Freixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Freixos (xenero Fraxinus )

Detalle da especie ( Fraxinus ornus )
Clasificacion cientifica
Reino : Plantae
Subreino: Tracheobionta
Division : Magnoliophyta
Clase : Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde : Lamiales
Familia : Oleaceae
Tribo : Oleeae
Xenero : Fraxinus
Tourn. ex L.
Especies

Vexase no texto .

Sinonimia
  • Ornus Boehm. , Defin. Gen. Pl.: 476 (1760).
  • Fraxinoides Medik. , Vorles. Churpfalz. Phys.-Okon. Ges. 1: 198 (1791).
  • Mannaphorus Raf. , Amer. Monthly Mag. & Crit. Rev. 1: 175 (1818).
  • Calycomelia su altura maxima esta entre 25 30 metros de alturaKostel. , Allg. Med.-Pharm. Fl. 3: 1003 (1834).
  • Leptalix Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Ornanthes Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Samarpses Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Aplilia Raf., New Fl. 3: 93 (1838).
  • Meliopsis Rchb. , Deut. Bot. Herb.-Buch: 135 (1841).
  • Petlomelia Nieuwl. , Amer. Midl. Naturalist 3: 187 (1914). [ 1 ]

Os freixos son arbores pertencentes ao xenero Fraxinus [ 2 ] da familia das oleaceas . Conten unhas 45-65 especies de arbores de porte mediano a grande, de folla caediza polo xeral, ainda que unhas poucas especies subtropicais tenen follas persistentes . Adoitan ocupar lugares frescos, lameiros, branas, ribeiras. En Galicia son abundantes duas especies, que se mesturan coma especie das fragas , coma arbore de ribeira ou raramente formando freixedos :

Na Coruna tense tamen descrito o Fraxinus ornus , o freixo de flor.

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

O nome galego e portugues freixo proven do latin : fraxinus , que a vez da nome ao xenero. Derivaria a sua vez do grego Phraxis ( sebe ), xa que e unha arbore tipica nas sebes.

Descricion [ editar | editar a fonte ]

Os freixos son arbores polo xeral rexas que acadan os 15 - 20 metros de altura; o toro e recto e cilindrico, proxecta moita sombra. E unha especie dioica (pes masculinos e femininos por separado). As follas son opostas, raramente en verticilos de tres, e xeralmente pinnadocompostas , malia seren simples nalgunhas especies. As sementes estan contidas nunha samara .

Especies seleccionadas [ editar | editar a fonte ]

America do Norte oriental
America do Norte occidental e suroccidental
Paleartica occidental ( Europa , Norte de Africa e suroeste de Asia )
Paleartica oriental ( Asia oriental e central )
Freixo comun a florear
Pola do freixo de folla estreita ( Fraxinus angustifolia )
Detalle das sementes do freixo comun
Freixo de flor ( Fraxinus ornus )

Ameazas [ editar | editar a fonte ]

Antracnose nun freixo de Ayrshire do Norte, Escocia .
Rebentos infrecuentes a medrar dun toro de freixo caido nunha fraga de Lawthorn, Ayrshire, Escocia .

O escaravello Agrilus planipennis , xilofago, accidentalmente introducido en America do Norte dende o leste de Asia con produtos de pau de freixo contra o 1998, ten matado a millons de arbores no Medio Oeste dos Estados Unidos e o vecino Ontario , e algunhas areas illadas mais pequenas do leste de America do Norte. Ameaza uns 7 billons de freixos nas Americas. Advirteselle a poboacion de non transportar produtos de madeira inacabados, coma lena, para deter o espallamento da praga deste insecto.

O freixo tamen e afectado polas larvas e eirugas dalgunhas especies de lepidopteros ( bolboretas e avelainas ).

Usos [ editar | editar a fonte ]

Caracterizanse por ter unha madeira dura, flexibel e resistente aos golpes repetidos, considerandose madeira nobre . A densidade vai dende o 20% de 670 kg/m³ para o Fraxinus americana , [ 7 ] ate a mais alta do 710 kg/m³ para o freixo comun ( Fraxinus excelsior ) [ 8 ] ). Estas caracteristicas fana idonea para facer arcos , mangos de ferramentas , palans e billardas, bates de cricket , bates de beisbol , hurleys , paus de hockey, raquetas de tenis e outros usos que esixen gran forza e resistencia . Tamen adoita usarse coma material para instrumentos musicais como guitarras .

