한국   대만   중국   일본 
Eukaryota - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Eukaryota

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eucariontes
Eukaryota

Rango fosil: Proterozoico - actualidade

Eucariontes e alguns exemplos da sua diversidade de especies
Clasificacion cientifica
Dominio: Eukaryota
( Chatton , 1925) Whittaker & Margulis ,1978
Supergrupos e Reinos

As veces aqueles eucariontes que non se poden clasificar dentro dos reinos Plantae, Animalia ou Fungi clasificanse dentro do reino Protista .

Os eucariontes son os organismos con celulas que contenen un nucleo e outros organulos rodeados de membranas . Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota . A caracteristica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas ) e a posibilidade de que tenan organulos rodeados de membrana, especialmente un nucleo celular e que conten o material xenetico rodeado dunha membrana nuclear. [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ] Estes organismos constan dunha ou mais celulas eucariotas , abranguendo dende organismos unicelulares ata verdadeiros pluricelulares nos cales as diferentes celulas especializanse en diferentes tarefas e que, en xeral, non poden sobrevivir de forma illada.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Pertencen o dominio Eukarya os animais , as plantas , os fungos , asi como varios grupos denominados colectivamente protistas . Todos eles presentan semellanzas a nivel molecular (estrutura dos lipidos, proteinas e xenoma) e comparten unha orixe comun. Os eucariontes orixinaronse hai 2,7 mil millons de anos, despois de entre 1-1,5 mil millons de anos de evolucion dos procariotas. [ 4 ] Os fosiles mais temperans, como os acritarcos son dificiles de interpretar. Formas que poden relacionarse inequivocamente cos grupos modernos comezaron a xurdir hai uns 800 millons de anos, mentres que a maioria dos grupos fosiles xa se conecen dende o final do Cambrico, hai uns 500 millons de anos.

Os eucariontes repartense entre catro reinos ( Protista , Plantae , Animalia e Fungi ), cinco, segundo Cavalier-Smith (os anteriores mais o reino Chromista ), ou moitos mais (alguns consideran, pero non e punto de vista xeralmente aceptado, que e mais axeitado clasificalos en ata vinte reinos).

O reino Protista e un grupo parafiletico que xunta aos eucariontes que non encaixan en ningun dos tres grupos; por esta razon a sua diversidade coincide coa diversidade fundamental dos eucariontes. A recente clasificacion de Adl et al. (2005) evita a clasificacion en reinos, substituindoa por unha acorde coa filoxenia actualmente conecida, na que por outra parte aos taxons non se lles atribue xa categoria algunha, para evitar os inconvenientes que supon estas para a sua posterior actualizacion. Esta clasificacion seria a seguinte:

Podese ver que unha forma ameboide ou flaxelar non indica a pertenza a un grupo taxonomico concreto, como se pensaba en clasificacions tradicionais, creando grupos artificiais dende o punto de vista evolutivo (ver parafilia ).

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Youngson, Robert M. (2006). Collins Dictionary of Human Biology . Glasgow: HarperCollins. ISBN   0-00-722134-7 .  
  2. Nelson, David L.; Cox, Michael M. (2005). Lehninger Principles of Biochemistry (4th ed.). New York: W.H. Freeman. ISBN   0-7167-4339-6 .  
  3. Martin, E.A., ed. (1983). Macmillan Dictionary of Life Sciences (2nd ed.). London: Macmillan Press. ISBN   0-333-34867-2 .  
  4. Cooper GM. The Cell: A Molecular Approach. 2nd edition. Sunderland (MA): Sinauer Associates; 2000. The Origin and Evolution of Cells. Disponible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK9841/
  5. Adl, Sina M.; Simpson, Alastair G. B.; Lane, Christopher E.; Luke?, Julius; Bass, David; Bowser, Samuel S.; Brown, Matthew W.; Burki, Fabien; Dunthorn, Micah; Hampl, Vladimir; Heiss, Aaron; Hoppenrath, Mona; Lara, Enrique; le Gall, Line; Lynn, Denis H.; McManus, Hilary; Mitchell, Edward A. D.; Mozley-Stanridge, Sharon E.; Parfrey, Laura W.; Pawlowski, Jan; Rueckert, Sonja; Shadwick, Laura; Schoch, Conrad L.; Smirnov, Alexey; Spiegel, Frederick W. (2012-09-01). "The Revised Classification of Eukaryotes" . Journal of Eukaryotic Microbiology 59 (5): 429?514. ISSN   1550-7408 . doi : 10.1111/j.1550-7408.2012.00644.x . Consultado o 2017-02-25 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Eukaryota en Uniprot , NCBI

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]