한국   대만   중국   일본 
Convencion das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Convencion das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Convencion das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar ( CNUDM , Convencion sobre o Dereito do Mar ou Convencion do Mar , as veces tamen chamada CONVEMAR ) e considerada un dos tratados multilaterais mais importantes da historia, dende a aprobacion da Carta das Nacions Unidas , sendo cualificada como a Constitucion dos oceanos . Define conceptos herdados do dereito internacional costumeiro*, como mar territorial, zona economica exclusiva, plataforma continental e outros, e estabelece os principios xerais da explotacion dos recursos naturais do mar, como os recursos vivos, os do solo e os do subsolo. A Convencion tamen creou o Tribunal Internacional do Dereito do Mar , competente para xulgar as controversias relativas a interpretacion e a aplicacion daquel tratado.

Foi aprobada, tras nove anos de traballo, o 30 de abril de 1982 en Nova York ( Estados Unidos ) e aberta a sua firma por parte dos Estados , o 10 de decembro de 1982 , en Montego Bay ( Xamaica ), na 182º sesion plenaria da III Conferencia das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar . Entrou en vigor o 16 de novembro de 1994 , un ano despois da 60ª ratificacion (realizada por Guiana ). A Convencion regula unha gran provincia do dereito internacional, a saber, o dereito do mar, que comprende non so as regras acerca da soberania do Estado costeiro sobre as augas adxacentes, mais tamen as normas respecto a xestion dos recursos marinos e do control da polucion .

Antecedentes [ editar | editar a fonte ]

A comezos do seculo XVII , baseado en principios de dereito romano , Hugo Grocio postulou a "doutrina do mar libre" na sua obra Mare Liberum (Mar Libre), segundo a cal os mares non podia ser suxeitos de apropiacion, porque non eran susceptibles de ocupacion, como as terras , e por iso debian ser libres para todos ("liberdade dos mares"). Con todo, no seculo XVIII Cornelius van Bynkershoek logrou sentar o principio segundo o cal o mar adxacente as costas dun pais quedaban baixo o seu soberania . A extension desta franxa mari na proxima ao bordo costeiro quedou entregada, en xeral, a capacidade de control que o Estado podia exercer sobre ela. Por iso, o criterio utilizado para fixar a sua anchura foi a posibilidade de control desde a costa , que permitiu o xurdindo da norma do tres millas nauticas , baseada na tese da "bala de canon ".

No seculo XX moitos Estados expresaron a necesidade de estender o mar territorial, co fin de protexer os recursos pesqueiros e mineiros e aplicar medidas de control e fiscalizacion para evitar contaminacion da area. Esta situacion foi reconecida pola Sociedade de Nacions e pola Conferencia da Haia sobre Codificacion do Dereito Internacional de 1930 . Nesta conferencia non se logrou ningun acordo para establecer a anchura para o mar territorial, ainda que se reconeceu a existencia dunha zona contigua, dunha extension maxima de 12 millas nauticas .

O 28 de setembro de 1945 , o Presidente Harry Truman declarou que que " o Goberno de Estados Unidos de America considera os recursos naturais do subsolo e do fondo do mar da plataforma continental por baixo da alta mar proxima as costas de Estados Unidos, como pertencentes a este e sometidos a sua xurisdicion e control " e que se reservaba o dereito a establecer " zonas de conservacion en certas areas de alta mar contiguas as costas de Estados Unidos cando as actividades pesqueiras foron desenvolvidas e mantidas ou poden selo no futuro nunha escala substancial ".

Conferencias das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar [ editar | editar a fonte ]

I Conferencia [ editar | editar a fonte ]

En 1956 , as Nacions Unidas convocaron a I Conferencia das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar en Xenebra ( Suiza ). Dita conferencia concluiu, en 1958 , coa elaboracion de catro convencions relativas a regulacion do mar , a partir de proxectos elaborados pola Comision de Dereito Internacional da ONU :

  • Convencion sobre Mar Territorial e Zona Contigua , que entrou en vigor o 10 de setembro de 1964 ;
  • Convencion sobre Alta Mar , que entrou en vigor o 30 de setembro de 1962 ;
  • Convencion sobre Plataforma Continental , que entrou en vigor o 10 de xuno de 1964 , e
  • Convencion sobre Pesca e Conservacion dos Recursos Vivos da Alta Mar , que entrou en vigor o 20 de marzo de 1966 .

