한국   대만   중국   일본 
Especie tipo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Especie tipo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na nomenclatura zooloxica , unha especie tipo ( species typica ) e o nome da especie co cal esta taxonomicamente asociada de forma permanente o nome dun xenero ou subxenero, e dicir, a especie que conten o(s) especime(s) tipo . [ 1 ] Utilizase un concepto similar para grupos supraxenericos denominado xenero tipo .

Na nomenclatura botanica , estes termos non tenen consideracion formal baixo o actual codigo de nomenclatura , pero utilizase as veces imitando o uso que se fai na nomenclatura zooloxica. En botanica, o tipo dun xenero e un especime (ou, raramente, unha ilustracion); os rangos de xenero e familia e as suas subdivisions, asi como alguns nomes de rango superior baseados nos nomes dos xeneros, tenen ditos tipos. [ 2 ]

En bacterioloxia , asignase unha especie tipo a cada xenero. [ 3 ]

Cada xenero ou subxenero nomeado en zooloxia, tanto se actualmente esta reconecido como valido coma se non, esta teoricamente asociado cunha especie tipo. Poren, na practica hai acumulados moitos nomes pendentes de tipificar por un atraso ou lentitude na tipificacion, que foron definidos en publicacions antigas cando non se requiria especificar un tipo.

Uso en zooloxia [ editar | editar a fonte ]

Representacion diagramatica de diferentes interpretacions da nomenclatura dunha especie. Cada taxonomo ten unha diferente vision sobre a atribucion do xenero, mais a referencia a unha especie tipo conservase, e iso asegura unha comunicacion precisa.

A especie tipo e a vez un concepto e un sistema practico usado na clasificacion e nomenclatura dos animais. O valor dunha "especie tipo" debese a que "ancora" un determinado nome de xenero. Sempre que un taxon conten moitas especies e debe dividirse en mais dun xenero; a especie tipo asigna o nome do taxon orixinal a un dos novos taxons resultantes, que e aquel que inclue a especie tipo.

O termo "especie tipo" esta regulado na nomenclatura zooloxica polo artigo 42.3 do Codigo Internacional de Nomenclatura Zooloxica , que define unha especie tipo como un " tipo que porta o nome " do nome dun xenero ou subxenero (un " nome do grupo xenero "). No Glosario, a especie tipo definese como:

"A especie nominal que e a especie que porta o nome dun xenero ou subxenero nominal". [ 4 ]

A especie tipo asocia permanentemente a un xenero o seu nome formal (o seu nome xenerico) ao proporcionar so unha especie dese xenero a cal o xenero esta permanentemente ligado (e dicir, o xenero debe incluir esa especie se e esta a que porta o nome). O nome da especie a sua vez esta fixado, en teoria, a un especime tipo.

Por exemplo, a especie tipo dos caracois terrestres do xenero Monacha e Monacha cartusiana . Ese xenero esta actualmente situado na familia Hygromiidae . O xenero tipo para esa familia e o xenero Hygromia .

O concepto de especie tipo en zooloxia foi introducido por Pierre Andre Latreille . [ 5 ]

Cita obrigatoria [ editar | editar a fonte ]

O Codigo Internacional de Nomenclatura Zooloxica establece que o nome orixinal (binomen) dunha especie tipo deberia citarse sempre. Da un exemplo disto no artigo 67.1. Astacus marinus Fabricius, 1775 foi posteriormente designado como a especie tipo do xenero Homarus , polo que se lle deu o nome de Homarus marinus (Fabricius, 1775) . Poren, a especie tipo de Homarus deberia citarse sempre usando o seu nome orixinal, e dicir, Astacus marinus Fabricius, 1775 . [ 1 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 "International Code of Zoological Nomenclature, Fourth Edition, adopted by the International Union of Biological Sciences" . International Commission on Zoological Nomenclature. 1999.   Article 67.1
  2. Codigo Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas (ICN) Arquivado 15 de novembro de 2015 en Wayback Machine . artigos 7 a 10 (Melbourne Code, 2012)
  3. "Chapter 3: Rules of Nomenclature with Recommendations; Section 4. Nomenclatural Types and Their Designation" . International Code of Nomenclature of Bacteria: Bacteriological Code, 1990 Revision .  
  4. ICZN Code Glossary
  5. Claude Dupuis (1974). "Pierre Andre Latreille (1762?1833): the foremost entomologist of his time" . Annual Review of Entomology 19 : 1?14. doi : 10.1146/annurev.en.19.010174.000245 . Arquivado dende o orixinal ( PDF ) o 20 de marzo de 2019 . Consultado o 02 de maio de 2016 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]