한국   대만   중국   일본 
Eneas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Eneas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eneas falalle a Dido, raina de Cartago, da caida de Troia

O heroe mitoloxico Eneas descendia da raza de Dardano e, polo tanto, descendente do propio Zeus , [ 1 ] fillo do principe Anquises e Afrodita (Venus, na mitoloxia romana ) [ 2 ] . Figura importante da literatura grega e da romana , na Iliada foi, xunto cos fillos de Antenor , o dirixente do continxente dardano -o sur de Troia- que axuda os troianos na sua defensa contra os aqueos. E o mellor guerreiro despois de Heitor , e, sobre todo, e un favorito dos deuses, que o salvan en situacions de perigo, se ben en todo caso so acadara relevancia trala caida de Troia [ 3 ] .

Casou con Creusa , filla de Priamo , coa cal tivo un fillo, Ascanio , Iulo ou Iulus .

Ante a derrota dos troianos, Eneas fuxiu da cidade e, tras diferentes aventuras, estableceuse en Italia , dando lugar a orixe mitica do pobo romano: os fundadores de Roma, Romulo e Remo , foron descendentes seus.

Infancia [ editar | editar a fonte ]

Afrodita, tras deitarse con Anquises, profetizou asi o futuro de Eneas:

" Teras un fillo que reinara sobre os troianos, e outros fillos naceran deste fillo, e asi sucesivamente para toda a eternidade .
(Grimal, s.v. Eneas )

Eneas naceu no monte Ida

" A Eneas pariuno a ben coroada Citerea [Afrodita] , unida amorosamente o heroe Anquises no cumio do escarpado Ida, azoutado polos ventos ".
(Hesiodo: Teogonia 1008)

e foi criado polas ninfas [ 4 ] . Con cinco anos foi recuperado polo seu pai, Anquises, que o levou a cidade a casa do seu cunado Alcatoo [ 5 ] para que este o educase. Tamern se afirma que foi educado polo centauro Quiron , como o foron outros heroes gregos [ 6 ] .

[Deifobo fala con Eneas] Agora e o teu deber acudir a rescatar o home da tua irma, se e que en algo te importa. Acompaname a rescatar a Alcatoo, o teu cunado, quen tempo atras crioute nos teus palacios cando ainda eras menino .
Homero, Iliada XIII, 463)

Eneas na Guerra de Troia [ editar | editar a fonte ]

Eneas e Aquiles enfrontaronse por vez primeira cando este saqueaba as terras proximas a Troia, en ocasion do roubo dos rabanos de Eneas por Aquiles. Eneas non conseguiu evitalo e tivo que refuxiarse na cidade de Lirneso, que tamen foi conquistada por Aquiles, e Zeus houbo de salvar a Eneas [ 7 ] .

Eneas abandona Troia coa sua familia (Federico Barocci, 1598, Galeria Borghese)

Eneas participou en numerosos episodios da Guerra de Troia e, co tempo, converteuse no mais valoroso dos heroes troianos, despois de Heitor, feito reconecido polo adivino Heleno cando os alenta deste xeito: " Entre os licios e os troianos o afan da guerra descansa principalmente en vos, por ser en toda empresa os mellores, tanto na batalla como no consello" [ 8 ] [ 9 ] . Nos combates que tiveron lugar durante a Guerra viuse auxiliado e favorecido en varias ocasions por alguns deuses, segundo conta a narracion de Homero [ 10 ] .

Autores posteriores a Homero [ 11 ] contan que sera Eneas quen sustitua a Heitor, morto por Aquiles, a fronte do exercito troiano. Pero unha vez que a caia de Troia se converte en inevitable, Afrodita -e o propio Ascanio- dinlle que debe fuxir da cidade, que non morrese como un bo troiano, pois Troia xa non existia e para el reservarase outro futuro. Asi que colle o seu pai sobre os ombros [ 12 ] e, acompanado da muller, Creusa, e o fillo, Ascanio, ainda menino, e un grupo de troianos, foxe o monte Ida. A lenda engade que tamen cargaba cos deuses sagrados de Troia e co Paladio [ 13 ] . Outros autores dan outra version destes ultimos momentos: segundo eles, Eneas defendeu a cidade ata o ultimo momento; cando se viu desbordado, refuxiouse na cidadela de Pergamo, desde onde continuou resistindo; desde ali, aproveitando a noite, enviou a sua xente o monte Ida e, mais tarde, cargou coa familia, o tesouro e a imaxe de Atenea e uniuse a eles. Tamen se afirma que Eneas e os seus se retiraron o monte Ida cando Priamo ordenou que trouxeran o cabalo de madeira o interior da cidade, sospeitando que fose unha trampa [ 14 ] .

