Copa Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Copa de Italia de futbol ≫)
Copa Italia
Fundacion 1922 (102 anos)
Rexion Italia Italia
Equipos 44
Internacional Europa League
Actual campion Inter de Milan (8º titulo)
Mais laureado Juventus (14)
Television Mediaset
Organizador Lega Serie A
Sitio web legaseriea.it

A Copa Italia (en italiano : Coppa Italia ), conecida por motivos de patrocinio como Coppa Italia Frecciarossa , [ 1 ] e unha competicion de futbol de Italia . Tratase da mais importante competicion italiana en formato de copa, asi como da segunda competicion nacional mais prestixiosa do pais, por detras do campionato de liga . Esta organizado baixo a xurisdicion da FIGC . O vixente campion da Copa Italia pode adornar os seus uniformes oficiais, durante os doce meses seguintes a conquista do trofeo, coa escarapela tricolor italiana como simbolo identificativo da vitoria.

A primeira edicion do torneo tivo lugar en 1922, e foi a unica organizada directamente pola Federacion de Futbol de Italia. A competicion reviviuse na tempada 1926/27 (edicion que se interrompeu nos oitavos de final), e posteriormente reorganizouse anualmente a partir da tempada 1935/36. Nestes dous periodos o torneo foi organizado polo Directorio de Divisions Superiores . A competicion foi de novo interrompida en 1943 debido a segunda guerra mundial , e retomouse en 1958 baixo o amparo da Liga Nacional Profesional ata a edicion 2009/10 . Dende enton esta organizada pola Lega Serie A.

Ao longo da sua historia, 16 equipos diferentes conseguiron proclamarse campion, sendo o club mais laureado a Juventus, con 14 trofeos (dos cales catro foron consecutivos de 2015 a 2018). Dende 1936, o equipo ganador obten, ademais do trofeo e os posibles beneficios monetarios, a cualificacion para competicions europeas. Dende 2009 o vencedor accede a Europa League . [ N 1 ] Desde 1988, o ganador da Copa disputa ademais a Supercopa italiana contra o vencedor da Serie A .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Decada de 1920 [ editar | editar a fonte ]

O Vado , equipo ganador da primeira edicion absoluta da Copa de Italia disputada en 1922.

O nacemento da Copa Italia forma parte dos convulsos acontecementos que trastornaron a organizacion do futbol italiano en 1921. Ese ano, un profundo desacordo entre os grandes clubs e a Federacion Italiana de Futbol , relativo a estrutura da maxima liga, levou a secesion dos clubs mais importantes nunha liga independente, a Confederacion Italiana de Futbol.

Atopandose cun torneo practicamente baleiro a nivel tecnico, a Federacion de Futbol decidiu concretar a tempada competitiva 1921/22 proponendo unha nova competicion, paralela ao campionato e con eliminacion directa: foi asi como o 2 de abril de 1922 se disputaron os primeiros partidos da nova copa nacional. Poren, se a falta de interese provocada pola participacion de debiles e maiormente desconecidos clubs non xerase xa suficientes problemas no campionato, para a estrea da Copa de Italia o interese do publico resultou case nulo. Isto, sumado ao complicado mecanismo de repescas e as continuas retiradas fixeron que trala a vitoria do Vado , formacion de segunda categoria, sobre o Udinese na prorroga , o novo evento non atopase espazo nas reformas que no veran de 1922 arranxaron o cisma do futbol italiano.

Catro anos despois, na tempada 1926/27 tentouse de novo a realizacion do torneo, pero acabou interrompido aos poucos dias, por falta de datas disponibles. Mentres, entre as decadas de 1920 e 1930 proliferaron na peninsula diversas competicions menores, como a Copa CONI , a Copa Arpinati e a Copa da Italia Central , que con todo, carecian do caracter "nacional" da Copa Italia.

Decada de 1930 [ editar | editar a fonte ]

Os xogadores do Genoa posan co trofeo que ganaron na edicion 1936/37.

Non foi ata 1935, cando coa reducion de equipos na maxima categoria a 16 e o consecuente maior espazo no calendario, puido retomarse a Copa Italia de xeito estable e continuado. O regulamento seguiu o modelo da Copa Inglesa : todos os partidos disputaronse a partido unico nun campo designado por sorteo e en caso de empate despois do tempo adicional , estableceuse a repeticion do partido no campo contrario.

