Enxenaria

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Enxeneiro ≫)

Unha maquina de vapor conservada na ETS de Enxeneiros Industriais de Madrid . A maquina de vapor foi un importante logro da enxenaria que contribuiu en gran medida a Revolucion Industrial .

A enxenaria [ 1 ] aplica o conecemento cientifico e tecnico para solucionar problemas practicos. Os enxeneiros usan a imaxinacion, o xuizo, a razon e a experiencia para aplicar a ciencia e a tecnoloxia a resolucion de problemas para a satisfaccion das necesidades sociais. O resultado constitueno o deseno, a producion, e o uso de obxectos utiles ou procesos.

Metodoloxia [ editar | editar a fonte ]

A tarefa crucial e caracteristica do enxeneiro e identificar, entender, e integrar as restricions ou condicionamentos nun deseno a fin de producir un resultado acertado. Non e en xeral abondo para construir un produto tecnicamente acertado; isto tamen debe atopar esixencias adicionais. As restricions poden incluir disponibilidade de recursos, limitacions fisicas ou tecnicas, flexibilidade para futuras modificacions e adicions, e outros factores, como esixencias sobre o custo, manufacturabilidade, e utilidade. Entendendo as restricions, os enxeneiros obtenen especificacions para os limites dentro dos cales un obxecto ou sistema viabeis poden ser producidos e postos a funcionar.

Resolucion de problemas [ editar | editar a fonte ]

Os enxeneiros usan o seu conecemento da ciencia, matematica , e a experiencia adquirida para atopar solucions convenientes para un problema. Criando o apropiado modelo matematico dun problema permitelles analizalo, e probar solucions potenciais. Solucions razoabeis normalmente existen varias, polo tanto debese avaliar as diferentes escollas baseandose nos seus meritos, e deste xeito escoller a solucion que mellor satisfai as condicions. Genrich Altshuller , despois de apanar e analizar estatisticas dun gran numero de patentes , suxeriu que os compromisos estan na cerna dos desenos "de nivel de invencion baixo" , en canto a un mais alto nivel o mellor deseno e aquel que elimina a cerna da contradicion que causar o problema .

Coa enxenaria tipicamente tentase predicir como de ben os desenos executaran as especificacions antes da producion en tamano natural. Usanse, entre outras cousas: prototipos modelos a escala , simulacions , probas destrutivas , probas non destrutivas , e probas de estres . A proba asegura que os produtos se comportaran como e esperado, e non causaran dano non intencional ao publico. Nestes desenos adoitase incluir unha marxe de seguranza para reducir o risco de fracaso inesperado, froito dunha influencia non considerada. Con todo, canto maior for a marxe de seguranza, menos eficiente podera ser o deseno.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Balista , un enxeno de guerra romano.
Maquina de Antiquitera , o primeiro computador mecanico.
Maquina de vapor de Thomas Savery .

O concepto de enxenaria existe dende a antiguidade, a partir do momento en que o ser humano desenvolveu invencions fundamentais como a roda , a polea e a panca . Cada unha destas invencions e consistente coa moderna definicion de enxenaria, explorando principios basicos da mecanica para desenvolver ferramentas e obxectos utilitarios. [ 2 ] [ 3 ]

Antiguidade [ editar | editar a fonte ]

O primeiro enxeneiro civil de nome conecido foi Imhotep . Como un dos funcionarios do faraon Zoser , Imhotep probablemente proxectou e supervisou a construcion da piramide de Zoser , unha piramide con chanzos en Sakara , contra o 2630 a.C. -2611 a.C. Tamen puido ser o responsable do primeiro uso da columna na arquitectura .