" Pero os fados non permiten que a esperanza de Troia quede destruida coas suas murallas. Sobre os seus ombros leva o heroe citereo os obxectos sagrados e, non menos sagrado, leva o seu pai, carga venerable. De entre tan inmensas riquezas escolleu o piadoso aquel botin e o seu Ascanio, e coa sua escuadra fuxitiva surca os mares desde Antandros, deixa atras as casas criminais dos tracios e a terra que mana sangue de Polidoro e, con vento en popa e ondada favorable arriba en compania dos seus a cidade de Apolo ". [ 15 ]
(Ovidio: Metamorfosis XIII, 623-631)

Este xesto, de salvar o pai e sair da cidade sen mostrar temor, foi observado por Agamenon , que ordenou respectar a Eneas, por ser un fillo piadoso, e a sua familia [ 16 ] .

Creusa quedou atrasada durante a fuxida e morreu. Eneas reuniu no monte Ida a todolos troianos que puideron escapar, e ali fundou unha nova cidade, da que foi rei [ 17 ] .

Robert Graves califica de falsas estas tradicions de Eneas fuxindo da cidade e todo o ciclo posterior ata Italia. Asegura que Eneas foi capturado por Neoptolemo (fillo de Aquiles) e levado como botin de guerra, polo que os dardanidas tiveron que pagar un considerable rescate [ 18 ] .

Eneas en Italia [ editar | editar a fonte ]

A lenda mais difundida, que recolle as aventuras e sucesos posteriores, foi escrita polo poeta romano Virxilio (poeta oficial do emperador Augusto ) no seu poema A Eneida . Segundo Virxilio, Eneas permaneceu un tempo no Ida e logo marchou cos troianos superviventes cara ao Mediterraneo occidental. Tras cruzar Tracia chegan a Delos , onde o oraculo de Apolo dille que deben fundar unha cidade en Creta , a terra dos seus devanceiros. Chegados ali, Eneas ten un sono no que os deuses Penates que rescataran en Troia lle ordenan que continue cara Italia [ 19 ] . Pasan polas costas de Epiro , onde se atopa con Andromaca (a viuva de Heitor) agora casada con Heleno , outro dos fillos de Priamo que tina dotes adivinatorias. Heleno profetiza que se establezan ali onde se atopen cunha porca con doce bacorinos, e aconsellalle que rodee a illa de Sicilia , para evitar os perigos de Escila e Caribdis , que a lenda situaba no estreito de Messina . Asi, van percorrendo outros lugares, ata chegar o sur da na Peninsula Italica .

Localizacion de Cartago, o suroeste de Sicilia

Aqui, Eneas ten que enfrontarse cos habitantes das numerosas colonias gregas establecidas na costa italica, polo que descende e regresa a Sicilia, a que bordea. Fai escala en Drepano (hoxe, Trapani), na punta occidental de Sicilia, onde morre Anquises, e Eneas celebrou os ritos funerarios e uns xogos funebres no seu honor, que incluiron unha competicion naval [ 20 ] . Neste punto producese a protesta das mulleres da expedicion, cansas de navegar, que querian establecerse dunha vez nun sitio fixo, e intentan queimar as naves [ 21 ] .

De novo na mar sofre as consecuencias dun forte temporal -enviado por Hera , inimiga declarada dos troianos- que desvia o barco e levao a Cartago , na costa africana. Pero Poseidon , irritado, enfrontase os Ventos por atreverse a actuar sen o seu consentimento coas palabras " Quos ego! " (¿A quen eu?), [ 22 ] episodio que deu lugar a unha tematica propia representada por artistas como Rafael ou Rubens . Nestas obras, Poseidon aparece en primeiro plano, sobre un mar tempestuoso, e o fondo vense as naves de Eneas.

Conseguen arribar a costa e ali, Eneas foi acollido por Dido , a raina e fundadora de Cartago [ 23 ] que, co tempo, namorase del e convertese na sua amante [ 24 ] . Eneas relata a Dido o acontecido na Guerra de Troia e na viaxe desde ali ata chegar a Cartago [ 25 ] .

