한국   대만   중국   일본 
Estados Xerais (Francia) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Estados Xerais (Francia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inauguracion dos derradeiros Estados Xerais en Versalles o 5 de maio de 1789 .

Os Estados Xerais , na Francia do Antigo Rexime , eran unha asemblea convocada polo rei de maneira excepcional e a que acudian representantes de cada estamento :

Foron creados en 1302 por Filipe IV , o Fermoso , disolvidos por Lois XIII en 1614 , e convocados de novo por Lois XVI en 1789 .

Eran unha asemblea excepcional (reunironse tan so un total de 21 veces en 487 anos).

A sua xuntanza adoitaba facerse en epocas de grande crise politica ou financeira (particularmente en materia fiscal), para que o rei puidese conecer a opinion dos representantes dos principais poderes do pais para tomar unha decision final.

Estaban compostos por deputados elixidos cun mandato dos seus electores, e a orde do dia redactabase sobre a base dos "cadernos de queixas", (en frances , cahiers de doleances ) establecidos polos notabeis provinciais dos tres estamentos.

Reunianse por "brazos", e dicir, por separado, e cada estamento contaba cun numero igual de representantes. Debatiase, por tanto, por separado e cada estado emitia un voto, co que o clero e a nobreza, tradicionalmente aliados, non deixaban opcion ao terceiro estado para que se escoitase a sua voz.

Esta particularidade foi unha das que se discutiron na sua ultima reunion, en maio de 1789 , no inicio da Revolucion francesa .

Derradeira reunion [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Estados Xerais de 1789 .

O 27 de decembro de 1788 , o Consello de Estado de Francia decidira dobrar o numero de deputados do terceiro estado , elixidos por varons maiores de 25 anos que pagaran impostos.

En 1789 , a monarquia francesa , ao bordo da bancarrota e acantoada pola aristocracia rexionalista, trataba de encontrar un medio de salvacion. Para iso, o 5 de maio de 1789 Lois XVI convocou os Estados Xerais, cuxa funcion seria a de aprobar a achega de cada provincia en homes para a guerra e de dineiro para o Estado.

A reunion foi moi controvertida polos problemas que se suscitaron entre os representantes dos privilexiados estamentos superiores, que se opuxeron ao novo sistema representativo, e os que ian en representacion do pobo, queixandose estes ultimos dos enormes privilexios que detentaban os primeiros, xa que se ponian de acordo en segredo para seguiren mantendoos.

Estas disputas reflectironse na aparicion dunha gran cantidade de panfletos que percorreron todas as cidades e vilas de Francia, nos cales poniase de manifesto o descontento popular.

O 17 de xuno de 1789 , o terceiro estado e o baixo clero presente nos Estados Xerais constituironse en Asemblea Nacional Constituinte e prometeron non separarse ate teren redactada unha Constitucion para Francia.

Formalmente, o enfrontamento manifestouse no terreo dos votos. O rei era partidario do voto tradicional por ordes. Poren, os representantes do terceiro estado eran partidarios do voto individual. Foi asi como os privilexiados rexeitaron inmediatamente a nova proposta, xa que a diferenza de numero fariase notar (o terceiro estado tina mais membros que os estamentos da cuspide da piramide estamental) e asi poderian chegar a alcanzar a maioria nos Estados Xerais.

A asemblea estaba composta por 1.139 deputados, sendo 291 do clero e 270 da nobreza. A apertura dos Estados Xerais do 5 de maio de 1789 marca o inicio da Revolucion francesa .