한국   대만   중국   일본 
Curlandia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Curlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCurlandia
Kurzeme (lv) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  57°N 22°L  /  57, 22 Coordenadas : 57°N 22°L  /  57, 22
Estado Letonia Editar o valor em Wikidata

Paxina web kurzemesregions.lv Editar o valor em Wikidata
BNE: XX6117719
Entrada ao pazo de Rundale, sede dos duques soberanos de Curlandia.

Curlandia (en leton , Kurzeme ; en ruso , Курземе ; en aleman , Kurland ), rexion que constitue na actualidade a maior parte do oeste de Letonia .

Situacion xeografica [ editar | editar a fonte ]

Situada no golfo de Riga , a beira do mar Baltico , ocupa 26.000 km² aproximadamente.

Poboacion [ editar | editar a fonte ]

Poboada orixinariamente por curos (ou kurs) e livonios , na actualidade letons e lituanos son os principais grupos de poboacion. A sua capital historica foi Mitau (a actual Jelgava ).

Brason de Curlandia.

Historia [ editar | editar a fonte ]

En 1048 os dinamarqueses erixiron na zona unha igrexa cristia, e en 1158 asentaronse comerciantes xermanos . A principios do seculo XIII o territorio foi tomado por membros da orde militar e relixiosa dos Cabaleiros de Lituania (mais tarde os Cabaleiros da Orde Teutonica ).

En 1234 fundouse un bispado que pronto foi incorporado a Lituania, o estado dos Cabaleiros Teutonicos. En 1561 , cando a Reforma protestante houbo gando adeptos e tras a derrota dos Cabaleiros Teutonicos polas tropas do tsar Ivan IV o Terrible de Rusia (un suceso que levou a disolucion da orde), Curlandia converteuse nun ducado baixo control de Polonia .

Ducado de Curlandia, 1740.

A rexion caeu baixo influencia rusa a principios do seculo XVIII cando Ana Ivanovna , tsarina de Rusia entre 1730 e 1740, casou co duque de Curlandia.

Mais tarde, en 1795 , tras a terceira particion de Polonia , converteuse en provincia rusa. En 1919 pasou a formar parte do estado independente de Letonia , que entre 1940 e 1991 pertenceu a Union de Republicas Socialistas Sovieticas ( URSS ).

Nova Curlandia [ editar | editar a fonte ]

Curlandia foi o estado mais pequeno e afastado de America que mantivo posesions coloniais neste continente, principalmente na illa de Tobago , entre 1642 e 1689 . A colonia, conecida como Nova Curlandia , foi abandonada finalmente debido aos problemas vividos na Metropole, polo que desde enton o seu dominio considerouse ligado ao da vecina illa de Trindade .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]