한국   대만   중국   일본 
Illa Melville - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Illa Melville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Melville
Localizacion da illa
Situacion
Pais Canada
Provincias e territorios do Canada Territorios do Noroeste
Arquipelago Illas da Raina Isabel
Mar Oceano Artico
Coordenadas 75°30′N 111°30′O  /  75.500, -111.500 Coordenadas : 75°30′N 111°30′O  /  75.500, -111.500
Xeografia
Superficie 42.149 km²
Longura maxima 341 km.
Largura maxima 210?292 km
Punto mais alto 776 m.
Demografia
Poboacion Deshabitada
Mapa de Melville

A Illa Melville e unha vasta e deshabitada illa das Illas articas canadenses , cunha superficie de 42.149 km². E a 33ª maior illa do mundo e a oitava mais grande do Canada . Pertence ao arquipelago das Illas da Raina Isabel . Administrativamente a illa esta dividida entre os Territorios do Noroeste (parte occidental) e Nunavut (parte oriental). A fronteira entre ambos territorios corre ao longo do Meridiano 110 oeste . As montanas da illa son das maiores do artico canadense, con cotas de ata mil metros de altitude. Existen dous enclaves subnacionais que se atopan ao oeste do meridiano 110 e forman parte dos Territorios do Noroeste.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

A illa posue escasa vexetacion. Nos unicos lugares aptos para a vida vexetal podense observar liques , musgos , cespede e Cyperaceaes . A unica especie lenosa e o Salix herbacea , crece como unha alfombra torta e densa que se arrastra polo chan. Con todo, na illa atopase unha importante colonia de vida animal, composta principalmente por osos polares , caribus , bois almiscreiros , raposos polares , lobos polares , lebres polares e arminos . En 2003 , unha expedicion da Universidade de Alberta avistou un oso grizzly asi como rastros do seu camino, sendo este o avistamento mais setentrional da especie. [ 1 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

O primeiro europeo que visitou a illa de Melville foi o explorador britanico William Parry en 1819 . Viuse obrigado a pasar o inverno no que agora se chama "Winter Harbour" (Porto de inverno), ata o 1 de agosto de 1820, debido a conxelacion do mar. [ 2 ] A illa leva o nome de Robert Dundas, 2º Vizconde de Melville que era First Sea Lord (Primeiro Lord do Mar) nese momento. Na procura da expedicion perdida de Franklin , a sua costa leste foi explorada polo Dr. Abraham Bradford en 1851, mentres que as suas costas norte e oeste foron examinadas por Francis Leopold McClintock , Richard Vesey Hamilton e George Henry Richards en 1853. [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ]

En 1930, unha arenita marcaba o sitio de invernada de Parry en Winter Harbor en 1819, con aproximadamente 5´5 metros de longo e 3 metros de altura foi designada como Sitio historico nacional do Canada . [ 6 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]