Todos os clubs da Serie A , Serie B e Serie C tinan acceso a competicion, cos de primeira division entrando directamente no cadro principal, mentres que os demais debian disputar previamente unha serie de eliminatorias. O cadro principal incluia cinco roldas a partir dos dezaseisavos de final. En canto a final, inicialmente tentouse levar adiante a idea dun campo neutral que cambiase cada ano, asi como unha sede fixa na capital de Italia, Roma . Con todo, pronto se volveu cara a formula de dobre partido nos dous campos dos finalistas. O ganador da Copa Italia tamen recibia o dereito a participar na Copa de Europa Central ao ano seguinte.

O primeiro vencedor do torneo renovado foi o Torino , que venceu ao Alessandria na final do estadio Luigi Ferraris de Xenova o 11 de xuno de 1936. Durante os seguintes anos, o titulo foi parar aos clubs mais importantes da epoca: Genoa , Fiorentina , Ambrosiana-Inter e Juventus . Destacou o triunfo da Juventus na tempada 1937/38, nunha final que, por primeira vez na historia da copa, viu un derbi, o de Turin.

Decada de 1940 [ editar | editar a fonte ]

O Venezia campion da edicion 1940/41.

Na edicion 1940/41 causou sensacion o exito do Venezia , un equipo historicamente afastado do futbol de maximo nivel, que con todo, naqueles anos contaba con xogadores destinados a converterse en estrelas consolidadas en pouco tempo, sobre todo Ezio Loik e Valentino Mazzola . Estes dous foron dous dos piares nos seguintes anos do Grande Torino , que na tempada 1942/43 conquistou a Copa e tamen a Serie A, convertendose asi no primeiro club en ganar os dous grandes trofeos nacionais nunha mesma campana. Na anterior edicion, os seus rivais da Juventus, tras vencer na final ao Milan, foron os primeiros en ganar a Copa Italia por segunda vez.

O drama da segunda guerra mundial interrompeu a breve historia da competicion, e despois da guerra a expansion da Serie A ata 20 equipos deixou sen espazo a copa nacional. Na primeira tempada de posguerra (1945/46), ao non se organizar un campionato de grupo unico de caracter nacional, os equipos do norte excluidos da fase final disputaron a Coppa Alta Italia , ganada polo Bologna .

Decada de 1950 [ editar | editar a fonte ]

A competicion non se volveu disputar ata 1958, cando a Lazio superou a Fiorentina na final. Organizado pola Lega Nazionale Professionisti , viuse resucitada grazas ao emerxente proxecto dunha nova competicion europea, a futura Recopa de Europa , que se anunciou estruturada como a xa existente Copa de Europa , pero para equipos campions das copas nacionais.

O final da tempada 1957/58 da Serie A adiantouse a varias semanas antes do habitual, debido a disputa do Mundial de Suecia no veran. Con todo, finalmente a seleccion italiana non conseguiu a clasificacion para o certame, polo que se decidiu comezar a disputa da edicion 1958/59 da Coppa Italia antes do previsto, antes incluso de que se disputase a final da edicion anterior.

O Torino que conquistou a Copa e a liga na tempada 1942/43.

A tradicional escarapela tricolor, simbolo da vitoria na Copa, foi utilizada por primeira vez pola Lazio tralo seu triunfo de 1958, e desde enton adoptada oficialmente pola Lega. Na edicion 1959/60 ganada pola Juventus , debutou o trofeo da Copa Italia que ainda esta hoxe en uso, en ouro e decorado na base con esmaltes tricolores que lembran as cores da bandeira nacional . [ 2 ]

A Recopa de Europa viu oficialmente a luz na tempada 1960/61, e foi fundamentalmente o unico motivo do renacemento da Copa Italia. Esta necesidade quedou reflectida no esquema de competicion, estruturado de xeito que se desenvolvese da forma mais rapida e menos complexa posible. Excluironse os equipos da Serie C e todas as roldas pasaron a ser a partido unico, e unha serie de grellas eliminatorias permitian a entrada dos grandes equipos nunha fase xa moi avanzada.

Na decada de 1960 inscribiron o seu nome no palmares do torneo importantes clubs como a Roma e o Milan entraron na lista de honra da copa, intercalados co sorprendente Atalanta , vitorioso en 1963. Tamen logrou a fazana o Napoli , que na tempada 1961/62 converteuse no segundo e ata agora ultimo equipo en ganar a Copa sen estar militando na maxima categoria do futbol italiano.

A partir da edicion 1967/68 suprimiuse a final a dobre partido que levaba utilizandose dende os inicios do torneo, pasando os catro equipos semifinalistas a enfrontarse nun grupo final, do que se proclamaria vencedor o que mais puntos obtivese nos enfrontamentos entre eles nun sistema de liga .

