한국   대만   중국   일본 
Ien - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ien de prata, en moeda, de 1870

O ien (円, えん, en R?maji Yen, ¥, pronunciase como "en") e a moeda ou divisa oficial do Xapon . Foi creada en novembro de 1870, ao comezo da Era Meiji , para substituir o sistema monetario Tokugawa , baseado no ry? (?). O simbolo grafico latinizado do ien e ¥ ; mais en xapones escribese 円, unha forma simplificada da antiga grafia 圓. O codigo ISO 4217 do ien e JPY . O ien foi legalmente definido como 26,956 gramos de prata, unha definicion que ainda esta en vigor na actualidade.

  • Desde xaneiro de 2007, un euro vale arredor de 157 iens (JPY).

En xapones , ≪ien≫ (円) e apenas ≪en≫, pronunciado [?n]. A pronuncia "ien"/"yen", corrente en moitas linguas, proven da romanizacion da antiga escrita sino-xaponesa, que non tina en conta a evolucion da pronunciacion. En xapones, ≪en≫ significa ≪redondo≫ ou ≪circulo≫ ? como en chines yuan ou en coreano won , que tenen o mesmo etimo.

O ien tina unhas subdivisions, o sen , ben conecido dos crucigramistas; e o rin (1/1000 de ien). Poren ambas deixaron de utilizarse desde 1954 .

Circulan moedas de 1, 5, 10, 50, 100 e 500 iens e billetes de 1.000, 2.000, 5.000 e 10.000 iens.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Introducion do ien [ editar | editar a fonte ]

Un dos primeiros billetes dun ien, anverso e reverso.

No seculo XIX, o real de oito espanol de prata circulaban en abundancia polo sueste asiatico , a costa chinesa e o Xapon. Estas moedas foran introducidas dende Manila durante un periodo de mais de 250 anos, e vinan en barcos conecidos como os galeons de Manila dende Acapulco . Ata mediados do seculo XIX a maioria destes reais de oito estaban cunados nas casas de moeda esopanolas en Hispanoamerica , principalmente en Mexico , ainda que a partir da decada de 1840 comezaron a ser rapidamente substituidos por outros pesos de prata das novas republicas latinoamericanas. Na segunda metade do seculo XIX realizaronse moedas nesas zonas a semellanza dos pesos mexicanos ; a primeira delas foi o dolar de Hong Kong , cunado na Casa da Moeda de Hong Kong entre 1866 e 1868. Estas moedas non foron ben recibidas pola poboacion chinesa, que preferiu os oito reais mexicanos, e por iso o goberno de Hong Kong deixou de cunar moeda e vendeu a maquinaria ao Xapon, para establecer a sua propia casa de moeda .

Unha das primeiras moedas dun ien (1,5g de ouro puro), anverso e reverso.

Os xaponeses decidiron enton adoptar un sistema de cunaxe de moedas de dolar de prata co nome de "ien", que significaba "obxecto redondo". O ien foi adoptado oficialmente polo goberno Meiji nunha lei asinada o 10 de maio de 1871. [ 1 ] A nova moeda foi introducida de forma gradual dende xullo dese ano. O ien era, polo tanto, unha simple unidade semellante ao dolar que, como todos os dolares, descendia das piezas de a oito espanolas. Asi, ata 1873, todos os dolares valian mais ou menos o mesmo no mercado de valores. O ien substituiu o sistema monetario da era Tokugawa , un complexo sistema baseado no mon , unha moeda base de cobre. A "Lei da nova Moeda" de 1871 estipulaba a adopcion dun sistema decimal de calculo no que un ien (圓) se dividia en 100 sen (?) e 1 000 rin (厘), con moedas redondas como en Occidente. Marcouse o valor do ien como de 0,78 onzas troy (24,26 gramos) de ouro puro, ou 1,5 gramos de ouro puro segundo o Congreso Europeo de Economistas de Paris de 1867; a moeda de cinco iens declarouse igual a a de 5 pesos fortes da Arxentina ), [ 2 ] introducindo a moeda no chamado "estandar bimetalico". (A mesma cantidade de prata custaria 1181 iens actuais, [ 3 ] mentres que a mesma cantidade de ouro valeria arredor de 4715 [ 4 ] ).

A partir da desvalorizacion da prata de 1873, o ien desvalorizouse ante o dolar estadounidense e o dolar canadense xa que se adheriron ao estandar monetario do ouro, e no ano 1897 o ien so valia 50 centavos estadounidenses. Ese ano, o Xapon adoptou o estandar monetario do ouro e por iso o valor do ien pasou a ser desa cantidade. [ 5 ] O sen e o rin foron eliminados en 1953. [ 6 ]

Valor fixado ao do dolar estadounidense [ editar | editar a fonte ]

O ien perdeu a maior parte do seu valor na segunda guerra mundial . Despois dun periodo de inestabilidade en 1949, o valor do ien foi fixado en 360 iens por dolar segundo un plan estadounidense, parte do sistema Bretton Woods , para estabilizar os prezos da economia xaponesa. Esa taxa de cambio mantivose ata 1971, cando os Estados Unidos abandonaron o estandar de cambio do ouro, parte clave do sistema de Bretton Woods, e impuxo un imposto as importacions dun 10 por cento, provocando que xurdisen as taxas de cambio flotantes en 1973.

Ien infravalorado [ editar | editar a fonte ]

En 1971, o ien estaba infravalorado. As exportacions xaponesas custaban moi pouco nos mercados internacionais, e as importacions estranxeiras custaban moito para os xaponeses. Esta infravaloracion viuse reflectida na balanza de pagamentos , que pasara dun deficit comercial a principios dos anos sesenta a un superavit de 5 800 millons de dolares en 1971. A crenza de que o ien e outras divisas estaban infravaloradas motivou as accions levadas a cabo polos Estados Unidos en 1971.

