한국   대만   중국   일본 
Esparta - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Esparta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEsparta
Σπ?ρτη (el) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  37°04′55″N 22°25′25″L  /  37.081944444444, 22.423611111111 Coordenadas : 37°04′55″N 22°25′25″L  /  37.081944444444, 22.423611111111
Estado Grecia
Division administrativa Decentralized Administration of Peloponnese, Western Greece and the Ionian Islands (en) Traducir
Periferias Periferia do Peloponeso
Unidades perifericas Laconia Regional Unit (en) Traducir
Concello Sparta Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital Esparta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Lingua oficial Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Relixion Relixion da Grecia antiga Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 1,182 km² Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Creacion decada de 900 a. C. Editar o valor em Wikidata
Disolucion 192 a. C. Editar o valor em Wikidata
Evento clave
272 a. C. Cerco de Esparta (pt) Traducir
11 de agosto de 480 a. C. Batalla das Termopilas Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Forma de goberno Oligarquia
republica Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Gerusia (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata

BNE: XX451220

Esparta (en grego Σπ?ρτη / Sparte , en dorio Σπ?ρτα / Sparta ), ou Lacedemonia (en grego Λακεδα?μων / Lakedaimon ) e unha antiga cidade grega do Peloponeso situada no rio Eurotas na chaira de Laconia , entre o Taixetes e o Parnon . Era a capital da Laconia e unha das cidades-estado mais poderosas da Grecia antiga, xunto con Atenas e Tebas .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Durante a epoca arcaica , Esparta emerxe como a primeira das cidades gregas, campioa da Grecia durante as Guerras medicas . No seculo V a.C. convertese na rival de Atenas, contra a que libra a longa Guerra do Peloponeso . A vitoria proporcionalle unha hexemonia de curta duracion, xa que, de inmediato, a irrupcion da Macedonia no xogo politico das cidades gregas relegaa ao mesmo rango que as demais. A decadencia das suas institucions e costumes faina afundirse nun marasmo que a conduce a ser vencida e ocupada apos a batalla de Leuctres en -371 e a sufrir a hexemonia da Liga aquea e finalmente a dominacion de Roma .

Poboacion [ editar | editar a fonte ]

Durante o seculo V a.C., os espartanos propiamente ditos (?μο?οι Homoioi , "os Pares"), representaban unha porcion reducida da poboacion global da cidade. En -480 o rei Demarate estima o numero de hoplitas mobilizabeis nuns 8.000, segundo Herodoto . Este numero decae ao longo do seculo V a.C., principalmente por razon do terremoto de -464 que, segundo Plutarco , destrue o ximnasio , matando asi a todos os efebos e da revolta dos hilotas (10 anos de escaramuzas). Asi, na batalla de Leuctres (-371), non hai mais de 1.200 hoplitas mobilizabeis, dos cales 400 morren durante o transcurso do combate.

O numero de periecos e superior ao de iguais. Podese pensar que hai arredor dun cento de aglomeracions de periecos (Esparta, dicia Estrabon , coneciase como "a cidade das cen vilas"). Os hilotas (Ε?λωτε? / Heilotes , escravos) estimanse entre 150.000 e 200.000. Segundo Tucidices , constituen o grupo servil mais importante de toda Grecia.

Os cidadans [ editar | editar a fonte ]

Hoplita

So gozan de dereitos politicos os espartanos propiamente ditos, chamados ?στοι / astoi ("cidadans"), termo mais aristocratico que o habitual πολ?τη? / polites ou mesmo ?μοιοι ( homoioi ), traducido habitualmente como "os iguais", que significa mais ben "os pares". Non e seguro que todos os espartanos sexan homoioi : determinados cidadans, considerados torpes κακο? / kakoi ) no combate, son suxeitos a todo tipo de vexacions, como a obriga de pagar a taxa dos solteiros ou o rexeitamento dos equipos de balon e dos coros. A historiografia chamaos tradicionalmente "os que tremen". Non deixan de seren cidadans, mais un pouco a parte.

