한국   대만   중국   일본 
Dario III - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Dario III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDario III

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (grc) Δαρεο?
(peo) ?????????????? Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 380 a. C. Editar o valor em Wikidata
Persia, Imperio Aquemenida Editar o valor em Wikidata
Morte 330 a. C. Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Bactria Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Persepole Editar o valor em Wikidata
Faraon
336 a. C. ? 332 a. C.
←  Artaxerxes IV ? Alexandre o Grande  →
Xa
336 a. C. ? 330 a. C.
←  Artaxerxes IV ? Artaxerxes V  →
Satrapa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Imperio Aquemenida Editar o valor em Wikidata
Relixion Zoroastrismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion monarca Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Antigo Exipto , ancient Persia (en) Traducir, A Baixa Epoca e XXXI dinastia egipcia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
Titulo Satrap of Armenia (en) Traducir (362 a. C.?336 a. C.) Editar o valor em Wikidata
Familia Dinastia aquemenida Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Estatira
Abandokht
Fillos Oco
  ( ) Estatira (pt) Traducir
Estatira (pt) Traducir
  ( ) Estatira (pt) Traducir
Dripetis (pt) Traducir
  ( ) Estatira (pt) Traducir
Ariobarzanes (en) Traducir
  ( ) Editar o valor em Wikidata
Pais Arsames (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Sisigambis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Estatira (pt) Traducir e Oxyathres of Persia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Dario III (cerca do centro) loitando contra Alexandre o Grande (a esquerda) na batalla de Issos

Dario III Codomano (en persa moderno ?????? D?riy?sch , en persa antigo D?rayavahusch o D?rayavausch ), nado circa 380 a.C. e finado en 330 a.C. , foi o ultimo rei persa da dinastia aquemenida ( 336 - 330 a.C. ).

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

No ano 338 a.C. o eunuco Bagoas, xefe da garda real, envelenou ao rei Artaxerxes III , e promoveu o ascenso de Arses , fillo de Artaxerxes. Con todo, ante o risco de que Arses puidese eliminalo, envelenou a Arses a principios do ano 336 a.C. , e intentou instalar no trono a un novo monarca que lle resultase mais facil de controlar. Elixiu para este fin a Dario, membro relativamente afastado da dinastia real, que se distinguiu en combate de campions durante a guerra contra os cadusios ( cadusii ) do noroeste de Iran ( Xustino , 10.3; Diodoro , 17.6. 1-2), e que servia nese momento como mensaxeiro real ( Plutarco , Vida de Alexandre , 18.7-8).

Dario era fillo de Arsames, fillo a sua vez de Ostanes (irman de Artaxerxes), e de Sisigambis, filla de Artaxerxes II Memnon ; o apelativo Codomano parece ser unha forma adaptada ao grego do seu verdadeiro nome, antes de adoptar o de Dario , para asi evocar a Dario I e ganar lexitimidade sobre o trono. O novo rei pronto demostrou ser mais independente e capacitado do esperado por Bagoas, que intentou recorrer de novo ao veleno para eliminar ao rei persa. Con todo, esta vez non tivo exito, xa que Dario, prevido das intencions de Bagoas, ordenoulle beber da copa envelenada que este lle ofrecia ( Diodoro 17.5.6).

Primeiros anos de reinado [ editar | editar a fonte ]

O novo rei tratou de afirmar o seu control sobre un imperio inestabel, no cal moitos dos seus territorios eran gobernados por satrapas celosos das suas prerrogativas e pouco leais, e poboados por subditos descontentos e sempre dispostos a rebelion. Tratou de afirmar o poderio persa cara ao exterior mediante a conquista de Exipto ( -334 ), tras unha campana militar que debia demostrar o rexurdimento do poder aquemenida, ainda que resultou ser a ultima conquista do imperio persa como tal.

Respecto ao panorama exterior, houbo de prepararse ante a ameaza que suponia o rei Filipo II de Macedonia . No ano -336 Filipo fora nomeado Hexemon pola Liga de Corinto para comandar o exercito greco-macedonio na guerra panhelenica de vinganza contra o Imperio persa, pola destrucion e o incendio dos templos da Acropole ateniense durante a Segunda Guerra Medica . Filipo destacou un exercito cara a Asia Menor , baixo o mando dos seus xenerais Parmenion e Atalo, para liberar as cidades gregas que estaban baixo o control persa, ocupando tras diversos contratempos a Troade ata o rio Meandro. Con todo, o asasinato de Filipo detivo a campana, mentres o seu sucesor intentaba facerse co control de Macedonia e do resto de Grecia.

