한국   대만   중국   일본 
Ovella Dolly - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ovella Dolly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Dolly ≫)
Os restos disecados de Dolly estan exhibidos no Museo Real de Escocia.

A ovella Dolly , nada o 5 de xullo de 1996 e finada o 14 de febreiro de 2003 , foi o primeiro mamifero clonado a partir dunha celula adulta. Os seus creadores foron os cientificos do Instituto Roslin de Edimburgo ( Escocia ), Ian Wilmut e Keith Campbell .

Vida de Dolly [ editar | editar a fonte ]

O seu nacemento non foi anunciado ate sete meses despois, o 23 de febreiro de 1997 .

Dolly foi o resultado dunha transferencia nuclear dende unha celula doante diferenciada a un ovulo non fecundado e anucleado, implantado despois nunha femia portadora. A celula da que vina Dolly era unha celula xa diferenciada ou especializada, procedente dun tecido concreto, a glandula mamaria , dun animal adulto (unha ovella Fin Dorset de seis anos), o cal supuna unha novidade. Ate ese momento criase que so se podian obter clons dunha celula embrionaria , e dicir, non especializada. Cinco meses despois naceu Dolly, que foi o unico cordeiro resultante de 277 fusions de ovulos conformados con nucleos de celulas mamarias.

A modo de curiosidade, salientar que a irma de Dolly, Monka , non puido ser clonada.