한국   대만   중국   일본 
Falange Espanola Tradicionalista y de las JONS - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Falange Espanola Tradicionalista y de las JONS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FET y de las JONS
Dirixentes e organizacion
Lider Francisco Franco
Mocidades Frente de Juventudes
Historia
Fundacion 19 de abril de 1937
Disolucion 7 de abril de 1977 [ 1 ]
Posicions politicas
Ideoloxia Franquismo
Falanxismo
Nacionalismo espanol
Nacional sindicalismo
Nacional catolicismo
Centralismo
Unitarismo
Conservadorismo
Monarquismo
Fascismo
Anticomunismo
Antimasonaria
Posicion politica Extrema dereita
Outros datos
Sede r/ Alcala , 44, Madrid [ 2 ]
Publicacion Arriba
Na rede
BNE: XX118281

Falange Espanola Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista ( FET y de las JONS , en galego : Falanxe Espanola Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista ) era o nome do partido unico da Espana franquista creado o 19 de abril de 1937 , a iniciativa da xefatura do denominado Estado Nacional , por fusion dos distintos partidos e movementos que apoiaban a sublevacion militar (denominada Alzamento Nacional ) que iniciou a guerra civil espanola , e que non desapareceron realmente, senon que se articularon nas denominadas familias do franquismo .

FET y de las JONS concibiuse como a rama politica do denominado Movimiento Nacional , concepto mais amplo co que se definia ao complexo mecanismo totalitario de inspiracion fascista que pretendia ser a unica canle de participacion na vida publica espanola. O seu discurso politico expresaba tamen a mestura de elementos ideoloxicos e retoricos fascistas, ultra nacionalistas , militaristas , tradicionalistas , conservadores , catolicos (ou nacionalcatolicos ), monarquicos etc.

Simboloxia e uniformidade [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Simboloxia do franquismo .

FET y de las JONS adoptou unha combinacion de simbolos que reflectia a distinta procedencia das forzas que conformaron o partido. Asi, vestiase como uniforme a camisa azul da Falanxe e a boina vermella dos requetes . Engadiuse asi mesmo unha gravata negra en sinal de loito por Jose Antonio Primo de Rivera .

As bandeiras que presidian os actos correspondian tamen as principais forzas que conformaron a organizacion. Presidia todos os actos do partido a Bandeira Nacional de Espana , flanqueada polas de Falanxe e a Cruz de Borgona dos tradicionalistas .

O principal himno do partido era o " Cara al Sol " (obra de Juan Telleria ), ainda que tamen gozaron de cooficialidade formal, entre outros a " Marcha de Oriamendi ".

O saudo co brazo no alto e os berros rituais, como "¡Arriba Espana!" ou "Espana, Una, Grande y Libre", de procedencia falanxista, completaban a imaxe externa que se proporcionou ao partido.

Notas

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]