Felicidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alegria
O sorriso ( smile en ingles) e o simbolo mais conecido que representa a felicidade humana.

A felicidade e unha situacion ou un estado emocional no que unha persoa sente que todo vai conforme o que quere. Este estado de benestar caracterizase pola relativa permanencia dunha emocion agradable que varia dende o mero contentamento a alegria fonda e intensa de vivir e polo natural desexo de que continue.

Definicion [ editar | editar a fonte ]

Unha nena iraqui sorri.

A felicidade e un dos grandes temas filosoficas de todos os tempos. As definicions propostas nas diferentes relixions e escolas filosoficas incluen a liberdade de querer , a consciencia da boa orde das cousas, a seguridade de estar no lugar correcto do universo , e a paz interior.

No uso corrente da lingua pode denotar unha simple experiencia agradable ou pracenteira .

En tanto que animal, o ser humano dispon de dous medios primitivos para determinar as relacions que manten co mundo: o pracer e a dor . A traves deles xulgamos o benestar e o sufrimento. Antes de percibir o mundo como obxecto de analise, sentimolo como un lugar de vida grato ou ameazante. A traves das nosas emocions e as nosas paixons imaxinamos as ideas de felicidade e de desgraza.

En xeral, a felicidade asociase a emocions ou sentimentos como a alegria , o xubilo , o contento , a ledicia , o gozo e o amor . Entre as emocions antinomicas atopanse o sufrimento , a tristura , o pesar e a magoa . En tanto que o termo pracer (coma o seu oposto dor) se utiliza para indicar sensacions fisicas localizadas, o de felicidade e xeralmente usado para referir especificamente un sentimento interior de longa duracion. Outras emocions son:

Gandhi rindo

A felicidade difire da alegria non en grao senon en clase . Ser feliz implica unha maior duracion ca transitoriedade do pracer que e connotado pola palabra alegria. Diferenciase tamen da ledicia en que esta connota tenrura de maneira moi particular.

A felicidade tende, en consecuencia, a ser considerada inestimable, oponendose o pracer temporal proporcionado por accions puramente mecanicas ou mecanicistas.

Posto que a felicidade pode chegar como o resultado de algo planificado , da amabilidade de outros , ou de situacions que parecen positivas se se pensa sobre elas, e dicir, o se conseguir o que un desexaria (por planearse con anterioridade ou por reflexion a posteriori), a pregunta transcendental que toda persoa se pode facer e: Que e o que un quere facer coa sua vida? A cuestion sobre cal e a mellor forma de vida constitue un dos temas fundamentais da etica .

Visions filosoficas e relixiosas [ editar | editar a fonte ]

Os filosofos da antiguidade consideraban que a felicidade, antes ca sabedoria ou a verdade , era o fin ultimo da filosofia . Santo Agostino escribiu "Nulla est homini causa philosophandi nisi ut beatus sit" ('O home non ten razon para estudar filosofia senon e para ser feliz'). Como concepto filosofico, a felicidade e unha das nocions mais dificiles de definir por ser, segundo Kant, un estado empirico sometido o azar da fortuna e os cambios imprevisibles do humor .

Cada un de nos ten a capacidade de proxectar os seus plans de vida conforme os ideais que tena da boa vida ou da vida plena . O problema e que, ainda que todos esteamos de acordo en que a felicidade e o que persegue todo ser humano, moi poucos estaremos de acordo en que e o que entendemos por tal concepto: cada quen vive e entende a felicidade a sua maneira. E posible que haxa tantas formas de definir o que e ser feliz como persoas hai no mundo. As distintas doutrinas filosoficas e relixions que se estenderon polo mundo falaron de maneiras moi diversas da feliciade. Estes poderian ser alguns dos modelos de felicidade que se vehiculan a traves delas:

Doutrinas [ editar | editar a fonte ]

Ludovico Antonio Muratori , 1749

budismo [ editar | editar a fonte ]

