Festival Internacional de Cinema de Cannes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Festival de Cannes ≫)
Festival Internacional de Cinema de Cannes
Logo
Acronimo Cannes
Tipo festival anual de cinema e evento
Data de fundacion 1946
Fundador(es) Jean Zay
Pais Francia
43°33′03″N 7°01′05″L  /  43.550833333333, 7.0180555555556
Na rede
https://www.festival-cannes.com
IMDB: ev0000147 Facebook: festivaldecannes Twitter: Festival_Cannes Instagram: festivaldecannes Tumblr: festivaldecannesofficiel LinkedIn: festival-de-cannes Youtube: UC-PTqxIdpslwlcaj_0dpKQA TikTok: festivaldecannes Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

O Festival de Cinema de Cannes e un prestixioso festival de cinema internacional que se celebrou por primeira vez do 20 de setembro o 5 de outubro de 1946 na cidade costeira de Cannes , o sur de Francia . Desde enton celebrouse practicamente cada ano (polo xeral en maio), agas algunhas excepcions, no Palais des Festivals et des Congres . [ 1 ]

O Festival adoita lograr a maxima atencion por parte dos medios de comunicacion , e moitas estrelas do cinema asisten as diferentes proxeccions de peliculas que acolle.

En Cannes entregase un prestixioso premio conecido como Palma de Ouro que concede un prestixioso xurado internacional composto por profesionais do mundo do cinema . En ocasions, varias peliculas comparten o galardon nun mesmo ano.

O festival de Cannes e un festival de categoria "A" acreditado pola Federacion Internacional de Asociacions de Produtores Cinematograficos ( FIAPF ) xunto cos festivais de Berlin , Venecia , Donostia , Mar do Prata ou Karlovy Vary entre moitos outros (ver o enlace a FIAPF para a lista completa).

Historia [ editar | editar a fonte ]

A orixe do festival proven da necesidade de concibir unha alternativa o Venecia que nese momento estaba baixo influencia fascista. O festival celebrase por primeira vez en 1946 e so se suspendeu duas veces, en 1948 e 1950 debido a falta de fondos.

En 1950 crease a Palma de Ouro , trofeo que substitue o Gran Premio.

En 1982 inaugurase o Palacio de Festivais e Congresos de Cannes, edificio que se construe onde estaba o antigo casino municipal. Hoxe conta con 25.000 m² de espazo de exhibicion e 26 salas e auditorios.

Premios [ editar | editar a fonte ]

  • Longametraxes da seccion oficial:
    • A Palma de Ouro ( Palme d'or ) o mellor filme.
    • O ' Grand Prix para a pelicula que manifesta a maior orixinalidade.
    • O Premio de interpretacion feminina ( Prix d'interpretation feminine ) a mellor actriz.
    • O Premio de interpretacion masculina ( Prix d'interpretation masculine ) o mellor actor.
    • O Premio de adaptacion ( Prix de la mise en scene ) o mellor director.
    • O ' Premio do Xurado ( Prix du jury )
  • Curtametraxes en seccion oficial:
    • A Palma de ouro de curtametraxe ( Palme d'or du court metrage ) a mellor curtametraxe
    • O Premio do Xurado ( Prix du jury du court metrage )
  • Seleccion oficial (competicion e Un certain regard ), a Quincena dos directores e a Semana da critica:
    • A Camara de ouro ( Camera d'or ) o mellor primeiro filme do conxunto das seccions.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. palaisdesfestivals.com (ed.). "Presentation of the Palais" . Consultado o 31 de maio de 2017 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]