Os antigos gregos desenvolveron maquinas tanto no dominio civil como no militar. A maquina de Antiquitera (o primeiro computador mecanico conecido) e os inventos mecanicos de Arquimedes son exemplos da primitiva enxenaria mecanica . Estas invencions requiriron un conecemento sofisticado de engrenaxes diferenciais e planetarias, dous principios chave na teoria das maquinas que axudou a proxectar e que ainda se empregan amplamente na actualidade, en campos diversos como a robotica e a enxenaria automobilistica. [ 2 ]

Os exercitos chineses, gregos e romanos empregaron maquinas e inventos complexos como a artillaria que foi desenvolvida polos gregos por volta do seculo IV a.C. . Estes desenvolveron o trirreme , a balista e a catapulta . Na idade media desenvolveuse o trabuco . [ 2 ] [ 3 ]

Renacemento [ editar | editar a fonte ]

Nos seculos XV e XVI , a enxenaria naval emerxeu en Portugal . Os novos tipos de navios enton desenvolvidos, como a carabela , a nao redonda e o galeon , foron fundamentais nos grandes descubrimentos maritimos . [ 2 ]

William Gilbert esta considerado o primeiro enxeneiro electrotecnico , debido a publicacion da obra De Magnete en 1600; foi quen cunou o vocabulo " eletricidade ". [ 2 ]

A primeira maquina de vapor foi construida en 1698 por Thomas Savery , que por iso esta considerado o primeiro enxeneiro mecanico moderno. O desenvolvemento deste aparello deu orixe a Revolucion Industrial nas decadas seguintes, permitindo o inicio da producion en masa . [ 2 ]

Coa ascension da enxenaria como profesion, durante o seculo XVIII , o termo pasou a ser empregado mais estritamente para designar as actividades para cuxos fins se aplicaban as matematicas e a ciencia . Alen diso, tamen se incorporaron a enxenaria o que antes se conecia como "artes mecanicas".

Era moderna [ editar | editar a fonte ]

A enxenaria electrica pode trazar as suas orixes nos experimentos de Alexandre Volta en 1800, nos de Michael Faraday , Georg Ohm e outros, e na invencion do motor electrico en 1872. O traballo de James Maxwell e de Heinrich Hertz no final do seculo XIX deu orixe a electronica . [ 2 ]

Os inventos de Thomas Savery e de James Watt deron orixe a moderna enxenaria mecanica . O desenvolvemento de maquinas especializadas e de ferramentas para a sua manutencion durante a Revolucion Industrial levaron ao crecemento acentuado da enxenaria mecanica. [ 2 ]

A enxenaria quimica tal como a enxenaria mecanica, desenvolveuse no seculo XIX, durante a Revolucion Industrial. A producion a escala industrial precisaba de novos materiais e de novos procesos. [ 4 ] Por volta de 1880, a necesidade da producion a grande escala de quimicos era tanta que se creou unha nova industria , dedicada ao desenvolvemento e a fabricacion en masa de produtos quimicos en novas fabricas . A funcion do enxeneiro quimico era proxectar esas novas fabricas e procesos. [ 2 ]

A enxenaria aeronautica lida co proxecto de aeronaves . Nos tempos modernos, comezouse tamen a designala como enxenaria aeroespacial , dando enfase a expansion daquel campo da enxenaria que pasou tamen lidar co proxecto de vehiculos espaciais . As suas orixes poden ser trazadas ata os pioneiros da aviacion no cambio do seculo XIX ao seculo XX . [ 2 ]

Durante a segunda guerra mundial , iniciase o desenvolvemento da enxenaria de computacion e da automaticion industrial . A expansion radical da informatica despois do final da guerra tornou os enxeneiros ligados a computacion nalguns dos maiores grupos de profesionais da enxenaria. [ 2 ]

Tipos de enxenarias [ editar | editar a fonte ]

Centros de estudo [ editar | editar a fonte ]

Primeiras escolas de enxenaria [ editar | editar a fonte ]

Nos seus inicios a enxenaria estivo ligada case exclusivamente as actividades militares, gobernamentales e relixiosas. Abonda con mencionar os caminos, pontes, muralas, torres, faros, portos ou monumentos funerarios. En tempos de paz a enxenaria foi posta ao servizo do benestar do ser humano, a marxe da guerra e dos exercitos, e por iso cando no seculo XIX algunhas universidades comezaron a ofreceren estes estudos denominarona enxenaria civil , para distinguila da exercida polos militares (enxenaria militar).