A guerra con Alexandre [ editar | editar a fonte ]

En abril do ano -334 , Alexandre III de Macedonia , que fora confirmado como Hexemon pola Liga de Corinto , invadiu Asia Menor a cabeza dun exercito conxunto greco-macedonio. Tras desembarcar na Troade , tomou varias cidades e aldeas da costa exea (Lampsaco entre elas). Un exercito persa duns 50.000 efectivos, ao mando de Memnon de Rodas , plantou cara ao rei macedonio, sendo derrotando na batalla do Granico . Tras esta vitoria, as forzas greco-macedonias avanzaron pola costa mediterranea en direccion as Portas Cilicias . Ante este avance, en -333 o propio Dario asumiu o mando dos exercitos persas para loitar contra o rei macedonio, pero o seu numeroso exercito foi amplamente superado e derrotado na batalla de Issos ( 12 de novembro de -333 ). Dario fuxiu cando comprobou que a batalla estaba perdida, deixando atras o seu carro, o campamento persa e a sua propia familia, todo o cal foi capturado por Alexandre, quen tratou con respecto aos prisioneiros reais.

A familia de Darios diante de Alexandre , Justus Sustermans , Biblioteca Museu Victor Balaguer

O exercito macedonio dirixiuse enton cara ao sur, para conquistar Canaan e Exipto , e asegurar asi a sua retagarda antes de marchar cara ao corazon do Imperio persa. Dario enviou varias mensaxes sen exito a Alexandre, nas cales chegou a solicitar a devolucion da sua familia a cambio dun rescate, e a ofrecer ao rei macedonio a posesion dos territorios situados ao oeste do Eufrates para asi finalizar a contenda. A negativa de Alexandre obrigou a Dario a realizar unha leva xeral en todas as satrapias do Imperio que ainda controlaba. Reuniu asi un numeroso exercito, que incluia continxentes de numerosos pobos sometidos ( bactrianos , sogdianos , escitas , partos , arabes , armenios , medos , indios etc.), e que alguns autores clasicos estimaron nun millon de infantes , cen mil xinetes , douscentos carros con fouces afiadas nas rodas, e quince elefantes de guerra . Dario concentrou o seu exercito en Babilonia , e ao ver o resolto avance de Alexandre desde Exipto , seleccionou coidadosamente en Mesopotamia o campo de batalla, escollendo para tal fin a chaira de Gaugamela , cen quilometros ao oeste da cidade de Arbela (a actual Arbil , en Iraq ), para non cometer o mesmo erro que en Issos, onde a estreiteza do campo fora un inconveniente crucial na sua derrota.

Alexandre chegou as inmediacions da chaira a finais de setembro de -331 , cun exercito de 40.000 infantes e 7.000 xinetes, situando o seu campamento a 10 km do campamento persa. Pouco antes de estalar o combate, Estatira, esposa e irma de Dario, faleceu durante o parto do fillo que esperaba ( Plutarco , Vida de Alexandre , 21.2-5).

Derrota e morte [ editar | editar a fonte ]

A batalla de Gaugamela finalizou cunha gran derrota dos persas, ante a cal Dario emprendeu a fuxida de novo, dirixindose a Arbela e mais tarde a Ecbatana , a capital de Media. Alexandre ocupou as cidades de Babilonia e Susa , antes de emprender a persecucion de Dario para impedirlle reunir un novo exercito nas satrapias mais orientais. Xa que logo Dario fuxiu de novo cara a Hircania , unha satrapia situada ao sur do Caspio , e desde ali tratou de dirixirse a Bactra , a capital de Bactriana , perseguido de preto polo exercito macedonio.

Con todo, ao ver que Alexandre estaba decidido a capturar a Dario, un grupo de nobres, entre os que se atopaban os satrapas Besos , Barsaentes e Nabarzanes , tomaron a Dario como refen, para asi poder pactar con Alexandre e, ao entregalo, obter do rei macedonio a independencia das satrapias orientais que gobernaban. Decatado Alexandre destes sucesos por un grupo de persas fuxitivos, emprendeu unha rapida marcha para chegar ata Dario (mediados de xullo de -330 ), pero pouco antes de chegar ao campamento dos satrapas insurxentes, estes apunalaron a Dario ao ter conecemento da sua chegada, e emprenderon a fuxida. Dario so sobreviviu uns instantes, agradecendo o socorro que lle brindou un destacamento macedonio. Contase que Alexandre, ao ver o cadaver de Dario, chorou e cubriuno co seu manto, dicindo: " Non era isto o que eu pretendia ".

Alexandre proseguiu a conquista do imperio persa, agora con Besos como o seu rival (quen se autoproclamara emperador de Persia co nome de Artaxerxes V ) e coa escusa de vingar a morte de Dario. No entanto, o seu duelo por Dario foi sincero: ordenou o traslado do seu corpo a Ecbatana fortemente custodiado, onde foi embalsamado e entregado a sua nai para que oficiase os funerais polo seu fillo en Persepole . Igualmente, unha vez que Alexandre capturou a Besos, mandou condenalo e executalo segundo as leis persas polo asasinato do seu soberano.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Prevas, John. Envy of the Gods: Alexander the Great's Ill-fated Journey across Asia . Da Capo Press, 2004.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Imperio Persa

Segue a:
Artaxerxes IV
Dario III
Precede a:
Alexandre o Grande
Dinastia Aquemenida