En efecto, para ser verdadeiramente espartano fai falta:

  • Ter nacido de dous espartanos; os bastardos ν?θοι / nothoi ) distinguense dos cidadans normais;
  • ter cursado a educacion espartana;
  • participar nas comidas colectivas ( syssitias );
  • posuir un dominio ( kleros ) que permita pagar o escote estas comidas.

Os non cidadans: Hilotas e periecos [ editar | editar a fonte ]

Os hilotas son os campesinos de Esparta. O seu estatuto crease coa reforma de Licurgo . Non son estritamente escravos, senon servos:

  • estan radicados no kleros que cultivan:
  • casan e tenen fillos;
  • fican coa diferenza entre a renda do kleros que se lle entrega ao cidadan e a colleita.

Excepcionalmente, son recrutados para o combate. Nese caso son manumitidos despois. Mais numerosos que "os iguais", sufriron a reforma de Licurgo sendo apartados. Temendo a sua revolta, os espartanos declarabanlles solemnemente a guerra cada ano, asexabanos permanentemente e aterrorizabanos.

Os periecos ("habitantes dos arrabaldes") non foron integrados no corpo civico pola reforma e non se beneficiaban de ningun dereito politico. Ainda que libres, xamais se lles consultaba para tomar decisions. Detentaban o monopolio do comercio e repartianse o artesanado cos hilotas. Contaban tamen con campesinos, ainda que as terras eran peores.

A educacion espartana [ editar | editar a fonte ]

A partir de Licurgo, a educacion tina as caracteristicas de ser obrigatoria, colectiva e organizada pola cidade.

No momento de nacer, o menino e examinado por unha comision de ancians para determinar se esta ben formado. Se non, considerase unha carga para a cidade e e tirado por un precipicio.

Entre os 7 e os 20 anos, o xove espartano vive en grupo, en condicions para-militares, fora da tutela dos pais. Esta educacion, ?γωγ? / agogu?^' , caracterizase pola sua dureza, que tenta formar soldados obedientes, eficaces e comprometidos co ben da cidade, por riba da sua gloria ou do seu benestar persoal. Esta educacion estendese tamen as rapazas, que deberan converterse en mais fortes e sas, aptas para xerar fillos vigorosos.

O sistema politico [ editar | editar a fonte ]

O sistema politico espartano, igual que o sistema educativo, atribuese a obra do mitico Licurgo no seculo VII a.C. , ainda que Plutarco o situa un ou dous seculos antes. Fillo dun rei espartano, Licurgo visitou o santuario de Delfos para consultar a Pitia , quen lle teria transmitido a futura constitucion espartana, ou Retra (μεγ?λη ρ?τρα / megale rh?tra ). Probabelmente non escrita, esta constitucion elaborouse apos as longas guerras de Mesenia , que debilitaran a aristocracia e o conxunto da cidade. Para permitir que a cidade subsistise, instituiuse enton a eunomia (igualdade da lei para todos), co obxecto de acalar aos descontentos e os privilexiados. Mais, a diferenza de Atenas, a eunomia e en Esparta sinonimo de grande disciplina. Todos os componentes da cidade fan sacrificios: a realeza, a aristocracia, o pobo.

O sistema de Licurgo fai coexistir elementos de tres reximes:

A eunomia total [ editar | editar a fonte ]

A crise do seculo VII a.C. non se resolveu senon coa creacion dun exercito de hoplitas en substitucion dos guerreiros a cabalo ou en carros pouco numerosos. A creacion desta clase de cidadans, mediante a absorcion da aristocracia terratenente na masa popular, que funda a ε?νομ?α / eunomia (de ε? / e? , "ben" e ν?μο? / nomos , "o costume, a lei").