  • O budismo concibe a felicidade suprema como nirvana , e dicir, como estado de liberacion de todo desexo, como serenidade e fusion da alma individual e colectiva. Sidhartha Gautama (623 a. de C. - 543 a. de C.), Buda , invita a unha vida harmoniosa e virtuosa sen excesos, que axude a libertar dos sufrimentos os demais seres.

aristotelismo [ editar | editar a fonte ]

  • A filosofia aristotelica entende a felicidade humana como o desenvolvemento das capacidades individuais (morais, intelectuais, artisticas etc.), practicando as virtudes ou excelencias. Aristoteles (384 a. de C. - 322 a. de C.) propon como ideal a contemplacion, a prudencia, e a procura da verdade e do conecemento a traves dos sentidos. Para Aristoteles toda accion humana faise con vistas a algun fin. "E e evidente -comenta el- que o fin ultimo de todas as nosas accions non e outro co da felicidade".

epicureismo [ editar | editar a fonte ]

  • O epicureismo concibe a felicidade como evitacion da pena e da dor. E a crenza de que o mellor ben e a procura da felicidade para un mesmo. Para Epicuro (341 a. de C. - 271 a. de C.) a felicidade consiste en gozar intelixentemente dos praceres. Nas suas propias verbas "en tanto que o ben e doado de obter, o mal e facil de soportar". A moderacion, o cultivo da amizade, da lectura, da conversa e doutros praceres non acostuman a ocasionar consecuencias desagradables.

estoicismo [ editar | editar a fonte ]

  • O estoicismo propon como ideal non alterarse ante os infortunios e desgrazas. O estoicos crian no destino que a natureza tina sabiamente previsto. Para Seneca (4 a. de C. - 65 d.de C.) "son poucos os que saben atinguir a felicidade pero moitos os capaces de buscar a desgraza". A aceptacion de bo grado de todo canto sobrevena e condicion necesaria para a felicidade. Manterse imperturbables e autodominarse son os grandes obxectivos dos estoicos. Para Epicteto (55-135 d. de C), un escravo que conseguiu a emancipacion e un dos filosofos mais representativos do estoicismo, era necesario desprezar a escravitude e liberarse dela porque "ninguen pode roubar a liberdade" do ser humano. Mantina que o noso fin era estar en control das nosas vidas. Para Marco Aurelio (121-180 d. de C.), o emperador romano que abrazaba a mesma doutrina, era imprescindible tomar consciencia da nosa pequenez e manter o animo ante a adversidade. A fin de contas, segundo el mesmo deixou escrito, "o humano so e fume e nada mais que fume".

cristianismo [ editar | editar a fonte ]

  • O cristianismo ten como guia para a felicidade o encontro con Deus e cos demais. Cristo resumiu a sua doutrina nun simple enunciado: "Amaras a deus por riba de todo e o proximo como a ti mesmo". O amor os demais permitira gozar da vista de Deus na vida eterna. Contrariamente, o egoismo de quen so pense no seu propio proveito acabara sendo penado despois da morte.

utilitarismo [ editar | editar a fonte ]

  • O utilitarismo procura a maior felicidade para o maior numero de persoas. O utilitarismo do XVIII sosten que a felicidade inclue a experiencia da amizade e do altruismo, que tenen a sua orixe no sentimento de simpatia. O correcto e para os utilitaristas o que produce as mellores consecuencias. Cando se define en termos de satisfaccion as consecuencias poden ser ademais do hedonismo, a reputacion ou a racionalidade. Jeremy Bentham (1748-1832)coidaba que o pracer e a dor eran os unicos absolutos do mundo: "A natureza puxo o home baixo o dominio de dous donos: o pracer e a dor. Son eles quen nos dirixen en todo o que facemos, en todo o que dicimos, en todo o que pensamos".

obxectivismo [ editar | editar a fonte ]

