한국   대만   중국   일본 
General Electric - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

General Electric

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A empresa non debe ser confundida con: General Electric Company plc
General Electric Company
(Traballo imaxinativo)
Tipo Empresa Publica
Fundacion 1892 Schenectady, Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Localizacion Fairfield , Connecticut , Estados Unidos de América Estados Unidos
Fundador Charles Coffin, Edwin Houston, Elihu Thomson, Thomas Alva Edison
Persoas clave Jeffrey R. Immelt (presidente)
Industria Tecnoloxia
Produtos Electronica
Locomotoras
Reactores Nucleares
Turbinas
Armamento
Electrodomesticos
Numero de empregados 301.000 (2011)
Na rede
https://www.ge.com/
Facebook: ge Twitter: generalelectric Instagram: generalelectric LinkedIn: Ge Snapchat: generalelectric Youtube: UCsoB6O14wNa8-7dHMfxftgA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

General Electric ou ( GE , General Electric Company ) e unha corporacion multinacional estadounidense fundada en Nova York e con sede en Connecticut. [ 1 ]

A empresa opera en catro sectores:

  • enerxia
  • infraestruturas tecnoloxicas
  • capital, sector financeira
  • sector domestico e industrial

Historia [ editar | editar a fonte ]

Thomas Edison, 1878.
Edificio de General Electric en Nova York .

En 1890 , Thomas Alva Edison xuntara varios dos seus negocios baixo unha corporacion para formar Edison General Electric . Case ao mesmo tempo, Charles Coffin, dirixindo Thomson-Houston Electric Company , adquiriu un bo numero de competidores e tivo acceso as suas patentes clave. [ 1 ]

General Electric foi formada pola fusion en 1892 de Edison General Electric en Schenectady, Nova York, e Thomson-Houston Electric Company de Lynn, Massachusetts. Ambalas plantas continuan operando baixo a marca de GE hoxe en dia. A empresa foi fundada en Nova York, coa planta de Schenectady utilizada como sede durante moitos anos.

En 1910 a compania comezou a producion en masa das lampadas de filamento de tungsteno (a patente para o uso de filamentos incandescentes mercaronlla ao inventor ruso AN Lodygina en 1906).

En 1925 saca ao mercado o primeiro refrixerador para o fogar.

En 1928 abre unha emisora ??de radio e comeza a transmision de programas de television.

En 1942 proba o seu primeiro motor a reaccion.

En 1947 comeza a producion masiva de lavadoras automaticas.

En 1960 a compania produce unha metralladora M134 Minigun, un dos seus produtos emblematicos.

GE ten unha ampla historia de traballo con turbinas no campo de xeracion de enerxia. A compania introduciu os primeiros turbocompresores durante a primeira guerra mundial , e continuou desenvolvendoos durante o periodo de entreguerras, chegando a ser indispensables nos anos inmediatamente antes da segunda guerra mundial . GE tamen traballou con desenos de Frank Whittle durante a guerra, introducindo os motores de reaccion de Whittle nos Estados Unidos durante os anos 1940. Isto conduciu a fundacion de GE Aviation, que e actualmente un dos maiores fabricantes de motores no mundo, so por detras de Rolls-Royce plc de Gran Bretana, que abriu o camino no deseno e a fabricacion de motores. En 2002, GE mercou os activos de enerxia eolica de Enron durante a liquidacion por creba. [ 2 ] [ 3 ]

Actividades [ editar | editar a fonte ]

Tren GE ( GE U25B ) en 1972 en Bellingham , Washington .

Actualmente, a empresa conta con 6 unidades de negocio:

  • GE Energy fabrica equipos de tratamento de auga e equipos de purificacion de auga para a xeracion de enerxia, distribucion segura e fiable de electricidade, equipos de gas, incluindo turbinas.
  • GE Healthcare fabrica equipos medicos.
  • GE Transportation fabrica locomotoras para mercancias e pasaxeiros, sinalizacion ferroviaria, motores diesel para ferrocarril e marinos, asi como os sistemas de propulsion para camions mineiros e perforadoras.
  • GE Aviation produce motores a reaccion, turbinas de gas para o seu uso na construcion naval, asi como avions.
  • GE Capital inclue GE Money Bank e GE Servizos de Aviacion Comercial.
  • Home & Business Solutions, incluindo GE Iluminacion, Intelligent Platforms, produce aparatos de iluminacion e sistema de alimentacion ininterrompida.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 "Thomas Edison e a GE" (en portugues) . Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2017 . Consultado o 20 de febreiro de 2017 .  
  2. "Heranca em Pesquisa" (en portugues) . Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2017 . Consultado o 20 de febreiro de 2017 .  
  3. "La marca que cambio el mundo. GE" . Banzai (en castelan) . Consultado o 20 de febreiro de 2017 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]