Hayabusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hayabusa / Muses C
Hayabusa recollendo mostras da superficie de Itokawa.
Tipo Cientifico
Organizacion JAXA
Data de lanzamento 9 de maio de 2003 [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ]
Foguete portador M-5 [ 2 ] [ 4 ]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Kagoshima [ 2 ] [ 5 ]
Obxectivo da mision Estudo do asteroide Itokawa. [ 2 ] [ 5 ]
Regreso 13 de xuno de 2010 [ 2 ]
NSSDC ID 2003-019A
Masa 415 kg [ 2 ] [ 4 ] [ 5 ]

Hayabusa (en xapones "Falcon Peregrino"), conecida previamente como Muses C , e o nome dunha sonda espacial xaponesa ( JAXA ) lanzada o 9 de maio de 2003 mediante un foguete M-5 desde o Centro Espacial de Kagoshima para estudar o asteroide 25143 Itokawa . [ 2 ] [ 4 ] [ 5 ]

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

O obxectivo principal de Hayabusa era recoller unha mostra da superficie do asteroide Itokawa, un corpo menor do sistema solar cunhas dimensions de 550 x 180 m, e devolvelas a Terra para a sua analise. Parte da mision consistia tamen en demostrar novas tecnoloxias, como a propulsion ionica . [ 2 ] [ 4 ] [ 5 ]

Imaxes de radar do asteroide 25143 Itokawa

Hayabusa tivo unha viaxe accidentada e estivo ao bordo do fracaso varias veces durante a sua mision. Foi lanzada o 9 de maio de 2003. Unha vez en orbita cambiouselle o nome oficialmente de Muses C a Hayabusa. A nave acendeu os seus motores ionicos por primeira vez o 27 de maio de 2003 e durante a sua viaxe cara ao asteroide unha fulguracion solar a finais dese ano degradou os paneis solares , facendolle perder potencia . A perda de potencia obrigou a atrasar o encontro co asteroide de veran de 2005 a setembro dese mesmo ano. Hayabusa fixo un sobrevoo da Terra o 19 de maio de 2004 e o 31 de xullo un dos volantes de inercia que a mantinan estabilizada fallou. A nave atopouse por fin con Itokawa o 12 de setembro de 2005, quedando a unha distancia de 20 km da sua superficie. O 3 de outubro de 2005 a sonda perdeu outro dos seus volantes de inercia, co que a estabilizacion quedou a cargo dos dous volantes restantes e dos propulsores quimicos. Hayabusa explorou cos seus sensores remotos a superficie de Itokawa ata que intentou un primeiro descenso o 4 de novembro, que foi abortado a 700 metros da superficie ao recibir sinais anomalas da sonda. O 12 de novembro intentouse un novo descenso. Nesta ocasion a sonda liberou o pequeno satelite Minerva , que exploraria a superficie pola sua conta. Por desgraza un erro fixo que o pequeno satelite fallara a superficie do asteroide, perdendose no espazo. Hayabusa non chegou a tocar a superficie e volveu a sua posicion orixinal sobre o asteroide. Sucederonse dous descensos exitosos ata a superficie, o 20 e o 25 de novembro, pero o mecanismo de recollida de mostras non funcionou completament. O sistema, composto por un funil e proxectiles disparados contra a superficie para enviar mostras cara ao interior da nave, fallou en canto os proxectiles non chegaron a dispararse. O control de terra decidiu de calquera modo que a sonda debia regresar a Terra para recuperar a capsula de mostras e examinala. [ 2 ] [ 4 ] [ 5 ]

O 9 de decembro perdeuse contacto coa sonda debido a perda de propelente, empuxando a nave e facendo que a sua antena deixara de apuntar cara a Terra. As comunicacions recuperaronse a principios de marzo de 2006. Nese momento a situacion da sonda era realmente mala, co propelente quimico perdido no espazo debido a fuga, dous dos tres volantes de inercia inoperativos e 4 das 11 baterias de ion litio avariadas. Os controladores de terra idearon un sistema para controlar a actitude da nave usando o sistema de propulsion ionico. A sonda iniciou o seu regreso a Terra, conseguindo liberar a capsula de retorno, que reentrou na atmosfera terrestre o 13 de xuno de 2010 e caendo no lugar previsto, cerca de Woomera , en Australia . A propia Hayabusa reentrou na atmosfera, destruindose. O posterior exame da capsula de mostras, aparentemente baleira, atopou 1500 particulas de po procedente da superficie de Itokawa que seguramente chegaron ao interior da nave durante o impacto contra a superficie durante as aterraxes. [ 2 ] [ 4 ] [ 5 ]

Video da reentrada

Nave [ editar | editar a fonte ]

Hayabusa tina forma de caixa, cun 1,5 m de lado e 1,05 m de alto. A masa durante o lanzamento, con propelente incluido (50 kg de propelente quimico e 65 kg de xenon para os motores ionicos), era de 530 kg. A enerxia era producida por dous paneis solares, que tinan unha superficie total de 12 m 2 . As comunicacions coa nave tinan lugar principalmente a traves da antena de alta ganancia, un disco parabolico de 1,5 m de diametro . O funil de recollida de mostras sobresaia da parte de abaixo da sonda. O aterrizador Minerva ia acoplado nun dos laterais. Os catro motores ionicos da sonda, que usaban xenon ionizado, producian un pulo maximo de 20 mN consumindo 1 kW de potencia. Os propulsores quimicos estaban alimentados tetroxido de nitroxeno e hidracina e producian ata 22 N de pulo. Entre os instrumentos cientificos atopabase unha camara, un LIDAR e espectrometros para o infravermello proximo e raios X . A capsula de entrada tina 40 cm de diametro, 25 cm de altura e unha masa de 20 kg. O seu escudo termico estaba formado por material ablativo de 3 cm de grosor para protexer as mostras durante a reentrada, a unha velocidade de 13 km/s. [ 2 ] [ 4 ] [ 5 ]

Resultados das analises das mostras [ editar | editar a fonte ]

Os resultados das analises das mostras publicaronse na revista Science (na sua edicion do 26 de agosto de 2011, vol. 133, numero 6046, paxinas 1113-1136). Os resultados sinalan que a mineraloxia e quimica mineral das particulas do 25153 Itokawa son identicas a das condritas LL (condritas con baixo contido en ferro), transformadas termicamente polo impacto secular da materia do asteroide que foi recocido varias veces (un vertedoiro recocido). Os resultados acreditan que os meteoritos mais numerosos recollidos na Terra (as condritas ordinarias) proceden de asteroides tipo S, coma o 25143 Itokawa.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "HAYABUSA (MUSES C)" (en ingles) . Consultado o 9 de maio de 2020 .  
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (17 de abril de 2020). "Hayabusa" (en ingles) . Consultado o 9 de maio de 2020 .  
  3. Claude Lafleur (2020). "MUSES C / Hayabusa" (en ingles) . Consultado o 9 de maio de 2020 .  
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Muses C (Hayabusa)" (en ingles) . Consultado o 9 de maio de 2020 .  
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Mark Wade (2020). "Hayabusa" (en ingles) . Consultado o 9 de maio de 2020 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]