한국   대만   중국   일본 
Edwin de Northumbria - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Edwin de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdwin de Northumbria

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (en) Saint Edwin Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   586 Editar o valor em Wikidata
Reino de Deira Editar o valor em Wikidata
Morte 12 de outubro de 633 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Hatfield Chase (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Abadia de Whitby Editar o valor em Wikidata
Rei de Deira
616 (Gregoriano)  ? 632 (Gregoriano)
←  Æthelfrith de Northumbria ? Osric de Deira  →
Rei de Deira
616 (Gregoriano)  ? 12 de outubro de 633 ? Osric de Deira  →
Rei de Bernicia
616 (Gregoriano)  ? 632 (Gregoriano)
←  Æthelfrith de Northumbria ? Eanfrith de Bernicia  →
Rei de Bernicia
616 ? 12 de outubro de 633 ? Eanfrith de Bernicia  →
Rei de Northumbria
616 ? 12 de outubro de 633
←  Æthelfrith de Northumbria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Reino de Deira
Bernicia Editar o valor em Wikidata
Relixion Paganismo xermanico e Cristianismo calcedonio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion monarca Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Dia de festividade relixiosa 12 de outubro Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe Etelburga de Kent (625 (Gregoriano) ?)
Cwenburh
Fillos Eanfleda de Deira
  ( ) Etelburga de Kent (pt) Traducir
Æthelhun (?) (en) Traducir
  ( ) Etelburga de Kent (pt) Traducir
Æthelthryth (?) (en) Traducir
  ( ) Etelburga de Kent (pt) Traducir
Eadfrith (?) (en) Traducir
  ( ) Cwenburh (en) Traducir
Osfrith (?) (en) Traducir
  ( ) Cwenburh (en) Traducir
Wuscfrea (?) (en) Traducir
  ( ) Etelburga de Kent (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pai Aella de Deira Editar o valor em Wikidata
Irmans Acha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Deira-6

Edwin (tamen conecido como Eadwine , ?adwine ou Æduini en ingles antigo ), nado c. 586 e finado o 12 de outubro de 633 , foi rei de Deira e de Bernicia , conecidos mais tarde conxuntamente baixo o nome de Northumbria. O seu reino durou desde 616 ate a sua morte. Converteuse ao cristianismo e foi bautizado no ano 627 . Tras a sua morte na Batalla de Hatfield Chase foi venerado como santo .

Edwin foi fillo de Aella , rei de Deira. A sua irma Acha estivo casada con Aethelfrith , rei do vecino reino de Bernicia . Foi tio de Hereric (morreu c. 604 ), o cal foi pai da abadesa Hilda de Whitby e Hereswith , esposa do irman do rei Anna de Anglia Oriental .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Infancia e exilio [ editar | editar a fonte ]

A Cronica Anglosaxoa conta que despois da morte de Aella un tal Aethelric asumiu o poder. A identidade exacta de Aethelric e incerta. Puido ser un irman de Aella, un irman mais vello de Edwin, un nobre calquera, ou o pai de Aethelfrith. O mesmo Aethelfrith foi tamen probabelmente rei de " Northumbria " (Deira e Bernicia xuntos) desde non despois de 604 . Durante o reino de Aethelfrith, Edwin estivo no exilio. A localizacion do seu temperan exilio como neno e desconecida, pero alguns relatos de Rexinaldo de Durham e Godofredo de Monmouth , situan a Edwin no Reino de Gwynedd , acollido polo rei Cadfan ap Iago , o que explicaria o posterior conflito entre Edwin e o seu suposto irman adoptivo Cadwallon. Sobre os anos 610 atopabase en Mercia , baixo a proteccion do rei Cearl , con cuxa filla Cwenburg casou.

Sobre o ano 616 , Edwin atopabase en Anglia Oriental , agora baixo a proteccion do rei Raedwald . O monxe historiador Beda conta que Aethelfrith queria que Raedwald asasinase a Edwin, o seu indesexado rival, e que Raedwald estivo en disposicion de facelo, de non ser porque a sua esposa o persuadiu xusto a tempo. Pola contra, Raedwald enfrontouse a Aethelfrith nunha batalla preto do rio Idle en 616 , na cal Aethelfrith, e o fillo de Raedwald, Raegenhere , morreron. Edwin foi coroado rei de Northumbria, nomeando a Raedwald como Bretwalda ; os fillos de Aethelfrith exiliaronse a Dalriada e Pictavia. O feito de que Edwin se fixese co poder, non so da sua terra natal, Deira , senon tamen de Bernicia , puido deberse ao apoio de Raedwald, de quen probabelmente seguiu sendo subdito a principios do seu reinado. O reinado de Edwin marca unha interrupcion no ferreo dominio de Northumbria polos bernicianos .

Edwin como rei [ editar | editar a fonte ]

Reinos de Inglaterra circa 600.