Para relanzar a competicion e atraer publico aos estadios, a FIGC decidiu na campana seguinte substituir todas as eliminatorias, excepto os cuartos de final, por unha serie de grupos, aproveitando a reducion de equipos da Serie A a 16 e o maior espazo no calendario.

Os xogadores da Fiorentina levantando a sua segunda Copa Italia na tempada 1960/61.

Na edicion 1970/71 o Torino e o Milan acabaron empatados a puntos no grupo final, sendo necesario un partido de desempate en campo neutral para a decision do titulo, que ademais se resolveu por primeira vez cunha quenda de penaltis . Isto levou aos organizadores a retomar a tradicional final unica xa na seguinte tempada, a 1971/72 .

Dende enton e durante case toda a decada mantivose o mesmo sistema de competicion. Nunha primeira fase formabanse sete grupos de cinco equipos cada un, con partidos so de ida. Os sete vencedores dos sete grupos pasaban a unha segunda rolda, na que se sumaba o vixente campion de Copa, e repartianse en dous novos grupos de catro equipos cada un.

Os dous primeiros clasificados de cada grupo enfrontabanse enton na restaurada final unica, esta vez cunha sede fixa no estadio olimpico de Roma e en presenza do presidente da Republica . A sede fixa en Roma mantivose ata a edicion de 1979/80, coas excepcions das tempadas 1976/77 e 1978/79, disputadas en San Siro e no estadio San Paolo respectivamente.

O equipo con mais titulos dos anos 70 foi o Milan, que conseguiu coser a escarapela no peito en tres ocasions das cinco finais que disputou, a ultima delas nun derbi de Milan contra o Inter. O derbi reeditouse na final da seguinte edicion, sendo esta vez o titulo para o equipo nerazzurro , que cortou asi unha seca de 39 anos sen exitos na Copa. O Bologna saiu triunfante duas veces durante a decada, mentres que un sorprendente Palermo conseguiu xogar duas finais, a pesar de militar na Serie B.

Decada de 1980 [ editar | editar a fonte ]

O exito cada vez maior das competicions europeas levou aos organizadores da Copa Italia a repensar unha vez mais o formato, introducindo roldas eliminatorias coa regra do gol en campo contrario . O cambio aplicouse en 1979, cando se disputaron con este metodo os cuartos de final e as semifinais, e estendeuse a final dous anos despois, e aos oitavos de final en 1982, xunto coa readmision dos clubs da Serie C1 .

A partir da edicion 1980/81 a final disputouse a ida e volta, con prorroga e quenda de penaltis en caso de empate, sistema que se mantivo sen cambios ata a edicion 2006/07.

Coa decada de 1980 chegou a hexemonia deportiva da Roma e da Sampdoria , que levantaron o trofeo en catro e tres ocasions respectivamente. Co triunfo na edicion 1987/88, o equipo xenoves foi tamen o primeiro en conseguir, xunto coa clasificacion europea, tamen o acceso a unha nova competicion nacional, a Supercopa italiana , que desde 1988 enfronta aos ganadores do campionato da Serie A cos da Copa Italia. [ 3 ]

Decada de 1990 [ editar | editar a fonte ]

Os xogadores do Vicenza festexando o titulo da edicion 1996/97.

Nos anos 90 eliminaronse as fases de grupos, disputandose o torneo integramente en eliminatorias. Na tempada 1991/92 produciuse o primeiro exito absoluto do Parma , que nesta decada viviu un meteorico ascenso a elite do futbol nacional e europeo, seguido doce meses despois polo ultimo grande exito do Torino , despois de mais de vinte anos. A edicion 1993/94 foi a ultima en ver ter como finalista a un club da Serie B, o Ancona.

A mediados da decada foi a Fiorentina quen interrompeu un xaxun de vinte anos, mentres que ainda mais relevante foi o retorno ao palmares da Lazio na edicion 1997/98, rompendo unha xeira de 40 anos sen vencer o titulo. Un ano antes, o modesto Vicenza logrou o seu primeiro e unico titulo.

Decada de 2000 [ editar | editar a fonte ]

A supresion da Recopa de Europa en 1999, e a ampliacion de equipos na Liga de Campions , quitaronlle a principal razon de ser e espazo a Copa Italia, que, ademais, non sacaba demasiado proveito do aliciente da praza para a Copa da UEFA que se lle adxudicaba ao ganador do torneo, xa que este obxectivo podia acadarse mais facilmente a traves do campionato de liga.