Cambio flotante [ editar | editar a fonte ]

A partir da desvalorizacion do dolar en 1971, o goberno xapones aceptou unha nova taxa de cambio fixo cos Acordos do Smithsonian, asinados a finais de ano, deixando a taxa de cambio en 308 iens por dolar. Non obstante, iso influiu de forma negativa no referente a oferta e demanda , anulandose estas taxas en 1973 e pasando a ser as divisas de cambio flotante.

Intervencion do goberno xapones no mercado de divisas [ editar | editar a fonte ]

Na decada de 1970, o goberno xapones e os homes de negocios estaban concienciados de que unha subida do valor do ien danaria o crecemento das exportacions, xa que faria os produtos xaponeses menos competitivos e iso danaria a industria. Por conseguinte, o goberno seguiu intervindo no mercado de divisas (comprando ou vendendo dolares), mesmo despois da decision de pasar a moeda a un mercado de divisas flotantes en 1973.

A pesar da intervencion, as presions do mercado causaron que o ien seguise subindo, chegando a alcanzar a taxa de 271 iens por dolar en 1973, antes de que se notase o impacto economico da crise do petroleo de 1973 . O alto prezo do ien provocou que o ien se depreciase nun intervalo de 290 a 300 iens entre 1974 e 1976. A reaparicion dun superavit comercial fixo que o ien volvese valer 211 iens por dolar en 1978, ainda que debido a crise do petroleo de 1979 fixo que o ien baixase de novo a 227 iens por dolar en 1980.

O ien a principios da decada e 1980 [ editar | editar a fonte ]

Unha das primeiras moedas dun ien, 24,26 gramos de prata pura do Xapon, cunada en 1870 (Ano 3 da era Meiji ).

Na primeira metade da decada de 1980, o ien baixou moito de valor, mesmo a pesar da existencia dun superavit comercial. Asi, o dolar pasou de valer 221 iens de media en 1981 a 239 en 1985. O aumento do superavit de conta corrente fixo que a demanda de iens aumentase nos mercados estranxeiros, pero esta demanda foi desprazada por outros factores. Unha gran diferenza nos tipos de xuro , que eran mais altos nos Estados Unidos que no Xapon, e a continua desregulacion do capital , fixeron que xurdise unha gran saida de capital bruto do Xapon. Todo isto provocou que aumentase a demanda de iens xaponeses, xa que os investidores nipons cambiaron os iens por outras divisas a hora de investir no estranxeiro. Todo iso provocou que o ien se debilitase fronte ao dolar e causou a aparicion dun gran superavit comercial nos anos 80.

Efectos do Acordo do Plaza [ editar | editar a fonte ]

En 1985 comezou un gran cambio, xa que as principais potencias economicas firmaron un acordo (o Acordo do Plaza), no que se afirmaba que o dolar estaba sobrevalorado (e polo tanto o ien infravalorado). Este acordo, e varios cambios na oferta e demanda e as presions dos mercados, fixeron que houbese unha subida supeta do valor do ien. De ai que se pasase dun valor medio de 239 iens por dolar en 1985 a un valor pico de 128 iens en 1988, dobrando o seu valor relativo ao do dolar. Tras uns declives en 1989 e 1990, chegou a unha nova marca de 123 iens por dolar en 1992. En abril de 1995, o ien chegou a un valor de 80 iens por dolar, facendo temporalmente a economia xaponesa do mesmo tamano aproximadamente que a americana.

Anos posteriores a burbulla [ editar | editar a fonte ]

O ien entrou en declive durante a burbulla financeira e inmobiliaria do Xapon e continuou asi a partir dese momento, chegando a un tope de 134 iens por dolar en 2002. A politica do Banco do Xapon de manter os xuros cero evitou o investimento en iens, causando un carry trade de investidores que cambiaron os investimentos en iens por outros noutras moedas fortes. Iso causou unhas perdas de aproximadamente un billon de dolares. [ 7 ] En febreiro de 2007, The Economist estimou que o ien estaba desvalorizado nun 15 por cento fronte ao dolar e nun 40 por cento fronte ao euro . [ 8 ]

Tras o terremoto de T?hoku de 2011 o ien subiu vertixinosamente, ata chegar a unha marca de 76 iens por dolar, non batido dende a segunda guerra mundial . [ 9 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. A. Piatt Andrew , Quarterly Journal of Economics, "The End of the Mexican Dollar",18:3:321-356, 1904, p.345
  2. Historia da moeda [ Ligazon morta ]
  3. xe.com (7 de setembro de 2006). "Equivalente de 0,78 onzas troy de prata en iens" . Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2008 . Consultado o 7 de setembro de 2006 .  
  4. xe.com (7 de setembro de 2006). "Equivalente de 0'04822612 onzas troy de oro en yenes" . Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2008 . Consultado o 7 de setembro de 2006 .  
  5. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013 . Consultado o 04 de xuno de 2016 .  
  6. Lei nº 60 do 15 de xullo de 1953, de Abolicion das Subdivisions Monetarias e Arredondamento Fraccionario ( 小額通貨の整理及び支?金の端?計算に?する法律 Sh?gakuts?ka no seiri oyobi shiharaikin no has?keisan ni kansuru h?ritsu ? ) )
  7. "What Keeps Bankers Awake at Night? The Economist (Londres)1 de febreiro de 2007.
  8. "The Cheap Ien is Dangerous," The Economist (London). 8 de febreiro de 2007.
  9. "Japan risks credit crunch as ien thunders" . Telegraph.co.uk . 17 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuno de 2016 . Consultado o 18 de marzo de 2011 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]