한국   대만   중국   일본 
Entente Cordiale - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Entente Cordiale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha postal francesa de 1904 que mostra a Britannia e Marianne bailando xuntas, simbolizando a nova cooperacion entre as duas nacions

Entente Cordiale (do frances entente , [ 1 ] ou entendemento cordial ) ou Entente Cordial , e a denominacion dun tratado asinado polo Reino Unido de Gran Bretana e Irlanda e a Terceira Republica Francesa o 8 de abril de 1904 , e ratificado mediante unha serie de acordos posteriores, que supuxo unha mellora significativa das relacions entre ambos os paises. [ 2 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

Tratouse dun acordo de non agresion e de regulacion da expansion colonial entre os dous paises. Pero, mais ala da preocupacion inmediata pola expansion colonial incluida no tratado, a sinatura da Entente Cordiale marcou e o fin de seculos de conflitos intermitentes entre ambos os dous estados e os seus antecesores, e substituiu o modus vivendi que existira desde o final das Guerras napoleonicas en 1815 cun acordo mais formal. [ 3 ]

A Entente Cordiale foi a culminacion da politica de Theophile Delcasse , o ministro de Asuntos Exteriores de Francia desde 1898 , que cria que unha comprension franco-britanica daria a Francia certa seguridade contra calquera sistema de alianzas alemas en Europa occidental . O merito para o exito da negociacion pertence principalmente a Paul Cambon, o embaixador de Francia en Londres , e ao secretario do Asuntos Exteriores britanico Lord Lansdowne.

A expresion Entente cordiale aparece utilizada por Francois Guizot en 1830 , pouco despois da proclamacion de Lois Filipe de Orleans como rei dos franceses (1830-1848). Unha primeira entente cordiale entre Francia e o Reino Unido foi levada a bo termo polo feito das duas visitas da raina Vitoria ao soberano frances en 1843 e 1845, no castelo de Eu , en Normandia . Baixo a Terceira Republica , unha nova aproximacion realizouse entre ambos os paises baixo o mesmo nome.

Este tratado foi a base para a formacion dun sistema de alianzas entre o Reino Unido e Francia (aos que se sumarian o Imperio ruso e, mais tarde, os Estados Unidos ) durante a primeira guerra mundial , alianza conecida como a Tripla Entente .

Centenario [ editar | editar a fonte ]

O centenario da Entente Cordiale , en 2004 , estivo marcado por un gran numero de actos oficiais, incluindo unha visita de Estado por parte da raina Isabel II e o Duque de Edimburgo a Francia en abril, e a visita por parte do presidente frances Jacques Chirac ao Reino Unido en novembro.

En dicha ocasion, as tropas britanicas marcharon por primeira vez o 14 de xullo no desfile do Dia da Bastilla , cos Red Arrows voando no ceo parisiense.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicion de entente no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia .
  2. MacMillan, Margaret (2013): The War that Ended Peace: The Road to 1914 . New York , NY , USA : Random House. ISBN 978-0-8129-8066-0 , capitulo 6.
  3. Taylor, A. J. P. (1954): The Struggle for Mastery in Europe, 1848?1918 , pp. 408?417.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]