occidental, aberta ao mar. Esta ultima esta moi recortada, con duas grandes enseadas (a de Bastian de Val ao norte e a de Canibelinas ao sur) destacando nela numerosos illotes e farallons; tratase dun litoral enteiramente formado por cantis . A costa oriental e rectilinea e relativamente baixa, e e ali onde se atopan a maioria das praias da illa e onde esta o nucleo de poboacion.

As praias da illa de norte a sur son, na costa oriental: [ 3 ]

  • Praia de Melide ; a mais grande, nudista , cun valioso campo dunar .
  • Praia do Almacen ou Das dornas ; pegada o peirao pola sua parte norte, bastante grande.
  • Praia de Area dos Cans ; o sur do peirao. E a mais concurrida, por estar debaixo do pequeno nucleo urbano da illa.
  • Praia de Canexol ; baixo o castro e o cemiterio da illa.
  • Praia de Pereiro ; a mais meridional, baixo a aldea do mesmo nome e rodeada dun exuberante contorno.

E na costa occidental:

  • Praia das Fontinas
  • Praia de Lineiro

A orografia da illa e amesetada, cunha sucesion de elevacions de cumios chans que conforman paramos de toxo e carrasqueira . A maxima elevacion atopase no Alto do Cucorno, vertice xeodesico de 118 metros de altura, xusto onde se situa o faro . [ 4 ] Entre os outeiros aparamados abrense pequenos vales que a miudo coinciden coas enseadas que penetran na sua costa occidental. As outras elevacions da illa atopanse no Alto da Freitosa (97 metros) e no Alto da Altura (77 metros), ao sur; e no Alto da Cerrada (103 metros) e o de O Centolo (86 metros), ao norte.

No extremo sur de Ons atopase o Buraco do Inferno, unha furna cuxo teito se veu abaixo deixando unha sima duns 43 metros de fondo. Tratase dun dos atractivos turisticos mais conecidos da illa, ao cal se asocian numerosas crenzas populares.

A illa carece de correntes de auga continuas mais a pesar diso e rica en abondosos regatos estacionais, en fontes e en acuiferos. Esta abundancia de auga doce foi un dos motivos que permitiron o establecemento de poboacion estabel. Estan catalogadas un total de 9 fontes e 7 mananciais; todas as aldeas que se espallan pola illa contan polo menos cunha fonte de auga potabel.

Clima [ editar | editar a fonte ]

O clima de Ons, como o das Illas Cies , acusa unha certa diferenza co resto das Rias Baixas , ao ser mais seco, mais soleado e mais ventoso. Non obstante, as precipitacions medias anuais da illa seguen sendo relativamente elevadas (1.200 mm). A temperatura media e de 14,6 °C. O seu clima adoita cualificarse como mediterraneo subhumido cunha forte tendencia atlantica.

Poboacion [ editar | editar a fonte ]

No ano 2005 habitaban na illa permanentemente 61 persoas, observandose un enorme baixon de poboacion con respecto a mediados do seculo XX , cando chegou a estar habitada por 530 persoas (ano 1953 ) no marco do plan de repoboacion do Instituto Nacional de Colonizacion . [ 5 ] [ 6 ] Ainda asi, os datos actuais suponen tamen unha certa recuperacion se os comparamos cos de finais da decada de 1980 (en 1986 a illa contaba tan so con 16 habitantes).

As causas desta sangria demografica hai que buscalas no propio illamento do enclave e nas consecuentes dificultades de comunicacion co continente, a falta de servizos medicos e sanitarios, a dificultade de conseguir permisos para a construcion de novas casas (ao que se une a imposibilidade de converterse en propietario), a falta de enerxia electrica, a pesar da instalacion dun xerador que funcionaba soamente unhas poucas horas ao dia (hoxe en dia este problema esta practicamente solucionado) etc.

