Henry Miller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenry Miller

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (en) Henry Valentine Miller Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 26 de decembro de 1891 Editar o valor em Wikidata
Yorkville, Estados Unidos de America (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 7 de xuno de 1980 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Pacific Palisades, Estados Unidos de America (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Educacion City College de Nova York Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Literatura Editar o valor em Wikidata
Ocupacion escritor , escritor de contos , ensaista , novelista , pintor , epistolografo Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1934 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Conxuxe Hoki Tokuda (1967?1977) , divorcio
valor desconecido (1953?1960) , divorcio
valor desconecido (1944?1952) , divorcio
June Miller (1924?1934) , divorcio
valor desconecido (1917?1923) , divorcio
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Paxina web henrymiller.info Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0588469 Allocine: 36078 Allmovie: p49237
Musicbrainz: 173f7768-e03b-4d89-8adb-67c75e96e385 Discogs: 1416601 WikiTree: Miller-24217 Find a Grave: 2458 Editar o valor em Wikidata

Henry Valentine Miller , nado en Nova York o 26 de decembro de 1891 e finado en California o 7 de xuno de 1980 , foi un novelista estadounidense. A sua obra componse de novelas semiautobiograficas nas que o ton cru e sensual suscitou unha serie de controversias no seo dunha sociedade puritana que Miller quixo estigmatizar denunciando a hipocrisia moral norteamericana. Influiu notablemente na chamada Xeracion Beat .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Formacion [ editar | editar a fonte ]

A mocidade de Miller foi erratica; alternaba diversos traballos con breves periodos de estudos no City College de Nova York. En 1924 casou con June Mansfield tras divorciarse da sua primeira esposa, Beatrice Sylvas , coa que tivo unha filla.

Da Gran Depresion ao surrealismo [ editar | editar a fonte ]

En 1930, durante a Gran Depresion , marchou a Francia onde viviu o estalido da segunda guerra mundial . Nesa epoca Miller decidiu consagrarse totalmente a literatura. Os seus primeiros anos de bohemia en Paris foron miserables: tivo que loitar contra o frio e a fame; alimentabase coas comidas que lle ofrecian e durmia cada noite baixo unha ponte distinta. A sorte presentouselle na persoa de Richard Osborn , un avogado americano que lle ofreceu unha habitacion no seu apartamento. Cada mana Osborn deixaba enriba da mesa da cocina un billete de 10 francos para que Miller o gastase a sua conveniencia. Coneceu a Anais Nin (da que foi amante), a Gilberte Brassal e a Alfred Perles , e empezan os seus devaneos* co surrealismo .

No outono de 1931 Miller obtivo o seu primeiro emprego como corrector de estilo no xornal Chicago Tribune , merce o seu amigo Alfred Perles . Aproveita a ocasion para publicar varios artigos que asina co nome de Perles , dado que so os membros do equipo editorial podian editar os seus escritos. Escribe nese ano Tropico de Cancer , na Vila Seurat de Montparnasse, publicado en 1934. Esta novela supuxolle nos EUA un proceso por obscenidade, segundo as leis vixentes nesa epoca ditadas contra a pornografia. Esta novela estivo censurada no seu pais ata a decada de 1960, e so puido ingresar clandestinamente coa portada de Jane Eyre , o clasico de Charlotte Bronte .

Censura [ editar | editar a fonte ]

Miller proseguiu a sua batalla persoal contra o puritanismo intentando liberar, desde un punto de vista moral, social e legal, os tabus sexuais existentes na literatura americana. Continuou escribindo novelas, todas censuradas nos Estados Unidos por obscenas. Publicou Black Spring (1936), e Tropic of Capricorn (1939), que conseguiron difusion nos EUA malia teren que ser vendidos subrepticiamente, o que contribue a forxar a sua reputacion de escritor underground .

