한국   대만   중국   일본 
Helarctos malayanus - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Helarctos malayanus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Helarctos ≫)

Helarctos malayanus
Oso malaio

Rango fosil: Plistoceno ? Actualidade

Helarctos malayanus femia no zoo de Basilea
Estado de conservacion
Vulnerable
Vulnerable [ 1 ]
Clasificacion cientifica
Reino : Animalia
Filo : Chordata
Clase : Mammalia
Orde : Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia : Ursidae
Subfamilia: Ursinae
Xenero : Helarctos
Horsfield , 1825
Especie : H. malayanus
Nome binomial
Helarctos malayanus
Raffles , 1821
Área de distribución de Helarctos malayanus (cor marrón - presenza actual, cor negra - extinto, cor gris escura - presenza dubidosa)
Area de distribucion de Helarctos malayanus
(cor marron - presenza actual, cor negra - extinto,
cor gris escura - presenza dubidosa)

Area de distribucion de Helarctos malayanus
(cor marron - presenza actual, cor negra - extinto,
cor gris escura - presenza dubidosa)

Helarctos malayanus , conecido vulgarmente como oso malaio , e unha especie de mamifero carnivoro da familia dos ursidos , subfamilia dos ursinos , o unico representante do xenero Helarctos . [ 2 ]

Tratase dunha pequena especie de oso , a menor entre todas as actuais, [ 3 ] que vive nos bosques tropicais do sueste asiatico , concretamente no centro-oeste de Birmania , Indochina , Malaca , Sumatra e Borneo (nesta ultima illa representada por unha subespecie endemica ).

Esta especie esta pouco emparentada coas outras especies de osos do mundo.

Taxnomia [ editar | editar a fonte ]

Descricion [ editar | editar a fonte ]

Xenero [ editar | editar a fonte ]

O xenero foi descrito en 1825 polo medico e naturalista estadounidense Thomas Horsfield , nun traballo publicado en Zool. J. 2 (6): 221. [ 2 ]

Especie [ editar | editar a fonte ]

A especie fora descrita en 1821 polo seu compatriota, colega (tamen era medico e naturalista) e amigo Thomas Stamford Raffles . [ 2 ]

Sinonimo do xenero [ editar | editar a fonte ]

Ademais de polo nome actualmente valido, o xenero tamen coneceuse polo sinonimo: [ 2 ]

  • Helarctus Gloger, 1841

Subespecies [ editar | editar a fonte ]

Reconecense na especie duas subespecies , [ 2 ] baseadas en diferenzas morfoloxicas . [ 4 ] [ 5 ]

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Oso malaio en ctitude de ameaza

Helarctos malayanus ten unha lonxitude de apenas 1,2 m en posicion ergueita, no caso dos machos, sendo as femias menores. A masa corporal destas ultimas oscila entre os 20 e os 40 kg, mentres que os machos adultos andan entre os 30 e os 60 kg. [ 7 ]

Ademais de polo menor tamano, os osos malaios diferencianse facilmente doutras especies de osos pola sua forma corporal alongada, as orellas pequenas, e a cola practicamente inexistente (con so 3 cm resulta dificil ver a certa distancia), mentres que as patas e o colo son proporcionalmente mais longos. A pelaxe e curta e de cor negra, excepto no focino , ao redor dos ollos e no peito , onde varia entre a amarela abrancazada e a alaranxada. Presentan no peito unha mancha, xeralmente en forma de U moi aberta. [ 9 ]

As plantas dos pes estan espidas, e por diante delas destacan as fortes, longas e ganchudas garras dos seus dedos , especialmente os das patas anteriores. Esta caracteristica permite aos osos malaios gabear a arbores altas ate a sua copa, onde se alimentan de froitos , sobre todo de cocos que parten sen dificultade cos seus poderosos maxilares. Usan preferentemente o sentido do olfacto para encontrar comida , pois como nos demais ursidos, a sua vista e pobre.