Coa morte de Aethelfrith, e do poderoso Aethelberht de Kent no mesmo ano, Raedwald e o seu aliado Edwin estaban nunha boa posicion para se faceren co dominio de toda Inglaterra , e asi o fixo Raedwald ate a sua morte, unha decada despois. Edwin anexionou o pequeno reino britano de Elmet despois da morte do seu rei Ceretic . Elmet fora probabelmente un reino vasalo de Mercia e a partir dese momento, de Edwin. O reino de Lindsey , moito mais extenso, foi sometido probabelmente despois de c. 625 , tras a morte do rei Raedwald.

Por esas datas Edwin e Eadbald de Kent eran aliados, e como a sua primeira esposa Cwenburg xa morrera, Edwin expuxose casar coa irma de Eadbald, Aethelburg de Kent . Segundo Beda , Eadbald so aceptaria que a sua irma casase con Edwin se este se convertia ao cristianismo . O matrimonio da merovinxia Berta con Aethelberht de Kent , os pais de Eadbald, resultara na conversion ao cristianismo de Kent , e o de Aethelburg con Edwin faria o mesmo en Northumbria.

A expansion cara a occidente de Edwin puido comezar a principios do seu reinado. A principios dos anos 620 hai evidencias dunha guerra entre Edwin e Fiachnae mac Baetain de Dal nAraidi , rei de Ulaid en Irlanda . Sabese que existiu un poema, perdido posteriormente, que facia reconto das campanas de Fiachnae contra os saxons , e os anais Irlandeses relatan a toma ou asedio de Bamburg, en Bernicia , nos anos 623-624. A morte de Fiachnae no ano 626 , a mans do seu homonimo, Fiachnae mac Demmain dos Dal Fiatach, e a morte deste un ano despois na batalla contra Dalriada , probabelmente facilitaron a Edwin as suas conquistas na provincia maritima de Irlanda .

En tempos de Edwin, as guerras entre reinos vecinos formaban parte da rutina, producianse regularmente, mesmo anualmente, para asi obter tributos e escravos.

A casa real mudabase regularmente dunha “cidade real” a outra, consumindo a comida ofrecida polos subditos, cobrando tributo das facendas, dispensando xustiza, e asegurandose de que a autoridade real se fixese presente por todo o reino. As cidades reais nos tempos de Edwin foron, entre outras, Yeavering en Bernicia , onde se descubriron rastros dun anfiteatro feito de madeira; Campodunum en Elmet (quizais Barwick ), Sancton en Deira e Goodmanham , o lugar onde o sacerdote pagan Coifi destruiu os idolos, segundo Beda . O reino de Edwin incluia as cidades romanas de York e Carlisle , e parece ser que ambas foron de importancia no seculo VII , ainda que non esta claro se a vida urbana continuou durante este periodo.

A conversion de Edwin ao Cristianismo [ editar | editar a fonte ]

A version de Beda acerca da conversion de Edwin destaca dous acontecementos importantes. O primeiro produciuse durante o exilio de Edwin, e conta como Paulino de York lle salvou a vida. O segundo evento ocorreu tras o seu matrimonio con Aethelburg, cando un axente de Cwichelm de Wessex o tentou asasinar en York , o dia de pascua do 626 . Estes sucesos influirian na decision de Edwin de permitir o bautizo da sua filla Eanflæd e ademais prometeu adoptar o cristianismo se a sua campana contra Cwichelm fose exitosa. A parte destes feitos, a representacion xeral que Beda fai de Edwin, e a dun rei indeciso, medorento de afrontar riscos, e sen capacidade de decidir se ser cristian ou non.

Ademais, a influencia da raina Aethelburg non pode ser ignorada xa que, sendo da dinastia merovinxia , era cristia e evanxelizadora por natureza e, por tanto, tal e como o fixo a sua nai co seu pai, teria a intencion de converter a Edwin. Tamen houbo cartas que o papa Bonifacio V mandou a Edwin e a Aethelburg, o que demostra o esforzo do papa en cristianizar a illa. Dado que Kent estaba baixo influencia dos francos , estes estaban tamen interesados en converter aos seus parentes xermanicos , e en estender o seu poder e influencias. Beda fai referencia ao bautizo de Edwin e dun dos seus comandantes, o 12 de abril de 627 . O fervor de Edwin, segundo Beda, levou a que o fillo de Raedwald, Eorpwald tamen se convertese ao cristianismo .

Edwin como Rei Supremo [ editar | editar a fonte ]

O primeiro obstaculo para Edwin veu pouco despois do seu matrimonio e alianza con Kent , en Canterbury no veran de 625. Ao ofrecer a sua proteccion a reis menores, como o rei de Wight , Edwin arruinou as ambicions de Cwichelm de Wessex. A resposta de Cwichelm foi mandar un asasino, como xa se comentou. Edwin non reaccionou inmediatamente a esta afronta, o que suxire que, ou ben se sentia incapaz de facelo, ou que a descricion que Beda fai del como lider indeciso era certa. Despois do infrutuoso intento de asasinato, Edwin comprometeuse a se converter ao cristianismo se daba derrotado a Cwichelm.