Ainda que, no seu momento, foron considerados un exito historico e lograron entrar en vixencia, a sua aplicacion foi bastante reducida, polo limitado numero de Estados partes.

II Conferencia [ editar | editar a fonte ]

En 1960 convocouse a II Conferencia das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar , que non produciu ningun acordo internacional, pois ningunha das proposicions relativas a anchura do mar territorial alcanzou o quorum necesario de dous terzos. nada mais

III Conferencia [ editar | editar a fonte ]

En 1967 , a Asemblea Xeral das Nacions Unidas crea o Comite para a Utilizacion con Fins Pacificos dos Fondos Marinos e Oceanicos mais alo dos Limites da Xurisdicion Nacional (ou Comite de Fondos Marinos ), que se transformaria mais tarde no Comite das Nacions Unidas que prepararia a III Conferencia sobre o Dereito do Mar. En decembro de 1970 , a Asemblea Xeral das Nacions Unidas convoca a III Conferencia das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar , que se realizaria desde decembro de 1973 ate 1982 .

A III Conferencia desenvolveuse en 11 periodos de sesions. O primeiro realizouse en Caracas ( Venezuela ) e o ultimo en Xamaica , no cal se aprobou a Convencion das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar por 130 votos a favor, 4 en contra e 17 abstencions, o 30 de abril de 1982 .

O 10 de decembro de 1982 establecemos un novo fito na historia do dereito. Por primeira vez nos anais do dereito internacional unha Convencion foi asinada por 119 paises o mesmo dia en que foi aberta a sinatura. Non so o numero de signatarios constitue un feito notable; e igualmente importante que a Convencion fose asinada por Estados pertencentes a todas as rexions do mundo, de Norte a Sur e de Leste a Oeste, por Estados ribeiregos, Estados sen litoral e Estados en situacion xeografica "desventaxosa"
Tommy T. B. Koh, Presidente da III Conferencia das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

A Convencion das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar caracterizase por confirmar o dereito internacional do mar vixente, ao incorporar moitos aspectos das Convencions de Xenebra de 1958 e, ademais, por desenvolver progresivamente o dereito internacional do mar, ao establecer novos institutos na materia, como a zona economica exclusiva. Ten aplicacion preferente, entre os seus membros, fronte as Convencions de Xenebra de 1958 ; no entanto, as Convencions de Xenebra seguen tendo vixencia entre os Estados partes que non adheriron a esta Convencion.

Contido [ editar | editar a fonte ]

A Convencion do Dereito do Mar consta dun Preambulo , 17 Partes e 9 Anexos . Entre outros, cobre os seguintes temas de dereito do mar: limites das zonas maritimas; zona economica exclusiva; plataforma continental e mar aberto; dereitos de navegacion e estreitos para a navegacion internacional; estados arquipelaxicos; paz e a seguridade nos oceanos e os mares ; conservacion e xestion dos recursos marinos vivos; proteccion e preservacion do medio marino; investigacion cientifica marina; e procedementos para a solucion de controversias.

Mar territorial [ editar | editar a fonte ]

A Convencion establece que todo Estado ten dereito a establecer a anchura do seu mar territorial ate un limite que non exceda de 12 millas nauticas , medidas a partir de linas de base determinadas de conformidade coa mesma Convencion. Cando as costas de dous Estados son adxacentes ou se achen situadas fronte a fronte, ningun dos devanditos Estados ten dereito, salvo acordo en contrario, a estender o seu mar territorial mais alo dunha lina media cuxos puntos sexan equidistantes dos puntos mais proximos das linas de base a partir das cales se mida a anchura do mar territorial de cada un dos devanditos Estados. Salvo que pola existencia de dereitos historicos ou por outras circunstancias especiais, sexa necesario delimitar o mar territorial de ambos os Estados noutra forma.

