한국   대만   중국   일본 
Francisco Bernis Madrazo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Francisco Bernis Madrazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Bernis Madrazo

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 16 de agosto de 1916 Editar o valor em Wikidata
Salamanca, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 10 de novembro de 2003 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Madrid, Espana Editar o valor em Wikidata
Catedratico de universidade
21 de novembro de 1956 ? Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Espana Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade Central - ciencias naturais (?1941)
Universidade Complutense de Madrid - ciencias naturais Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion biologo , investigador , profesor universitario , ornitologo , botanico Editar o valor em Wikidata
Empregador Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Obra
Doutorando Jose Pablo Veiga (en) Traducir, Jose Luis Telleria (en) Traducir, Eduardo de Juana (en) Traducir e Salvador J. Peris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Abreviacion dun autor en botanica Bernis Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillos Cristina Bernis Carro (en) Traducir, Francisco Bernis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pai Francisco Bernis Carrasco Editar o valor em Wikidata
Irmans Carmen Bernis Madrazo (en) Traducir e Rosa Bernis Madrazo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1719959 Dialnet: 17883

Francisco Bernis Madrazo , nado en Salamanca o 16 de agosto de 1916 [ 1 ] e finado en Madrid , o 10 de novembro de 2003 , [ 2 ] foi un ornitologo e biologo espanol .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Primeiros anos e formacion [ editar | editar a fonte ]

Discipulo do Instituto Libre de Ensenanza , [ 3 ] o seu interese pola bioloxia foi moi temperan e ingresou na Sociedade Espanola de Historia Natural en 1933, cando tina 17 anos. Licenciouse en Ciencias Naturais en 1941 [ 3 ] e comezou a traballar como profesor de ensino secundario e, en 1943, obtivo a catedra de Ciencias no Instituto de Lugo , onde permaneceu ate 1956 [ 2 ] e onde realizou un intenso traballo de campo.

Carreira profesional [ editar | editar a fonte ]

Doutorouse en 1951, cunha tese sobre a revision taxonomica do xenero vexetal Armeria con Premio extraordinario de Doutoramento [ 4 ] e, o ano seguinte, iniciou a exploracion ornitoloxica de Donana . Xunto a Jose Antonio Valverde , levou a cabo as primeiras iniciativas para a proteccion deste xacemento e a conformacion dun parque nacional . En 1954, xunto con outros afeccionados ao estudo das aves, fundou a Sociedade Espanola de Ornitoloxia (SEO), da que foi secretario xeral ate 1972. [ 4 ] [ 5 ] Colaborou na editorial da Sociedade e actuando como redactor da revista Ardeola .

En 1956, Bernis converteuse en catedratico de Zooloxia de vertebrados na Complutense [ 3 ] ate a sua xubilacion en 1985, [ 2 ] e exerceu, tamen, como xefe da seccion de vertebrados do Museo de Ciencias Naturais de Madrid.

Foi pioneiro no anelamento cientifico de aves e, en 1957, organizou as primeiras campanas de anelamento do enton recentemente creado Centro de Migracion de Aves da Sociedade Espanola de Ornitoloxica.

Bernis xerou procedementos innovadores para a epoca: practicas de campo cos seus alumnos, creacion e uso de laminas, diapositivas e mesmo peliculas. Estimulou a formacion da coleccion que hoxe constitue o Museo de Anatomia Comparada de Vertebrados (MACV), situado na Facultade de Ciencias Bioloxicas da Universidade Complutense de Madrid ; e foi unha das mais importantes entre as universidades europeas. A sua vision innovadora e informada da bioloxia do seu tempo traduciuse nunha presenza constante en congresos internacionais en Basilea (1954), Helsinqui (1958), Ithaca , Nova York (1962), Oxford (1966) e A Haia (1970); [ 4 ] e na aceptacion dos postulados neodarwinistas.

Obras [ editar | editar a fonte ]

A sua actividade cientifica principal estivo ligada ao estudo das migracions das aves , pero tamen aos censos, a zooxeografia e outros aspectos da ornitoloxia. En 1954, publicou en Ardeola o Prontuario de la Avifauna espanola (Incluyendo aves de Portugal, Baleares y Canarias) , que se converteu nunha publicacion de grande importancia na ornitoloxia espanola. Pouco despois, en 1959, apareceu na mesma revista La migracion de las ciguenas espanolas y de otras ciguenas occidentales , que foi a primeira dunha serie continuada entre 1966 e 1971 denominada Aves migradoras Ibericas , publicada en 8 fasciculos e completada por alguns dos seus discipulos.

En 1966, a sua obra Migracion en aves. Tratado teorico-practico, converteuse nun referente para o anelamento e a migratoloxia de aves en Espana durante as ultimas decadas. Outros titulos relevantes da sua producion cientifica foron: La migracion de las aves en el Estrecho de Gibraltar (1980); Diccionario de nombres vernaculos de aves (1995) e La clase aves. Un recorrido biologico por la taxonomia (1997).

Legado [ editar | editar a fonte ]

Francisco Bernis nunha excursion a Cogolludo , Guadalaxara , polo 1930.

A sua influencia en xeracions de ornitologos espanois desde a segunda metade do seculo XX e indiscutible. A pulcritude do seu traballo, a gran cultura e o exito na analise fan del un referente obrigado. Pero tamen, un pouco paralelo a Charles Darwin , o seu estilo literario absolutamente caracteristico, preciso, rico en conceptos, entretido e maxistral, fan da sua obra unha delicia para o lector, que ademais de cientifico atopa un verdadeiro escritor.

Foi membro de diversas sociedades internacionais como a British Ornithologist's Union, a American Ornithologist's Union e a Deutsche Ornithologische Gesellschaft. [ 3 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Castellon Serrano, Leal Perez-Chao, Martinez Alfaro, Masip Hidalgo e Prado Gomez (2016), p. 66
  2. 2,0 2,1 2,2 Merino (2004), p. 63
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 De Juana, Eduardo (11 de novembro de 2003). "Francisco Bernis, ornitologo" . elpais.com (en castelan ) . Consultado o 4 de xaneiro de 2024 .  
  4. 4,0 4,1 4,2 Merino (2004), p. 64
  5. De Juana, indica ate 1974.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Castellon Serrano, Luis; Leal Perez-Chao, Juan; Martinez Alfaro, Encarnacion; Masip Hidalgo, Carmen; Prado Gomez, Antonio (2016). "Apuntes biograficos de un docente y cientifico singular". Catedras y gabinetes: Revista de la Asociacion Nacional para la Defensa del Patrimonio de los Institutos Historicos (en castelan ) (Madrid) (1): 66?72. ISSN   2445-4125 .  
  • Merino, Mª del Mar (2004). Ministerio de Agricultura, Alimentacion y Medio Ambiente, ed. "Hizo historia: Francisco Bernis Madrazo (1916-2003)" (PDF) . Ambienta: La revista del Ministerio de Medio Ambiente (en castelan ) (Madrid) (29): 63?64. ISSN   1577-9491 .  

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]