No agro galego, estimabase moito para a fabricacion das distintas partes do carro , coma o eixo ou as cangas ; tamen para os mangos de instrumentos e ainda hoxe en dia empregase para facer partes curvas de mobles e barcos. A Armada Espanola utilizou os freixos do norte da peninsula na industria da cordoaria dos barcos e outras pezas de artillaria. Ademais subministra excelente lena e carbon.

No eido das mencinas populares, as follas en infusion tenen servido coma laxante, diuretico, para combater as enfermidades renais e a reuma, mentres que a casca ( moumina ) serve para baixar a febre e curar as dores de cabeza.

Empreganse tamen en paisaxismo e xardinaxe coma especies ornamentais ., un exemplo e a Praza de Galicia, na cidade de Pontevedra.

Etnoloxia [ editar | editar a fonte ]

En Galicia , e dentro dun marco celta , o freixo era unha das arbores sagradas, representaba a verticalidade, a frouxidade, o oposto ao carballo , que representaba a horizontalidade, a rixidez, a forza.

Na mitoloxia norueguesa , a Arbore do Mundo Yggdrasil considerase normalmente que e un freixo, e o primeiro home, Ask , formouse do pau dun freixo. Arredor de toda Europa, disque as serpes escorrentanse coas follas dun freixo, ou debuxando un circulo cunha pola de freixo. No folclore irlandes dise que as sombras dun freixo danan a colleita. En Cheshire , diciase que o freixo cura as espullas e o raquitismo . Vexase tamen a letra ash ("freixo" en ingles ). En Sussex o freixo e mais o umeiro conecianse coma os "Facedores de Viuvas" porque as grandes polas a miudo caen sen advertencia.

Na mitoloxia grega , as meliades eran ninfas do freixo, quizais especificamente da especie ( Fraxinus ornus ), do mesmo xeito que as driades eran as ninfas do carballo . Moitos ecos de arcaicos ritos helenos e mitos implicaban aos freixos.

O freixo zumega unha substancia azucrada que, suxestionouse, era fermentada para crear o hidromel da poesia nordica ( skaldskapar mjaðar ; en islandes moderno , skaldskaparmjoður ). [ 9 ]

Nome comun [ editar | editar a fonte ]

Frexo, fresno, freno, freneiro, freixo, freixeiro, freixeira, freixe, freisno, afreixo e afereixo [ 10 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. " Freixo " . Royal Botanic Gardens, Kew : World Checklist of Selected Plant Families . Consultado o 7 de maio de 2010 .  
  2. Sunset Western Garden Book, 1995:606?607
  3. Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalizacion Linguistica da Universidade de Santiago de Compostela
  4. Nome vulgar galego en Guia das arbores de Galicia A Coruna, Baia Edicions, 1997; e en Termos esenciais de botanica , Universidade de Santiago de Compostela , 2004
  5. "Species Records of Fraxinus " . Germplasm Resources Information Network . United States Department of Agriculture. Arquivado dende o orixinal o 25-08-2011 . Consultado o 22-02-2010 .  
  6. " Fraxinus L." . ITIS Standard Reports . Integrated Taxonomic Information System . Consultado o 22-02-2010 .  
  7. "White Ash" . Niche Timbers. Arquivado dende o orixinal o 13-09-2009 . Consultado o 22-02-2010 .  
  8. "Ash" . Niche Timbers. Arquivado dende o orixinal o 03-01-2010 . Consultado o 22-02-2010 .  
  9. Dumont, Darl J. (1992). "The Ash Tree In Indo-European Culture" . Mankind Quarterly 32 (4): 323?336.  
  10. "Freixo (Fraxinus excelsior L.)" . Atlas Linguistico Galego . Consultado o 17 de setembro de 2016 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]