한국   대만   중국   일본 
Consello da Union Europea - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Consello da Union Europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Union Europea

Este artigo forma parte da serie:
Politica e goberno
da Union Europea


Tratados
Bruxelas   · Roma   · Maastricht   ·
Acta Unica Europea
Amsterdan   · Niza   · Lisboa
Institucions
Comision

Presidente da Comision Europea


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Union Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Union Europea
Banco Central Europeo   · Consello Europeo

Outros
Membros   · Alongamento   · Lei   · Euro
Relacions internacionais   · Corpos   · Axencias

O Consello da Union Europea e, xunto co Parlamento Europeo , o organo lexislativo da Union Europea . Representa os gobernos dos estados membros. No seu seo, os estados membros lexislan para a Union Europea, establecen os seus obxectivos politicos, coordinan as suas politicas nacionais e resolven as diferenzas existentes entre eles e con outras institucions.

En cada reunion do Consello participan representantes dos estados membros, normalmente ministros. Os estados membros revezanse na Presidencia do Consello cada seis meses: de xaneiro a xuno e de xullo a decembro. As reunions do Consello presideas o ministro, correspondente ao asunto a tratar, do estado que obstente a presidencia rotatoria da UE. [ 1 ]

Funcions [ editar | editar a fonte ]

1. Aproba a lexislacion da UE : Xunto co Parlamento da UE, comparten a decision definitiva sobre a lexislacion da UE.

2. Coordina as distintas politicas economicas da UE : Esta coordinacion realizana os Ministros de Economia dos dististos estados membros. Outros obxectivos son crear mais emprego e mejollar os sistemas de educacion, sanidade e benestar.

3. Firma de acordos internacionais : O Consello firma acordos en nome da UE.

4. Aproba os orzamentos da UE : Conxuntamente co Parlamento.

5. Desenvolve as politicas de exterior e de defensa da UE : Os gobernos nacionais son independentes nestes ambitos, pero colaboran no desenvolvemento da chamada "Politica Exterior e de Seguridade Comun". O Consello e o foro principal desta cooperacion.

6. Xustiza : Os cidadans da UE deben ter igual acceso a xustiza en calquera lugar da UE. No Consello, os Ministros de Xustiza tratan de garantir que as sentenzas pronunciadas nun pais da UE se reconezan nos demais. Os Ministros de Xustiza e de Interior coordinan a vixilancia das fronteiras da UE e a loita contra o terrorismo e a delincuencia organizada. [ 2 ]

Proximas presidencias rotatorias [ editar | editar a fonte ]

Javier Solana
Exsecretario Xeral
Secretariado Xeral: Bruxelas
Presidente: Antonis Samaras (1º sem. de 2014) - Grecia
Afiliacions politicas dos gobernos dos estados en xaneiro de 2005: PPE-DE (Azul)
PSE (Vermello)
  • Letonia: 2015 (xaneiro-xuno)
  • Luxemburgo: 2015 (xullo-decembro)
  • Paises Baixos: 2016 (xaneiro-xuno)
  • Eslovaquia: 2016 (xullo-decembro)
  • Malta: 2017 (xaneiro-xuno)
  • Reino Unido: 2017 (xullo-decembro)
  • Estonia: 2018 (xaneiro-xuno)
  • Bulgaria: 2018 (xullo-decembro)
  • Austria: 2019 (xaneiro-xuno)
  • Romania: 2019 (xullo-decembro)
  • Finlandia: 2020 (xaneiro-xuno)

Votacions [ editar | editar a fonte ]

Por regra xeral, as decisions do Consello da UE adoptanse por maioria cualificada. Canto maior e a poboacion dun pais, mais votos ten, poren os numeros estan ponderados a prol dos paises con menor poboacion:

  • Alemana, Francia, Italia e o Reino Unido: 29 votos
  • Espana e Polonia: 27
  • Romania: 14
  • Paises Baixos: 13
  • Belxica, Republica Checa, Grecia, Hungria e Portugal: 12
  • Austria, Bulgaria e Suecia: 10
  • Croacia, Dinamarca, Irlanda, Lituania, Eslovaquia e Finlandia: 7
  • Chipre, Estonia, Letonia, Luxemburgo e Eslovenia: 4
  • Malta: 3

TOTAL: 352

A partir de 2014 introducese un sistema conecido como "dobre maioria".

Para que unha proposta se aprobe, precisara do apoio de duas maiorias: unha maioria de paises (polo menos 15) e unha maiorias da poboacion total da UE (os paises a favor deberan representar como minimo o 65% da poboacion total da UE).

Para temas sensibles, como seguridade, asuntos exteriores ou impostos, as decisiones do Consello tenen que adoptarse por unanimidade. Isto significa que un so pais pode vetar unha decision.. [ 3 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]