Debian GNU/Linux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debian GNU/Linux
Debian logo
Debian GNU/Linux 11 (Bullseye) co escritorio GNOME
Desenvolvedor Debian Project
Familia de S.O. Unix-like
Lanzamento 16 de agosto de 1993
Interface de usuario GNOME , KDE , Xfce ou LXDE
Licenza Software libre , principalmente GNU GPL , e outras
Ultima version estable 11.0 (Bullseye) 14 de agosto de 2021
Sitio web www.debian.org

Debian GNU/Linux , organizada a traves do Proxecto Debian , e unha distribucion Linux de software libre moi usada e desenvolvida a traves da colaboracion de voluntarios de todo o mundo. Dende os seus comezos, o sistema Debian GNU/Linux , basease no Kernel de Linux , con moitas tarefas basicas do sistema operativo realizadas co software do Proxecto GNU .

Debian e conecida polo seu seguimento da filosofia de Unix e do software libre e pola abundancia de opcions ?a version actual inclue sobre quince mil paquetes de software para once arquitecturas de computador. Debian GNU/Linux e a base de moitas outras distribucions como Knoppix , Ubuntu Linux , a galega Trisquel , ou a desenvolvida pola Asociacion Galega de Usuarios de Linux (AGNIX) GNIX .

Debian tamen e moi conecida polo seu sistema de empaquetamento APT , polas suas estritas politicas de mantemento da calidade dos seus paquetes e version e polo seu sistema aberto de desenvolvemento e probas. Estas practicas permiten faciles instalacions e eliminacions de paquetes de software sen reiniciar o computador.

Debian financiase mediante doazons a traves da Software in the Public Interest , que patrocina diversos proxectos de software libre.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Debian foi creada en 1993 por Ian Murdock , un estudante da Universidade de Purdue , que escribiu o Debian Manifesto (Manifesto Debian) , para a creacion dunha distribucion de Linux para ser mantida dunha maneira aberta, no espirito de Linux e a GNU. Escolleu o nome combinando o nome de pia da que daquela era a sua noiva (actual esposa), ≪Debra≫ co seu propio nome ≪Ian≫, formando o acronimo ≪Debian≫, pronunciandose tal como se escribe.

O proxecto Debian medrou ao principio lentamente e as primeiras versions 0.9x lanzaronse en 1994 e 1995. As primeiras portaxes a outras arquitecturas comenzaron en 1995 e a primeira version 1.x de Debian foi lanzada en 1996. Tamen en 1996 Bruce Perens substituiu a Ian Murdock como lider do proxecto. Como suxestion do desenvolvedor Ean Schuessler , guiou o proceso de edicion do Contrato Social Debian e as Debian Free Software Guidelines , definindo os compromisos fundamentais para o desenvolvemento da distribucion. Tamen iniciou a creacion da organizacion que a ampara, Software in the Public Interest .

Bruce Perens deixouno en 1998 antes da publicacion ( release ) da primeira Debian baseada en glibc , 2.0. O proxecto procedeu a elixir novos lideres e facer duas publicacions mais 2.x, cada unha incluindo mais portes e mais paquetes. APT (Ferramenta avanzada de empaquetamento) foi creada durante este tempo e o primeiro porte a un Kernel non-Linux, Debian GNU/Hurd , tamen foi comezado. As primeiras distribucions Linux baseadas na Debian, Corel Linux e Stormix apareceron en 1999. Ainda que non continuaron, esas distribucions foron as primeiras de moitas distribucions baseadas na Debian .

A finais de 2000 o proxecto fixo grandes cambios para a xestion de publicacions e o arquivado. Reorganizou o proceso de arquivo de software a cos "bancos de paquetes" ( package pools ) e creando a pola "testing" (probas) coma unha continuacion do desenvolvemento, unha area relativamente estable para as novas publicacions. En 2001,¡ os desenvolvedores comezaron a ter un congreso anual chamado Debconf , con charlas e obradoiros para desenvolvedores e usuarios tecnicos.

Olle A Brief History of Debian para unha historia mais extensa.

Datas de publicacion de Debian [ editar | editar a fonte ]

A ultima version de Debian chamase Wheezy . No 2013 , a ultima version estable e a 7.1, conecida como Wheezy .