As primeira escolas universitarias en Europa e America foron:

Centros en Galicia [ editar | editar a fonte ]

Actualmente existen varios focos de ensino en Galicia en canto o campo da enxenaria se refire. Son fundamentalmente as cidades de Ferrol e Vigo , ainda que co paso do tempo tamen se foron implantando estudos de enxenaria ou enxenaria tecnica na Coruna , Lugo , Ourense e Pontevedra . Con todo, os centros das duas primeiras cidades son moito mais tecnicos e orientados cara a industria pesada e urbana, mentres que nas escolas das capitais impartense titulacions mais vencelladas co medio rural. Os estudos dividense en dous ciclos antes da aplicacion do proceso de Bologna para crear un Espazo Europeo de Educacion Superior : un primeiro ciclo de tres cursos (chamado Enxenaria tecnica, non Diplomatura) e un segundo ciclo de dous cursos (que conduce o titulo de Enxenaria, non o de Licenciatura). Os centros onde se imparten chamanse escolas, non facultades. O normal e que as Escolas tenan os dous ciclos por separado pero tamen poden existir escolas de ciclo unico de cinco cursos (na cal non se obten a titulacion ata pasalos todos).

As siglas [ 5 ] das escolas e as titulacions que hai en cada unha das cidades son as seguintes:

A Coruna

  • antes EUETI(S), despois ETSEI: Enxenaria en informatica e Enxenaria tecnica en informatica (de sistemas e de xestion), na facultade de Informatica ;
  • ETSECCP: Enxenaria de caminos, canles e portos

Ferrol

  • EUP: Enxenaria tecnica naval e Enxenaria tecnica industrial
  • EPS: Enxenaria naval e Enxenaria industrial

Lugo

  • EPS: Enxenaria de montes e Enxenaria tecnica forestal, Enxenaria agronoma e Enxenaria tecnica agricola (4 especialidades), Enxenaria tecnica en obras publicas e Enxenaria tecnica en topografia

Ourense

  • antes EUETI(X), despois ETSEI e agora EPS: Enxenaria en informatica e Enxenaria tecnica en informatica (de xestion),
  • EUETIA: Enxenaria tecnica en industrias agroalimentarias

Pontevedra

  • EUETF: Enxenaria tecnica en industrias forestais (especialidade industrias forestais)

Santiago de Compostela

  • na Facultade de Ciencias, posteriormente na ETSEQ, esta prevista Enxenaria Quimica; na web [ 6 ] da Universidade de Santiago tamen aparece Enxenaria tecnica en informatica de sistemas

Vigo

  • ETSEM: Enxenaria de minas
  • ETSEI (As Lagoas, Marcosende): Enxenaria industrial
  • EUETI (Vigo): Enxenaria tecnica industrial
  • ETSET: Enxenaria de telecomunicacions e Enxenaria tecnica de telecomunicacions

Arte [ editar | editar a fonte ]

As conexions entre a enxenaria e a arte son directas nalguns campos como a arquitectura, a arquitectura da paisaxe e o deseno industrial e mais indirecta noutros. Por exemplo, o Instituto de Arte de Chicago organizou unha exposicion sobre a arte do deseno aeroespacial da NASA e Leonardo da Vinci artista e enxeneiro reconecido supon un importante vencello entre a arte e a enxenaria.

Moitas pontes foron considerados monumentos coa categoria de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO , como o acueduto Pontcysyllte ou o conxunto das pontes do centro de Paris .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Enxenaria .
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 BRONOWSKI, J. (coordenacao), A Tecnica - O Homem Recria o Mundo , Lisboa: Publicacoes Europa-America, 1964
  3. 3,0 3,1 OLIVEIRA, Vanderli Fava de, Historia da Engenharia , Rio de Janeiro: UFRJ, 2004
  4. GUERRA, Franklin. Historia da Engenharia em Portugal. 2 ed. Pubindustria, 1995.
  5. Significado das siglas: teoricamente, os nomes dos centros constan de duas partes
    • o nome do centro que especifica o nivel de carreiras que se imparten nel
    EUP: Escola politecnica (varias enxenarias tecnicas)
    EPS: Escola politecnica superior (varios segundos ciclos)
    EU: Escola universitaria (unha enxenaria tecnica)
    ETS: Escola tecnica superior (unha enxenaria de segundo ciclo, con ou sen o seu primeiro ciclo)
    • o especificador do tipo de carreiras que se imparte nel, que corresponde a de maior nivel no caso dunha tecnica e a superior (ou segundo ciclo) que a continua.
  6. http://www.usc.es/gl/titulacions/

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]