한국   대만   중국   일본 
Henry Hudson - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Henry Hudson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenry Hudson

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 1565 Editar o valor em Wikidata
Reino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Morte Despois de 23 de xuno de 1611 Editar o valor em Wikidata
Baia de James , presumiblemente Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Reino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Navegacion maritima Editar o valor em Wikidata
Ocupacion explorador , navegante Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1607 Editar o valor em Wikidata -
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Lealdade Reino de Inglaterra e Provincias Unidas Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1406841 WikiTree: Hudson-775 Find a Grave: 6621707 Editar o valor em Wikidata

Henry Hudson , nado en 1565 e finado en 1611 , foi un navegante ingles , famoso por realizar catro importantes viaxes de exploracion. Un rio e unha baia de America do Norte levan o seu nome na sua honra.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Da sua vida conecense moi poucos datos antes de 1607 , ano en que fixo a sua primeira viaxe para a English Muscovy Company . Ao mando dunha soa embarcacion, a Hopewell , Hudson alcanzou as costas de Groenlandia e Svalbard , e descubriu a illa de Jan Mayen, cando buscaba o paso do Nordes cara a Asia a traves do oceano Artico . Durante o ano seguinte, viaxou co mesmo barco e para a mesma compania, e novamente sen exito busco o paso a India , esta vez navegando a traves das illas de Nova Zembla, polo mar de Barents . Ao seu regreso, a Muscovy Company retiroulle o seu apoio, polo que tivo que buscar na Compania Holandesa das Indias Orientais axuda economica e un novo barco para continuar o seu labor.

Traballando para esta compania, partiu da illa neerlandesa de Tegel, na sua terceira viaxe, no ano 1609 , con Half Moon , un navio de 73 toneladas metricas, e unha tripulacion composta de dezaoito ou vinte homes entre ingleses e holandeses. Novamente empezou a procura do paso en Nova Zembla , intentando abrirse camino a traves do xeo, pero debido ao frio intenso e a extremas condicions meteoroloxicas, a tripulacion empezou a inquietarse e Hudson propuxo un plan diferente. Puxeron rumbo suroeste a traves de Nova Escocia e baixaron pola costa de Norteamerica, coa certeza de que os oceanos Atlantico e Pacifico estaban separados so por un estreito istmo.

En setembro de 1609 chegou a baia de Nova York , e durante os seguintes meses explorou o rio Hudson, ascendendo 240 quilometros desde a sua desembocadura ata o lugar onde actualmente se levanta a cidade de Albany . Antes de terminar o ano, Hudson e os seus homes regresaron a Inglaterra, sendo detidos polo goberno. Hudson recibiu a orde de traballar a partir de enton so para o seu pais de orixe.

Ultima viaxe [ editar | editar a fonte ]

En 1610 , Hudson partiu na ultima das suas viaxes patrocinado por unha recentemente creada compania de cabaleiros ingleses. Co seu novo navio, o Discovery , lanzouse a procura do paso do Noroeste. A mediados do ano atravesara o estreito de Hudson e alcanzado a baia de Hudson , onde pasou tres meses explorando as illas e costas orientais.

Na crenza de que se atopaba no Pacifico, navegou rumbo sur ata a Baia de James. En novembro o barco estaba atrapado no xeo, polo que logo de pasar un duro inverno a causa do frio e a escaseza de alimentos, a discordia xeneralizouse entre a tripulacion, acabando cun motin en xuno de 1611 . Hudson, o seu fillo e outros sete membros da compania foron abandonados a sua sorte nun pequeno bote e nunca mais se soubo deles. Os poucos amotinados que conseguiron sobrevivir puideron chegar a Inglaterra onde foron encarcerados.