Pero o rei do pobo vecino, Iarbas, anhelaba casar con Dido pero esta rexeitabao e, por iso, cando soubo desta relacion esixiu a Zeus que se levase a Eneas. Zeus sabia que o destino de Eneas era crear as bases da futura Roma e non admitian que se quedara na cidade que no futuro seria rival de Roma, e por iso mandalle a Hermes que lle diga que deixe a Dido e embarque de novo para continuar a sua viaxe. Dido, cando se viu abandonada, suicidouse no lume.

Sibila de Cumas (Michelangelo, Capela Sixtina)

Eneas vuelve a ascender pola costa de Italia e chega a Cumas (na actual Campania ) onde, segundo o relato de Virxilio, visita a profetisa Sibila e ten lugar o descenso de Eneas os Infernos acompanado pola propia Sibila. Ali, a alma do seu pai mostralle a grandeza que alcanzara Roma. Segue a viaxe cara ao norte ata chegar a desembocadura do rio Albula (que mais tarde seria chamado Tiber ), onde monta un campamento e logo, deixando ali a boa parte dos seus companeiros, ascende pola beira do rio ata chegar a cidade de Palanteo , emprazada no lugar que co tempo seria conecido como o Palatino de Roma , no Lacio . Eneas consegue estabecer unha alianza co rei Evandro , vello amigo de Anquises, e este manda no seu apoio unhas tropas o mando do seu fillo Palante . Tamen se conta que este pacto foi co rei Latino (ou Lavinio), rei de Laurentia, que deu nome os latinos, e que casou con Lavinia , a sua filla, cumprindo asi unha vella profecia.

Aconsellado por Evandro, Eneas achegase a Agila, mais colecida como Caere , na Etruria . Ali apoia a sublevacion dos subditos do rei etrusco Mecencio para derrocalo, por tirano e cruel. Pero mentres tanto, Turno , rei dos rutulos antigo pretendente de Lavinia, ataca o campamento grego e case chega a queimar as naves, en alianza con Mecencio, ainda que nese momento regresa Eneas e derrota e mata a Turno en combate singular, grazas as armas que Hefesto lle fabricara para el, a peticion da sua nai Afrodita [ 26 ] . Tamen deixa malferido a Mecencio e mata o fillo deste, Lauso; posteriormente Mecencio intenta vingar o seu fillo pero tamen resulta morto por Eneas.

Neste punto remata Virxilio a sua narracion, pola morte do poeta sen poder rematar a vida de Eneas. Seran outros mitografos posteriores os que continuen relatando as suas fazanas. Este funda a cidade de Lavinio , na honra da sua dona Lavinia, e somete a diversas tribos do pais e, finalmente, morre -ou desaparece- durante unha treboada. Foi soterrado na ribeira do rio Numicio . Tamen se di que Zeus fixoo inmortal, atendendo os rogos da sua nai Afrodita, e, tras ser lavado polas augas do rio Numicio, foi convertido en deus, recibindo culto baixo o nome de Xupiter Indiges (ou Indigete).

" Padre [Venus implora a Xupiter], xamais fuches servero comigo, se agora mais compracente que nunca, pidocho, e o meu Eneas, que te fixo avo polo meu sangue, concedelle, augusto, unha natureza divina, ainda que sexa menor, con tal que lle concedas algunha... Enton dixo o pai: Dignos sodes da condicion divina, ti que a pides e aquel por quen a pides; ten, filla, o que desexas ".
(Ovidio: Metamorfosis XIV, 581-608)

Os seus descendentes, Romulo e Remo, fundaran Roma e Ascanio, o fillo de Eneas, fundara anos despois Alba Longa , a metropole de Roma.

Outras tradicions [ editar | editar a fonte ]

Outras lendas consideran o propio Eneas como o fundador de Roma, que herdara asi a orixe mitica de Eneas como descendente de Zeus e de Afrodita. Deste xeito, o propio Xulio Cesar se vangloriaba de ser descendente de Venus a traves de Iulo (Ascanio) [ 27 ] .

Iconografia [ editar | editar a fonte ]

Eneas abandona a Dido (Pompeo Batoni, 1747)

Os momentos representados na arte do mito de Eneas son os seguintes:

  • Fuxida de Troia, transportando o seu pai sobre os ombros e levando o fillo da man.
  • Periplo de Eneas e os seus polo mar Mediterraneo.
  • Encuentro de Eneas e Dido en Cartago, ben cando Eneas lle conta o episodio da Guerra de Troia, ben cando fan o amor nunha cova.
  • Suicidio de Dido.
  • Afrodita entrega a Eneas as armas fabricadas por Hefesto.
  • Divinizacion de Eneas.

