한국   대만   중국   일본 
Harry Potter e o preso de Azkaban (filme) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Harry Potter e o preso de Azkaban (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Harry Potter e o preso de Azkaban
Ficha tecnica
Titulo orixinal Harry Potter and the Prisoner of Azkaban
Director Alfonso Cuaron
Produtor Chris Columbus
David Heyman
Mark Radcliffe
Guion Steve Kloves
Baseado en Harry Potter e o preso de Azkaban de J. K. Rowling
Interpretes Daniel Radcliffe
Rupert Grint
Emma Watson
Michael Gambon
Gary Oldman
David Thewlis
Timothy Spall
Emma Thompson
Musica John Williams
Fotografia Michael Seresin
Montaxe Steven Weisberg
Estudio Heyday Films
1492 Pictures
Distribuidora Warner Bros.
Estrea 31 de maio de 2004
4 de xullo de 2004
Galicia 27 de maio de 2008 ( TVG )
Duracion 142 minutos
Orixe Reino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Xenero Fantasia
Orzamento $130 000 000 [ 1 ]
Recadacion $796 700 000
Filme anterior Harry Potter e a Camara dos Segredos
Filme seguinte Harry Potter e o Caliz de fogo
Na rede
https://www.wizardingworld.com/discover/films/harry-potter-and-the-prisoner-of-azkaban
IMDB: tt0304141 Filmaffinity: 832057 Allocine: 46865 Rottentomatoes: m/harry_potter_and_the_prisoner_of_azkaban Mojo: harrypotter3 Allmovie: v283812 TCM: 535218 Metacritic: movie/harry-potter-and-the-prisoner-of-azkaban TV.com: movies/harry-potter-and-the-prisoner-of-azkaban Netlix: 60034567Editar o valor em Wikidata

Harry Potter e o preso de Azkaban (en ingles : Harry Potter and the Prisoner of Azkaban ) e un filme de fantasia [ 2 ] dirixido por Alfonso Cuaron e baseado na novela homonima escrita por J. K. Rowling . E o terceiro filme da serie de filmes de Harry Potter . Foi escrito por Steve Kloves e producido por Chris Columbus , David Heyman e Mark Radcliffe. A historia centrase no terceiro ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticeria , durante o que un prisioneiro chamado Sirius Black escapa do carcere maxico de Azkaban co obxectivo de matar a Harry. A pelicula esta protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger . O resto do elenco inclue a Michael Gambon , Gary Oldman , David Thewlis , Timothy Spall e Emma Thompson .

O filme tivo a sua estrea no Reino Unido o 31 de maio de 2004 e nos Estados Unidos o 4 de xuno de 2004 e foi a primeira pelicula de Harry Potter en proxectarse en cines IMAX . Tamen foi a ultima en ponerse a venda en formato VHS . Recibiu duas candidaturas aos Premios Oscar : Oscar a mellor banda sonora e Oscar os mellores efectos visuais , que finalmente ganaron Finding Neverland e Spider-Man 2 , respectivamente. A recadacion nas salas internacionais ascende a mais de 974 millons de dolares estadounidenses.

Estreouse en galego na TVG o 27 de maio de 2008 . [ 3 ]

Malia que o preso de Azkaban foi o filme da saga con mellor acollida pola critica cunha recadacion nas salas internacionais dun total de 795,6 millons de dolares, [ 2 ] e a que fixo menor caixa de todas as longametraxes.

Sinopse [ editar | editar a fonte ]

O comezo do terceiro curso de Harry Potter en Hogwarts coincide coa fuxida dun preso chamado Sirius Black do carcere maxico de Azkaban ; o convicto semella estar disposto a matar a Harry. Mentres tanto, Remus Lupin unese ao persoal docente da escola maxica como novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e o Ministerio de Maxia confia aos Dementores de Azkaban a proteccion de Hogwarts fronte a Black. Harry descobre mais acerca do seu pasado e a sua conexion co prisioneiro escapado.

