한국   대만   중국   일본 
Elephantidae - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Elephantidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elefantidos
Rango fosil: Plioceno - Presente

Elefantes africano (esquerda) e asiatico (dereita)
Clasificacion cientifica
Dominio: Eukaryota
Reino : Animalia
Superfilo: Deuterostomia
Filo : Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase : Mammalia
Infraclase: Placentalia
Orde : Proboscidea
Familia : Elephantidae
Gray , 1821
Xeneros e especies

Vexase o texto

Os elefantidos ( Elephantidae ) son unha familia de mamiferos placentarios da orde Proboscidea . Antigamente clasificabanse, xunto con outros mamiferos de pel grosa, na orde agora invalida dos paquidermos (Pachydermata). Existen hoxe en dia tres especies e diversas subespecies . Entre os xeneros extintos desta familia salientan os mamuts .

Elefante salvaxe indio do bosque de Marayoor , Munnar , Kerala .

Os elefantes son os animais terrestres mais grandes que existen no presente. [ 1 ] O periodo de xestacion e de 22 meses, o mais longo en calquera animal terrestre. O peso o nacer usualmente e de 120 kg. Normalmente viven de 50 a 70 anos, pero rexistros antigos documentan idades maximas de 82 anos. [ 2 ] O meirande elefante do que se ten rexistro pesou arredor de 11 000 kg ( Angola , 1956), [ 3 ] chegando a unha altura na cernella de 3,96 m, un metro mais alto que o elefante africano medio. [ 4 ] O elefante mais pequeno, de arredor do tamano dunha cria ou un porco grande, e unha especie prehistorica que existiu na illa de Creta , Mammuthus creticus , durante o Plistoceno . [ 5 ]

Xeneros actuais [ editar | editar a fonte ]

Os elefantes actuais clasificanse en dous xeneros distintos, Loxodonta (elefantes africanos) e Elephas (elefantes asiaticos), pertencentes a duas tribos distintas. Clasicamente reconecianse duas especies, unha en cada xenero, mais hai un debate entre os cientificos sobre se as duas subespecies africanas son en realidade duas especies distintas, en cuxo caso estariamos a falar en total de tres especies de elefantes. Reconecense as seguintes especies e subespecies : [ 6 ]

Loxodonta africana - elefante africano de sabana.
Loxodonta cyclotis - elefante africano da selva.
Loxodonta adaurora
Loxodonta africana pharaoensis
Loxodonta atlantica
Loxodonta exoptata
Elephas maximus . Unha soa especie con tres subespecies vivas:
Elephas maximus maximus - elefante de Sri Lanka .
Elephas maximus indicus - elefante indio.
Elephas maximus sumatranus - elefante de Sumatra .
Elephas maximus asurus
Elephas maximus rubridens
Elephas antiquus
Elephas beyeri
Elephas celebensis
Elephas chaniensis
Elephas creticus
Elephas creutzburgi
Elephas cypriotes
Elephas ekorensis
Elephas falconeri
Elephas iolensis
Elephas melitensis
Elephas mnaidriensis
Elephas namadicus
Elephas namadicus
Elephas naumanni
Elephas planifrons
Elephas platycephalus
Elephas recki

O elefante de Borneo ( Elephas maximus borneensis ) e o elefante de Malaisia ( Elephas maximus hirsutus ) son clasificados actualmente como Elephas maximus indicus . [ 6 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "African Elephant" . National Geographic . Arquivado dende o orixinal o 19 de xuno de 2012 . Consultado o 16 de xuno de 2007 .  
  2. "Elephants - Asian & African Facts, Information & Pictures" . Asian & African Facts, Information & Pictures (en ingles) . Consultado o 18 de xaneiro de 2016 .  
  3. Fenykovi, Jose (4 de xuno de 1956). "The Biggest Elephant Ever Killed By Man" . USA: CNN. p. 7. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012 . Consultado o 06 de outubro de 2018 .  
  4. "Animal Bytes: Elephant" . San Diego Zoo . Consultado o 16 de xuno de 2007 .  
  5. Bate, D.M.A. 1907. ≪On Elephant Remains from Crete, with Description of Elephas creticus ≫ sp.n. Proc. zool. Soc. Londres: 238-250.
  6. 6,0 6,1 "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed)." . Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012 . Consultado o 06 de outubro de 2018 .