Ademais, unha version estable recibe pequenas actualizacions (chamadas revisions puntuais ) marcadas, por exemplo, 3.0r1.

Lista das datas de publicacion das distintas versions de Debian e o seu nome clave :

Como consecuencia de que un distribuidor non oficial fixo unha version denominada "1.0", nunca existiu unha version oficial chamada "1.0". A seguinte version que segue a 3.1 (a 4.0) ten o nome clave etch tina o seu lanzamento previsto para o Nadal de 2006, mais quedou adiado ata o 2 de abril de 2007 http://lists.debian.org/debian-devel-announce/2007/03/msg00012.html .

Os nome claves das edicions de Debian son nomes das personaxes do filme de animacion 3D Toy Story .

Ir a http://debian.semistable.com/releases.gif para ver un grafico coas datas de publicacion, actualizacions, e seguridade.

Adaptacions a varios nucleos [ editar | editar a fonte ]

O Proxecto describese a si mesmo como a creacion do "Sistema Operativo Universal" e esta desenvolvendo portes a diversos nucleos de Sistemas Operativos:

Ainda non apareceron versions oficias de portes a nucleos diferentes de Linux, asi que actualmente Debian e exclusivamente unha distribucion GNU/Linux.

Desenvolvemento de versions [ editar | editar a fonte ]

Os paquetes de software en desenvolvemento son subidos as polas chamadas unstable ("inestabel"; tamen conecida por sid ) e a experimental .

Normalmente os paquetes de software subidos a pola unstable son versions publicadas polo desenvolvedor orixinal upstream (na pola de desenvolvemento) que xa son por elas mesmas estables, pero con empaquetado e outras modificacions especificas da Debian introducidas polos desenvolvedores Debian que poden ser novas e non testadas. O software que e mesmo inestable, que non esta preparado para a pola unstable , colocase na pola experimental .

Despois de que un paquete de software permanecera en unstable unha certa cantidade de tempo, e dependendo da urxencia dos cambios na nova version, ese paquete e automaticamente migrado a outra pola chamada testing ("probas"). Se non hai erros mais serios ( release-critical , "criticos se publicados") no paquete son reportados e se os outros paquetes dos que o paquete depende para o funcionamento, son cualificados para incluirse en testing polo mesmo criterio.

Debido a que as actualizacions para os paquetes de software Debian entre publicacions oficiais non contenen novas caracteristicas, as polas testing e unstable son empregadas por alguns para os seus paquetes mais novos. Poren, o software en testing e unstable e menos testado; no final, as veces, as actualizacions incautas poden quebrar seriamente a funcionalidade operativa do software.

Organizacion do proxecto [ editar | editar a fonte ]

Diagram of the organisational structure of the Project

O Proxecto Debian e unha organizacion voluntaria con tres documentos fundacionais:

  • O Contrato Social Debian define un conxunto de principios basicos polos cales se rexen o proxecto e seus desenvolvedores.
  • As Directrices de Software Libre Debian definen o criterio de "software libre" e tamen que software e permisible na distribucion, tamen referenciado no Contrato Social. Estas directrices foron ademais adoptadas coma as bases da Definicion de Codigo Aberto .
  • A Constitucion Debian describe a estrutura organizativa para a toma formal de decisions dentro do Proxecto, e enumera os poderes e responsabilidades do Lider do Proxecto Debian, o Secretario do Proxecto Debian, e dos Desenvolvedores Debian en xeral.

Actualmente, o proxecto inclue varios miles de desenvolvedores. Cada un deles manten algunha posicion no proxecto, sendo mantemento de paquetes , documentacion do software , mantemento da infraestrutura do proxecto, seguranza de calidade , ou coordinacion nas liberacions. Os mantedores de paquetes tenen xurisdicion sobre os seus propios paquetes, ainda que incrementalmente co-mantidos. Outras tarefas son xeralmente de dominio mais reducido, mais grupos de desenvolvedores en colaboracion.

