한국   대만   중국   일본 
Extraterrestre - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Extraterrestre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un extraterrestre ( Gl-extraterrestre.ogg pronunciacion ) e un ser vivo orixinario de fora da Terra e da sua atmosfera .

A pesar de que moita xente afirme telos conecido, ou incluso ser un deles, non existe na actualidade ningunha proba fiable que confirme a existencia de vida extraterrestre .

Os extraterrestres son, a miudo, personaxes de historias de ciencia ficcion . Nelas, adoita haber civilizacions extraterrestres moi avanzadas, e que frecuentemente visitan a Terra con fins que poden ser pacificos (pero experimentais), ou ben hostis.

Na linguaxe popular, un sinonimo de "extraterrestre" e " marciano ", ou habitante de Marte . No entanto, os extraterrestres non tenen por que proceder de Marte.

Actualmente estase levando a cabo unha investigacion cientifica para demostrar a presenza de vida no cosmos , e o chamado proxecto SETI , dedicado a rastrear o espazo con radiotelescopios , a espera de captar algun sinal non natural ou mensaxe procedente de seres intelixentes.

Debido a este afan por entrar en contacto con seres extraterrestres, os seres humanos tamen temos enviado en diversas ocasions sinais ou incluso obxectos o espazo, a espera de que algunha civilizacion non terricola nos descubra e poida porse en contacto con nos.

Na sub-cultura estadounidense "extraterrestre" dise alien , que e como se denomina a xente que ven de fora, (inmigrantes). A palabra " alien " e un termo legal dentro das leis de Estados Unidos para denotar a non-cidadans do pais.

A partir deste concepto crearonse novelas en forma politicamente correcta para falar de inmigrantes dentro dos EUA , sen facelo de forma directa.

A maioria das peliculas e series de television sobre "Extraterrestres" tenen o dobre sentido de falar sobre inmigrantes: Alien , E.T. the Extra-Terrestrial , Alf , Men in Black , War of the Worlds etc.

Tamen existen outras teorias que afirman que existen seres distintos a nos, pero "dentro" da nosa terra, os chamados " intraterrestres " que habitarian nas profundidades do noso planeta dende millons de anos antes que aparecera o home das cavernas .