Fortaleza do Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fortaleza do Castro
Concello Vigo
Provincia Provincia de Pontevedra
Comunidade
autonoma
Galicia
Coordenadas 42°13′56″N 8°43′39″O  /  42.23219444, -8.72743889 Coordenadas : 42°13′56″N 8°43′39″O  /  42.23219444, -8.72743889
Estilo arquitectonico
Estilo orixinal renacemento (seculo XVI)
Estilo actual Renacemento
Neoclasico ( seculo XVI
seculo XVIII )
Estado actual Xardin-Miradoiro
Vexase tamen
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata  ]

A fortaleza do Castro e un forte ergueito no alto do monte do Castro , na cidade de Vigo . A fortaleza actual data do seculo XVI , e formaba parte, xunto co Castelo de San Sebastian e as desaparecidas murallas da cidade, dunha rede estratexica de castelos para a defensa da cidade.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Vigo en 1856, por Francisco Coello .

No lugar no que se atopa o que hoxe e unha fortaleza, ergueuse o Castelo do Castro, que formaba parte do sistema defensivo da cidade. Construiuse na Idade Media ao mesmo tempo que a Fortaleza de San Sebastian e maila fortaleza que unia ambas as fortificacions.

A fortaleza do Castro estaba formada por tres recintos amurallados. Na actualidade so se conserva o primeiro recinto e parte do segundo; o terceiro, que seria a muralla da cidade, desapareceu na sua totalidade. O primeiro recinto e a fortaleza que coroa o cumio do Castro, agora convertida en miradoiro. O segundo recinto e a fortaleza de San Sebastian, na actualidade ocupado pola praza do Rei e a casa consistorial. Atoparonse pasadizos e tuneles que comunicaban os castelos entre si e coa cidade.

O proxecto de fortificar Vigo remontanse ao seculo XVI , por mor dos frecuentes ataques que sufria a cidade, especialmente por parte dos ingleses . Pero non foi ate 1665, en plena guerra con Portugal , cando se iniciaron os traballos de fortificacion. E, pois, da mesma epoca que a fortaleza de San Lourenzo , situada en Goian , na beira do Mino .

A muralla construida e irregular por mor a orografia aberta por varias portas e defendida por tres baluartes . Na parte mais alta atopabase o forte de San Sebastian. Tras o asedio de 1665, o capitan xeneral de Galicia ordena completar as obras, e foi logo, en 1666 cando o coronel e enxeneiro Fernando de Gourannanbergue e mailo mestre de campo Diego Arias Taboada elaboran un intenso plan de fortificacion e union das fortalezas do Castro e de San Sebastian. A xulgar polos escritos da epoca a cidade nunca quedou ben defendida, pois a fortaleza se encontraba relativamente lonxe do mar e non podia deter os desembarcos. Ademais era doado acadar o cumio sen que o inimigo estivese descuberto. Logo de tres anos rematou a guerra con Portugal e as murallas perderon a sua importancia.

Despois de varios intentos de as mellorar, Vigo sofre a sonada batalla de Rande (23-24 de outubro de 1702) en plena guerra de sucesion , onde os invasores desembarcaron e saquearon novamente a vila. Despois disto houbo varios intentos inutiles de fortificacion da vila. Cen anos despois, en 1809, o castelo do Castro volve ser protagonista debido a invasion dos franceses encabezada por Napoleon Bonaparte , onde o 28 de marzo, a fortaleza e reconquistada polos vigueses tras unha dura e heroica batalla, trala cal os franceses se renden. A vila dende enton pasa a ter o titulo de "Fiel, Leal e Valorosa".

Cruceiro no interior do forte.

Dise que dende a fortaleza partian varios tuneles que comunicaban con distintos puntos da cidade, como co castelo de San Sebastian, o centro historico e incluso se conta que co monte da Guia situado a mais de tres quilometros, pouco antes do estreito de Rande . Ainda se poden ver restos na fortaleza de San Sebastian e hai poucos anos se atoparon restos deles na achegada rua de Celso Emilio Ferreiro. A caron das murallas do castelo do Castro, ate non hai moito tempo, era perfectamente visibel a entrada dun destes tuneles, onde se conta que se practicaron execucions durante a guerra civil espanola .

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

A fortaleza ten forma poligonal e esta construida en fabrica de perpiano de granito . Hoxe en dia atopase aberta ao publico, integrada no parque do Castro e completamente axardinada tanto exterior coma interiormente. Dentro atopamos unha ruta botanica con especies exoticas de interese, varias esculturas, un cruceiro , e na parte alta o miradoiro a ria e un xardin formal coa fonte e a escultura en honra ao “Empuxe Vigues" de 1969, obra de Camilo Nogueira Martinez .

A fortaleza atopase baixo a proteccion de Declaracion xenerica do Decreto do 22 de abril de 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Historico Espanol.

A finais de 2013 por orde do Concello de Vigo iniciase o derrubamento do edificio en pedra ameado que fora a localizacion do restaurante de referencia vigues El Castillo . Co derrubamento descubrirase parte do paramento da muralla agochado parte do seculo XX. [ 1 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]