No que se refire as emerxencias sanitarias, eran os propios vecinos os que se encargaban de atendelas. Alen diso, tamen podia acontecer que os fareiros e as suas familias, polo feito deles teren conecementos en primeiros auxilios, fosen os encargados de prestar a atencion necesaria. Os mesmos fareiros, ao seren tecnicos en electronica, podian contribuir a arranxar problemas electricos. [ 7 ]

A poboacion da illa distribuese polo lado oriental da mesma, dende as ladeiras dos paramos ata a costa. Repartese en 9 aldeas, que oficialmente estan agrupadas nun unico nucleo de poboacion chamado xenericamente Ons . As nove aldeas da illa son as seguintes:

Faro situado na Illa de Ons.
  • O Curro , a capital da illa, e a aldea mais poboada. Nela atopase o peirao, os restaurantes, os bares e a igrexa de San Xaquin.
  • O Cano , e a continuacion de O Curro, xunto a pista que sobe ao faro.
  • O Cucorno , e a aldea mais grande en extension e unha das mais poboadas. E tamen a mais alta da illa, pois ocupa a montana onde se situa o faro, baixando pola sua ladeira.
  • O Laverco , e tamen unha aldea alta situada xunto ao Cucorno, arredor do faro .
  • O Centolo ou O Sentulo , a mais setentrional de todas, esta composta por unhas catro ou cinco casas situadas no extremo setentrional da illa, nunha zona bastante alta.
  • Melide , cerca do Centolo, cara ao faro. Moitos insulares consideran que esta aldea forma parte da do Centolo, pola proximidade e por non contar mais que con tres casas.
  • A Chan da Polvora , esta formada por media ducia de casas un pouco desviadas da pista que sobe ao faro. Nesta aldea situase o camping da illa.
  • Canexol , esta situada cara ao sur da illa, na ribeira do mar. Nela atopase o cemiterio.
  • Pereiro , tratase da aldea mais meridional da illa, e unha das mais grandes. O seu territorio e dos mais fertiles da illa. Atopase detras da praia do mesmo nome.

No veran, a maioria dos insulares que emigraron ao continente (sobre todo a peninsula do Morrazo ) regresan a illa para pasar a tempada estival nas suas casas da illa de Ons; moitos incluso regresan xa na primavera . Podese afirmar, polo tanto, que a illa posue maioritariamente unha poboacion estacional, sendo moi baixo o numero de vecinos que permanecen nela todo o ano. A poboacion de Ons pasa do medio millar durante o veran, e a isto hai que engadirlle os centos de visitantes diarios da illa e tamen os campistas que nela pernoctan.

Evolucion demografica da illa de Ons ( 1900 - 2012 ) [ 8 ]
1900 1910 1930 1940 1950 1955 1960 1970 1975 1986 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013
299 276 375 421 435 530 464 370 195 16 58 59 62 61 63 61 70 71 72 77 78 80 79 81

Fauna [ editar | editar a fonte ]

Corvo marino cristado.

Entre a fauna destaca a colonia de corvo marino cristado ( Phalacrocorax aristotelis ) que cria nos cantis mais inaccesibeis, e cuxa poboacion na illa representa xunto a das Illas Cies o 25% da poboacion mundial. Nos cantis e illotes da zona norte tamen habita a gaivota patiamarela ( Larus cachinnans ) e a gaivota escura ( Larus fuscus ). O arao dos cons ( Uria aalge ) desapareceu da illa nos anos 60; na actualidade, atopase en vias de extincion. En 1989 so quedaban 2 ou 4 parellas nas Illas Sisargas , 15 ou 20 no Illote Vilan de Fora (A Coruna) e 1 ou 2 nas Illas Cies . Na illa de Ons tamen poden atoparse algunhas das poucas parellas de Choia biquivermella ( Pyrrhocorax pyrrhocorax ) que aninan no litoral galego. Entre as aves rapaces destaca a presenza do minato comun ( Buteo buteo ), o gabian ( Accipiter nisus ), e o azor ( Accipiter gentilis ). Entre os reptiles destaca a serpe de escaleira ( Elaphe scalaris ) e o lagarto ocelado ( Lacerta lapida ). [ 9 ] . Entre os anfibios salientar o sapo raxado e o triton comun . [ 10 ]

Por outra parte, a illa e un importante enclave de descanso das aves migratorias, e os seus fondos marinos posuen unha gran riqueza.