Edwin foi o rei mais poderoso dos gobernantes anglosaxons desde 627 ate a sua morte, reinando en Bernicia , Deira , gran parte de Mercia , a Illa de Man e Anglesey . A sua alianza con Kent , a debilidade de Wessex e as suas recentes vitorias deronlle poder e autoridade. O imperium , como Beda o chamou, que Edwin posuia foi logo asimilado ao concepto de Bretwalda , inventado posteriormente polos reis saxons no seculo IX.

Como simbolo da sua autoridade sobre os outros reis, Edwin adoitaba soster unha tufa (un feixe de as nunha xavelina ou lanza, unha insignia militar de orixe romana ) que lle conferia popularidade e respecto. Tamen recibia tributo dos principes de Gales . Baixo a sua soberania as leis foron tan respectadas que, tal como testemuna Beda o Venerable , se dicia que unha muller poderia viaxar a traves da illa cun bebe no seu peito sen temor de ser insultada .

O suposto medio irman de Edwin Cadwallon aparece na historia c. 629 , pero Cadwallon foi derrotado e, ou ben se rendeu a autoridade de Edwin ou se exiliou. Coa derrota de Cadwallon, a autoridade de Edwin parece haberse mantido estabel por varios anos, ata que Penda de Mercia e Cadwallon se rebelaron contra el en 632-633.

Morte e legado [ editar | editar a fonte ]

Edwin foi derrotado por Penda e Cadwallon na batalla de Hatfield Chase no outono de 633 , perdendo a vida. Dos dous fillos maiores que Edwin tivo con Cwenburg de Mercia, Osfrith morreu tamen en Hatfield Chase, e Eadfrith foi capturado por Penda de Mercia e asasinado un tempo despois.

Os seus restos foron levados a Whitby, pero a sua cabeza, posto que foi decapitado, levouse a igrexa de Saint Peter, en York , onde ainda se atopa.

Despois da morte de Edwin, a raina Aethelburg e Paulino de York , volveron a Kent , levando consigo ao seu fillo Uscfrea, a sua filla Eanflæd de Deira, e ao fillo de Osfrith, Yffi, para exiliarse con eles. Uscfrea e Yffi foron enviados a corte de Dagoberto I , rei dos francos , parente de Aethelburg, pero morreron pouco despois. Eanflæd viviu para casar co seu primo, o rei Oswiu de Northumbria , fillo de Acha e Aethelfrith. Tamen se converteu en santa, do mesmo xeito que os seus pais.

O reino de Edwin foi dividido despois da sua morte. O seu sucesor foi Osric , fillo do tio paterno de Edwin Aelfric, en Deira , e por Eanfrith , fillo de Aethelfrith e a irma de Edwin Acha, en Bernicia . Os dous converteronse ao paganismo , e os dous foron asasinados por Cadwallon. Posteriormente, o irman de Eanfrith, Oswald derrotou e deu morte a Cadwallon e uniu a Northumbria unha vez mais. Desde ese momento, con excepcion de Oswine fillo de Osric, o poder de Northumbria estivo en mans dos idaneses , os descendentes de Ida de Bernicia , ate mediados do seculo XIII .

Despois da sua morte, Edwin foi venerado como santo por alguns, ainda que o seu culto foi substituido en gran medida polo mais popular culto a Oswald , quen foi asasinado en 642 . Ambos morreron en batalla a mans de inimigos comuns, os britanos e os pagans de Mercia , o que fixo que ambos fosen vistos como martires polos anglos; Con todo, o trato que Beda da a Oswald demostra que o percibia como un santo indiscutibel, un status que non lle conferiu a Edwin.

O reconecemento de Edwin de Northumbria procede en gran parte das referencias de Beda , escritas desde o punto de vista ingles e cristian , e basease principalmente na sua traballosa conversion ao cristianismo . O seu reino unido do norte non sobreviviu a sua morte, nin tampouco o proselitismo ao cristianismo do seu reino, xa que os seus sucesores renunciaron ao cristianismo e reconverteronse a sua primitiva relixion paga. Cando se compara o reinado de Edwin co do seu cunado pagan Aethelfrith, ou co dos fillos de Aethelfrith, ou co do pagan Penda de Mercia , ponse de manifesto que a sua figura non era tan importante na primeira metade do seculo VII. Poida que os feitos mais significantes do reinado de Edwin fosen as suas derrotas, o apoxeo de Penda e Mercia , e o retorno do exilo irlandes dos fillos de Aetrhelfrith, quen uniron o reino de Northumbria coas provincias maritimas irlandesas por varias xeracions.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]