한국   대만   중국   일본 
Forzas especiais - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Forzas especiais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un membro dos Navy SEALs dos Estados Unidos en Afganistan, ano 2002.
Rangers nun helicoptero MH-6 Little Bird do 160.º Rexemento de Aviacion de Operacions Especiais dos Estados Unidos
Os GROM de Polonia e os Navy SEALs dos Estados Unidos xuntos nuns exercicios de adestramento en Gdansk (Polonia).

As forzas especiais , forzas de operacions especiais ou forza de elite , son unidades militares axiles e versatiles adestradas e formadas para levar a cabo unha serie de tarefas especificas, que van dende as ≪operacions especiais≫ [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ] dentro dun conflito convencional as que implican a guerra non convencional . Polo xeral, as forzas especiais tenen unha formacion mais ampla e con frecuencia equipos mais avanzados que as forzas convencionais. [ 1 ] [ 4 ] Adaptanse para operar como forzas asimetricas e son quen de operar de forma independente, ou en apoio directo de calquera das forzas militares convencionais ou doutros elementos gobernamentais. Son activos de alto valor, comandados a nivel estratexico e que ofrecen importantes resultados non proporcionais co seu reducido tamano. [ 5 ]

Unha unidade de forzas especiais esta adestrada para levar a cabo misions de combate de accion directa e indirecta. As operacions de accion directa son operacions ofensivas e cobren un amplo espectro de operacions. As operacions indirectas son habitualmente de reconecemento, destinadas a obtencion de informacion. Operan sobre a base de grupos pequenos, dependendo da mision, con grande autonomia.

Escolla e adestramento [ editar | editar a fonte ]

O proceso de escolla para os homes de operacions especiais e normalmente rigoroso e intensivo. Pode incluir alguns dos seguintes aspectos: 1- Seleccion:

  • Cubrir distancias en carreira con limite de tempo sen equipo.
  • Cubrir distancias en marcha con limite de tempo con equipo.
  • Cubrir distancias a nado con limite de tempo sen equipo.
  • Probas de forza e resistencia aerobica e anaerobica.

2- Adestramento:

  • Supervivencia en distintos ambientes.
  • Tiro con distintos tipos de armas.
  • Artes marciais.
  • Demolicions.
  • Mergullo.
  • Paracaidismo.
  • Combate de noite.
  • Telecomunicacions.
  • Planificacion de operacions
  • Rapel

Capacidades [ editar | editar a fonte ]

As capacidades principais das forzas especiais incluen:

  • Reconecemento no espazo de batalla profundo.
  • Adestramento e desenvolvemento doutros activos militares e de seguridade.
  • Accion ofensiva.
  • Preparacion do espazo de batalla.
  • Apoio a contrainsurxencia a traves da participacion e apoio da poboacion.
  • Apoio as operacions antiterroristas.
  • Interrupcion de rutas de loxistica no espazo de batalla profundo.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 North Atlantic Treaty Organization (13 de decembro de 2013). "Allied Joint Doctrine for Special Operations". NATO Standard Allied Joint Publication (Bruxelas: NATO Standardization Agency). AJP-3.5 (Edition A, Version 1): 1-1.  
  2. Richard Bowyer, Dictionary of Military Terms, Bloomsbury Reference (2005-08), ISBN 190497015X / ISBN 9781904970156 .
  3. Joint Chiefs of Staff (JCS) (16 de xullo de 2014). "Special Operations" (PDF) . Joint Publication (Washington, DC: Department of Defense) 3?05 : GL-11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de decembro de 2016 . Consultado o 18 de setembro de 2016 .  
  4. North Atlantic Treaty Organization (17 de novembro de 2015). NATO Standardization Agency, ed. "NATO Glossary of Terms and Definitions (English and French)" (PDF) . AAP-06 (Edition 2015). Bruxelas: 2-S-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de maio de 2020 . Consultado o 18 de setembro de 2016 .  
  5. Future Land Operational concept, Joint Doctrine & Concepts Centre, 2008

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]