Flora [ editar | editar a fonte ]

Herba de namorar.

Ainda que no pasado probabelmente Ons contaba con masas arboreas de bidueiros e de cerquinos ( Quercus pyrenaica ) na actualidade non queda case presenza delas, tan so algun bidueiro preto das fontes, debido os incendios continuos consecuencia da historica rebeldia dos insulares. A vexetacion arborea actual constituena alguns pineirais , un eucaliptal preto da praia de Melide, algunhas arbores froiteiras e algunha acacia. A maior parte da illa esta cuberta por mato, principalmente toxo, tamen herba de namorar ( Armeria maritima ) e Angelica pachycarpa . Nas praias destacan duas especies fixadoras de dunas: feo de praia ( Ammofhila arenaria ) e Agropyrum junceum . [ 11 ]

A xesta de Ons ( Cytisus insularis ), descuberta no ano 2000 e descrita no 2001, e exclusiva da Illa de Ons. Esta xesta e o unico endemismo botanico do Parque Nacional de Illas Atlanticas, polo tanto resulta a especie mais singular e caracteristica da Illa e, tamen, do conxunto do Parque Nacional. Conta con toda unha serie de adaptacions especificas para o ambiente tipico deste habitat moi salino, ventoso e soleado e con pouco chan fertil, pois esta xesta prospera mesmo nos cantis occidentais.

Historia [ editar | editar a fonte ]

A Illa xa estaba habitada na Idade de Bronce , como puxeron de manifesto os numerosos achados de materiais desta epoca atopados por toda a superficie da illa. Existen dous castros , o de Castelo dos Mouros e o da Cova da Loba ; un sepulcro antropomorfo e restos do que puido ser un mosteiro. [ 12 ]

Peirao de Ons.

No seculo primeiro xa temos a primeira noticia sobre a illa: Plinio o Vello citaa na sua descricion da Peninsula Iberica como insua Aunios . As seguintes referencias datan do ano 899 , na que foi doada ao Cabido Compostelan polos reis Afonso III o Magno, Ordono II e Afonso V . [ 12 ]

As illas de Ons e Onza no mapa da xurisdicion da Lanzada incluido no Catastro de Ensenada , 1752.

No seculo XVI aparece a familia Montenegro como dona da Illa, ao serlle cedida polo arcebispo Gaspar de Zuniga Avellaneda , o que se pode comprobar polos documentos existentes no Museo de Pontevedra do foreiro pagador a Don Antonio Sarmiento Montenegro. Este asentamento viuse obrigado a fuxir a comezos do seculo XVII polas aterradoras incursions cara a costa dos corsarios nortenos e piratas turcos . Con posterioridade foi pasada en herdanza os descendentes de Montenegro, que gozaron da sua propiedade ata o ano 1810 cando a Xunta Provincial de Armamento e Defensa da provincia de Santiago ordena defender a entrada da Ria de Pontevedra . Para sufragar os enormes gastos, decidiuse dividir a Illa en Accions de Primeira Clase a aqueles que a quixesen traballar tendo que pagar un canon a modo de xuro. [ 12 ]

Praia na illa de Ons.

Despois dos conflitos entre a Igrexa e a Nobreza pola sua posesion, esta saldouse a favor do Marques de Valladares, o que permitiu a instalacion dunha fabrica de salgadura nos arredores do peirao entre os anos 1835 - 1840 . [ 12 ] Isto produciu un cambio na economia da Illa. Trala decadencia da salgadura en 1929 , foi cando tomou un novo rumbo, sendo vendida a Manuel Riobo por 250.000 pesetas , quen formou nela unha Sociedade Mercantil dedicada ao secado e comercializacion do polbo e congro . [ 12 ] Ata o ano 1936 gozou dunha decada de benestar e prosperidade, xa que o gran numero de polbos e o dominio dos insulares na arte da pesca e da dorna converteunos no principal punto de referencia cando se fala deste cefalopodo nas Rias Baixas .