  • O obxectivismo manten que o proposito da vida deberia ser o mirar pola felicidade racional dun mesmo. Para Ayn Rand (1905-1982), novelista e filosofa americana de orixe rusa, o proposito moral na vida e a persecucion do interese ou egoismo persoal, obxectivo que so se pode lograr dentro do capitalismo liberal do laissez-faire : "Concibo o home como un ser heroico, coa sua propia felicidade como proposito moral, co progreso produtivo como a sua actividade mais nobre e a razon como a sua unica guia".
  • O hedonismo refire toda teoria etica que da o pracer un papel central. A sua filosofia poderia ser resumida en "o pracer e o ben mais alto". O epicureismo, o utilitarismo, e o hedonismo psicoloxico das teorias freudianas poden ser clasificadas como tipos de hedonismo.
  • O eudaimonismo fai referencia a toda doutrina, filosofia ou teoria que confire a felicidade ( eudaimon en grego e 'felicidade') unha importancia primordial no seu discurso etico. Contrasta co hedonismo, que persegue o pracer antes ca felicidade propiamente dita.
  • As eticas contemporaneas de inspiracion kantiana ( Rawls , Habermas etc.) definen a felicidade como autorrealizacion en liberdade. Cada persoa debe realizarse atendendo as suas propias capacidades, desexos e posibilidades. Cada persoa deberia ter un proxecto de vida e intentar levalo a cabo. Todas as sociedades humanas deberian comprometerse en asegurar unhas condicions sociais que permitisen a cada un levar a cabo o seu proxecto en liberdade.

Actitudes [ editar | editar a fonte ]

Na investigacion da felicidade deronse basicamente tres actitudes con relacion o tema o longo da historia: a pesimista, a optimista e a que a pon en cuestion.

A actitude pesimista [ editar | editar a fonte ]

A procura da felicidade ten un punto de partida bastante pesimista: en principio querese a felicidade que non se ten ou tentase fuxir do que nos anoxa. Non e de estranar que a felicidade sexa identificada coa idea da perfeccion, atributo de Deus. Por conseguinte a felicidade non existe mais que baixo a forma dun fin ideal e inaccesible. Para os que cren en Deus, en ultima instancia a verdadeira felicidade non existe mais que baixo a idea dunha promesa. A felicidade non e humana, pertence a un ser perfecto ou a parte divina do noso ser, que non pode ser satisfeita con realidades continxentes e ilusorias. O desexo do home sera ser feliz pero isto so e atinguible por algo distinto do ser humano, polos sabios sobrehumanos para os estoicos ou pola alma inmortal para algunhas relixions. A filosofia da desesperacion de moitas seitas ven na morte, e en particular, no suicidio unha maneira de conseguir a felicidade.

A actitude optimista [ editar | editar a fonte ]

Hai filosofias mais optimistas. Para Epicuro a felicidade encontrase nos praceres simples e na fuxida dos sufrimentos. Dado que as accions humanas entranan a miudo praceres e sufrimentos, a filosofia epicurea propuxose entre as suas tarefas a investigacion dos praceres e dos comportamentos que favorecian o equilibrio psiquico e corporal.

A actitude dubitativa [ editar | editar a fonte ]

Hai filosofos que ponen en causa o mesmo principio da felicidade. O razoamento e este. Os moralistas estiman que os homes cren a sua propia desgraza, pero en realidade o que buscan e o que coidan que e beneficioso ou da proveito. Procuran honores, riquezas, poder, pracer. Se un se aten os comportamentos reais dos homes, constatase que os homes non buscan a felicidade senon o poder e a forza. Esta busca pode ser cruel e sanguinaria; tamen pode ser espiritual e etica: a procura do saber, a creacion artistica, a busca relixiosa. Dito de maneira breve, esta e a busca da alta cultura que esixe grandes sacrificios e que non sempre e compatible coa felicidade. Pasase asi da felicidade como falso problema o problema do destino, que se pode concibir dende un punto de vista natural ou sobrenatural. Esta e a tese sostida por Kant. Para el a felicidade existe pero secundariamente, non como recompensa. Tamen e a posicion adoptada por Nietzche , para quen a felicidade non e consecuencia da forza e da sua mestria espiritual. A felicidade, xa que logo, non seria unha meta que houbese que perseguir.

