한국   대만   중국   일본 
Dinastia carolinxia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Dinastia carolinxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Dinastia Carolinxia ≫)
Modelo:Xeografía políticaDinastia carolinxia
Imaxe

Localizacion
Xeografia
Parte de

BNE: XX527805

A dinastia carolinxia [ 1 ] (chamada asi por Carlos Martel ) e a linaxe de reis francos que gobernaron Europa Occidental entre os seculos VIII e X .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Arnulfo de Metz da familia dos arnulfinos e Pipino o Vello da dos pipinidas unironse e formaron unha verdadeira dinastia a traves dos matrimonios dos seus fillos. Os carolinxios xa ostentaban o poder desde 639 ainda que non como reis (que durante mais dun seculo seguirian sendo os merovinxios ), senon como mordomo de palacio .

O mordomo de palacio Pipino o Breve (descendente de Carlos Martel e de Pipino o Vello ), que tras destronar ao merovinxio Khilderico III , rei dos francos e con apoio do Papa fixo oficial o seu poder de facto. Pipino foi sucedido no trono franco por Carlos ( Carlomagno ) e Carloman . O primeiro, anos mais tarde, expandiria o seu poder por toda Europa Occidental e seria coroado no Nadal do ano 800 en Roma emperador de Occidente.

O Imperio Carolinxio , como e chamado polos historiadores o vasto territorio que uniu Carlomagno baixo o seu reinado, disgregouse poucas decadas despois, trala morte do fillo de Carlomagno, Lois I o Piadoso ou Ludovico Pio, cando os tres fillos deste (Carlos, Lotario e Lois) se repartiron o imperio mediante o Tratado de Verdun ( 843 ). O poder da dinastia enton foi diminuindo. Na pola xermanica, a do Sacro Imperio Romano Xermanico , os carolinxios mantiveron o poder ata o seculo X. En Francia , os herdeiros do fillo de Lois I o Piadoso, Carlos II o Calvo , gobernaron ata 987 , cando foron substituidos pola dinastia dos Capetos .

Durante anos, a dinastia carolinxia desenvolveu unha arte propia de grande influencia en Europa, pois o Imperio Carolinxio foi centro da politica europea durante decadas (vexase arte carolinxia ). A cultura carolinxia tamen gozou de gran prestixio, e os historiadores falan dun verdadeiro " renacemento carolinxio ", baseado na difusion cultural e no ensino nas escolas da epoca. O estilo arquitectonico da epoca, que era unha forma da arte prerromanica , tamen se denomina "estilo carolinxio".

Os sucesores de Carlomagno non souberon combinar os elementos politicos, e o costume xermanico de dividiren o territorio entre todos os fillos do soberano, acabaron por desmembrar a obra de Carlomagno. Cando a lina oriental acaba coa morte en 911 de Lois o neno toman o trono os otons . En Franconia Occidental mantenen o poder os carolinxios ata o 987 , cando son desprazados pola dinastia dos Capetos .

Gobernantes [ editar | editar a fonte ]

Unha arbore xenealoxica Carolinxia, do Chronicon Universale do Ekkehard de Aura , seculo XI .

Mordomos de Palacio carolinxios [ editar | editar a fonte ]

Reis carolinxios [ editar | editar a fonte ]

Emperadores carolinxios [ editar | editar a fonte ]

Reis de Francia Orientalis [ editar | editar a fonte ]

Reis de Italia [ editar | editar a fonte ]

Reis de Lotarinxia [ editar | editar a fonte ]

Reis de Francia Occidentalis [ editar | editar a fonte ]

Reis de Aquitania [ editar | editar a fonte ]

Reis de Borgona [ editar | editar a fonte ]

Outros soberanos [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]