한국   대만   중국   일본 
Floating production storage and offloading - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Floating production storage and offloading

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Campo petrolifero explotado por un FPSO.

As Floating production storage and offloading , ou FPSO , son unidades navais flotantes de producion, almacenamento e descarga empregadas nos campos petroliferos de gas e petroleo en mar a fora. Os FPSO empreganse como unidades de almacenamento e primeiro procesado de petroleo, gas e derivados. Operan en campos petroliferos recibindo o petroleo e gas por tubarias submarinas de varios pozos. As primeiras versions eran FSO ( floating storage and offloading vessel ), so facian o almacenamento do petroleo ata o transvasamento a buques lanzadeira (chamados shuttle) que o achegaban as refinarias da costa.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Inicios da industria offshore en Summerland, California, en 1915
Tipos de estruturas offshore da industria petroleira. (de esquerda a dereita):
1, 2) plataformas fixas convencionais (profundidades: Shell’s Bullwinkle en 1991 a 412 m/1,353 ft GOM)
3) compliant tower (profundidades: ChevronTexaco’s Petronius en 1998 a 534 m /1,754 ft GOM)
4, 5) vertically moored tension leg and mini-tension leg platform (deepest: ConocoPhillips’ Magnolia in 2004 1,425 m/4,674 ft GOM)
6) Spar (profundidade: Dominion’s Devils Tower en 2004, 1,710 m/5,610 ft GOM)
7,8) Semi-submersibles (deepest: Shell’s NaKika in 2003, 1920 m/6,300 ft GOM)
9) Producion flotantes, almacenaxe, e descarga (profundidades: 2005, 1,345 m/4,429 ft Brazil)
10) sub-sea completion and tie-back to host facility (deepest: Shell’s Coulomb tie to NaKika 2004, 2,307 m/ 7,570 ft). Datos de 2005.

Nos inicios da industria petroleira as estruturas dos pozos petroliferos eran torres en terra. A explotacion e esgotamento dos pozos petroliferos levou a necesidade de buscar novos pozos de petroleo. O mar, como no golfo de Mexico , foi o lugar onde se fixaron plataformas. Nun principio eran sinxelas construcions. Ampliacions de peiraos existentes e conectados a terra por pasarelas. O esgotamento do petroleo fixo evidente a necesidade de entrar cada vez mais no mar. Ata que a distancia a costa e a profundidade a que se estaba a perforan obrigaron a que fosen construcions illadas pero ainda fixadas ao fondo. Este sistema continuou a empregarse e foise perfeccionando ata acadar as torres profundidades de centos de metros. Nun principio os traballadores ian e vinan todolos dias a terra, en quendas de traballo, pero ao estar vez mais afastados da costa fixose evidente que non era viable ir e vir cada dia polo que houbo que habilitar eses lugares de traballo para facelos axeitados para pasar semanas ali. Xurdiron as plataformas petroliferas con modulos habitacionais. Cidades de traballadores sobre o mar. O aumento da profundidade na que se estaba a extraer petroleo levou a construcion de plataformas flotantes, xa non fixadas ao fondo do mar. Agora aboiaban e podian ir dun pozo petrolifero a outro ao esgotarse. Ata enton ao esgotar un pozo ali quedaba a plataforma e a estrutura que a sostina. O aumento do tamano das plataformas petroliferas e que cada vez fosen mais custosas facia necesarias grandes investimentos de cartos. Habia que buscar e explotar pozos rendibles de xeito que pozos pequenos tinan que ser abandonados ou non chegaban a entrar en explotacion. De ai xurdiu a idea e a necesidade de facer unidades FPSO nun principio so FSO ( floating storage and offloading vessel ). Buques transformados para captar o petroleo de varios pozos e almacenalo, sen transformacion algunha, ata que era levado a outro buque lanzadeira que o achegaba a refinaria. Eran polo tanto buques existentes adaptados para esa funcion. O xurdimento da tecnoloxia FPSO esta ligada a evolucion da industria do petroleo, os prezos e mellora da tecnoloxia naval. O primeiro FPSO foi o Shell Castellon de 1976 construido en Espana [ 1 ] . Xa con moitas das caracteristicas actuais dos FPSO: forma de buque, capacidade para almacenar petroleo, moonpool (apertura en cuberta para conectar ao pozo), guindastres, sistemas de conexion a lanzadeiras, sistemas de fondeo, habilitacion para traballadores ou posteriormente heliporto.

O Offshore en Galiza [ editar | editar a fonte ]

Construcions off-shore de Astano

Discoverer Enterprise no golfo de Mexico.
Numero Nome Tipo Botado
266 Drillmar I Plataforma 15-09-1989
267 Gryphon A FPSO 15-04-1992
269 Alba FSU FSU 09-03-1993
273 Petrojarl Foinaven FPSO 28-08-1995
274 Captain FPSO FPSO 2-07-1996
275 Discoverer Enterprise Drill Ship 12-12-1997
276 Discoverer Spirit Drill Ship 14-05-1999
277 Discoverer Deep Seas Drill Ship 22-12-1999
279 Farwah FPSO 7-10-2002

Nos anos 1980 a reconversion do sector naval pola entrada na CEE fixo que Astano tivese que abandonar a construcion naval de buques convencionais e adicarse a outro sector, o offshore. Primeiramente o estaleiro construiu unha plataforma flotante para a perforacion petrolifera, a Drillamar I. Enxeneria desenvolvida xunto con empresas norteamericanas. Nos anos seguintes Astano fabricou artefactos offshore para armadores noruegueses, de Gran Bretana e dos Estados Unidos.

En 1997, coa experiencia adquirida no sector offshore, Astano desenvolveu a primeira plataforma petrolifera con forma de buque do mundo, o Discoverer Enterprise . Ata enton todas eran transformacions de buques existentes. No momento da sua botadura en 1997 o Discoverer Enterprise era a maior plataforma petrolifera do mundo con 254,40 metros de eslora .

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]