A perda de interese pola Copa acompanouna un novo cambio de formato, coa inclusion de novo dunha fase de grupos.

O Inter de Milan celebrando a conquista da sua quinta Copa Italia en 2006 .

Durante estes anos o torneo entrou en constante declive. A partir do ano 2005 introduciuse unha novidade ao estruturar as fases previas aos oitavos de final en eliminatorias a partido unico, participando nelas os 12 clubs de Serie A non clasificados para competicions europeas, e todos os de Serie B e Serie C. Con todo, tampouco estas novidades conseguiron atraer de novo grandes masas aos estadios, nos que os equipos adoitaban alinar os seus xogadores suplentes.

Poren, outro cambio normativo, posto en marcha en 2007 con motivo da sexaxesima edicion do torneo, coa reducion de equipos so aos clubs da Serie A e B, asi como a reintroducion da final a partido unico nunha sede permanente (o Olimpico de Roma ), parecia revitalizar o torneo. En 2008 produciuse un novo cambio organizativo, que volveu estender a competicion aos equipos das ligas menores, establecendose o sistema de partido unico en todalas fases excepto as semifinais, disputadas dende enton a ida e volta.

Os anos 2000 caracterizaronse polos dous titulos da Lazio, e sobre todo polos acalorados duelos entre o Inter e a Roma: dito enfrontamento repetiuse en cinco finais, catro delas consecutivas, ganando tres titulos o equipo nerazzurro e dous o giallorosso .

Decada de 2010 [ editar | editar a fonte ]

A primeira metade da decada de 2010, que comezou cun novo triunfo do Inter para selar as glorias da ultima decada, viu o regreso ao exito de dous clubs que levaban moito tempo sen triunfar na Copa Italia. Na edicion 2011/12, o Napoli volveu alzar o trofeo 25 anos despois da ultima vez, [ 4 ] mentres que na tempada 2014/15 foi a Juventus quen puxo fin a un periodo de 20 anos sen conseguilo, convertendose no primeiro equipo en acadar as duas cifras no palmares do torneo. [ 5 ] A Juve acabou dominando a Copa na segunda metade da decada, cun record de catro titulos consecutivas de seis finais. [ 6 ] Antes, na edicion 2012/13 o titulo decidiuse por primeira vez cun derbi de Roma na final, sendo a Lazio quen coseu a escarapela no peito. [ 7 ]

A decada rematou coa edicion 2019/20, que, debido a unha parada forzada por mor da pandemia de COVID-19 , viu modificada o seu formato, rematando co terceiro exito napolitano da decada.

Decada de 2020 [ editar | editar a fonte ]

A Lazio coa sua quinta Copa Italia, ganada na campana 2008/09.

A decada de 2020 comezou coa Juventus reforzando o seu liderado no numero de titulos na edicion 2020/21 .

Para a tempada seguinte, o numero de equipos participantes reduciuse de 78 a 44 tras un novo cambio de formato da competicion, reservando a participacion na copa nacional so aos equipos da Serie A e B, ademais de catro da Serie C. [ 8 ] O Inter logrou o seu oitavo titulo, volvendo coser a escarapela despois de once anos.

Formato [ editar | editar a fonte ]

O equipo vencedor do trofeo consegue, para a tempada seguinte, a clasificacion para a fase de grupos da Europa League . Se o equipo triunfante xa obtivese a clasificacion para a Liga de Campions , accedera a Europa League o equipo clasificado inicialmente para a Conference League .

A partir da tempada 2021/22, o torneo estruturase do seguinte xeito: [ 8 ]