Esta absorcion chegou moi lonxe a fin de crear unha igualdade total:

  • Os aristocratas renunciaron totalmente aos seus privilexios: no seculo VI a.C., o corpo civil espartano contaba entre 7.000 e 8.000 iguais (homoioi);
  • a aristocracia terratenente renunciou as suas terras para polas en comun: cada un recibiu un terreo igual, o κλ?ρο? / kl?ros ("herdanza"), inalienable (non se pode por en venda ou hipotecar). Este kleros non e hereditario, cultivano os escravos do Estado (os hilotas) e o produto reverte en natureza ao propietario, que alimenta asi a sua familia. Pero tampouco se pode enriquecer con el, xa que lle esta prohibido comerciar. Asi, cada un esta disponibel enteiramente para a unica actividade civica, a guerra;
  • a educacion e a mesma para todos, e esta enfocada cara a guerra;
  • igualdade de dereitos politicos: todos os cidadans participan na Asemblea.

A asemblea [ editar | editar a fonte ]

A asemblea e a reunion dos iguais. Convocase en datas fixas. Estuda os proxectos presentados pola xerusia. Aproba ou non, sen discutilas (ningun cidadan toma a palabra), as emendas propostas polos eforos. Vota as decisions por aclamacion ou, con menor frecuencia, por desprazamento fisico dos votantes. Pero o voto non vincula a xerusia , que pode considerar que o pobo errou.

A asemblea escolle aos eforos e aos xerontes por un procedemento consistente en encerrar a alguns individuos nun lugar fechado e pedirlles que midan a intensidade das aclamacions. Non se sabe se todos os espartanos podian propor leis ou emendas e que outras funcions tina a parte das indicadas.

Os reis [ editar | editar a fonte ]

A partir da reforma de Licurgo, no seculo VII a.C., Esparta posue dous reis (?ρχαγ?ται / arkhagetai , de ?ρχ? / arch? , "mandato"). Un e membro da familia dos Axiadas (?γι?δαι / Agiadai ) e o outro dos Euripontidas (Ε?ρυποντ?δαι / Eurupontidai ), duas familias que se orixinaran, segundo a lenda, de xemelgos descendentes de Hercules. As familias non podian casar entre elas e as suas tumbas atopanse en lugares diferentes. Suponse que os dous reis eran iguais.

Os poderes dos reis son esencialmente militares e relixiosos. Nun principio, os reis podianlle declarar a guerra a quen quixesen e o seu poder era colexiado. En -506 producese o "divorcio de Eleusis " e a continuacion os reis organizan as suas campanas sos. No seculo V a.C., por outra parte, e a Asemblea quen vota a guerra e os eforos quen deciden sobre a mobilizacion. De calquera maneira, o rei en campana e o comandante en xefe (?γεμ?ν / hegem?n ). Prima sobre os demais xenerais e combate na primeira fila da asa dereita, protexido pola sua garda de honra de cen homes, os ?ππε?? / Hippeis .

Ver o artigo Reis de Esparta .

A xerusia [ editar | editar a fonte ]

A xerusia (γερουσ?α / gerousia) e unha asemblea de 28 homes de mais de 60 anos, escollidos de por vida por aclamacion da Asemblea logo de teren presentada a sua candidatura, mais os dous resi. Escollidos pola sua virtude militar, a maioria dos xerontes pertencen as grandes familias de Esparta. Poren, cada cidadan, sen importar a condicion de fortuna ou de rango, podese candidatar.

A xerusia xoga un papel politico eminente: son os unicos que poden redactar as leis e ter a iniciativa. Tenen o equivalente dun dereito de veto sobre os votos da Asemblea. Xestionan todos os asuntos de politica interior, xulgan aos reis e non renden contas.

Constituen asi mesmo o tribunal supremo, que xulga os crimes e pronuncia a pena de morte e a perda dos dereitos civis.

Os eforos [ editar | editar a fonte ]

Os eforos (?φοροι / ephoroi ) son un directorio que se constitue en verdadeiros antagonistas dos reis. Estaban presentes xa antes da reforma de Licurgo. Escolleos a asemblea por un ano e non son reelixibeis.

