한국   대만   중국   일본 
Ernesto Chao - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ernesto Chao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaErnesto Chao

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 12 de novembro de 1943 Editar o valor em Wikidata
Ribadavia, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 6 de agosto de 2018 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Santiago de Compostela, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion actor , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0152041 Editar o valor em Wikidata

Ernesto Chao Pino , nado en Ribadavia o 12 de novembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 2018 , [ 1 ] foi un actor galego . Cunha dilatada traxectoria teatral de case medio seculo, traballou tamen no cine e na television , acadando unha enorme fama en Galicia co seu papel de Miro Pereira na serie da Television de Galicia Pratos combinados . Gran figura do teatro galego, traballou en ducias de obras e foi fundador e presidente de numerosas entidades dramaticas como a Agrupacion Cultural Abrente , o Centro Dramatico Galego , a Asociacion de Actores e Actrices de Galicia , a Academia Galega do Audiovisual , Escena Galega ou a compania Lagarta lagarta , que fundou xunto a sua muller, a tamen actriz Rosa Alvarez . [ 2 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro , iniciou a sua carreira interpretativa en 1969 . Foi fundador da Agrupacion Cultural Abrente , da que foi presidente, e participou nas pezas que se realizaron para recadar cartos para a primeira edicion das Mostras de Teatro da vila. [ 2 ] A sua afeccion polo teatro fixo que deixase o negocio familiar de fabricacion de cadaleitos e se trasladase a finais da decada de 1970 a Vigo , onde foi un dos fundadores do Artello Teatro xunto a Morris . [ 2 ] Ali participou na montaxe de varias obras, como Pic-nic , de Fernando Arrabal , Nubes , de Aristofanes , ou Celtas sen filtro de Mendez Ferrin . [ 2 ]

En 1984 trasladouse a Santiago de Compostela para a participar na montaxe de Agasallo de sombras de Roberto Vidal Bolano , no novo Centro Dramatico Galego , e un ano despois traballou en Os vellos non deben de namorarse , de Castelao , con direccion de Eduardo Alonso . Foi fundador da Asociacion de Actores e Actrices de Galicia e dirixiu o Centro Dramatico Galego durante duas tempadas (1986-87), continuando na entidade durante os seguintes anos como actor. Durante eses anos realizou as suas primeiras incursions no cine, aparecendo en La hora bruja , de Jaime de Arminan , Divinas palabras , de Jose Luis Garcia Sanchez , e Urxa , de Alfredo Garcia Pinal e Carlos Pineiro .

O seu traballo en Un sono de veran , de William Shakespeare , en 1992, obra dirixida por Eduardo Alonso, supuxolle o Premio Compostela de Teatro ao mellor actor secundario, compartido con Avelino Gonzalez , Serxio Pazos , Miro Magarinos , Victor Mosqueira e Marcos Orsi , que formaban o grupo Os artesans . [ 2 ] Tamen estivo na formacion do Teatro do Noroeste, co que interpretou numerosas obras, todas baixo a direccion de Eduardo Alonso, e en 1993 recibiu o Premio Compostela ao Mellor Actor protagonista polo seu papel en A vida de Galileo , de Bertolt Brecht .

Ainda que en 1989 xa participara na serie Os outros feirantes de Anton Dobao , foi en 1995 cando irrompeu definitivamtente na television , interpretando a Miro Pereira , o protagonista da comedia da TVG Pratos combinados , co que acadou unha enorme fama en Galicia. Xunto a outros destacados actores como Morris, Mabel Ribera ou Xose Manuel Olveira "Pico" , a serie prolongouse durante 14 tempadas e 261 episodios, convertendose nun autentico emblema do audiovisual galego. [ 3 ]

En 2001 protagonizou o telefilme Condenado a vivir , onde interpretaba a Ramon Sampedro , na primeira vez que a sua historia era levada a ficcion. O seu traballo no filme valeulle o Premio Chano Pineiro 2002 a mellor interpretacion masculina, galardon que ao ano seguinte se converteu nos actuais Mestre Mateo . Ese mesmo ano fundou xunto a sua muller Rosa Alvarez a compania de teatro Lagarta lagarta . [ 2 ] En 2002 foi fundador e primeiro presidente da Academia Galega do Audiovisual e ese mesmo ano participou na fundacion de Escena Galega . [ 4 ]

Durante os seguintes anos continuou compaxinando o seu traballo teatral con papeis en diferentes filmes como Trece badaladas , Os mortos van a presa , Doentes ou O ouro do tempo , ademais de contar con pequenos papeis en series de television como Cuentame como paso ou Aqui no hay quien viva . En 2008 ganou o Premio Maria Casares o mellor actor protagonista polo seu traballo na obra de teatro As ultimas luas , da sua compania Lagarta lagarta. [ 4 ]

En 2018 interpretou ao primeiro presidente da Xunta de Galicia , Xerardo Fernandez Albor , na aclamada serie de Antena 3 Farina , baseada no libro homonimo de Nacho Carretero , e ese mesmo ano apareceu na serie Marisa calidade , spin-off de Libro de familia , sendo estes os seus dous ultimos traballos interpretativos. [ 5 ] Faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago o 6 de agosto de 2018, aos 74 anos de idade.

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Casou coa tamen actriz Rosa Alvarez , coa que tivo un fillo, Mauro, falecido en 2020 . [ 6 ]

Obra [ editar | editar a fonte ]

Longametraxes [ editar | editar a fonte ]

Curtametraxes [ editar | editar a fonte ]

Television [ editar | editar a fonte ]

Personaxes fixas [ editar | editar a fonte ]

Personaxes episodicos [ editar | editar a fonte ]

Teatro [ editar | editar a fonte ]

Desde 1970 participou en mais de 35 espectaculos teatrais con distintas companias. Alguns titulos son Galileo Galilei , Fobias , Carambola ( Concavo convexo ) ou O pais da comedia .

Galardons e nomeamentos [ editar | editar a fonte ]

Estrela Cans , premio pedigree 2010.

Premios Mestre Mateo [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Titulo Resultado
2005 Mellor actor Pratos combinados Nomeado
2007 Premio de Honra Fernando Rey Ganador
2008 Mellor actor Os mortos van a presa Nomeado

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Morre Ernesto Chao, un dos grandes actores galegos dos ultimos tempos" Galicia Confidencial, 6 de agosto de 2018
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Ernesto Chao" . Consello da Cultura Galega . Consultado o 17 de decembro de 2023 .  
  3. " " Isto e un escandalo, Pereira!": Volve 'Pratos Combinados' a TVG" . Nos Diario . 26 de marzo de 2020 . Consultado o 17 de decembro de 202317 de decembro de 2023 .  
  4. 4,0 4,1 "A Academia Galega do Audiovisual lamenta a morte de Ernesto Chao, o seu primeiro presidente e cofundador" . 6 de agosto de 2018 . Consultado o 17 de decembro de 2023 .  
  5. "Loito no mundo do teatro e do audiovisual galego pola morte do actor Ernesto Chao" . Television de Galicia . 6 de agosto de 2018 . Consultado o 17 de decembro de 2023 .  
  6. "Mauro Chao, unha vida entre bastidores" . La Voz de Galicia . 30 de setembro de 2020 . Consultado o 17 de decembro de 2023 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]