  • Participan 20 equipos da Serie A , 20 equipos da Serie B e 4 equipos da Serie C .
  • A cada club asignaselle un numero de clasificacion do seguinte xeito:
    • O numero 1 para o ganador da edicion anterior da Coppa Italia.
    • Os numeros 2-8 para os 8 primeiros clasificados na tempada anterior da Serie (excluindo ao vixente campion da Copa).
    • Os numeros 9-20 para os equipos clasificados do 9º ao 17º posto na tempada anterior da Serie A e para os tres equipos que ascenderon a Serie A na tempada anterior.
    • Os numeros 21-24 para os tres equipos que descenderon a Serie B na tempada anterior e o perdedor da final do play-off da Serie B na tempada anterior.
    • Os numeros 25-36 para os equipos clasificados do 4º ao 15º posto na tempada anterior da Serie B (excluindo aos finalistas do play-off) e o ganador da final do play-off da Serie B na tempada anterior.
    • Os numeros 37-40 para os tres equipos ascendidos a Serie B na tempada anterior e para o ganador da final do play-off da Serie C na tempada anterior.
    • Os numeros 41-43 para os tres equipos clasificados na segunda praza en cada un dos grupos da Serie C da tempada anterior.
    • O numero 44 para o campion da Copa Italia Serie C da tempada anterior.
  • Na rolda preliminar enfrontanse a partido unico os equipos clasificados da 44ª a 37ª posicion, actuando como locais os catro peor clasificados. A partir dos 1/32 de final entran en xogo os 28 equipos clasificados do posto 36 ao 9, actuando como local o equipo peor clasificado. Os 8 equipos restantes, cabeza de serie, debutan nos oitavos de final. As semifinais disputanse en formato de ida e volta.
  • Dende a tempada 2007/08 a final disputase a partido unico no Estadio Olimpico de Roma , coa presenza do Presidente da Republica , que entrega o trofeo ao final do partido. En caso de non asistir este, realiza a tarefa o presidente do Senado .

Reconecementos [ editar | editar a fonte ]

Trofeo [ editar | editar a fonte ]

O primeiro trofeo da Copa Italia (1922).

O trofeo orixinal da primeira edicion da Copa Italia, ganado en 1922 polo Vado , foi destruido durante o periodo fascista, polo que a FIGC realizou unha replica en 1992, con motivo do 70º aniversario da Copa. Esta exposto na sede da Cassa di Risparmio di Savona en Vado Ligure . Do mesmo xeito que esta, a copa que se puxo en xogo de 1936 a 1943, asi como as de 1958 e 1959, eran dun estilo moi diferente a version actual. [ 9 ]

Ainda que a competicion xa se retomara con caracter definitivo un par de anos antes, non foi ata 1960, mais precisamente o 30 de maio, cando a Lega Nazionale Professionisti , de cara a final da duodecima edicion, decidiu encargar o trofeo actual. Fabricado en ouro puro, a nova copa, cuxa realizacion foi encomendada a unha empresa milanesa , tina no seu momento un valor de dous millons e medio de liras . Modelo:Doppia immagine verticale Desde enton, o trofeo orixinal entregaselle durante un ano ao equipo vencedor, que o debe devolver a continuacion a Lega, recibindo a cambio unha replica de menor valor (primeiro feita en imitacion de ouro, e mais tarde en prata ) para conservar nas suas vitrinas. [ 10 ]

Desde a tempada 1963/64, a Lega tamen entregou a Copa Renato Dall'Ara , creada para conmemorar a memoria do presidente do Bologna Renato Dall'Ara , falecido en 1964. O trofeo era outorgado sempre ao equipo vencedor da Copa no terreo de xogo durante a entrega de premios, pero co paso do tempo foise perdendo este costume, ata que o trofeo foi suprimido trala decima entrega a Juventus en 2021.

Para a edicion 2010/11 a Lega Serie A e o Ministerio de Defensa de Italia chegaron a un acordo para lle dar a competicion o nome do 150º aniversario do Risorgimento . [ 11 ] Deste xeito, o equipo vencedor (o Inter de Milan ) recibiu tres trofeos: ademais da Copa Italia e da Copa Dall'Ara, o equipo nerazzurro tamen recibiu a Copa do do 150º aniversario da Unificacion de Italia. [ 12 ]

Escarapela [ editar | editar a fonte ]

Ademais de recibir o trofeo, o vixente campion da Copa Italia tamen pode lucir nos seus uniformes oficiais, durante os doce meses seguintes a conquista do titulo, unha pequena escarapela tricolor como simbolo da vitoria, dun xeito moi semellante ao que ocorre co scudetto para os equipos campions de liga. [ 13 ] [ 14 ]

A escarapela tricolor na camiseta de Gianni Rivera .

A escarapela, cosida por primeira vez na tempada 1958/59 nas camisetas da Lazio que ganara a anterior edicion da copa, consistia inicialmente nun circulo exterior de cor vermella , outro intermedio en branco e un interior en verde . Este formato utilizouse ata a tempada 1984/85. A partir do ano seguinte, usouse o modelo co circulo exterior verde, o intermedio branco e o interior vermello. A escarapela co exterior vermello reapareceu temporalmente nas camisetas da Sampdoria da tempada 1988/89, e da Juve nos primeiros partidos da tempada 1990/91. Finalmente, a partir da tempada 2006/07, restableceuse definitivamente a tipoloxia orixinal.