En 1936 , co comezo da guerra civil , o enton dono da illa, Didio Riobo , foi buscado e perseguido polas suas ideas politicas. A causa desta persecucion tomou a decision de suicidarse, quedando os insulares dende ese momento nunha situacion de abandono e incerteza sobre o seu futuro e as suas propiedades. [ 12 ]

Cartel co plano da illa.

A Illa foi expropiada no ano 1940 , polo Ministerio da Guerra, e foi pasando a traves dos anos dun organismo a outro: Colonizacion, ICONA e Irida, ata que finalmente no ano 1984 foi transferida a Xunta de Galiza . [ 12 ]

Hoxe constitue un ben de dominio publico, pero cunha situacion vecinal ainda pendente de resolver, mentres que os vecinos reclaman o dereito a propiedade das casas que eles e os seus antepasados construiron, o goberno autonomo adicase a realizar un estudo xuridico para solucionar esta insolita situacion.


Plano del Muelle qe. se esta construyendo en la Ysla de Ons 1780?

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Galeria de imaxes da illa de Ons .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Parque Natural das Illas Atlantias: Entorno natural" . Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013 . Consultado o 17 de decembro de 2013 .  
  2. Arquipelago de Ons no Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia
  3. Visor SixPac da Xunta de Galicia
  4. Ficha do vertice xeodesico Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine . na web do Instituto Xeografico Nacional (en castelan )
  5. "O Instituto Nacional de Colonizacion na Illa de Ons" . Buxa. Asociacion Galega do Patrimonio Industrial . 7 de outubro de 2021.  
  6. Llano Cabado, Pedro de (1981). Ons, a arquitectura dunha comunidade desaparecida . Cadernos do Seminario de Sargadelos . Sada: Edicios do Castro. ISBN   84-7492-105-8 .  
  7. Pardellas de Blas, Celestino (2015). Asociacion Cultural PineirOns, ed. "A illa de Ons na prensa estatal do pasado seculo XX (I). Anecdotas que son parte da historia de Ons.". Aunios (20): 11?12.  
  8. Datos de poboacion do 2000 o 2012 no INE (en castelan )
  9. Fauna da do Parque Nacional das Illas Atlanticas Arquivado 18 de decembro de 2013 en Wayback Machine . (en castelan )
  10. Velo-Anton G. e Cordero-Rivera A. (Xullo 2015). "Salamandra comun: poblaciones insulares en Galicia". Quercus 353 .  
  11. Flora da do Parque Nacional das Illas Atlanticas (en castelan )
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 https://www.miteco.gob.es/es/red-parques-nacionales/nuestros-parques/islas-atlanticas/historia/default.aspx (en castelan )

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Ala, no medio do mar. A Comunidade da illa de Ons , Staffan Morling, Josefa Otero Patino. Ministerio de Agricultura, Alimentacion y Medio Ambiente (2013)
  • Atlas de las aves nidificantes de los Archipielagos de Cies y Ons (Parque Nacional de las Islas Atlanticas) . Jesus Dominguez Conde, Luis Enrique Tapia del Rio, Gabriel Martin Garcia, Marta Arenas Romasanta, Isabel Quintero Martinez, Luis Enrique Rego Vale, Maria Jose Vidal Malde. Parque Nacional das Illas Atlanticas. (en castelan )
  • Estudio floristico de la isla de Ons (Parque Nacional Maritimo-Terrestre de las Islas Atlanticas de Galicia) . J. Gaspar Bernardez Villegas. Parque Nacional das Illas Atlanticas. (en castelan )
  • Anfibios y reptiles del Parque Nacional de las Islas Atlanticas de Galicia. Faunistica, biologia y conservacion . Pedro Galan Regalado. Parque Nacional das Illas Atlanticas. (en castelan )

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]