Como o seu nome indica (de ?ρ?ω / orao , vixiar), estan encargados de vixiar aos reis e aos habitantes da cidade. En particular, coidan do respecto as tradicions. Poden impor castigos, penas de prision (mesmo aos reis) e ordenar execucions (facer executar aos hilotas sen xuizo, como durante a ''kriptia'' ). Estan encargados tamen dos negocios estranxeiros, executan as decisions da asemblea (que presiden), ordenan a mobilizacion e toman eles mesmos as decisions urxentes. Un deles dalle o seu nome ao ano. Escollense de entre os cidadans de extraccion modesta.

O seu poder e tan grande que Aristoteles cualificao de equivalente ao dos tiranos . Todos os meses, os reis xuran respectar as leis e os eforos manteren a realeza. O seu poder ten limites: non poden ser reelixidos, deben render contas a iniciativa dos seus sucesores e poden ser sentenciados a morte.

A relixion [ editar | editar a fonte ]

A relixion ocupa en Esparta un lugar mais importante que noutras cidades. Son testemuno os numerosos templos e santuarios: 43 templos de divindades, 22, templos de heroes, 15 estatuas de deuses e catro altares, ademais dos monumentos funerarios (incluidos os de Licurgo , Leonidas I e Pausanias I ).

Cultos e divindades [ editar | editar a fonte ]

As divindades femininas xogan un papel mais importante ca noutros lugares: dos 50 templos que menciona Pausanias , 34 estan consagrados a deusas, das cales Atenea e a mais numerosa. Apolo ten so uns poucos templos mais a sua importancia e crucial: ten un lugar relevante en todas as grandes festas espartanas e o monumento relixioso mais importante de Laconia e o trono de Apolo de Amicles .

Outro trazo particular e o culto dedicado aos heroes da guerra de Troia . Aquiles e, segundo Anaxagoras , "honrado como un deus", e ten dous santuarios. Igualmente, venerase a Agamenon , Casandra (co nome de Alexandra), Clitemnestra , Menelao e mesmo Helena .

Esparta rendelle tamen un culto importante a Castor e Polux , os Dioscuros , xemelgos fillos de Zeus . A tradicion di que eran orixinarios de Esparta. A sua dualidade relacionase coa dos dous reis. Atribuenselle moitos milagres, especialmente en defensa do exercito espartano (saen en campana aos lados dos reis, representados por anforas xemelgas).

Hercules e para Esparta tamen unha especie de heroe nacional. Dise que axudou a Tindaro a recobrar o seu trono e atribueselle a construcion do templo de Esculapio . Os seus doce traballos representanse amplamente na iconografia espartana. E tipicamente a divindade dos xoves.

Sacrificios e sinais divinos [ editar | editar a fonte ]

Os sacerdotes gozan dunha posicion especialmente importante. Os dous reis mesmos tenen un estatuto de sacerdotes: tenen a responsabilidade dos sacrificios publicos, que son moi importantes, especialmente en tempo de guerra. Antes da partida dunha expedicion, sacrificase a Zeus Axetor, cando se pasa a fronteira, a Zeus e a Atenea , antes da batalla a Ares . O respecto dos ritos, das festas relixiosas e dos sinais divinos manifestase en numerosas anecdotas nas que os espartanos renuncian ao combate a vista de augurios desfavorabeis ou nos terremotos.

Caracteres arcaicos [ editar | editar a fonte ]

A relixion en Esparta sorprende tamen polos seus aspectos arcaicos. Sobreviven, por exemplo, cultos non antropomorficos (Boiai, en Laconia, venera un mirto baixo o nome de Artemisa . Pausanias menciona estatuas de madeira de representacion basta anterior a relixion olimpica. Atopanse arcaismos tamen nas celebracions relixiosas e en certos sacrificios.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]