Antes da concepcion da escarapela, durante o periodo de entreguerras , o equipo ganador da Copa de Italia xa tina dereito a lucir no peito un distintivo do titulo conseguido. Esta non era, con todo, a escarapela que se comezou a usar decadas mais tarde, senon un pequeno escudo englobando no seu interior uns fasces (debido ao rexime fascista imperante naquela epoca no Reino de Italia ). Este distintivo usouse entre as edicions de 1935/36 e 1942/43. [ 15 ]

Palmares [ editar | editar a fonte ]

Campions por edicion [ editar | editar a fonte ]

Tempada Campion Subcampion Resultado Sede da final
1922 Vado Udinese 1-0 Campo de Leo
Non se disputou (1922-1926)
1926/27 Non chegou a completarse
Non se disputou (1927-1935)
1935/36 Torino Alessandria 5-1 Luigi Ferraris
1936/37 Genoa Roma 1-0 Comunale Giovanni Berta
1937/38 Juventus Torino 3-1, 2-1 Final a ida e volta
1938/39 Inter de Milan Novara 2-1 Stadio Nazionale
1939/40 Fiorentina Genoa 1-0 Giovanni Berta
1940/41 Venezia Roma 3-3, 1-0 Final a ida e volta
1941/42 Juventus Milan 1-1, 4-1 Final a ida e volta
1942/43 Torino Venezia 4-0 San Siro
Non se disputou (1943-1958)
1958 Lazio Fiorentina 1-0 Estadio Olimpico
1958/59 Juventus Inter de Milan 4-1 San Siro
1959/60 Juventus Fiorentina 3-2 ( pro. ) San Siro
1960/61 Fiorentina Lazio 2-0 Comunale de Florencia
1961/62 Napoli SPAL 2-1 Estadio Olimpico
1962/63 Atalanta Torino 3-1 San Siro
1963/64 Roma Torino 1-0 Comunale de Turin
1964/65 Juventus Inter de Milan 1-0 Estadio Olimpico
1965/66 Fiorentina Catanzaro 2-1 ( pro. ) Estadio Olimpico
1966/67 Milan Padova 1-0 Estadio Olimpico
1967/68 Torino Milan Grupo final
1968/69 Roma Cagliari Grupo final
1969/70 Bologna Torino Grupo final
1970/71 Torino Milan Grupo final
1971/72 Milan Napoli 2-0 Estadio Olimpico
1972/73 Milan Juventus 1-1 ( pen : 6-3) Estadio Olimpico
1973/74 Bologna Palermo 1-1 ( pen : 5-4) Estadio Olimpico
1974/75 Fiorentina Milan 3-2 Estadio Olimpico
1975/76 Napoli Verona 4-0 Estadio Olimpico
1976/77 Milan Inter de Milan 2-0 San Siro
1977/78 Inter de Milan Napoli 2-1 Estadio Olimpico
1978/79 Juventus Palermo 2-1 ( pro. ) Estadio Olimpico
1979/80 Roma Torino 0-0 ( pen : 3-2) Estadio Olimpico
1980/81 Roma Torino 1-1, 1-1 ( pen : 5-3) Final a ida e volta
1981/82 Inter de Milan Torino 1-0, 1-1 Final a ida e volta
1982/83 Juventus Verona 0-2, 3-0 ( pro. ) Final a ida e volta
1983/84 Roma Verona 1-1, 1-0 Final a ida e volta
1984/85 Sampdoria Milan 1-0, 2-1 Final a ida e volta
1985/86 Roma Sampdoria 1-2, 2-0 Final a ida e volta
1986/87 Napoli Atalanta 3-0, 1-0 Final a ida e volta
1987/88 Sampdoria Torino 2-0, 1-2 ( pro. ) Final a ida e volta
1988/89 Sampdoria Napoli 0-1, 4-0 Final a ida e volta
1989/90 Juventus Milan 0-0, 1-0 Final a ida e volta
1990/91 Roma Sampdoria 3-1, 1-1 Final a ida e volta
1991/92 Parma Juventus 0-1, 2-0 Final a ida e volta
1992/93 Torino Roma 3-0, 2-5 Final a ida e volta
1993/94 Sampdoria Ancona 0-0, 6-1 Final a ida e volta
1994/95 Juventus Parma 1-0, 2-0 Final a ida e volta
1995/96 Fiorentina Atalanta 1-0, 2-0 Final a ida e volta
1996/97 Vicenza Napoli 0-1, 3-0 ( pro. ) Final a ida e volta
1997/98 Lazio Milan 0-1, 3-1 Final a ida e volta
1998/99 Parma Fiorentina 1-1, 2-2 Final a ida e volta
1999/00 Lazio Inter de Milan 2-1, 0-0 Final a ida e volta
2000/01 Fiorentina Parma 1-0, 1-1 Final a ida e volta
2001/02 Parma Juventus 1-2, 1-0 Final a ida e volta
2002/03 Milan Roma 4-1, 2-2 Final a ida e volta
2003/04 Lazio Juventus 2-0, 2-2 Final a ida e volta
2004/05 Inter de Milan Roma 2-0, 1-0 Final a ida e volta
2005/06 Inter de Milan Roma 1-1, 3-1 Final a ida e volta
2006/07 Roma Inter de Milan 6-2, 1-2 Final a ida e volta
2007/08 Roma Inter de Milan 2-1 Estadio Olimpico
2008/09 Lazio Sampdoria 1-1 ( pen : 6-5) Estadio Olimpico
2009/10 Inter de Milan Roma 1-0 Estadio Olimpico
2010/11 Inter de Milan Palermo 3-1 Estadio Olimpico
2011/12 Napoli Juventus 2-0 Estadio Olimpico
2012/13 Lazio Roma 1-0 Estadio Olimpico
2013/14 Napoli Fiorentina 3-1 Estadio Olimpico
2014/15 Juventus Lazio 2-1 ( pro. ) Estadio Olimpico
2015/16 Juventus Milan 1-0 ( pro. ) Estadio Olimpico
2016/17 Juventus Lazio 2-0 Estadio Olimpico
2017/18 Juventus Milan 4-0 Estadio Olimpico
2018/19 Lazio Atalanta 2-0 Estadio Olimpico
2019/20 Napoli Juventus 0-0 ( pen : 4-2) Estadio Olimpico
2020/21 Juventus Atalanta 2-1 Mapei Stadium
2021/22 Inter de Milan Juventus 4-2 ( pro. ) Estadio Olimpico

