Golfo de Campeche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Golfo de Campeche
Localizacion administrativa
Estado Mexico
Division Veracruz
Tabasco
Campeche
Iucatan
Localizacion xeografica
Oceano / Mar Golfo de Mexico ( oceano Atlantico )
Continente America
Xeografia
Illas interiores Illa do Carmen , Caios Arcas
Cidades ribeiregas Veracruz , Coatzacoalcos , Ciudad del Carmen e San Francisco de Campeche
Accidentes
Caracteristicas
Superficie 16.000 km²
Profundidade media 55 m.
Mapa
Golfo de campeche en México
Golfo de campeche
Golfo de campeche

Localizacion do golfo

Localizacion do golfo de Campeche
(Neste mapa, como nalguns outros, adoita confundirse o golfo de Campeche coa mais pequena baia de Campeche )

O golfo de Campeche (tamen chamado as veces indebidamente Sonda de Campeche ), e un amplo golfo interior que forma parte do golfo de Mexico , situado dentro do mar territorial mexicano .

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

O golfo de Campeche atopase bordeando o litoral sur ponente da peninsula do Iucatan e inclue, desde o seu extremo occidental, unha parte do litoral do estado de Veracruz , todo o litoral dos estados de Tabasco e Campeche , e, no seu extremo oriental, unha pequena parte do litoral do estado do Iucatan . Hai certa confusion, por unha traducion indebida do termo en ingles, coa baia de Campeche , tal como no mapa errado que se mostra aqui a dereita, que nos mostra abaixo o golfo de Campeche, pero se rotula como baia, cando esta ultima e so unha enseada menor , en comparacion coa conca denominada golfo de Campeche. [ 1 ]

As costas baixas e areosas do golfo de Campeche non permiten a existencia de portos maritimos de gran calado nin grandes portos naturais. Con todo, as suas lagoas costeiras, entre as que sobresaen La Machona e Mecocan, en Tabasco, e a de Terminos , en Campeche , son as que determinan o gran potencial camaroneiro deste golfo. Por isto, tamen deriva a abundante pesca que se desenvolve na rexion e pola cal son explotadas especies locais como o huachinango, mero, o boquinete, o esmedregal, o cangrexo mouro , o polbo e o cazon entre outros. Polas mesmas condicions favorables, a piscicultura e unha actividade en pleno desenvolvemento a nivel rexional. [ 2 ] [ 3 ]

Na extension marina do golfo atopanse xacementos petroliferos, sendo os mais importantes os do Complexo Cantarell , que explotanse mediante bo numero de plataformas maritimas por Petroleos Mexicanos e que contribuiron de xeito importante a producion e exportacion de petroleo e derivados desde Mexico. [ 4 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Yucatan en el tiempo . Enciclopedia Alfabetica. Mexico 1999. ISBN 970-9071-04-1
  2. Los peces de la region
  3. "UNAM, anales del Instituto de Biologia" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de marzo de 2016 . Consultado o 29 de setembro de 2018 .  
  4. Enciclopedia de Mexico. Ciudad de Mexico. 1978.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]