O proxecto manten listas de correo e conferencias oficiais para a comunicacion e coordinacion entre desenvolvedores. Para cuestions cun unico paquete ou dominio, un sistema de seguimento de bug e empregado tanto por desenvolvedores coma por usuarios finais. Informalmente, canles de IRC (principalmente na OFTC e nas redes Freenode son usadas para a comunicacion entre desenvolvedores tamen coma por usuarios.

Xuntos, os desenvolvedores poden tomar decisions xerais comprometidas polo camino dunha Resolucion Xeral ou eleccion. Toda votacion conducese polo Cloneproof Schwartz Sequential Dropping , un Metodo Conducido de votacion. O Lider do Proxecto e elixido cada ano por unha votacion dos Desenvolvedores. O lider do Proxecto Debian ten varios poderes especiais, mais este poder esta lonxe do absoluto, e e raramente usado. Baixo unha Resolucion Xeral, os Desenvolvedores poden, entre outras cousas, destituir o lider, dar volta atras a unha decision por seu ou os seus delegados, ou emendar a constitucion e outros documentos fundacionais.

O Lider algunhas veces delega autoridade noutros desenvolvedores a peticion deles para realizar tarefas especiais. Xeralmente isto significa que o lider delega en alguen para comezar un novo grupo para unha nova tarefa, e gradualmente conseguir formar un equipo que continue o traballo e regularmente expanda ou reduza as suas linas como pensen que e mellor e como as circunstancias o permitan.

Talvez unha persoa mais importante para a Debian que o Lider e o Administrador de Publicacion , que e quen marca as metas para a proxima liberacion "stable", supervisa o proceso, e toma a decision final sobre cando liberar.

Unha lista de moitos postos importantes no Proxecto Debian esta disponible en a paxina web da organizacion da Debian .

Desenvolvedor, recrutamento, motivacion e dimision [ editar | editar a fonte ]

O Proxecto Debian ten un fluxo estable de solicitantes desexando chegar a ser Desenvolvedores. Estes solicitantes deben pasar por un elaborado proceso de investigacion que establece a sua identidade, motivacion, comprension das metas do Proxecto (encarnado no Contrato Social), e competencia tecnica. Mais informacion no proceso do "Novo Mantedor" esta disponible na paxina do Novo Mantedor da Debian

Os Desenvolvedores da Debian unense ao Proxecto por calquera numero de razons; algunhas que foron citadas no pasado incluen:

  • o desexo a contribuir ao comunidade do software libre (practicamente todos os solicitantes son usuarios de software libre );
  • un desexo de ver algunha tarefa dun software especifico cumprida (alguns ven a comunidade de usuarios Debian coma un valioso campo de probas para novo software);
  • un desexo para facer, ou gardar, a competitividade do Software Libre contra o alternativas propietarias ;
  • un desexo de traballar de preto con xente que comparte algunhas das suas aptitudes, intereses, e metas (hai un forte sentido de comunidade dentro do Proxecto Debian que alguns solicitantes non experimentan nos seus traballos remunerados);
  • un simple gozo do proceso interactivo do desenvolvemento do software e do mantemento (alguns desenvolvedores tenen case un nivel obsesivo de dedicacion a refinar e perfeccionar o software).

Os Desenvolvedores de Debian poden dimitir dos seus postos en calquera momento abandonando os paquetes dos que eles era responsables e notificando aos desenvolvedores e ao mantedor da keyring (asi a sua autorizacion de subida pode ser revogada).

Ciclo de vida dos paquetes de Debian [ editar | editar a fonte ]

Cada paquete de Debian ten un mantedor que se manten ao tanto das publicacions dos autores do software e se asegura de que o paquete cumpre coa "Debian Policy", coherente co resto da distribucion, e cumpre o padron de calidade de Debian. Nas relacions cos usuarios e outros colaboradores, o mantedor usa o sistema de reporte de erros para informar e corrixir os erros. Tipicamente, hai un so mantedor para cada paquete, pero formanse pequenos grupos de desenvolvedores que "co-mantenen" paquetes grandes e complexos.

Periodicamente, un mantedor de paquetes fai a publicacion dun paquete subindoo ao directorio "entrante" ( incoming ) do arquivo de paquetes da Debian (ou unha "subida en espera" que periodicamente transmitira os paquetes ao directorio entrante).