Regresa os Estados Unidos en 1940 e instalase no Big Sur (California), onde continua producindo unha literatura puxante, colorista e socialmente critica. Escribe The Colossus of Maroussi (1941), que versa sobre unha viaxe a Grecia , pais que visitou invitado por Lawrence Durrell . O libro mais que unha guia o uso e un monumento lirico a sensualidade mediterranea, unha critica brillante o modo de vida americano e unha alegacion pola paz. Seguironlle The Air-Conditioned Nightmare (1945), a triloxia The Rosy Crucifixion , composta por Sexus (1949), Plexus (1953), e Nexus (1960). Escribiu Big Sur and the Oranges of Hieronymus Bosch en 1957.

A revolucion sexual [ editar | editar a fonte ]

Foi considerado mesmo un precursor do posmodernismo . Os seus tropicos , tachados de pornograficos, xeraron unha gran polemica e foron prohibidos nos paises anglosaxons . En 1964 a Corte Suprema dos Estados Unidos anula, da Corte de Estado, o xuizo contra Miller por obscenidade, o que representa o nacemento do que, mais tarde, sera conecido co nome de revolucion sexual .

Entre as suas afeccions estaba a de pianista afeccionado e pintor. Escribiu libros sobre a sua pintura, e trala sua morte as suas acuarelas foron trasladadas a dous museos: o "Henry Miller Museum of Art" na cidade de Omachi Nagano ( Xapon ), e o "Henry Miller Art Museum" na Coast Gallery de Big Sur.

Faleceu en Pacific Palisades, California. Os seus restos foron incinerados e as suas cinzas esparexidas sobre Big Sur .

Obras [ editar | editar a fonte ]

  • Crazy Cock (escrita entre 1928 e 1930, publicada en 1960).
  • Tropic of Cancer (1934); traducida ao galego por Xurxo Borrazas como Tropico de Cancer , e publicada en 1996.
  • What Are You Going to Do about Alf? (1935).
  • Aller Retour New York (1935).
  • Black Spring (1936).
  • Max and the White Phagocytes (1938).
  • Tropic of Capricorn (1939).
  • Henry Miller's Hamlet Letters, Vol. I (1939, con Michael Fraenkel ).
    • Vol. II , con Michael Fraenkel (1941).
    • Vol. I complete (1943).
  • The Cosmological Eye (1939).
  • The World of Sex (1940).
  • The Colossus of Maroussi (1941).
  • The Wisdom of the Heart (1941).
  • Sunday after the War (1944).
  • Semblance of a Devoted Past (1944).
  • The Plight of the Creative Artist in the United States of America (1944).
  • Echolalia (1945).
  • Henry Miller Miscellanea (1945).
  • Why Abstract? (1945, con Hilaire Hiller e William Saroyan ).
  • The Air-Conditioned Nightmare (1945).
  • Maurizius Forever (1946).
  • Remember to Remember (1947).
  • Into the Night Life (publicada en privado en 1947).
  • The Smile at the Foot of the Ladder (1948).
  • Sexus (1949).
  • The Waters Reglitterized (1950).
  • The Books in My Life (1952. ISBN 0-8112-0108-2
  • Plexus (1953).
  • Quiet Days in Clichy (1956).
  • Recalls and Reflects (1956).
  • The Time of the Assassins: A Study of Rimbaud (1956).
  • Big Sur and the Oranges of Hieronymus Bosch (1957).
  • The Red Notebook (1958).
  • Reunion in Barcelona (1959).
  • Nexus (1960).
  • To Paint Is to Love Again (1960).
  • Watercolors, Drawings, and His Essay "The Angel Is My Watermark," (1962).
  • Stand Still Like the Hummingbird (1962).
  • Just Wild about Harry (1963.
  • Greece (with drawings by Anne Poor) (1964).
  • Insomnia or The Devil at Large (1974).
  • Opus Pistorum (1983).

Peliculas [ editar | editar a fonte ]

Miller foi interpretado por Fred Ward na pelicula Henry & June (1990), e por Rip Torn na adaptacion de 1970 de Tropic of Cancer . Na adaptacion de Jens Jørgen Thorsen de 1970 de Quiet Days in Clichy , o personaxe de 'Joey', baseado en Miller, foi interpretado por Paul Valjean . Noutra adaptacion de 1990 e interpretado por Andrew McCarthy .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]