A diferenza da Odisea , escrita no seculo VIII a.C. , a Eneida , que sera a obra que estendera o mito de Eneas, escribese nos anos 29-19 a.C., e no tera gran difusion (agas as miniaturas que ilustraban os manuscritos do poema) ata a Idade media , e especialmente a partir do seculo XV e a implantacion do Humanismo .

A escena da fuxida de Eneas da Troia conquistada e a imaxe mais caracteristica do personaxe: Eneas, normalmente vestido coa sua armadura, carga co pai sobre os ombros, representado como un ancian venerable, e co seu fillo Ascanio da man ou tras el. Mostrase xa na ceramica de finais da Grecia arcaica e reproducese mesmo en moedas. Chega case sen variacions ata o Renacemento ( Rafael , Incendio del Borgo , 1514; Bernini , 1618; e moitos mais exemplos). Pode aproveitarse para representar o amor filial.

A travesia polo Mediterraneo e as aventuras que lles acontecen foron representados abundantemente en diferentes ciclos decorativos renacentistas en Italia ( Dosso Dossi , Niccolo dell'Abbate , Annibale Carracci ou Tiepolo ). pero tamen en Francia ou Inglaterra.

O encontro coa raina Dido e a relacion amorosa que mantenen inspirou a numerosos artistas, como Andrea Mantegna (c. 1500) ata Turner (1815) ou Burne Jones (1861). Esta relacion atravesa por tres momentos principais: o banquete de Dido celebra en honor de Eneas, o seu hospede; o encontro amoroso producido durante unha caceria durante a que se refuxian nunha cova; e a despedida dos dous amantes cando Zeus lle ordena que zarpe cara Italia, e Dido, despechada, suicidase. Este ultimo momento, especialmente, representase cando Dido se crava unha daga no peito (Carracci (c. 1592), Guercino (1630), Rubens (c. 1635), Simon Vouet (c. 1640) etc.).

O descenso os infernos, protexido cunha rama se ouro, foi pintado por artistas como William Turner ou Delacroix . A descricion que Virxilio fai do inferno no seu Libro VI (e que logo inspirara a Dante na sua Divina Comedia ) puido servir de base as recreacions de Brueghel o Vello ou Burne Jones, entre outros.

O establecemento de Eneas e os seus no Lacio, previa conquista das terras, reflectiuse por numerosos pintores italianos -principalmente- pero escasos artistas modernos alleos a Italia, o que obedece o interese e tratamento locais do mito, como suposta orixe do imperio romano. A chegada de Eneas aparece xa en moedas e relevos, entre os que destaca o da Ara Pacis (c. 10 a.C.) [ 28 ] e mostran o momento en que Eneas sacrifica a cocha dos trinta leitons que profetizara Heleno.

" Subita aparicion e asombrosa os ollos, unha porca branca coas suas crias da mesma cor, deitase no bosque e aparece na verde ribeira; no teu honor, precisamente para ti, Xuno soberana, Eneas piadoso levaa en sacrificio o altar, coa sua camada, e inmolaa ".
(Virxilio: Eneida VIII, 81-85)

Na Arte moderna , as diferentes aventuras desta fase do periplo de Eneas representanse nas obras de artistas como Claude Lorrain (1650, o desembarco na desembocadura do Tiber), Rubens (1639, a morte dun cervo por Ascanio, que dara lugar a guerra entre troianos e latinos), Anton van Dyck (c. 1630, Hefesto fabricando as armas de Eneas), Nicolas Poussin (c. 1635, a entrega destas armas o heroe) etc.

Finalmente, tamen se representan os momentos finais da vida de Eneas, como a fundacion da cidade de Lavinio ou, sobre todo, a apoteose do heroe ( Jacob Jordaens (1617), Charles Le Brun (1642) ou Tiepolo (1762)).