Visions psicoloxicas [ editar | editar a fonte ]

[En construcion]

Psicoloxia positiva [ editar | editar a fonte ]

Martin Seligman no seu libro Authentic Happiness ('A felicidade autentica') define a felicidade como consistente tanto en emocions positivas como en actividades positivas. Presenta tres categorias de emocions positivas:

  • pasado: sentimentos de satisfaccion, contento, orgullo, e serenidade.
  • presente: gozo do sabor da comida o pracer de escoitar musica, a asimilacion do que lemos.
  • futuro: sentimentos de optimismo, esperanza, lealdade, confianza e seguridade.

Hai tres categorias de emocions positivas presentes:

  • praceres corporais, e.g. o desfrute do sabor da comida.
  • praceres superiores, e.g. a musica.
  • gratificacions, e.g. o entendemento da lectura.

Os dous primeiros son "praceres do momento" e normalmente derivan dalgun estimulo externo. Unha excepcion e a ledicia de ter un pensamento orixinal.

As gratificacions implican un compromiso pleno e o bloqueo das emocions sentidas. Non obstante, cando a gratificacion chega o final, enton poden sentirse emocions positivas.

As gratifications poden ser obtidas ou incrementadas o desenvolver forzas, habilidades persoais e virtudes. A autenticidade e a derivacion da gratificacion e das emocions positivas resultantes de exercer as fortalezas persoais. A boa vida conseguese usando as capacidades para obter gratificacion e poder asi desfrutar do traballo e dunha vida con sentido.

Vision mecanistica: base bioloxica [ editar | editar a fonte ]

Ainda que a felicidade non e mensurable de maneira obxectiva isto non significa que non tena un componente fisico real. O neurotransmisor dopamina que opera sobre a ruta mesolimbica e sobre o nucleo accumbens esta relacionada co desexo e co pracer . O pracer pode ser inducido artificialmente con drogas, e de forma directa con opiaceos coma a morfina e a heroina, que bloquean os inhibidores da dopamina.

A pesar de todo, os procesos e a quimica que se correlaciona coa felicidade non define o concepto de felicidade, simplemente describen a sua "implementacion" bioloxica. Tamen se especula con outro tipo de posibles implementacions, ainda que so estan comezando a ser investigadas.

E posible, poren, describir funcions da felicidade en termos bioloxicos. Unha das tentativas e a conecida como felicidade darwiniana. A felicidade darwiniana esta baseada no feito de que os animais estan equipados para ter sensacions e sentimentos positivos e negativos. Entendendo os dispositivos evolucionarios que subxacen a esas sensacions, e posible comprender como os procesos neuroloxicos que engadian un humor ou estado positivo tenderon a dominar eses procesos.

En animais non-humanos [ editar | editar a fonte ]

En humanos [ editar | editar a fonte ]

En intelixencia artificial [ editar | editar a fonte ]

Comportamentos e emocions asociados coa felicidade [ editar | editar a fonte ]

Os seguintes comportamentos e emocions son normalmente asociados coa felicidade:

Espirituais [ editar | editar a fonte ]

  • relixion
  • filosofia, epicureismo
  • espiritualidade
  • meditacion e ioga
  • iluminacion

Fisicos [ editar | editar a fonte ]

  • durmir
  • beber, alcol
  • comer
  • deportes

Outros [ editar | editar a fonte ]

  • hobbies, afeccions
  • decoracion
  • ciencia
  • libros
  • traballo
  • cinema
  • aumentar o conecemento, ler e aprender novas cousas

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]