As subidas dos paquetes son procesadas automaticamente para asegurarse de que a subida esta ben feita (todos os requisitos dos ficheiros son cumpridos) e que todos os paquetes soportan a sinatura dixital -- producida con software compatible- OpenPGP -- dun desenvolvedor da Debian. Todoa os desenvolvedores da Debian tenen chaves publicas . Os paquetes son asinados para poder rexeitar subidas dende fora do proxecto, e para dar lugar a responsabilidades no caso de que un paquete contena un erro (Computer bug), unha violacion da politica, ou codigo malicioso.

Se o paquete entrante e atopado validamente asinado e ben construido, e instalado no arquivo nunha area chamada banco (banco de recursos, "pool") e distribuido cada dia a centos de espellos mundiais. Inicialmente, todos os paquetes aceptados subidos ao arquivo soamente son accesibles no grupo de paquetes "unstable" (pola "unstable", tamen chamada co nome en clave "Sid"), que conten as versions mais novas de cada paquete.

Poren, o novo codigo e tamen codigo non-probado, e aqueles paquetes soamente son distribuidos con absoluta limitacion de responsabilidades. Para paquetes que chegan a ser candidatos a seguinte publicacion da pola "stable" da distribucion Debian, primeiro necesitan ser incluidos no banco "testing". Os requirimentos para que un paquete sexa incluido en "testing" son:

  • debe estar en unstable a cantidade de tempo apropiada (a duracion exacta depende da "urxencia" da subida);
  • non debe ter maior numero de erros "criticos para a liberacion" presentados que os que ten na version actual en testing. Erros criticos para liberacion son aqueles erros que son considerados suficientemente serios para facer o paquete impropio para a liberacion.
  • debe ser compilado para todas as arquitecturas listadas para liberacion;
  • debe ser un paquete para unha arquitectura que estea listada para liberar (noutras palabras, paquetes para as arquitecturas que non estan programadas para ser liberadas con todo o resto nunca seran considerados para "testing")
  • non debe depender de versions de calquera paquete que non cumpra as condicions anteriores.

Asi, un erro critico para a liberacion nun paquete do cal dependen moitos paquetes, tal coma unha libraria compartida , pode evitar a entrada de moitos paquetes na area "testing", porque a libraria e considerada deficiente.

Periodicamente, o Xerente de Liberacions publica as directivas para os desenvolvedores en pedido para preparar a liberacion, e de acordo con eles finalmente decide facer a liberacion. Isto ocorre cando todo o software importante esta razoabelmente actualizado no banco de candidatos para a liberacion para todas as arquitecturas para as cales a liberacion esta pensada, e cando calquera das outras metas postas polo Xerente de Liberacions foron satisfeitas. Nese momento, todos os paquetes no banco candidato a liberacion ("testing") pasan a formar parte do banco liberado ("stable").

E posible para un paquete -- particularmente vello, estable, e raramente actualizado -- pertencer a mais que un banco ao mesmo tempo. Os bancos son simplemente coleccions de apuntadores ao paquete en "pool" mencionado anteriormente.

Critica [ editar | editar a fonte ]

Unha critica habitual a Debian e sobre as liberacions: a pola stable pode volverse demasiado vella para ser util para alguns propositos. Esta critica e oposta en alguns puntos pola existencia de:

  • Depositos ( Repositories ) de paquetes backported (versions de paquetes actualizados compilados no contorno stable ), tales coma en backports.org e apt-get.org
  • A pola testing da Debian, que conten software actualizado que e mais estable do que o seu nome indica. Formalmente a pola testing non ten soporte oficial de seguridade, pero isto no vai ser real por mais tempo a partir do 9 de setembro de 2005 http://lists.debian.org/debian-devel-announce/2005/09/msg00006.html ]. Moitas distribucions derivadas basean as suas liberacions na pola testing de Debian.

Outra critica e que algun software non esta disponible na Debian porque non satisfai os estritos requirimentos de liberdade do Proxecto, por exemplo, o Adobe Acrobat reader non esta disponible na Debian, pero hai outros visores de PDF na distribucion Debian que posiblemente carecen de certa funcionabilidade.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]