Galeria de arte [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Anquises era fillo de Capis (descendente de Dardano) e Temiste.
  2. Froito da relacion que mantiveron na aba do monte Ida mentres Anquises pastoreaba o seu gando (Homero, Iliada II, 823).
  3. Elvira Barba, px. 457.
  4. Ou ben por uns pastores.
  5. Casado coa irma de Eneas, Hipodamia .
  6. Xenofonte .
  7. Aqui, en Lirneso, Aquiles tomou como escrava a Briseida , que protagonizaria o enfado de Aquiles con Agamenon e a retirada daquel da contenda.
  8. Iliada VI, 77-81.
  9. Hixino da as cifras de cantos inimigos mataron os principais heroes aqueos e troianos: Eneas matou a 28 inimigos, so por detras de Heitor, con 31; foron superados con creces por Aquiles, con 72, e Patroclo, con 53 (Hixino: Fabulas 114 e 115).
  10. Por exemplo, estivo a piques de resultar morto dunha pedrada por Diomedes , pero Afrodita impediuno e resultou ferida por este; Apolo salvouno, obrigando a Diomedes a retirarse, e logo levouno, envolto nunha nube, o seu santuario en Pergamo , onde foi curado por Leto e Artemis (Homero, Iliada V, 437). Mais adiante, tamen foi atacado por Aquiles e foi Poseidon que debeu intervir para salvalo, pois estaba escrito que Aquiles era o unico dos aqueos que podia matar a Eneas (lembrese que Poseidon apoiaba os gregos nesta guerra).
  11. Lembrese que a Iliada remata coa morte de Heitor.
  12. Contase que Anquises foi castigado por Zeus, que lle lanzou un raio por revelar (nunha bebedela, segundo Hixino , 94, 1) que o pai de Eneas era a deusa Afrodita, e quedou paralitico.
  13. Escultura de madeira de Atenea , que se cria caida do ceo en Troia. Na Iliada contase que Odiseo e Diomedes protagonizaran unha incursion na cidade e que roubaran a estatua do Paladio (Canto X), se ben as lendas romanas afirman que o que roubaron foi unha copia que era o que estaba exposto o publico (Robert Graves, px. 748).
  14. Robert Graves, px. 753.
  15. O heroe citereo e Eneas, chamado asi pola sua nai Afrodita, que veu nacer, levada polas ondas, na beira da illa Citerea. Antandros ou Antandro e unha cidade costeira da Troade, proxima a Troia. Polidoro foi un dos fillos de Priamo, que este enviou a Tracia para salvalo do asedio a cidade; dise que foi asasinado por Polimestor no intento dos aqueos de exterminar a linaxe de Priamo. A cidade de Apolo e Delfos, onde o deus tina o seu santuario.
  16. Robert Graves, px. 757. A unica outra familia troiana que respectaron os gregos foi a de Antenor, que fora partidario de devolver a Helena a Menelao e rematar a guerra, como tamen o era o propio Eneas. Antenor fora autorizado por Priamo a negociar a paz con Agamenon, ainda que traicionou o rei de Troia; dixolle a Agamenon que podia contar coa axuda de Eneas.
  17. De feito, a pesar da profecia de Afrodita, Eneas nunca foi rei de Troia, pois cando el fuxiu da cidade ainda esta vivo o rei lexitimo, Priamo.
  18. Robert Graves, px. 757.
  19. O seu antecesor Dardano, que fundara Troia, nacera ali.
  20. Hixino: Fabulas 273, 14.
  21. Elvira Barba, px. 496.
  22. Virxilio: Eneida I, 124-139.
  23. A lenda conta que Dido vina fuxindo do seu irman, que matara o seu home e queria roubarlle as suas riquezas. Dido pediu refuxio os nativos e estes permitironlle tomar todo o terreo que puidese cubrir unha pel de boi. O que fixo foi cortar a pel en finisimas tiras que foi atando unha a outra ata conseguir unha longa corda que lle permitiu delimitar un amplo territorio para levantar a sua cidade. E os nativos tiveron que cumprir a sua promesa.
  24. Instigada por Afrodita.
  25. Narracion a aque Virxilio dedica os capitulos II e III.
  26. Lembrese que Hefesto tamen lle fixo a armadura a Aquiles, despois de que Heitor despoxara da sua a Patroclo.
  27. Carmona Muela: Iconografia clasica , px. 128.
  28. Dentro da habitual manipulacion historica protagonizada polos emperadores romanos e, neste caso particular, por Octavio Augusto , que recorre a figura de Eneas, ou a de Romulo e Remo, para reflictir a sua refundacion de Roma. No Foro de Augusto entronca a sua linaxe -da dinastia Xulio-Claudia- coas estatuas de Eneas e Romulo (Elvira Barba, px. 517).

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]