한국   대만   중국   일본 
Fisico, fisica - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Fisico, fisica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Fisico ≫)
Galileo Galilei considerado como un dos pais da fisica moderna

Fisico e o nome comun que se lles da aos cientificos e profesionais que se dedican a area das ciencias fisicas ou a actividades economicas relacionadas coa aplicacion das mesmas.

Historicamente, poderia considerarse a Galileo Galilei como unha das primeiras persoas cuxo perfil se axusta ao do fisico moderno. Galileo foi un dos primeiros en estudar as cuestions acerca do mundo material mediante o metodo cientifico . A cuestion que abordou Galileo foi a "caida dos graves" ( caida libre dos corpos "graves" ou "pesados", non como as plumas ou follas). Foi un dos primeiros en dar coa ecuacion correcta que relacionaba a distancia percorrida por un grave en caida libre en funcion do tempo.

Aristoteles escribiu o primeiro tratado chamado "Fisica" que se baseaba na observacion e a abstraccion , pero non tomaba en conta a experimentacion , polo cal, non se lle pode considerar como un fisico no sentido moderno do termo.

O termo "fisico" foi acunado en 1840 por William Whewell no seu libro The Philosophy of the Inductive Sciences . [ 1 ]

Caracteristicas da Fisica como profesion [ editar | editar a fonte ]

Saidas laborais [ editar | editar a fonte ]

A fisica e unha ciencia que so e desenvolvida por aquelas persoas que se dedican a investigacion. Con todo, a fisica ten unha gran cantidade de aplicacions tecnicas no mundo real, o cal converte os licenciados ou graduados en fisica nuns dos profesionais con menor taxa de paro. [ 2 ]

Debido a sua profunda formacion en todas as ramas da fisica ( mecanica , termodinamica , optica , electromagnetismo , fisica do estado solido , fisica cuantica , electrodinamica ) e tamen en matematicas ( alxebra , analise matematica real e complexa, estatistica ,...), os fisicos xeralmente tenen boas capacidades de analise e resolucion de problemas tecnicos. Por iso, non e de estranar que os fisicos hoxe en dia se dediquen a:

Profesion de minorias [ editar | editar a fonte ]

Tanto nos paises en vias de desenvolvemento como nos do primeiro mundo , a proporcion de fisicos respecto do resto da poboacion e pequena. E menor que a proporcion de medicos e moito menor que a dos avogados . [ 3 ]

Profesion de persoas con amplos estudos [ editar | editar a fonte ]

O grao minimo de estudos para dedicarse a investigacion en fisica e a licenciatura en fisica ou algunha area afin, como enxenaria , matematicas ou quimica . Nos paises do primeiro mundo a maioria dos fisicos que traballan en universidades ou centros de investigacion tenen un doutoramento .

En moitos paises, un gran numero de fisicos con licenciatura dedicanse principalmente a docencia en bacharelato ou secundaria e a labores de computacion . Os fisicos con doutoramento dedicanse a desenvolver investigacion en centros e laboratorios estatais ou privados, e a docencia nas universidades . [ 3 ]

Profesion de baixo risco [ editar | editar a fonte ]

A expectativa de vida dos fisicos respecto doutras profesions e alta. Malia isto, o indice de suicidios entre os fisicos e un pouco maior que entre o resto da poboacion, pero menor que entre os artistas . [ 4 ]

Honores e premios [ editar | editar a fonte ]

O honor mais alto outorgado hoxe en dia aos fisicos e o Premio Nobel de Fisica , premio outorgado desde 1901 pola Real Academia das Ciencias de Suecia .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Whewell, William. John W Parker J&J Deighton, ed. The Philosophy of the Inductive Sciences . Part 1. Cambridge. p. cxiii.  
  2. Paxina do grao en Fisica da Universidade de Granada (UGR): Grado en Fisica
  3. 3,0 3,1 "Fisica en contexto. Una vision unificada de sus conceptos y resultados". Jose Leonel Torres. Mexico. Ed. Trillas. 2003. p. 267 §4.
  4. "Fisica en contexto. Una vision unificada de sus conceptos y resultados". Jose Leonel Torres. Mexico. Ed. Trillas. 2003. p. 269 §2.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre fisica e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.