A sua formula dental e a seguinte: 3/3, 1/1, 3-4/3, 2/3 = 38-40. [ 10 ]

Bioloxia e ecoloxia [ editar | editar a fonte ]

Helarctos malayanus en estado salvaxe.
Parque Nacional Kaeng Krachan, Tailandia

Pese a sua robustez os osos malaios son animais activos, axiles e bos gabeadores de arbores. [ 3 ] Ao igual que o oso negro asiatico ( Ursus thibetanus ) tamen construen ninos con polas para tomaren o sol, a miudo bastante por riba do solo. [ 3 ] A alimentacion , que se leva a cabo durante a noite, completase coa inxesta de insectos , lagartos , pequenas aves e mamiferos , follas de palmeiras , mel e sementes . Ocasionalmente entran en plantacions de coqueiros , platanos e cacao , onde poden xerar importantes estragos. Isto ocasionou un perigoso aumento da caza destes animais en numerosas rexions, que unida a demanda de partes do seu corpo pola medicina tradicional chinesa reduciu a sua poboacion en moitas zonas. Considerase que a especie ainda non esta en perigo serio de extincion , ainda que si e vulnerabel, que e como cualifica a UICN o status da especie. [ 1 ]

Debido a que habitan en zonas de climas calidos tropicais, os osos malaios, a diferenza doutros ursidos, non hibernan. Isto permitelle as femias teren unha camada de duas crias cada ano. As crias no chegan a madurez sexual ate os 3 ou 4 anos. O periodo de xestacion e de entre 95 e 100 dias. [ 9 ] Desconecese canto tempo viven en liberdade, pero en catividade poden alcanzar os 28 anos.

Filoxenia [ editar | editar a fonte ]

A secuenciacion xenetica do ADN nuclear das especies de osos revelou que Melursus ursinus e o Helarctos malayanus foron os primeiros osos da subfamilia dos ursinos que irradiaron, e non estan incluidos no grupo monofiletico de Ursus ; ademais, todas as relacions entre os osos estaban ben resolvidas. [ 11 ]

Ursidae
Ursinae

Ursus maritimus

Ursus arctos

Ursus americanus

Ursus thibetanus

Ursus malayanus (Hoxe Helarctos malayanus )

Melursus ursinus

Tremarctos ornatus

Ailuropoda melanoleuca

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 Scotson, L., Fredriksson, G., Augeri, D., Cheah, C., Ngoprasert, D. & Wai-Ming, W. (2017): Helarctos malayanus na Lista vermella da UICN . Version 2021-2. Consultada o 23 de novembro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Helarctos Horsfield, 1825 . En Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World ? A Taxonomic and Geographic Reference .
  3. 3,0 3,1 3,2 Matthews, L. Harrison (1977). La Vida de los Mamiferos, Tomo II. Historia Natural Destino, vol. 17 . Barcelona : Ediciones Destino. p. 414. ISBN   84-2330-700-X .  
  4. Santiapillai, A.; Santiapillai, C. (1996). "The status, distribution and conservation of the Malayan sun bear ( Helarctos malayanus ) in Indonesia". Tigerpaper 23 (1): 11?16.  
  5. Chasen, F. N. (1940). "A handlist of Malaysian mammals: A systematic list of the mammals of the Malay Peninsula, Sumatra, Borneo and Java, including the adjacent small islands". Bulletin of the Raffles Museum 15 : 89?90.  
  6. Ellerman, J. R.; Morrison-Scott, T. C. S. (1966). "Genus Helarctos Horsfield, 1825" . Checklist of Palaearctic and Indian mammals 1758 to 1946 (2nd ed.). London: British Museum of Natural History. p. 241.  
  7. 7,0 7,1 Phillipps, Q. (2016): "Sun bear" . En: Phillipps' Field guide to the Mammals of Borneo: Sabah, Sarawak, Brunei, and Kalimantan . Princeton: Princeton University Press. pp. 246?249. ISBN 978-0-6911-6941-5 .
  8. Meijaard, E. (2004). "Craniometric differences among Malayan sun bears ( Ursus malayanus ); evolutionary and taxonomic implications" (PDF) . Raffles Bulletin of Zoology 52 (2): 665?672.  
  9. 9,0 9,1 Hanak, V. & Mazak, V. (1991). Enciclopedia de los Animales. Mamiferos de todo el Mundo . Madrid : Susaeta. p. 354. ISBN   84-3051-967-X .  
  10. Fitzgerald, C. S. & Krausman, P. R. (2002). "Helarctos malayanus". Mammalian Species (The American Society of Mammalogists) 696 : 1?5.  
  11. Pages, M.; Calvignac, S.; Klein, C.; Paris, M.; Hughes, S.; Hanni, C. (2008). "Combined analysis of fourteen nuclear genes refines the Ursidae phylogeny" . Molecular Phylogenetics and Evolution 47 (1): 73?83. PMID   18328735 . doi : 10.1016/j.ympev.2007.10.019 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]