Zona contigua [ editar | editar a fonte ]

Establece unha zona adxacente ao mar territorial, designada co nome de zona contigua, co obxecto que o Estado ribeirego poida tomar as medidas de fiscalizacion necesarias para:

  • Previr as infraccions das suas leis e regulamentos aduaneiros , fiscais, de inmigracion ou sanitarios que se cometan no seu territorio ou no seu mar territorial;
  • Sancionar as infraccions desas leis e regulamentos cometidas no seu territorio ou no seu mar territorial.

A zona contigua non pode estenderse mais alo de 24 millas nauticas contadas desde as linas de base a partir das cales se mide a anchura do mar territorial.

Zona economica exclusiva [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Zona economica exclusiva .

Reconece unha zona economica exclusiva, como unha area situada mais alo do mar territorial adxacente a este, suxeita ao rexime xuridico especifico establecido na Convencion. Na zona economica exclusiva, o Estado ribeirego ten:

  • Dereitos de soberania para os fins de exploracion e explotacion, conservacion e administracion dos recursos naturais, tanto vivos como non vivos das augas suprayacentes* ao leito e do leito e o subsolo do mar, e con respecto a outras actividades con miras a exploracion e explotacion economica da zona, tal como a producion de enerxia derivada da auga das correntes e dos ventos;
  • Xurisdicion , con arranxo as disposicions pertinentes da Convencion, con respecto a:
    • O establecemento e a utilizacion de illas artificiais, instalacions e estruturas:
    • A investigacion cientifica marina;
    • A proteccion e preservacion do medio marino;
  • Outros dereitos e deberes previstos na mesma Convencion.

A zona economica exclusiva non pode estenderse mais alo de 200 millas nauticas contadas desde as linas de base a partir das cales se mide a anchura do mar territorial.

Plataforma continental [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Plataforma continental .

A plataforma continental e a prolongacion natural dun continente , que queda cuberto durante os periodos interglaciares como a epoca actual por mare relativamente pouco profundos e golfos . A plataforma nace, enton, na costa , e adoita terminar nun punto da comarca pendente crecente (chamado barreira continental ). O fondo marino tras esta barreira e o noiro continental . Tras o noiro esta a elevacion continental , que termina por unirse co fondo marino profundo, a chaira abisal .

De acordo a Convencion, a plataforma continental dun Estado ribeirego comprende o leito e o subsolo das areas submarinas que se estenden mais alo do seu mar territorial e a todo o longo da prolongacion natural do seu territorio ate o bordo exterior da marxe continental, ou ben ate unha distancia de 200 millas nauticas contadas desde as linas de base a partir das cales se mide a anchura do mar territorial, nos casos en que o bordo exterior da marxe continental non chegue a esa distancia. A sua vez, a marxe continental comprende a prolongacion mergullada da masa continental do Estado ribeirego e esta constituido polo leito e o subsolo da plataforma, o noiro e a emersion continental. Non comprende o fondo oceanico profundo coas suas cristas oceanicas nin o seu subsolo.

Os puntos fixos que constituen a lina do limite exterior da plataforma continental no leito do mar, deben estar situados a unha distancia que non exceda de 350 millas nauticas contadas desde as linas de base a partir das cales se mide a anchura do mar territorial ou de 100 millas nauticas contadas desde a isobata de 2.500 metros, que e unha lina que une profundidades de 2.500 metros.

Outras materias [ editar | editar a fonte ]

A Convencion, entre outras materias, establece unha definicion de estado arquipelaxico e a forma como estes pode determinar os seus limites. Establece obrigacions xerais para protexer o medio ambiente marino e a liberdade de investigacion cientifica na mar aberto. Tamen crea un innovador rexime xuridico para a organizacion e control das actividades nos fondos marinos e oceanicos e o seu subsolo fora dos limites da xurisdicion nacional (sector denominado a Zona ), declarados patrimonio comun da humanidade (a Zona e os seus recursos), e que esta a cargo da Autoridade Internacional dos Fondos Marinos, particularmente con miras a administracion dos seus recursos.

Reconece aos estados sen litoral, e dicir, que non tenen costa maritima , o dereito de acceso ao mar e desde o mar, sen estar suxeito a dereitos de aduana , impostos ou outros gravames por parte dos Estados de transito, con excepcion das taxas impostas por servizos especificos prestados en relacion co devandito trafico.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]