Elenco [ editar | editar a fonte ]

As novas adicions ao elenco incluen os seguintes actores:

Producion [ editar | editar a fonte ]

A fotografia principal comezou o 24 de febreiro de 2003, [ 5 ] en Leavesden Film Studios e finalizou en outubro de 2003. [ 6 ]

Alguns dos decorados para o filme situaronse en Glen Coe, Escocia , preto de Clachaig Inn. Os platos interiores, como os dos filmes anteriores, atopanse principalmente en Leavesden Film Studios . O lago de Hogwarts foi gravado no lago Shiel nas Terras Altas Escocesas . A ponte que cruza o Expreso de Hogwarts e que tamen aparece en n’ a Camara dos Segredos atopase no lado oposto ao lago Shiel e usouse durante a secuencia dos Dementores abordando o tren. Tamen hai breves escenas do filme rodadas en Palmers Green ao norte de Londres e nos arredores de Borough Market e Lambeth Bridge, tamen en Londres.

Rowling permitiu a Cuaron facer pequenos cambios con respecto ao libro, baixo a condicion de que se cinguise ao espirito da novela. [ 7 ] Deixou que incluise un reloxo de sol nos xardins de Hogwarts, pero rexeitou a idea de incluir un cemiterio , que xogaria un papel importante no sexto libro , daquela ainda sen publicar. [ 7 ]

Banda sonora [ editar | editar a fonte ]

Harry Potter e o preso de Azkaban
Banda sonora de John Williams
25 de maio de 2004
Estudio de gravacion Abbey Road Studios
Duracion 68:37
Xenero Banda sonora
Selo discografico Warner/Sunset
Cronoloxia
Harry Potter e a Camara dos Segredos
(2002)
Harry Potter e o preso de Azkaban
(2004)
Harry Potter e o Caliz de fogo
(2005)

A banda sonora de Harry Potter e o preso de Azkaban lanzouse ao mercado o 25 de maio de 2004. As pezas musicais foron compostas e dirixidas por John Williams . A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Oscar na categoria de Oscar a mellor banda sonora , aos Premios Grammy na categoria de mellor album de banda sonora para unha pelicula e aos Premios World Soundtrack na categoria de mellor banda sonora.

O album foi ben recibido pola critica cinematografica musical. Archie Watt de MovieCues concedeu unha valoracion de cinco estrelas a banda sonora e puxoa na lista das mellores do ano.

Lista de pistas
  1. "Lumos! (Hedwig's Theme)" - 1:38
  2. "Aunt Marge's Waltz" - 2:15
  3. "The Knight Bus" - 2:52
  4. "Apparition on the Train" - 2:15
  5. "Double Trouble" - 1:37
  6. "Buckbeak's Flight" - 2:08
  7. "A Window to the Past" - 3:54
  8. "The Whomping Willow and the Snowball Fight" - 2:22
  9. "Secrets of the Castle" - 2:32
  10. "The Portrait Gallery" - 2:05
  11. "Hagrid the Professor" - 1:59
  12. "Monster Books and Boggarts!" - 2:26
  13. "Quidditch, Third Year" - 3:47
  14. "Lupin's Transformation and Chasing Scabbers" - 3:01
  15. "The Patronus Light" - 1:12
  16. "The Werewolf Scene" - 4:25
  17. "Saving Buckbeak" - 6:39
  18. "Forward to Time Past" - 2:33
  19. "The Dementors Converge" - 3:12
  20. "Finale" - 3:24
  21. "Mischief Managed!" - 12:10

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. 2,0 2,1 "Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (2004)" . Box Office Mojo . Consultado o 5 de febreiro de 2009 .  
  3. "Harry Potter e o preso de Azkaban na TVG" . Diario Siglo XXI . 26 de maio de 2008 . Arquivado dende o orixinal o 29 de xuno de 2013 . Consultado o 14 de abril de 2013 .  
  4. "Actor Richard Harris dies" . BBC News. 25 de outubro de 2002 . Consultado o 10 de outubro de 2007 .  
  5. "Dumbledore and Sirius cast for Azkaban" . Newsround. 21 de febreiro de 2003 . Consultado o 10 de outubro de 2007 .  
  6. Schmitz, Greg Dean . "Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (2004)" . Yahoo! Movies . Consultado o 10 de outubro de 2007 .  
  7. 7,0 7,1 "Alfonso Cuaron: the man behind the magic" . Newsround. 24 de maio de 2004 . Consultado o 10 de outubro de 2007 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]