Titulos por equipo [ editar | editar a fonte ]

Club Titulos Subcampion Anos campion Anos subcampion
Juventus 14 7 1938, 1942, 1959, 1960, 1965, 1979, 1983, 1990, 1995, 2015, 2016, 2017, 2018, 2021 1973, 1992, 2002, 2004, 2012, 2020, 2022
Roma 9 8 1964, 1969, 1980, 1981, 1984, 1986, 1991, 2007, 2008 1937, 1941, 1993, 2003, 2005, 2006, 2010, 2013
Inter de Milan 8 6 1939, 1978, 1982, 2005, 2006, 2010, 2011, 2022 1959, 1965, 1977, 2000, 2007, 2008
Lazio 7 3 1958, 1998, 2000, 2004, 2009, 2013, 2019 1961, 2015, 2017
Fiorentina 6 4 1940, 1961, 1966, 1975, 1996, 2001 1958, 1960, 1999, 2014
Napoli 6 4 1962, 1976, 1987, 2012, 2014, 2020 1972, 1978, 1989, 1997
Milan 5 9 1967, 1972, 1973, 1977, 2003 1942, 1968, 1971, 1975, 1985, 1990, 1998, 2016, 2018
Torino 5 8 1936, 1943, 1968, 1971, 1993 1938, 1963, 1964, 1970, 1980, 1981, 1982, 1988
Sampdoria 4 3 1985, 1988, 1989, 1994 1986, 1991, 2009
Parma 3 2 1992, 1999, 2002 1995, 2001
Bologna 2 ? 1970, 1974
Atalanta 1 4 1963 1987, 1996, 2019, 2021
Genoa 1 1 1937 1940
Venezia 1 1 1941 1943
Vado 1 ? 1922
Vicenza 1 ? 1997
Palermo ? 3 1974, 1979, 2011
Verona ? 3 1976, 1983, 1984
Udinese ? 1 1922
Alessandria ? 1 1936
Novara ? 1 1939
SPAL ? 1 1962
Catanzaro ? 1 1966
Padova ? 1 1967
Cagliari ? 1 1969
Ancona ? 1 1994

Estatisticas individuais [ editar | editar a fonte ]

Xogadores con mais partidos [ editar | editar a fonte ]

Pos Xogador Partidos
1 Italia Roberto Mancini 120
2 Italia Giuseppe Bergomi 119
3 Italia Pietro Vierchowod 116
4 Italia Franco Causio 113
5 Italia Giovanni Galli 112
6 Italia Dino Zoff 110
7 Italia Ivano Bordon 102
Italia Fausto Salsano 102
9 Italia Giuseppe Bruscolotti 100
Italia Gaetano Scirea 100

Maximos goleadores [ editar | editar a fonte ]

Pos Xogador Goles
1 Italia Alessandro Altobelli 56
2 Italia Roberto Boninsegna 48
3 Italia Giuseppe Savoldi 47
4 Italia Gianluca Vialli 42
5 Italia Pietro Anastasi 37
Italia Paolo Pulici 37
7 Italia Roberto Baggio 36
8 Italia Gigi Riva 33
9 Italia Roberto Mancini 32
10 Italia Roberto Pruzzo 30

Xogadores con mais titulos [ editar | editar a fonte ]

Pos Xogador Titulos
1 Italia Gianluigi Buffon 6
Italia Roberto Mancini 6
3 Italia Romeo Benetti 5
Italia Giorgio Chiellini 5
Italia Bruno Conti 5
Italia Giuseppe Favalli 5
Suíza Stephan Lichtsteiner 5
Macedonia do Norte Goran Pandev 5
Italia Fausto Salsano 5
Dejan Stankovi? 5
Italia Francesco Toldo 5

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. No pasado o vencedor da Copa accedia a outras competicions europeas. Asi, entre as tempadas 1935/36 e 1942/43 a Copa Italia daba acceso a Copa Mitropa , entre as edicions de 1960/61 e 1997/98 garantia un posto na Recopa de Europa , e trala supresion desta ultima competicion, a partir da edicion 1998/99 o club vencedor da copa italiana clasificase para a Copa da UEFA , denominada Europa League dende 2009.
  1. "Comunicato stampa n. 1 del 7 luglio 2022" (PDF) . legaseriea.it (en italiano ) . 7 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2022 . Consultado o 6 de outubro de 2022 .  
  2. "Copia arquivada" . 15 settembre 1960. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013 . Consultado o 06 de outubro de 2022 .   Parametro desconecido |urlmorto= ignorado ( Axuda )
  3. "Supercoppa Italiana, Berlusconi e Mantovani "picciotti onorari " " (en italiano ) . 8 de agosto de 2009 . Consultado o 6 de outubro de 2022 .  
  4. Mallucci, Mattia (20 de maio de 2012). "La Coppa Italia e del Napoli. Battuta la Juve in finale" (en italiano ) . Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2015 . Consultado o 6 de outubro de 2022 .  
  5. "Juve infinita, vince la 10ª Coppa Italia: Matri piega la Lazio ai supplementari" . La Gazzetta dello Sport (en italiano ) . 20 de maio de 2015 . Consultado o 6 de outubro de 2022 .  
  6. Mazzitelli, Massimo (9 de maio de 2018). "Juventus-Milan 4-0, i bianconeri conquistano la quarta Coppa Italia consecutiva: notte da incubo per Donnarumma" . la Repubblica (en italiano ) . Consultado o 6 de outubro de 2022 .  
  7. Manfredi, Jacopo (26 de maio de 2013). "Coppa Italia, Roma-Lazio 0-1: Lulic regala il sesto trofeo ai biancocelesti" . la Repubblica (en italiano ) . Consultado o 6 de outubro de 2022 .  
  8. 8,0 8,1 "Regolamento Coppa Italia 2021/2022 ? 2022/2023 ? 2023/2024" (PDF) (en italiano ) . 29 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2022 . Consultado o 6 de outubro de 2022 .  
  9. "Le caratteristiche del Trofeo d'oro della Coppa Italia". Corriere della Sera (en italiano ) . 13 de setembro de 1960. p. 4.  
  10. "Sara d'oro la Coppa Italia". Corriere dello Sport (en italiano ) . 31 de maio de 1960. p. 4.  
  11. "SCHEDA “Coppa Italia del 150° e Giro d’Italia”" (PDF) . Goberno da Republica Italiana (en italiano ) . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2011 . Consultado o 6 de outubro de 2022 .  
  12. "Coppa del 150° anniversario dell’Unita d’Italia" (en italiano ) . 29 de maio de 2011 . Consultado o 6 de outubro de 2022 .  
  13. "Che cosa si attacca sulla maglia alla decima coppa italia vinta ?" . La Gazzetta dello Sport (en italiano ) . 20 de abril de 2002 . Consultado o 6 de outubro de 2022 .  
  14. Crosetti, Maurizio (20 de xaneiro de 2014). "La stella d'argento" . la Repubblica (en italiano ) . Consultado o 6 de outubro de 2022 .  
  15. ( Calzaretta & pp. 28-29 ).

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]